O domingo pasado suspendeuse por mal tempo malia que, finalmente, a tarde agantou sen chover e varias persoas animáronse a facer a ruta por Sete Camiños: ver artigo titulado “Adiouse ata novo aviso…“
A Agrupación Cultural Ronsel e a Asociación de Comerciantes ACEMAS volven convocar novamente a andaina polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños para este luns 12 de outubro, festivo, ás 17:00 horas dende a arboreda do Monte Pituco (Pornedo).
…Malia que seica a previsión meteorolóxica non volve ser favorable, dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO faremos como da outra vez: se non chove, acudiremos ao punto de encontro para atender ás persoas que se achegaran con intención de percorrer o Espazo. Para a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO calquera ocasión é boa para compartir o valor do patrimonio natural, histórico e cultural desta contorna.
Aínda que se trata dun roteiro para un grupo organizado, está aberto á participación de calquera veciño ou veciña. Quen quedara sen praza na andaina organizada polo Concello de Marín o domingo 11, que estaba limitada a 50 prazas, ten así a oportunidade de sumarse a esta outra actividade, que é gratuita.
Deixar unha resposta