O Diario de Pontevedra publica con retraso esta información que a Asociación Monte Pituco fixo pública o pasado 10 de xullo no artigo titulado “Petición ao Concello para incluír o Pornedo na oferta de visitas guiadas“.
En aras do rigor informativo, cómpre aclarar por tanto que a presentación do escrito no Rexistro municipal non se efectuou “onte” (en alusión ao día 22 de xullo) como indica a noticia publicada polo Diario de Pontevedra, senón que van xa 15 días dende que se formalizou a solicitude, dirixida ás concellerías de Cultura, Patrimonio e Turismo.
Engadir como dato de ‘última hora’ que a concelleira Beatriz Rodríguez emprazou a Asociación Monte Pituco a que a finais desta semana buscaríase unha data para celebrar a entrevista que se lles solicitou ás edís responsables desas tres áreas. De momento, seguimos agardando…
Deixar unha resposta