Publicado por: MontePituco | 22/12/2015

A COMUNIDADE DE MONTES RECUPERA O TERREO USURPADO POR ROMERO

En vías de que o Concello de Marín retire esta semana o verquido de restos de material de construcción que foi depositado ilegalmente na pista forestal do Monte Pituco, sumamos outra boa nova nesta recta final de 2015.

Se en marzo deste ano coñeciamos a noticia de que o Xulgado obrigaba a Romero a devolverlle á Comunidade de Montes de San Xulián unha parcela de 1.800 metros cadrados de terreo comunal que usurpara para ampliar a a súa finca, nove meses despois anunciamos que esa parcela xa foi liberada.

Romero perdeu o recurso que interpuxera contra a decisión do Xulgado de Marín, polo que cando esta semana unha veciña de Arealonga nos informou que o muro construído fora derrubado e que este particular mesmo retirara as árbores que tiña plantadas no terreo, acudimos para comprobar que, efectivamente, o espazo foi reintegrado ao seu estado orixinal.

20151221_155140

20151221_155212

Parece que remata así un lamentable episodio na historia recente da parroquia. Pola parte comunal afectada houbo recollida de sinaturas, sonoras concentracións con pancarta e megáfono en ristre, carteles pendurados das árbores e dos postes, polémicas manifestacións, pleitos e denuncias cruzadas coa parte opoñente, que durante un tempo tivo a balanza da Xustiza ao seu favor. 

Críticas cuestionando a xestión realizada.Sospeitas de falta de transparencia na anterior xestora da Comunidade de Montes sobre as actuacións emprendidas. Certo exceso de vehemencia na defensa dos intereses veciñais. E sobre todo, moitos cartos investidos en informes periciais e abogados. Ese é o balance do caso. 

Se a nova directiva da Comunidade de Montes foi quen de reconducir a situación, tal vez cun novo enfoque xurídico, e tamén cun estilo máis discreto e menos sobreexposto a nivel público e mediático, cómpre congratularse do resultado.

Ben está o que ben acaba.

As estupendas vistas á ría que ten a zona, un lugar ideal para unha finca

10mar15_faro_gac3b1an-demanda-romero


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: