Publicado por: MontePituco | 27/11/2015

AS OBRAS DE ACUAES, FURANDO NO PITUCO

20151115_175504

As sondaxes arqueolóxicas realizadas no Monte Pituco no ámbito do trazado da nova rede de abastecemento de auga parecen non ter colleitado ningún resultado positivo relacionado coa -pola nosa parte, ansiada- localización do petroglifo que fora aterrado cando se executaron as obras da Variante.

Principalmente porque as catas externas, á marxe da zona directamente afectada pola  conducción das tubarías, realizáronse FÓRA do ámbito no que diversas fontes que acudiron persoalmente ao lugar para situarse sobre o terreo, tiñan coñecemento do punto aproximado no que se atopaba este gravado rupestre.

DEFENDE O MONTE PITUCO terá que xestionar por outras vías a posibilidade de indagar ou prospectar pola zona na que apuntan tanto veciños como expertos en patrimonio arqueolóxico da zona que colaboran con esta asociación. Ou instar a outros -Comunidade de Montes de San Xulián, propietaria dos terreos; Consellería de Cultura, con competencias na materia- para que se restitúa o que foi unha inxustiza, unha omisión da Administración e do colectivo de comuneiros, cando Xan Montenegro advertiu por todos os medios que tiña ao seu alcance que no lugar no que se pretendía realizar o recheo había un gravado prehistórico a carón do enorme outeiro que lle daba nome ao lugar d’A Pena.

…A retos máis difíciles nos temos enfrontado.

20151115_175739

Unha vez que a empresa Construcciones Ortiz e ACUAES respiran xa tranquilos porque ningún vestixio arqueolóxico vai retrasar os seus plans de apurar as obras para cumprir cos prazos establecidos dende a Unión Europea, os traballos continúan, as excavadoras furaron, entubaron e taparon…

20151127_160606

Un dos retos da empresa adxudicataria consiste agora en introducir a tubaría por debaixo do túnel da Variante, entre os lugares d’A Pena e d’O Caeiro. Para evitar o risco de que a Variante poida colapsar nese punto se as máquinas rompen a estrutura de formigón -o pasadizo- que comunica o monte cos núcleos de poboación, os responsables do proxecto optaron por facer unha excavación a un nivel do terreo inferior ao do propio túnel para pasar os tubos dun lado ao outro.

20151127_160641.jpg

20151127_160745

20151127_160751

20151127_161711

20151127_161852

O movemento de terra é ben chamativo no punto no que baixan as augas do monte para atravesar baixo a Variante e desembocar nas veigas da Curxeira. Agardamos que a empresa construtora retire as moreas de terra depositadas a carón do rego. Xustamente neste punto habitan cantidade de pequenas aves que atoparon entre a vexetación o habitat idóneo para instalarse. 

20151127_162332

Dende a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO non podemos estar en máis desacordo co trazado desta obra, por máis que supoña “ingresos económicos” para as arcas da Comunidade de Montes. Unha Comunidade de Montes, por certo, que a través dun dos seus directivos, comprometérase a informar a esta Asociación dos traballos de sondaxe arqueolóxica, e se non fose polas xestións realizadas de motu propio polos veciños, aínda seguiríamos sentados agardando pola chamada ou polo aviso, porque nunca máis se soubo…

Xestos de auténtica descortesía á parte, non é de recibo que ACUAES acepte primeiro a alegación de DEFENDE O MONTE PITUCO para suprimir un pequeno ramal da tubaría que se introducía no Monte Pituco, e que despois o proxecto definitivo acabe discorrendo en pleno Monte Pituco, pola pista forestal e cruzando unha parte do terreo que, por riba, está afectado polo proxecto de construcción do polígono industrial. Aplicaron o refrán “se non queres caldo, toma sete tazas”. Ou “onde dixen digo, digo Diego”.


Respostas

  1. […] Son as obras de nunca acabar. Xa en novembro seguiamos a súa evolución con evidente intriga por saber como continuarían: “AS OBRAS DE ACUAES, FURANDO NO PITUCO“. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: