Publicado por: MontePituco | 21/07/2015

NA RADIO GALEGA SOBRE O ESPAZO SETE CAMIÑOS

Diario Cultural: Espazo Sete Camiños

[Premer na imaxe para escoitar a reportax]

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha reportaxe sobre o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ao que pertence o Monte Pituco (Pornedo), situado no monte veciñal de San Xulián de Marín.

…Cómpre recordar (sempre!) que o Monte Pituco e os xacementos arqueolóxicos catalogados que forman parte deste Espazo están AFECTADOS polo proxecto de construcción dun POLÍGONO INDUSTRIAL proxectado no PXOM do Concello de Marín e incluido no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais da Xunta de Galicia. Que a Asociación Monte Pituco -que formou parte da comisión técnica do Espazo Sete Camiños e que foi un dos colectivos que apoiou a iniciativa- segue loitando para que se desbote semellante aberración urbanística, paisaxística e patrimonial. E que a posta en valor dos recursos naturais e culturais desta contorna privilexiada é totalmente INCOMPATIBLE cun parque empresarial en pleno ‘balcón da ría’ de Pontevedra.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: