As Festas do Carme de Marín comezaron e remataron con folclore galego grazas ao Festival de Bandas de Gaitas e o Festival de Baile Tradicional organizados pola Asociación Cultural Airiños de San Xulián os días 11 e 19 de xullo, respectivamente, na Alameda.
No Festival de Bandas de Gaitas participaron:
-Banda de Gaitas de Ladrido, dende Ortigueira
-Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes, dende Tomiño
-Banda de Gaitas Airiños de San Xulián, de Marín
No Festival de Baile Tradicional, os participantes foron:
-Grupo de Baile Inquedanzas, dende Tui
-Grupo de Baile da Asociación Cultural A Mámoa, de Luou, dende Tui
-Grupo de Baile de Airiños de San Xulián, de Marín
Tanto no Festival de Gaitas como de Baile, cómpre salientar que xunto con Airiños de San Xulián actuou tamén o grupo de pandereteiras Fentos e Frouma, que tamén proceden da parroquia de San Xulián.
Felicitar a Asociación Cultural Airiños de San Xulián por continuar esforzándose a prol da promoción da nosa cultura e do noso folclore, pola formación da xente nova no baile e na música tradicional galega. Animalos a continuar no seu labor e a, poder ser, que non deixen de actuar na parroquia que lles dá nome…
…Porque dende a Asociación Monte Pituco, extrañamos o Festival Folclórico Virxe dos Remedios, que se celebraba tradicionalmente no colexio Carballal. Apoiamos, como non podía ser doutro xeito, que o Concello de Marín siga colaborando na organización destes Festivais, ou mesmo ampliando a súa achega, pero non a costa de excluír as parroquias do rural da oferta cultural e de lecer que ultimamente se deriva ao centro urbán.
Queda a reflexión, coa mellor vontade de xuntar opinións e mellorar no posible o que se viña facendo.
Deixar unha resposta