Publicado por: MontePituco | 26/10/2015

II ANDAINA POLA SERRA DA FRACHA

II Marcha pola Fracha 2015

Manifesto da II Andaina contra a A-57

Grazas por estar aquí.

Como xa sabedes, a Plataforma Salvemos A Fracha continúa loitando contra o oscurantismo e a barbarie do Ministerio de Fomento, que persevera na súa teima de facer política de despilfarro e amiguismos que só favorece as grandes constructoras como San José. Seguen teimando coa idea de que Pontevedra é a única capital que non ten circunvalación… e por iso queren facer unha aínda non sirva como tal. E nós seguimos teimando en que a verdadeira circunvalación de PO é a AP-9… e a próxima Ronda Leste.

Seguen teimando na barbaridade de facer unha autovía paralela á AP-9 como alternativa gratuíta para ir de Vigo á Coruña…. E nós seguimos teimando en que a alternativa é a liberalización da peaxe.

Son uns 6 quilómetros proxectados para dinamitar e atravesar, como xa sabedes, con grandes taludes, o patrimonio medioambiental e cultural dos pontevedres@s,… neste mesmo monte, que tralo paripé da inauguración das obras, quizais nos queda pouco tempo para poder disfrutar…

Onde, por outra banda, ao mesmo tempo, o noso señor alcalde proxecta un “parque forestal” para os cidadáns da “cidade compacta”… o cal nos parece moi ben. Pero aínda non nos contestou como vai casar este proxecto coa A-57.

Cun custe de máis de 100 millóns de € para estes 6,4 km, e de arredor de 1.000 millóns para os seguintes 64 km… Canto nos vai custar a chamada “Autovía do Atlántico” que vai ir dende A Coruña a Ponteareas?

Confirmado que dende a Administración seguen traballando na mesma liña de derroche con obras innecesarias, sen ter en conta as necesidades reais que existen neste momento (non fai falla falar de sanidade ou educación porque moitos de vós xa sabedes como están as couas).

Atoparémonos, nun futuro, con dúas vías de alta capacidade paralelas. Unha delas haberá que rescatar e a outra que pagar. O oscurantismo por parte da Administración e dos que nos representan fan que nos “deitemos cun proxecto de circunvalación” e que nos levantemos cunha “ Autovía do Atlántico”.

Os políticos que defenden a construcción da “non-circunvalación” de Pontevedra defenderán co mesmo ímpetu esta infraestrutura? Cara a onde imos con dúas vías de alta capacidade, ademais dunha Nacional e dun AVE facéndose competencia mutua?

Os fetichistas das infraestruturas acúsannos de estar en contra do progreso. O que manifestamos, defendemos, é que non nos podemos deixar levar polas vellas políticas de inversión e gasto en grandes monstros (radiais, autovías e autoestradas unhas a carón das outras, cidades da xustiza, cidades da cultura, aeroportos sen avións e adefesios varios, que fan un longo etcétera de obras das que todos somos coñecedores polos medios máis críticos e que nos fan reflexionar sobre o sentido deste progreso que nos están a vender).

Avogamos polo aproveitamento dos recursos existentes, por políticas sustentables, porque o progreso ou é sustentable ou non é progreso.

Foi este pasado luns cando tivemos o pracer de recibir a visita de Ana Pastor e dos seus cómplices neste proxecto. E non nos concederon a reunión pola que levamos un ano esperando. Foi a primeira vez que os vimos por aquí e, como era visto, non foi para atender as múltiples demandas dos veciños que pedían ser escoitados.

Inaguraron un “mojón” que levaron de volta ao rematar o acto. Nós rematamos tamén, non sen antes agradecer a tod@s o voso apoio nesta loita e pedirvos encarecidamente que sexades portavoces do que estamos aquí a manifestar porque o problema non e só noso, e de to@s… Porque todos somos vítimas destas políticas de derroche e amiguismos a costa da cidadanía.

Salvemos a Fracha!!

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015

II Marcha pola Fracha 2015.

II Marcha pola Fracha 2015.

La Voz, 26 outubro 2015

Movilización a pie y en bicicleta contra el trazado de la A-57 por A Fracha

Diario, 26 outubro 2015

Faro, 26 outubro 2015

Una marcha por A Fracha pide la paralización de las obras de la A-57

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: