Publicado por: MontePituco | 15/12/2015

RUTA CULTURAL POR SETE CAMIÑOS (II)

Vai polos compañeiras e compañeiros de múltiples andainas que militades no bando da sensibilidade co medio ambiente, da protección do patrimonio histórico e cultural, do respecto á paisaxe. Que non cuantificades en euros o avance da sociedade porque priorizades valores intanxibles como o coñecemento, a calidade de vida, a solidariedade, o diálogo. 

Por moito que berren, por moito apoio político e económico que teñan, os pro-polígono partidarios do formigón e do asfalto, non representan o futuro, senón un modelo caduco de desenvolvemento; son o espello da especulación.

É unha honra compartir camiño con aliados da natureza, da ciencia e da cultura. O Monte Pituco e o Espazo Sete Camiños son o punto de encontro dos nosos pasos e das nosas ideas. Que poidamos compartir moitos momentos admirando mámoas e petroglifos, castiñeiros e cogomelos, miñatos e saramagantas, flores de xesta, solpores no ‘balcón da ría’.

[Fotografías por cortesía de María López, que participou na Ruta Cultural organizada polo Concello de Marín]

MariaLopez9

[Preto da encrucillada dos Sete Camiños]

MariaLopez1

MariaLopez2

MariaLopez3

[Outeiro das mouras, Salcedo]

MariaLopez5

[Plantación de castiñeiros, Lourizán]

MariaLopez6

[Chegando ao Miradoiro do Pornedo (Pituco), San Xulián de Marín]

MariaLopez7

[Cíes ao fondo]

MariaLopez8

[Illa de Tambo]

MariaLopez10

[Marín, dende o miradoiro do Pornedo]

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: