Xan Montenegro está ‘de volta’ na casa. En realidade, nunca marchou. Mais agora as súas Lucindas, que respectaron a súa última e xenerosa vontade de seguir sendo útil á sociedade e ao ben común, teñen por fin un lugar onde visitalo, onde falarlle e levarlle flores.
Este sábado ás 12:00 horas, no cemiterio de Marín, vanse depositar as súas cinsas no panteón familiar. Non desexamos que sexa un reencontro tristeiro co noso benquerido veciño; todo o contrario. Gustaríanos que sexa unha ‘festa’ de benvida, merecida, de tan longa e lonxana que foi a súa última misión.
Agora fica xa con nós, que sempre o tivemos moi presente, ao noso carón. Sentiamos os seus ánimos, o seu alento e a súa inspiración constante para continuar defendendo os ideais, as causas e os principios que compartiamos e que marcaron a súa valente e comprometida traxectoria vital.
Meu tío Xan é un ser único, un ser excepcional, un ser xeneroso. O 17/06/2011 decidiu viaxar a Valencia e ir á Universidade CARDENAL HERRERA para darlle a oportunidade aos alumnos de que estudiaran o seu corpo e investigaran para ter solucións para outras persoas.
Foi unha das viaxes máis longas da súa vida; unha viaxe importante, na que se deu conta de que a sua nai move montañas por el e foi buscalo a VALENCIA coa compaña da súa filla e da súa neta para que hoxe, 3/12/2015, chegue a Galicia, á súa COMPOSTELA, á súa parroquia de SAN XULIÁN e ao seu queridísimo CARBALLAL. E chega como hipnotizado, mirando as súas Lucindas, como o seguen arroupando co seu agarimo.
…Benvido Tío XAN![Esther Freire, sobriña de Xan Montenegro]
Deixar unha resposta