SOS Pornedo

Pasou un mes dende que tres profesionais da Historia, da Arqueoloxía e da Antropoloxía -Buenaventura Aparicio, Antonio de la Peña e Rafa Quintía, por esa orde- asinaron un “Informe sobre o Estado da Arte Rupestre Galega”. Ese documento trascendeu xa aos medios de comunicación, ás redes sociais e a numerosos colectivos e persoas sensibles coa precaria situación da inmensa maioría dos petroglifos que atesoura a nosa terra.

No Blog Defende o Monte Pituco non só apoiamos e nos adherimos á causa, senón que seguimos divulgando as agresións a este patrimonio sensible, especialmente no ámbito da parroquia marinense de San Xulián e no Monte Pituco (Pornedo), afectado polo proxecto de construcción dun polígono industrial promovido pola Xunta e polo Concello de Marín. Dende decembro de 2010 levamos porfiando contra semellante atentado contra o legado milenario dos antepasados, o medio natural e a paisaxe.

“A proliferación do mato e da arboreda no seu entorno déixaos sen ningunha protección cando se producen incendios forestais, provocando as altas temperaturas a súa destrucción pola ruptura das capas superficiais (termoclasia). As obras incontroladas e os traballos no monte sen adoptar medidas preventivas son outros dos riscos aos que están sometidos”.

“Solicitamos o seu compromiso para que a Xunta de Galicia inicie xa os trámites para acadar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade, a medida máis eficaz para garantir a súa supervivencia -agora mesmo seriamente ameazada-, a súa valoración e o seu coñecemento, que debe comezar na Escola”.

En Defende o Monte Pituco tomamos a licenza de ‘personalizar’ o logotipo de SOS Arte Rupestre Galega cun fragmento do calco do conxunto rupestre do Pornedo. 

Moito alento, moitos azos aos promotores desta iniciativa. Contan dende o minuto 0 co noso recoñecemento, respaldo e implicación.

 

Manifesto SOS Arte Rupestre Galega

20160814_210829

Estado do conxunto rupestre do Pornedo en agosto de 2016

Cómpre comezar as historias polo principio. E o cerne desta desafortunada situación remóntase ao pasado mes de agosto, en plena vaga de lumes.

Vendo que o conxunto rupestre do Pornedo está practicamente rodeado de vexetación, e ante o elevado risco de incendios nesas datas que, de ter afectado a estes gravados causarían danos irreversibles, cando non a desaparición dos petroglifos, contáctase telefonicamente coa Comunidade de Montes de San Xulián para propoñer que se faga unha limpeza de urxencia dese xacemento arqueolóxico, empregando medios e ferramentas manuais, ademais de contar con supervisión arqueolóxica. Esta idea xa formaba parte dun ‘paquete’ de 12 medidas que lle foran expostas pola Asociación Monte Pituco á directiva da Comunidade nun dossier que se entregara a mediados de xullo.

A resposta foi negativa, argumentando que a Lei de Patrimonio impedíalle á Comunidade de Montes facer calquera traballo no ámbito dos petroglifos catalogados. Diante desa postura de inmobilismo, lémbraselle que arredor dos petroglifos do Pornedo, en maio de 2015, xa se realizara unha limpeza que resultara moi beneficiosa con motivo dos traballos previos á sinalización destes elementos, no marco da posta en marcha do proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Este directivo replica -ante a nosa incredulidade- que a Comunidade de Montes de San Xulián non tivera nada que ver con aquela roza.

Desbroce arredor do conxunto rupestre do Pornedo.

Resultado das tarefas de roza realizadas no conxunto rupestre do Pornedo en maio de 2015

Chegamos ao outono, entre finais de setembro e principios de outubro. Polo medio houbo unhas eleccións. Eleccións xerais, pero eleccións, a fin de contas.

Detectamos que na pista forestal do Monte Pituco se están facendo traballos de limpeza das marxes e de acondicionamento dos regos laterais, como xa plasmou en anteriores artigos desta mesma bitácora.

A sorpresa prodúcese cando, máis recentemente, comprobamos que esa actuación non só abrangue a pista principal, senón tamén o sendeiro que conduce ao conxunto rupestre do Pornedo e ao miradoiro natural. Nesta última zona entendemos que os traballos de roza eran innecesarios porque este camiño non é unha zona de tránsito motorizado, agás para labores agrogandeiras.

DSC_0590.JPG

A sorpresa vaise tornado en temor a medida que avanzamos polo camiño, ao observar que o desbroce se realizou cunha máquina que, ao seu paso, foi cortando a vexetación nun radio de acción superior aos dous metros a ambos lados do carreiro. 

Precisamente, o cartel que prohibe o paso de vehículos motorizados e que tiña que estar instalado no cruce da pista principal co sendeiro, de onde foi arrincado hai máis dun ano, segue tirado a carón do carreiro e queda á vista logo do paso da máquina desbrozadora.

dsc_0236

dsc_0076

dsc_0237

Do temor pasamos á indignación cando, case á altura dos petroglifos do Pornedo, xa nos temiamos que as coitelas da desbrozadora puideran ter destruído o xacemento ao pasarlle literalmente por enriba, xa que os gravados están nunha laxe situada mesmo a carón do camiño. Uns pasos antes atopamos unhas pedras que saltaran en varios pedazos porque sobresaían do terreo e atopábanse no medio dunha mata de fento.

dsc_0074

dsc_0238

dsc_0239

dsc_0071

Respiramos con alivio ao ver que os gravados, de milagre, están intactos. E se están enteiros moi probablemente non é porque alguén estivera supervisando o manexo desa máquina desbrozadora, senón porque, por sorte, o fento e a herba rodeaban os petroglifos en toda a súa contorna, excepto pola parte do sendeiro; a única zona “limpa” na que o conductor do tractor non tivo que poñer en funcionamento os cabezales trituradores.

dsc_0240

dsc_0072

dsc_0598

En conclusión, o conxunto nº1 do conxunto rupestre do Pornedo, un dos máis significativos do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, dos mellor conservados dende o punto de vista da visibilidade dos elementos representados, e dos máis valiosos da bisbarra do Morrazo, ‘sobreviviu’ de casualidade a unha grave neglixencia.

Primeiro, a Comunidade de Montes de San Xulián desmarcárase duns traballos de limpeza realizados dun xeito exemplar un ano atrás. Despois, rexeitou actuar no mantemento do xacemento, que é o que a Lei de Patrimonio lle esixiría como titular dos terreos nos que se atopan estes Bens de Interese Cultural. E o que finalmente aconteceu foi que unha máquina desbrozadora que actuaba no marco dos traballos de adecentamento da pista forestal, a piques estivo de destrozar este singular xacemento.

…Que facer diante deste despropósito?

…Poñelo en coñecemento das autoridades de Patrimonio para que abran un expedente de investigación e diriman responsabilidades?

…Ceder á presión dunha Comunidade de Montes que pon entre a espada e a parede a unha modesta entidade veciñal que traballa a prol da defensa do monte, do seu patrimonio natural, cultural e paisaxístico, ‘so pena’ de non manter os seus compromisos de atención e mellora do legado histórico que atesoura o monte veciñal de San Xulián, a parroquia marinense con maior densidade de xacementos arqueolóxicos?

dsc_0073

 

Publicado por: MontePituco | 17/10/2016

‘REXENERACIÓN’ DISFRAZADA

20160815_193719

Primeiro pensamos que viñera un OVNI dende o espazo exterior e que aterrara no val do Pornedo para infiltrarse entre os pro-polígono, tomar mostras da súa corteza cerebral, investigar posibles malformacións na mandíbula que lles impediran pronunciar correctamente a palabra pe-tro-glifo, analizar a súa visceral aversión á saramaganta rabilonga e, con toda a información colleitada, marchar pitando do Planeta Terra para, en chegando á súa galaxia, desenvolver a fume de carozo algún tipo de vacina alieníxena, programa de Matrix ou similar, que impida  que especies intelectualmente avanzadas corran o risco de involucionar ao nivel dos que aquí defenden un polígono industrial nun espazo protexido.

20160815_192729

Logo, seguindo o noso camiño pola pista forestal, pensamos que chegara o Nadal e que Melchor, Gaspar e Baltasar viñeran cargados de cadanseu saco de ouro, incenso e mirra para agasallarllo ao Neno Xesús, que debía estar a piques de nacer na mámoa de Sete Camiños. 

…Pero oh, mágoa! O noso gozo nun pozo cando descubrimos que non viñera ninguna nave espacial e que as únicas criaturas verdes e con aspecto extraterrestre eran as barbantesas de toda a vida que habitan no monte. Tamén levamos un chasco tremendo ao comprobar que non viñeran os Reis Magos, senón unha cuadrilla de traballadores que retiraran neumáticos, plásticos, ferruxe e uns cantos cascallos dun pequeno treito de terraplén á beira da pista forestal do Pituco.

20160815_193756

 

Daquela foi cando nos preguntamos que relación podía haber entre un burato no medio do monte -do que polo menos un directivo da Comunidade de Montes de San Xulián, ao ser advertido no momento desta estraña incidencia, non tiña nin a máis remota idea- e un sospeitoso movemento de terras a pouca distancia dese lugar.

Branco e en botella: unha pa excavadora adentrárase no val do Pornedo, abrírase camiño e furara no medio da explanada para extraer terra que a continuación foi depositada no terraplén.

20160815_192829

Uns días despois comprobamos que continuaran os traballos: que o lugar onde quedara un burato e unha fozada de terróns se estivo traballando en explanar o terreo novamente, coma quen non pasara nada…

dsc_1809

dsc_1810

dsc_1811

Tamén comprobamos que a carón do terraplén remataran de poñer máis pedras, nun hipotético intento de que os vehículos non se achegaran no futuro para baleirar lixo polo desnivel abaixo, e que chantara un poste cun cartel no que se lía:

“Espazo natural rexenerado. Deposita os teus residuos nun lugar autorizado”.

E que para semellante despregue de medios materiais e humanos se mobilizaran recursos da Xunta e -nin máis nin menos- da Unión Europea! Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, para máis señas. 

Entre as letras e os logotipos institucionais ben grandes e a proba de miopes, chamaba a atención -literalmente- a “letra pequena”:

“Recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de verquido incontrolado 2016”

dsc_1803

dsc_1804

dsc_1805

…E velaí a ‘nai do año’, na sempre discreta “letra pequena” dos impresos oficiais, dos contratos, das hipotecas, das ofertas do supermercado e, agora tamén, dos carteles dos “espazos naturais rexenerados” pola Xunta con cartos da Unión Europea.

Porque a pouco que calquera se fixe nesta actuación, decatarase de que o que realmente pasou foi que limpar, limparon máis ben pouco; o gordo, e grazas. Adecuar, máis ben adecuaron as máquinas e as ferramentas das que dispuxeron á comodidade dos traballadores ou de quen lles dirixiu a faena. O que se di restaurar, entendido como “volver pór en bo estado” (citando literalmente a definición da Real Academia Galega) un espazo, pois depende. E recuperar, pois non demasiado, tendo en conta que o que aquí fixeron foi, basicamente, BOTAR TERRA enriba dun antigo vertedoiro, tapar o lixo máis disimulable, achandar e sementar herba ou deixar tan a monte como estaba agardando que volvera medrar a herba.

dsc_1764

dsc_1767

dsc_1765

dsc_1766

Nin o ser humano é tan listo, nin a Nai Natureza é tan parva. Así é como coas primeiras chuvias do outono, a auga comeza a abrirse paso e a sacar á luz as ‘vergoñas’ que quixeron esconder debaixo da alfombra. 

…Non viñera ningún OVNI.

…Non era Nadal.

…O que aquí aconteceu foi que chegou o Entroido, e que a Xunta, coa connivencia do Concello de Marín, da Comunidade de Montes ou de quen autorizara e supervisara (ou non) esta actuación, veu traernos unha REXENERACIÓN DISFRAZADA.

Publicado por: MontePituco | 15/10/2016

ANTONIO COSTA: A PEDRA DA MOURA ENCANTADA

20161014_205106

Está dando para verquer ríos de tinta -da impresa e da virtual- a “ousadía” do investigador Antonio Costa de cuestionar a veracidade dos estudos que dende hai un século relacionan a chamada Pedra do Labirinto de Mogor coa cultura clásica cretense a través do mito do Minotauro. Costa sostén que a figura representada neste petroglifo é unha serpe e avoga por devolverlle a este senlleiro elemento da arte rupestre galaica a súa denominación tradicional, como Pedra da Moura Encantada.

A raíz da publicación no seu blog, A Cova da Paralaia, da primeira parte dun artigo no que argumenta a súa revolucionaria teoría, foron varios os medios de comunicación de ámbito local que recolleron esta información -que tanto percorrido tivo tamén a través das redes sociais- e aboaron o terreo para servirlle a polémica en bandexa aos que manteñen acerrimamente os postulados que ao longo do tempo foron defendendo Juan Fernández-Gil en 1916, Ramón Sobrino Buhigas no “Corpus Petrogliphorum Gallaeciae” de 1935 e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Antonio Blanco Freijeiro no artigo “El laberinto de Mogor” de 1958 e, máis recentemente, Antonio de la Peña noutro feixe de publicacións.

Revisitar a historia, despoxarse do lastre dos dogmatismos para achegar outros posibles puntos de vista, e facelo de xeito documentado, amosando respecto polos antecesores na construcción do relato histórico, é unha práctica que non abunda e que se debería agradecer cando do que se trata é de ensanchar os horizontes do coñecemento.

Por iso sorprende (ou non) que na charla organizada polo Club de Opinión Portocelo na que Antonio Costa expuxo as súas hipóteses alternativas non faltase quen, dende a familia Sobrino, se tomasen as novas propostas de Costa como un ataque á profesionalidade de Ramón pai e Ramón fillo, e pouco menos que unha ofensa á súa honorabilidade.

Lonxe diso, Antonio Costa tivo que insistir en explicitar a súa admiración e recoñecemento ao legado material e intelectual que os Sobrino deixaron, sen xulgar en ningún momento os motivos ou circunstancias que puideran ter levado aos teóricos precedentes a decantarse por esa vía da estreita vinculación do petroglifo de Mogor coa cultura grega.

 

dibujo

Reprodución do artigo de Antonio Costa no seu blog, “A Cova de Paralaia”.

 

Tal vez se en vez de falar de “manipulación gráfica” na reprodución dos gravados para xustificar a súa orixe cretense, Antonio Costa tivera empregado algún eufemismo, atribuíndolles o uso dunha ‘licenza poética’ máis propia de poetas ou narradores que de arqueólogos, non se tería levantado ningunha poeira, nin se tería ferido ningunha susceptibilidade. Pero a valentía de chamarlle ás cousas polo nome que un cre que lle corresponden, de ir de fronte sen temor a cambadelas colaterais, de desmarcarse da ‘zona de confort’ e asumir con audacia as críticas que encenden os ánimos dos que ven en tela de xuízo a liña oficial, ten a súa peaxe. Parte desa peaxe rozou a fronteira mesmo do persoal, nalgunhas reaccións un tanto desafortunadas que se puideron ler a raíz desta controversia.

Unha mostra máis de que na sociedade actual o exercicio da discrepancia segue levantando ampolas; que o debate está ben, pero sen que saia dun guión predeterminado.

Por iso chamou a atención que, no mellor do coloquio, cando se poñía en tela de xuízo o papel da Administración local na protección e conservación dos petroglifos de Mogor en particular ou do resto do patrimonio arqueolóxico do municipio en xeral, o intercambio de opinións quedase interrompido en base ao rebasamento do horario ou o asunto en cuestión excedía o ámbito temático da conferencia.

De feito, o propio Antonio Costa comezou por aí a súa intervención, amosando a súa disconformidade coa actual política de xestión do patrimonio arqueolóxico; unha opinión que xa formulara previamente nunha entrevista publicada no Diario de Pontevedra o propio día da charla:

“No podemos olvidar que los petroglifos de Mogor no son los únicos que hay en Marín. Debe de haber cerca de 50, si no más, pero están abandonados y completamente olvidados”.

Unha afirmación na que abundou ao ser preguntado pola “razón dese abandono”:

“Que las instituciones no tienen ningún interés en cuidar nuestro patrimonio. Es la Xunta de Galicia la que está obligada a protegerlo, pero no le da la gana, no quieren que nuestra historia se conserve, porque si tienes todos los medios y recursos para cuidar algo y no lo haces es que no quieres que perviva. Ya lo dijo en una ocasión un concejal de Marín: ‘«As pedras son pedras»’. Esa es la filosofía y lo que ha provocado que, con todo lo que tenemos aquí, los únicos petroglifos conocidos sean los de Mogor. Por eso se creó la plataforma SOS Arte Rupestre, a la que nos hemos sumado un montón de colectivos que creemos que es imprescindible conservarlo y solicitar la declaración de Patrimonio de la Humanidad, porque tiene delito que todo el arte rupestre de la Península Ibérica tenga ese distintivo menos el de Galicia. El arte levantino, la cornisa cantábrica, el valle del Duero… todos cuentan con esa protección de la Unesco, pero en Galicia no se ha dado ningún paso para que esto se consiga”.

En DEFENDE O MONTE PITUCO facemos nosas as palabras de Antonio Costa. Non para subestimar a importancia dos petroglifos de Mogor; ao contrario, para lamentar que, con toda a trascendencia que teñen, o Concello de Marín os teña actualmente desprotexidos dende o punto de vista urbanístico clasificando como “solo urbano consolidado” o terreo no que se atopan.

Como tamén nos queixamos de que, dende o punto de vista da política cultural municipal, a ‘sombra’ dos petroglifos de Mogor eclipse a enorme riqueza rupestre marinense, comezando polos xacementos de San Xulián, a parroquia coa maior densidade de gravados.

E se lamentamos que os petroglifos de Mogor se atopan en “solo urbano consolidado”, non podemos menos que laiarnos de que os petroglifos do Pornedo, de Sete Camiños e de Pinal de Caeiro estean afectados pola catalogación dun polígono industrial no seu ámbito de protección, cando a escasos metros, cruzando o límite do Concello de Pontevedra, o territorio colindante no tempo municipal pontevedrés está declarado como “de interese arqueolóxico”.

Ese foi o debate que non puido ser, que quedou aberto por falta de tempo, porque non se cinguía ao tema da charla ou porque, tal vez, como a teoría do trazo serpentiforme do famoso petroglifo de Mogor, a alguén lle molesta escoitalo.

 

Publicado por: MontePituco | 10/10/2016

COMPLETAN O DESBROCE DA PISTA DO PITUCO (I)

A mediados de setembro demos conta de que se estaban realizando traballos de desbroce na pista forestal do Monte Pituco, dende o seu acceso, no cruce da estrada de Figueirido coa pista do Regueiriño. Advertiamos entón que os restos vexetais que se estaban retirando dos taludes quedaban ciscados no rego lateral que, pola contra debería estar o máis limpo posible para facilitar o discorrer das augas pluviais sen causar atrancos nin rebordamentos. Nestes días puidemos comprobar, con satisfacción, que esas actuacións continuaron e, neste momento, os regos están en bo estado, instaláronse pezas de formigón para encauzar o caudal das chuvias e a pista quedou moito máis ancha.

…Excesivamente ancha, poderíase engadir, malia tratarse dun vial polo que, en teoría, circularía principalmente maquinaria agrícola, vehículos pesados para transporte de madeira ou camións cisterna para auga en caso de ter que afrontar algunha emerxencia.

Sen embargo, durante un percorrido pola pista en días pasados, puidemos comprobar que é utilizada por motos, turismos convencionais e vehículos todoterreo que a utilizan como atallo. De non tomar medidas para restrinxir ou limitar os usos da pista aos que -pola propia natureza do vial lle corresponden- auguramos un máis que rápido deterioro, co que conleva de perxuízo económico.

Confiamos en que as primeiras chuvias desta semana contribúan a consolidar o terreo. Ao botarlle terra de recheo, coincidindo coas obras de instalación da rede de tubarías de Acuaes, a sequía e o constante paso de vehículos fixo que a superficie da pista, especialmente no seu treito inicial, quedase convertida nunha poeira.

dsc_0580

dsc_0581

dsc_0582

dsc_0584

dsc_0593

Por outra banda, a instalación de canalizacións de formigón e o movemento de terras que conlevaron estes traballos fixo “aflorar” cantidade de lixo e residuos de todo tipo que quedaron á vista, ofrecendo unha imaxe bastante desagradable…

dsc_0586

dsc_0587

No acceso ao sendeiro que conduce ao miradoiro e ao conxunto arqueolóxico do Pornedo tamén se realizou un ensanchamento do camiño e a instación de canalizacións pluviais.

dsc_0590

Sen embargo, o sinal que prohibía o acceso de vehículos motorizados, agás para usos agrícolas, non foi reposta. Lonxe diso, ese cartel metálico segue tirado -e deteriorándose- entre a vexetación. Ao pasar unha máquina desbrozadora polas marxes da pista, o sinal quedou á vista, no mesmo chan, pero non se repuxo na súa localización orixinal, no inicio do camiño.

DSC_0078.JPG

En relación a estas obras na pista forestal do Pituco, hai outras dúas actuacións que cómpre expoñer a maiores: unha, a extracción de terra que se fixo no val do Pornedo para tapar un talude do que se retiraron uns poucos residuos e “disfrazar” esa acción como a rexeneración do terreo; e en segundo lugar, moito máis grave e mesmo denunciable ante as autoridades de Patrimonio, a utilización de maquinaria pesada para desbrozar o sendeiro que conduce ao miradoiro do Pornedo, co risco de ter destruído o conxunto rupestre catalogado que se atopa na beira do mesmo camiño.

Ambos episodios merecen un tratamento detallado, que se irá expoñendo en próximos artigos.

Publicado por: MontePituco | 09/10/2016

RUTA POR CASTELO DE BARBUDO E PEDROUZOS, EN SAN XULIÁN

dsc_0537

14556537_1248476335184435_1506375826166749873_o

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo retomou o seu programa de roteiros. Se a última andaina do pasado verán foi percorrendo o monte de San Xulián ata o Pornedo (Pituco), a primeira ruta deste outono discorreu tamén pola parroquia marinense de San Xulián, mais para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos lugares de Castelo de Barbudo e Os Pedrouzos, lindando con Santo Tomé de Piñeiro, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais.

20160904_131059.jpg

Dende o punto de encontro, a pouca distancia do novo depósito de auga que se acaba de construír en Pardavila, en terreos da Comunidade de Montes de San Xulián, o grupo de sendeiristas dirixiuse a unha zona elevada coñecida como Castelo de Barbudo ou Outeiro dos Mouros que, cos seus 300 metros de altitude sobre o nivel do mar, está dentro de solo rústico de especial protección de patrimonio cultural.

20160904_101752

dsc_0539

Trátase dun enclave con fortificación natural pola penedía que abunda e posúe vestixios dun xacemento castrexo prerromano -o topónimo Castelo deriva de castro-, onde se atoparon restos de cerámica e tella cunha adscrición medieval, produto dunha reocupación humana posterior.

dsc_0549

Desplumadeiro feito por un gavián ou un azor, cunha pomba como posible presa.

dsc_0542

A nivel da cultura inmaterial, tamén hai asociadas algunhas lendas sobre encantamentos atribuídos a mouras, así como estraños ruídos vencellados aos traballos de canteiría tradicional que se practicaban na zona.

20160904_100840

Actualmente está ocupado con plantacións de piñeiro e carballeira e, entre o arborado, posúe un amplo dominio visual sobre a contorna: cara ao oeste vese o monte das Penizas e, nos seus extremos, os castros da Subidá e das Pidreiras, cos que comparte conexión na paisaxe, da que forma parte a orixe oronímica que Barbudo ten sobre o lugar.

Nun seguinte punto de interese do roteiro atópase Os Pedrouzos, un topónimo que procede da palabra Pedrousos, outro claro exemplo de orónimo con referencia á xeografía, pola abudante presenza da pedra e de rocha na zona.

Situado a uns 400 metros de altitude, en áreas de monte aberto a matogueira e entre a penedía, posúe unha gran panorámica do Morrazo: os cumes do espazo natural dos Montes do Morrazo -Coto Redondo, Coto do Home, Faro de Domaio, Formigoso, Outeiro da Carballosa e Agudelo- ademais de Outeiro de Campolongo e o Monte Cernello.

20160904_122258

Tamén se divisa todo o val que conforman os regos de Maceiras, do Neibó, de Cachadiñas e de Cardadeiro, que á súa vez son afluentes do río Loira, cos seus respectivos núcleos rurais de poboación. O conxunto conforma un mosaico agropecuario de veigas de cultivo e bosques de ribeira entre as parroquias de San Xulián, Santo Tomé de Piñeiro e Santa María do Campo.

20160904_122222

En canto ao litoral, a vista abrangue a ría de Pontevedra con Cabo Udra, Monte Sobareiro e Monte da Cova, Punta Festiñanzo e Punta Cabicastro no Salnés, ademais das Illas Ons delimitando o horizonte.

img_20161002_201549

IMG_20161002_202128.jpg

Nos Pedrouzos atópanse tres estacións de gravados rupestres e vestixios dun asentamento, datados no seu conxunto na Idade do Bronce. Con gravados de distinta tipoloxía -círculos concéntricos, apéndices, coviñas e armas- representan os petróglifos catalogados a maior altitude do municipio -dous deles superan os 400 metros de altitude- e dos máis altos atopados na comarca.

20160904_113546

Petroglifo de Os Pedrouzos nº2:

20160904_112734

Petroglifo de Os Pedrouzos nº1 (Pedra da Pereira):

20160904_112019

20160904_111621

Laxe do petroglifo de Os Pedrouzos nº3:

20160904_122928

Na contorna tamén existen varios gravados rupestres de datación moderna realizados durante o pasado século XX polo veciño marinense José Meijón.

20160904_111610

Nas proximidades atópase o conxunto patrimonial megalítico das mámoas de Pedralonga e de Chan de Castiñeiras, nos arredores da lagoa de Castiñeiras, co que este territorio cumpre unha función de corredor ambiental e cultural.

Tollemerendas nas  cercanías de Pedrouzos

20161002_185304

A zona das Regueiras, destaca pola plantación forestal con frondosas autóctonas -na súa maioría souto de castiñeiros- dentro do monte comunal da parroquia de San Xulián. Nas cercanías, facendo referencia á orixe hidronímica do lugar, tamén se atopan bidueiros e salgueiros, no ámbito da conca do nacemento do regueiro de Cardadeiro do río Lameira, pola outra parte.

Ademais, atópanse restos doutro asentamento da Idade do Bronce que se suman aos existentes nos Pedrouzos, o que reflicte a intensa actividade humana que, por eses montes, existía xa ao redor de hai 4.000 anos.

As principais afeccións que nas últimas décadas afectaron a esta conforna foron a instalación de torres e cableado aéreo eléctrico, os monocultivos forestais, a eucaliptización, o abandono das actividades silvícolas e os incendios forestais, xunto coa falla de interese pola protección e conservación do patrimonio cultural e arqueolóxico.

Na ruta previa de recoñecemento do itinerario, puidemos comprobar o estado de deixadez no que se atopaban os camiños, malia que algún dos sendeiros forman parte dunha ruta BTT: excesiva vexetación, entre a que abundaban as xestas e as silvas, o firme dos camiños deteriorado polo paso de vehículos, e algún vertido incontrolado foron algunhas das estampas que se puideron observar.

20160904_110645

20160904_103557

As ameazas que comprometen a integridade destas paraxes son a localización alternativa de tres aeroxeradores dentro da Area de Desenvolvemento Eólica do Morrazo e, na súa proximidade, o proxecto de investigación mineira -denominado como “Miñán”- para a extracción de granito ornamental.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera que a protección actual de solo rústico de espazos naturais é insuficiente para esta área, argumentando que se trata de espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico. Neste senso, en marzo de 2012 a Plataforma solicitoulle á Xunta a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que, co nome de “Montes e Carballeiras do Morrazo”, acollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo –onde están integrados Castelo de Barbudo e Os Pedrouzos- e o Carballal de Coiro, ampliable a outros espazos próximos.

P.D.

Con anterioridade á ruta pola protección do Castelo de Pedrouzos, responsables e colaboradores da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo desprazáronse ata o Castelo de Barbudo e Os Pedrouzos para realizar algunha tarefa de limpeza de vexetación que permitira unha maior comodidade no acceso dos asistentes a estes espazos.

Castelo de Barbudo, ANTES

20160904_100635

20160904_100716

Castelo de Barbudo, DESPOIS

dsc_1864

dsc_1876

A recompensa a este esforzo foi un fermoso solpor dende o Castelo de Barbudo

dsc_1877

dsc_1887

Mapa do itinerario, realizado por P. Troitiño:

mapa-1

 

 

Publicado por: MontePituco | 07/10/2016

XORNADAS SOBRE O MONTE EN PONTEVEDRA

Xornada “O monte no século XXI”

Sábado 8 de outubro, Pazo da Cultura de Pontevedra, de 09:00 horas a 19:00 horas.

Xornadas sobre o monte en Pontevedra

Publicado por: MontePituco | 04/10/2016

A OLLADA POÉTICA DE ANXO PADÍN NO PITUCO

20161005194255069-1

Anxo Padín participou nun roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo) organizado pola Plataforma Montes do Morrazo. Daquela visita non só puidemos compartir algunhas das fermosas fotografías que tomou do percorrido. Agora, un ano despois -os petróglifos de San Xulián xa foron sinalizados-, tamén temos a súa impresión máis persoal, en papel impreso, negro sobre branco. Da súa autoría é o artigo titulado “Descubrindo o Monte Pituco” que se publicou no número de setembro da revista O Canastro, da Asociación Veciñal de Berducedo e Piñeiro, en Moaña. Unha visión poética da paisaxe, do patrimonio, da natureza; do que xa daquela dera en chamar “a beleza do pequeno”.

…Moitas grazas por esta valiosa achega. Por moitas veces, no ‘balcón da ría’…

 

Quizais só nos quede a poesía e máis nada, a poesía das palabras e dos xestos, defender esta terra e este tempo, como nos tempos primixenios, a golpe de pegada e de berro, para evitar a tentación da derrota, do non podo máis e xa me venzo, da colonización dos desánimos que esgota os versos e as apertas, que nos afasta do papel de protagonistas e nos converte en meros espectadores da historia, allea aos nosos desexos. Somos auga, terra e vento, e polo tanto poesía, feitos coa mesma materia dos nosos soños, e deles nos erguemos cun feixe de sorrisos pulando polas nosas costas, ata o infinito e máis alá, bicos tenros de bos días, aínda antes de saborear o arrecendo do café, e unha cartografía virtual para guiarnos cara o corazón dunha península que, como a punta da frouma fende o océano sinalando o rumbo doutros mundos, onde o mundo chamábase San Xiao dos Ancorados, aló pola desembocadura do río Lameira. Fuximos dos litorais que nos chaman dende as parroquias de Cantodarea, Mogor, Seixo, Ardán, onde un exército helitrópico procura a beizón dos areais, para buscar os ingremes cumios desta incógnita do Morrazo, e despois de sortear un feixe de linguas de asfalto, catro sinais enganosas e as indicacións dun parroquiano que nos sinala dúas variantes posibles, chegamos á arboreda de Pituco, onde nos acolle a tropa dos bos e xenerosos, vento, auga e terra, sen dúbida, que a boa fe pregoan tamén: por Nós e polos Nosos. Mirámonos, entón, sorríndonos coa pel, e a poesía volveu guiar o mundo dos imposibles, quizais cun cento de almas enmudeceran as máquinas, e os nosos montes tiveran unha oportunidade por seguir dándonos alento, máis alá de onde os homes pensan só en especular coa nosa terra, co noso tempo.

A poesía fíxose voz, aínda que sen verso, naquel que comandaba aquela confusión de pegadas, nenos e vellas, cans de tódalas razas, mulleres novas e homes barbados, rexeitando o progreso entendido como a destrución do xermolo da nosa raza, camiños carreteiros asolagados polo escombro, especies alóctonas que se estenden pola fraga roubando a auga os carballos, mámoas que esmorecen entre a matogueira, un universo invisible que sae á luz cos nosos pasos, e con eles a historia dos seres diminutos que se agochan no monte Pituco, o brión e o couselo, a píntega rabilonda e o teixugo, o chuchamel, a herba moura, o lagarto das silveiras, a lingua de boi, o escornabois, o chupaleites… quizais cativos de máis, coma nós, versos espallados que non teñen outro horizonte que o que nós lles demos, e por iso debuxamos esa xeografía en perigo nos nosos mapas, e recitamos tamén: regato das Presas e da Grela, outeiro de Cerqueiras, fonte das Pulgas, Sete Camiños… inzados de coraxe e afouteza, pois sabemos que só se vence o que non pelexa.

Balbordo de cans e chíos de paxaros enchendo os nosos silencios cómplices, poesía e movemento, brisa salgada e arrecendo da flora que pulaba por nos ofrecer a súa lingua de cores, as conversas das matriarcas, cheas dunha sabedoría que non cabe nos libros, a memoria dun pobo que se resiste a diluírse nas correntes que pregoan o fin da historia, atopar a beleza do pequeno, en cada paso, en cada voz, en cada ollada, un brazo espido que o sol acariña tentando borrar o rastro dos meus beizos, pereiras bravas, herba de prata, dedaleiras, estripeiros, unha cantiga que non precisa música para afundirse na nosa alma, para sentir estes montes, que descubriamos nestes intres, como nosos…

É precisa a poesía, tanto como o vento, a auga, a terra, nestes tempos de ferruxe e de barbarie, pensaba eu albiscando a beleza do pequeno, en cada folliña de carballo onde a luz semellaba titilar coma unha estrela, en cada verba collida espallada polas bravas mulleres marinenses sobre as tenruras do alecrín, en cada herba da prata florecendo nas fochancas da fonte das pulgas, e precisa para afastarnos do ruído que tanto nos confunde, os berros atronadores do progreso (pan para hoxe e fame para mañá) que quere arrincar raíces e memorias, contaminar regatos e opinións, enmudecer paxaros e conciencias, con maquinaria pesada e titulares enganosos, pois mentres os nosos versos e pegadas se confundan, se multipliquen e se espallen polos nosos outeiros e vales, polas fragas e chairas, semellará que non todo está perdido, que aínda outro mundo, onde sigamos a perseguir a utopía, é posible.

Tantas cousas aprendemos nunhas poucas horas, camiñando con esa grea de bos e xenerosos, por este descoñecido anaco da península do Morrazo, que ben pagou a pena afastarnos da tentación da area, pois en cada parada o noso guía, dun xeito ameno e didáctico, alternaba o inventario de ameazas que se cernen sobre o Pornedo -con ese disparate de parque empresarial- con pequenas historias da xente que, ata ben pouco, transitaba estes sendeiros con carros cargados de toxos ou de peixes, de cantigas e de suores, ou facía visibles os pequenos (ou non tan pequenos) habitantes destas fragas: bolboretas e teixugos, xabarís e lagartos arnais, xoaniñas e avenoiteiras, que mal habían de levar a urbanización do seu espazo natural.

Escoitei un aturuxo nas miñas venas, onde ti fixeches florecer as palabras nunha permanente primavera, cando fixemos un círculo en torno a mámoa de Sete Camiños, e sentín as forzas telúricas dos nosos antergos rubindo polas pernas, berrando para que protexeramos a memoria dun pobo que, agora, semella agochado, como os vellos dólmenes, baixo a matogueira do esquecemento, así como os misteriosos petróglifos espallados polo monte Pituco, primeiros poemas a ceo aberto dos nosos devanceiros, que nin sequera están sinalizados, para que a xente nova tome conciencia e valore a historia e o patrimonio do país.

Somos terra e tempo, máis nada, e sen eles nada, e grazas a pequenos xestos como este, apenas un feixe de almas a reivindicar o tempo e a terra, fan que aínda quede esperanza, que non todo esta perdido, que baixo o rumor das máquinas érguese o berro seco da xente que sente coma nós, fenda que a poucos se vai abrindo paso nas conciencias asulagadas polo ruído dunha aldea global onde os sabios da tribo xa venderon ata o vento e a auga, e agora queren deixarnos tamén sen camiños polos que espallar pegadas, verbas, sorrisos, versos…

Chegamos formando unha columna rebelde á area recreativa de Pornedo, atalaia privilexiada sobre onde o mundo se chama San Xiao dos Ancorados, e sentín non despedir aquel cardume de estrelas que se espallaba cara aos seus soños, despois de compartir un anaquiño de utopía con nós, máis de seguro que volveremos atoparnos nos camiños deses montes do Morrazo que a poucos vanse tatuando na xeografía do noso imaxinanio.

Anxo Padín

Monte Pornedo. Sol, 12 de abril de 2015

 

 

20161005194255069-4

“Descubrindo o Monte Pituco”, por Anxo Padín (Revista O Canastro, setembro 2016)

 

 

Publicado por: MontePituco | 03/10/2016

XORNADAS SOBRE ‘HISTORIA E FUTURO’ DE TAMBO

Poñemos rumbo á illa de Tambo, unha vez máis…

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Un día de outono tan soleado antóllase prometedor… Mais, no breve traxecto en barco xa nos chaman a atención os puñados de escuma que se extenden lonxitudinalmente pola auga.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

O primeiro punto de encontro para os visitantes é no antigo merendeiro que hai a carón da praia Area da Illa. Comprobamos con resignación que uns vándalos destrozaron os bancos nunha visita anterior. Por desgraza, o acceso á illa está exposto a certo descontrol e non hai medios para evitar determinadas agresións.

Claudio Quintillán dános a benvida en nome da Irmandade da Illa de Tambo e facilita que nos orientemos amosando un plano do territorio insular.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

As explicacións continúan da man de Antonio Costa sobre o pasado recente de Tambo, suxeito á administración do Ministerio de Defensa. Moitas das construccións que seguen en pé na illa -todas en ruínas- foron para uso militar; algunhas, principalmente casetas de cemento a carón da praia de Area da Illa, deberían ser desmanteladas porque representan evidentes casos de feísmo.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Faise unha nova parada na zona coñecida como A Comboa: existen restos duns muros de pedra no areal que circundan a parte comprendida entre a praia Area da Illa e a Punta Corveira. A función da comboa era abastecer a despensa do mosteiro de San Xoán de Poio, como explicou Antonio Costa, mentres Tambo permanecía baixo dominio eclesiástico. Na baixamar, o peixe quedaba atrapado no interior do recinto ao pecharse unhas comportas que lle impedía a saída.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

…E de novo, a presenza dunha escuma sospeitosa na area da praia. Posiblemente a súa orixe estea nas deficiencias técnicas da depuradora dos Praceres. Entre esta incidencia contaminante, a proximidade do emisario submarino e a proximidade do complexo Ence-Elnosa, acumúlanse os lastres que obstaculizan a catalogación de Tambo no contexto natural que lle correspondería, ao abeiro do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

dsc_0143

A posta en valor da illa de Tambo vencellada aos sectores turístico, cultural e deportivo está no trasfondo das propostas que se veñen barallando dun tempo a esta parte para abordar o seu futuro a medio e a longo prazo. Dotar este enclave insular dunha figura de protección, no marco da Lei de Espazos Naturais, é un dos obxectivos posibles, con vistas a un seguinte paso que pasaría por incluír este lugar no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

dsc_0144

dsc_0147

dsc_0155

Distintos colectivos téñense amosado partidarios de desenvolver un plan de mellora da flora, minimizando o impacto das especies invasoras e favorecendo a biodiversidade con plantas autóctonas. Esa proposta completaríase co deseño de roteiros e un estudo das edificacións existentes na illa para dotar de novos usos as instalacións susceptibles de rehabilitarse, e eliminar aqueloutras que carezan de interese arquitectónico ou que non teña sentido mantelas no contexto natural e paisaxístico da illa.

Destas cuestións trataron as xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo, que -en dúas quendas de mañá e tarde- reuniu a unhas 300 persoas este pasado 1 de outubro.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Claudio Quintillán e Antonio Costa explicaron que este colectivo creouse para destacar e valorizar os aspectos naturais, culturais e paisaxísticos da illa de Tambo no conxunto da ría de Pontevedra. Os seus promotores artellaron un proxecto multifuncional que abranguería toda a bisbarra, apostando por iniciativas sostibles. Así se lle transmitiu aos representantes dos concellos de Pontevedra, Marín e Poio cos que os responsables da Irmandade se entrevistaron nas últimas semanas.

Mobilizar a veciñanza dándolle a coñecer a illa de Tambo e os seus tesouros é fundamental para xerar a sensibilización necesaria e abrir un debate socio-político sobre o futuro deste enclave. 

Entre tanto, a andaina continúa ata a estrutura da ermida de San Frutuoso na que se chegaría a venerar a figura de San Miguel e, posteriormente, no lazareto. Un terceiro representante da Irmandade, Xesús R. Castro, amenizaba a visita ao son da gaita…

dsc_0157

dsc_0159

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

dsc_0158

dsc_0160

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

A historia da ría de Pontevedra está ligada á illa de Tambo: son numerosos os documentos que referencian as vicisitudes polas que pasou este territorio. Nos planos son abundantes tamén os elementos patrimoniais visibles, a falta dunha intervención arqueolóxica que permita concretar cales son os seus vestixios. Fauna e flora, paisaxe e arquitectura completan o abano de liñas de coñecemento e de investigación que se poderían abrir para desentrañar os secretos que aínda agocha Tambo.

A carón da única fonte de auga que queda na illa, onde chegou a haber outro peirao, atópase un outeiro con curiosas formacións pétreas -pías, penas furadas- labradas pola erosión. Outos penedos, en cambio, amosan claras marcas de que nesta punta de Tambo houbo traballo extractivo de canteiría.

dsc_0161

dsc_0162

dsc_0167

dsc_0165

dsc_0166

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

dsc_0164

A Irmandade de Tambo criticou que o Ministerio de Defensa, que aínda mantén a titularidade da illa, negoulle autorización para realizar tarefas de limpeza este pasado verán. Tampouco a propia dirección da Armada tomou a decisión de actuar para reducir o volume de vexetación. De feito, van dous anos dende o paso da última brigada de desbroce e os eucaliptos volveron agromar no terreo de onde foran retirados…

dsc_0171

dsc_0172

dsc_0173

dsc_0179

Dende a prehistoria á época romana, pasando pola fundación no ano 528 da ermida atribuída a San Frutuoso, seguindo o curso dos séculos con episodios como os saqueos do pirata Francis Drake, a visita do Padre Martín Sarmiento no século XVIII, a construcción do lazareto, a titulatridade que Eugenio Montero Ríos exerceu da illa e o seu paso ás mans do exército en 1945, ata que en 2002 foi desafectada para usos militares polo Ministerio de Defensa… son moitas as páxinas que ocupa o relato histórico de Tambo.

Xa preto do final da ruta atópanse a punta de Tenlo Grande e Tenlo Chico, co faro de Tenlo e a praia. Neste punto atopamos signos evidentes da presenza de visón americano, unha especie invasora e depredadora da fauna local.

Signos da presenza de visón americano en Tambo

Signos da presenza de visón americano en Tambo

Por sorte, a visita vai rematando con sabor doce ao sermos testemuñas da presenza de golfiños arredor da illa. Precisamente, aproveitando a baixamar, na propia praia visitamos unha cova natural da que sorprende a altura e verticalidade das súas paredes, as raíces das árbores que medran na superficie e os numerosos liques que poboan esta gruta.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Cova da illa de Tambo

Cova na Praia de Adreira, en Tambo

Cova na Praia de Adreira, en Tambo

Ninguna estancia en Tambo pode rematar sen achegarse ata o faro de Tenlo. Dende este punto xeográfico tan singular divisamos o saco da ría cara á desembocadura do Lérez e, en sentido contrario, a abertura da ría cara a Ons e o Atlántico.

dsc_0193

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Este é un punto de contemplación ineludible da fachada litoral da vila de Marín, coroada polo Monte Pituco e, nunha posición superior, o Alto da Encavada.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO sostemos que a posta en valor de Tambo -en tanto, como sosteñen os impulsores da Irmandade, afecta a toda a contorna- debería ir ligada ao coidado da paisaxe en todo o que directamente abarca a vista arredor da illa: de pouco vale atraer o interese de turistas se as súas expectativas de excelencia paisaxística quedan frustradas con auténticos atentados medioambientais como o que suporía a construcción dun polígono industrial no Pituco. Dende o miradoiro do ‘balcón da ría’ Tambo ocupa unha posición central; tan central como a que ocupa o Pituco dende o faro de Tambo.

Vista do Monte Pituco dende o peirao de Tambo.

Vista do Monte Pituco dende o peirao de Tambo.

Vista do Monte Pituco dende o peirao de Tambo.

“A historia destes últimos 14 anos é a da indefinición. A de que ninguén quere saber dela, a do abandono, a de mirar para outro lado todas as administracións”, lamenta a Irmandade de Tambo sobre o situación actual da illa.

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

Xornadas organizadas pola Irmandade Illa de Tambo

 

Publicado por: MontePituco | 30/09/2016

NOVA VISITA Á ILLA DE TAMBO

Visita guiada a Tambo

A Irmandade Illa de Tambo programou unha serie de actos que, ao abeiro da liña de axudas creada pola Deputación de Pontevedra no marco do Ano Castelao, se van celebrar este sábado no propio enclave da ría, co lema “A Illa de Tambo, Historia e Futuro”.

Co obxectivo de expoñer as súas propostas para poñer en valor este territorio, a Irmandade mantivo xuntanzas con representantes dos concellos de Marín, Poio, Pontevedra, da Deputación e da Delegación de Defensa. Así, vanse celebrar cinco xornadas que inclúen conferencias e visitas guiadas a Tambo, previa inscrición. Os participantes poderán coñecer os valores patrimoniais, naturais e paisaxísticos da illa e, posteriormente, poñer en común as súas conclusións nunha mesa redonda na que se debatirán os posibles usos que poida ter Tambo. 

Na sesión do 1 de outubro, as actividades dividiranse en dúas quendas: de 10:30 horas a 13:30 horas, e de 16:30 horas a 19:30 horas.

 

 

 

Publicado por: MontePituco | 29/09/2016

NOVOS ACHADOS NO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DA LANZADA

La Voz, 25 setembro 2016

A Lanzada reescribe su historia con una excavación que ilumina la vida cotidiana hace 21 siglos

Tumbas, edificios y cerámica abren una ventana al pasado

“La aparición de estos esqueletos fue toda una sorpresa para el equipo de trabaja desentrañando los secretos de uno de los yacimientos históricos más famosos de Galicia. Demostró, según explica el director de la excavación, Rafael Rodríguez, que el cementerio antiguo, se extendía mucho más allá de lo que se pensaba -hasta ahora se creía que se limitaba al otro lado de la carretera-. Además, al estar en estratos del siglo primero después de Cristo, estos huesos pueden revelar muchos datos sobre la vida de aquellos gallegos -si es que eran gallegos y no personas venidas de otra parte del Imperio y establecidos en A Lanzada por circunstancias de la vida-. La prueba del carbono 14, que la Diputación ha encargado a un estudio de primera línea mundial, en Miami, permitirán correr parte del velo que encierra el misterio de su origen. Y los análisis antropológicos, a cargo de Olalla López, contribuirán a saber más de ellos, de cómo vivieron y, en la medida de lo posible, de cómo murieron”.

La Voz, 25 setembro 2016

Un cruce de rutas marítimas comerciales entre el Mediterráneo y la fachada atlántica peninsular

En cada una de de las excavaciones a lo largo de los últimos cien años los resultados han amplificado la importancia de esta ubicación para la Historia de Galicia

“Varios siglos antes de la era cristiana, quizás incluso ochocientos años atrás, A Lanzada estaba ya habitada. Un asentamiento costero que estaba conectado con las rutas marítimas, primero regionales y después internacionales. En A Lanzada se han encontrado materiales púnicos, restos que se ligan a la civilización surgida de las colonias fenicias del norte de África o de la costa peninsular mediterránea como Cádiz. A mayores y un tiempo después se consolida un establecimiento comercial de salazón.

No hay que olvidar que la sardina y otros productos marinos gozaron de una importante demanda en los mercados internacionales antiguos. La factoría prerromana se amplió con la llegada del Imperio, que expandió el flujo de productos marinos más allá. Se sospecha que hay una villa romana en alguna parte del yacimiento, pero aún no han aparecido indicios”.

El libro de la Historia de Galicia, por Rafael Rodríguez, director de la excavación

“Las tierras y arenas que estamos excavando, albergan restos que nos hablan de la transición entre el Bronce Final y la Edad del Hierro, ocultos estos por ese yacimiento «atípico» en el que confluyen dos tradiciones culturales, la atlántica y la mediterránea, confluencia y contacto que se materializa en una factoría de salsas prerromana, que a su vez, cuando es abandonada en el siglo I antes de Cristo, será sustituida por una ocupación romana de la que dejan testimonio sus construcciones y sus muertos, como la ya famosísima Cornelia”.

Publicado por: MontePituco | 28/09/2016

CASOS DE FEÍSMO NA BISBARRA DE PONTEVEDRA

Diario, 25 setembro 2016.

La Xunta identifica diez áreas en la comarca como ejemplo de ‘feísmo’

Además de las zonas que destacan por su valor cultural y natural en el entorno de la ciudad del Lérez, también existen lugares feos. El Catálogo da Paisaxe los ha estudiado y señalado sobre el papel.

“El campo de golf de Meis, edificaciones aisladas mal integradas en el entorno de diferentes localidades costeras como Bueu, explotaciones mineras en Ponte Caldelas o Cerponzóns, las factorías de Ence y Elnosa, el polígono paralizado de Nantes, antigios serraderos abandonados en Vilagarcía de Arousa o los estados del agua en la ribera del río Lérez son algunas de las denuncias ciudadanas que fueron preseleccionadas por el equipo de expertos”.

“El río Lérez es otro de los elementos que señalan los expertos por el mal estado de las aguas. En Marín, el puerto afea el paisaje. La invasión de especies alóctonas es otro de los problemas principales que identifica el Catálogo da Paisaxe en todo el territorio gallego. En el caso de la zona de Pontevedra, los expertos señalan la invasión de eucaliptos en algunas zonas de Cabo Udra como un ejemplo de ‘feísmo'”.

 

 

Faro, 25 setembro 2016

Daniel Rosales Rivas: “En Castiñeiras, sin la Administración, no se avanza nada”

“Se hicieron muchas reuniones para la foto, pero después, de lo dicho, nada”

“Ahora mismo la Fundación está paralizada porque legalmente no se puede constituir como entidad jurídica. Por eso estamos estudiando la posibilidad de crear otra figura legal. La fundación sería público-privada. Entraban la Xunta, la Diputación, los concellos y las cuatro comunidades de montes y, sin la involucración de todos ellos no se puede hacer nada“.

“Nosotros hablamos con representantes de las consellerías de Medio Rural y Medio Ambiente, así como con el Concello de Marín y hubo una serie de compromisos para emprender algunos temas sencillos, como los asadores, la sinaléctica o un parque infantil, pero no se ha hecho nada. Es lo que hay. Se hicieron muchas reuniones, con todo el mundo, pero a la hora de la verdad, no hay casi nada en marcha”.

“El lago tiene una fuga pero nunca está vacío. Tiene un caudal de mantenimiento y aunque se pierda agua por una fuga no lleva nunca a faltarle agua del todo. Esto está en manos de Augas de Galicia, que está haciendo un estudio, al parecer. Yo creo que sería el momento de hacerle una limpieza del fondo, de eliminación de residuos y de prepararlo para los próximos veranos. En cuanto al entorno, está como siempre, no se está mejorando en nada“. 

“Se hizo una pequeña plantación en algunas zonas pero, en cuanto al proyecto de Castiñeiras-Cotorredondo en sí, sin la involucración de la Administración, pues no se avanza nada. No se puede iniciar una plantación de especies foráneas sin un control. Lo ideal sería hacer un parque botánico cerrado, con su arboreto, y tener allí a gente trabajando. Otra parte del proyecto era la creación de tres o cuatro puestos de trabajo, pero todo eso quedó paralizado por la falta de involucración de la Administración”.

“Todos los grupos municipales de todos los concellos aprobaron en pleno apoyar este proyecto, pero volvemos a lo de antes; mucha intención pero en la práctica, nada“.

“Antes de las elecciones municipales los que gobiernan ahora en la Diputación iba a apoyar mucho el proyecto y cuando llegaron a gobernarla, pues donde dije digo, dije Diego. Después ya ni se acordaban de las reuniones que habíamos tenido quince días antes de las elecciones, de modo que ¿qué vamos a esperar?”.

Publicado por: MontePituco | 26/09/2016

CATRO ANOS MÁIS DE MAIORÍA ABSOLUTA DE NÚÑEZ FEIJÓO

DiarioDePontevedra

Resultados electorais en Marín: 25 setembro 2016

El PP sube en todas las mesas electorales de Marín

El sorpasso de En Marea con 2.334 votos hunde al PSdeG-PSOE, con 1.741 votos, hasta la tercera posición

Lunes 26 de Septiembre de 2016. Nacho Cortés Riveiro

El Partido Popular ha sido la fuerza más votada en todas las mesas electorales instaladas en el municipio marinense en los comicios autonómicos celebrados este domingo. Respecto a las anteriores elecciones, los populares suben en número de votos en todos los colegios y consiguen el apoyo de más de la mitad de los votantes de la localidad, concretamente del 50,18%, subiendo un 3,21 %.

Se trata de un resultado histórico para esta fuerza política en la localidad, donde el PP cosechó 5.965 votos, 416 votos más que en 2012 (5.549). La alcaldesa de Marín, la popular María Ramallo, se mostró “satisfecha” con los resultados. “Crecimos en todas las mesas electorales. Es un resultado muy positivo y satisfactorio, creo que es para estar contentos porque hemos obtenido el apoyo de más del 50% de los votantes, lo que demuestra que la gente se encuentra contenta con nuestra manera de hacer las cosas”, afirmó.

Por otro lado, En Marea adelantó al PSdeG-PSOE por 593 votos, situándose como segunda fuerza con 2.334 votos y un 19,63%.

La portavoz del grupo municipal de Marea Marín, Sandra Pesqueira, aseguró estar “contenta pola confianza depositada pola xente de Marín. Estámonos a consolidar como forza política e pese a que o noso obxectivo era quitarlle a maioría absoluta ao PP, aceptamos o lugar onde nos puxeron os votantes e agora toca traballar para defender os intereses dos cidadáns”.

Pesqueira lamenta que los populares se mantengan como primera fuerza política en Marín, pues destacó que “estase a ver unha imaxe diferente ao que realmente traballan polos marinenses”.

BATACAZO. Los socialistas quedaron terceros con 1.741 votos y un 18,04% de porcentaje de voto, perdiendo 390 papeletas con respecto a los comicios electorales de 2012 y 3,39% puntos porcentuales.

Luz Santiago, portavoz del grupo municipal socialista y secretaria de organización del PSdeG-PSOE Marín, se mostró “descontenta” con los resultados obtenidos en estos comicios autonómicos. “Se castiga más la división que la corrupción. Parece que dimos una imagen negativa de no estar todos con el candidato socialista y el proyecto que encabezaba y eso nos ha pasado factura“, aseguró Santiago.

En cuanto al ‘sorpasso’ de En Marea y el coste que ha tenido para el PSOE en el municipio marinense, la líder socialista afirma que “todavía está pendiente el voto inmigrante, por lo que no está todo decidido”.

Otro de los batacazos de la noche electoral fue el del Bloque Nacionalista Galego. La agrupación nacionalista de Marín lamenta los resultados obtenidos en la localidad, situándose como cuarta fuerza con 984 votos tras perder 381 apoyos de los 1.365 cosechados en los anteriores comicios autonómicos de 2012.

La portavoz del grupo municipal del BNG, Pilar Blanco, afirmó que “non se conseguiu tumbar o PP. O resultado internamente a nivel nacional non é malo. Remontamos, é o inicio de algo mellor. Estamos satisfeitos pero non de todo porque aspiramos a máis”.

La líder nacionalista apuntó que, pese a los malos resultados obtenidos por la formación política en la villa, consiguieron recuperar algunas de las mesas que habían perdido en las pasadas elecciones generales del 26 de junio.

BUEU. El BNG cae hasta la tercera posición con 412 votos menos que en 2012

El mapa electoral buenense tras los comicios celebrados el domingo lo lidera el Partido Popular, que consiguió nuevamente ser la primera fuerza política en el municipio, seguido de En Marea, el BNG y PSdeG-PSOE.

Los resultados distan bastante de los que se dieron en las elecciones municipales de 2015 y también de las elecciones generales de 2015 y 2016.

Tras el recuento de votos, el partido más votado fue el PP. Los populares obtuvieron 2.769 votos y un apoyo de los votantes de un 44,95% lo que supone 37 papeletas más que en las elecciones autonómicas de 2012. La agrupación local del PP que lidera Berta Pérez consiguió convencer a buena parte del electorado.

En cuanto al resto de formaciones, En Marea irrumpió con fuerza situándose en la segunda posición y arrebatándole esta al BNG. La coalición que reúne a Podemos, Esquerda Unida, Anova y otros partidos, obtuvo 1.300 votos, lo que se corresponde con un 21,10% de los votantes buenenses.

Este resultado le ha costado caro en número de papeletas tanto al BNG como el PSOE, que sufren un fuerte batacazo en las mesas electorales de la localidad si se compara con los últimos comicios autonómicos celebrados en 2012.

Por un lado, el Bloque Nacionalista Galego cae de segunda a tercera fuerza política en el municipio buenense tras obtener 991 votos y un apoyo de los votantes del 16,09%.

La agrupación local del BNG cae en 412 votos respecto a las elecciones autonómicas de 2012, donde cosechó 1.403 papeletas. Así, pese a que los nacionalistas bajan en número de votos consiguen mantenerse en la localidad.

LIDERAZGO. El BNG, que posee una holgada mayoría absoluta en el Gobierno municipal, obtuvo unos resultados muy diferentes a los de otras elecciones, como las anteriores generales del 26 de junio, lo que podría significar que el liderazgo del regidor municipal, Félix Juncal, pesa más que las siglas del partido y en estos comicios gran parte de los buenenses han votado enclave autonómica y no municipal.

Finalmente, el otro batacazo de la noche se lo llevó el PSdeG-PSOE que, tras el recuento de votos, consiguió 678 votos, 15 papeletas menos que en las anteriores autonómicas en las que cosechó 783 votos.

Además, teniendo en cuenta los resultados electorales de 2012, la agrupación local del PSdeG-PSOE bajó casi dos puntos porcentuales, situándose en la cuarta posición.

CANGAS. En Marea se queda a 29 votos de ser primera fuerza

El concello cangués vivió una noche histórica llena de posibles sorpassos que finalmente quedaron en nada. El Partido Popular se mantiene como primera fuerza con 4.942 votos, a pesar de su caída en 122 votos respecto a los comicios autonómicos celebrados en 2012. Tan solo 29 votos impidieron que En Marea diese el ‘sorpasso’ en el municipio, situándose esta fuerza política en segundo lugar con 4.913 votos.

Tanto PSOE como BNG sufren un duro batacazo electoral. Los socialistas pasan de 2.049 votos a 1.543, perdiendo 503 votos con respecto a 2012 y quedándose como tercera fuerza. El BNG se mantiene cuarto con 1.514 y a apenas 29 votos de adelantar al PSOE.

MOAÑA. Los populares ,primeros pese a su caída en votos con respecto a 2012

El Partido Popular se mantiene como primera fuerza en el municipio moañés con 3.868 votos en las elecciones autonómicas que se celebraron este domingo. Así, ‘los populares, pese a perder 173 votos y algo más de un punto porcentual con respecto a los comicios de 2012, se mantienen como la fuerza más votada en la localidad.En Marea se sitúa como segunda fuerza con 2.826 votos y el BNG se mantienen como tercera fuerza con 1.563 votos, a pesar de su descenso en 408 votos y cuatro puntos porcentuales respecto a las elecciones de 2012.

El PSdeG-PSOE continúa cuarto con 1.345 votos. Baja 193 votos con respecto a los últimos comicios y casi dos puntos porcentuales.

Diario, 26 setembro 2015

Publicado por: MontePituco | 25/09/2016

25-S: VOTAMOS POLA DEFENSA DO MONTE PITUCO

25 de setembro: votando en Viñas Brancas

Non votamos polos que aprobaron un plan sectorial que dende hai anos condena o Monte Pituco a ser destruído para que uns poucos poidan encher os petos a conta das obras do polígono industrial proxectado. Non votamos polos que máis hinchan o peito e máis presumen de que Marín teña un PXOM que a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO ten denunciado para intentar frear un atentado ambiental, paisaxístico e cultural neste enclave. Non votamos polos que actúan poñendo a súa cara máis amable e o seu sorriso máis ‘profidén’ pero que levan nunha man un puñal e na outra man unha bolsa de lixo na que tirar calquera proposta que se lles presente a prol da mellora e da promoción do ‘balcón da ría’.
Non votamos polos que, coa súa xestión, e de forma consciente e directa, condenaron este Espazo Natural dos Montes do Morrazo a sucumbir baixo o asfalto e o formigón; que desprezaron a veciñanza defensora da súa conservación. Non votamos polos perdedores, polos mentireiros, polos embaucadores, polos prepotentes, polos ‘veletas’ que despois de ternos sete anos loitando contra a súa delirante proposta de dotación de chan empresarial, veñen con tímidos remendos, dicindo que onde dixen ‘digo’, digo ‘diego’. Non votamos polos que nunca se dignaron en vir poñer o pé ao Monte Pituco, que renegaron da riqueza da súa biodiversidade, dos seus vestixios prehistóricos, dos seus recursos forestais e agrogandeiros, do seu potencial económico.
Non votamos polos falsos amigos da cultura, da natureza e do patrimonio que ameazaron con desafectar o Monte Pituco da lexítima figura de protección que o ampara e que lle corresponde por dereito, no marco das Normas Subsidiarias Provinciais. Non votamos polos que insultan e ameazan cando se lles plantifican nos morros as súas contradicións, polos que manipulan a xente para quedar ben e tapar as súas vergoñas, polos que van do que non son, polos que rexeitaron apoiar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e logo non teñen o máis mínimo pudor en visitalo. 
Votamos polo ‘balcón da ría’, para que siga sendo o pulmón verde da vila; a atalaia dende a que poder contemplar o solpor sen fumes nin ruídos. Votamos para que os seus numerosos vestixios arqueolóxicos pervivan e se promocionen como merecen. Votamos con coherencia, con liberdade e con esperanza.
Publicado por: MontePituco | 19/09/2016

DESBROZAN AS MARXES DA PISTA DO MONTE PITUCO

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Dende hai uns días a pista forestal do Monte Pituco presenta un aspecto ‘renovado’ tralos traballos de desbroce realizados con medios mecánicos en ambas marxes do camiño. 

A diferenza doutros anos nos que se ten cometido a imprudencia de realizar esta actuación en plena vaga de calor, co terreo e coa vexetación extremadamente afectados pola seca -co que isto implica no elevado risco de incendios-, nesta ocasión estas labores cadraron con temperaturas moderadas e tendo pasado uns días dende que caeron precipitacións que contribuíron en parte a refrescar un pouco o ambiente neste verán que pasará aos rexistros históricos por ser dos máis cálidos dos últimos anos.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

O que seguramente lle pagaría moito a pena á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián sería ter supervisado ao pé do terreo o desenvolvemento das manobras de desbroce para comprobar que se realizaban con plenas garantías. 

Independentemente de que tal vez con maquinaria tan pesada non é doado traballar con demasiada precisión, cabe salientar a cantidade de árbores que resultaron con ‘feridas’ no seu tronco a consecuencia das coitelas do brazo articulado co que se esgaza, corta e tritura a materia vexetal rozada. 

En todo caso, o máis destacable no resultado destas labores de desbroce é -ao noso modesto modo de ver- a cantidade de materia vexetal -pólas e troncos de árbores, restos de xestas e mesmo pedras tronzadas dos taludes- que quedaron tirados no rego lateral esquerdo, en dirección ascendente. Por esta canle de terra é por onde discorren maiormente as augas pluviais, de aí a importancia de que estea o máis limpa posible para que poida evacuar a auga que baixa con forza pola incidencia da pendente natural do monte.

Se estes regos se atascan con materia vexetal ou pedras, o que sucederá é que a auga rebordará da canle e acabará formando un torrente polo medio e medio da pista, erosionando o firme e deixando o vial impracticable. Quedaría así ao descuberto a rocha nai que hai no subsolo, máis todos os residuos -restos de obra, anacos de asfalto que foron depositaron os desaprensivos en sucesivos recheos, residuos de orixe variopinta e mesmo a mangueira que conduce a auga dende o manancial ata o depósito que abastece a veciñanza da Laxe, que ata hai ben pouco estaba á vista-.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Quen poida achegarse polo Monte Pituco apreciará que, en efecto, a pista ampliou notablemente a súa superficie porque os operarios das máquinas foron mesmo xenerosos no seu quefacer, e extenderon o brazo articulado ata espazos onde as desbrozadoras non se tiñan adentrado en anteriores operativos, máis superficiais.

Iso non quita que, quen se considere perfeccionista e detallista, bote en falta un “repaso” con medios humanos e unhas poucas ferramentas para ‘raspillar o máis gordo’ que quedou atrás, retirar os restos vexetais do rego principal e amorealos para ser desmenuzados.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

…Sobre todo, porque se trata dunha medida perfectamente asequible, que non cómpre extender a todo o trazado da pista, senón tan só a treitos puntuais onde había máis concentración de xestas e de especies invasoras, como pequenas acacias. Quitando eses puntos máis sensibles, o estado da pista en xeral xa era relativamente aceptable. 

Ogallá se puidera completar esta actuación con ese “repaso” preventivo, antes de que cheguen as chuvias intensas e continuadas do outono e do inverno, e que a pista do Pituco estea a punto para superar as inclemencias do tempo que nos agardan para os vindeiros meses. 

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

Desbroce das marxes da pista forestal do Pituco.

 

Publicado por: MontePituco | 18/09/2016

OASIS DE CARRASCOS NESTE PRE-OUTONO

Carrascos no Monte Pituco.

Unha vez máis, defendendo e reivindicando a matogueira; un habitat sensible, necesario, importante para a conservación da biodiversidade, característico da nosa terra.

Este oasis de carrascos está preto da pista forestal do Monte Pituco, en terreo afectado polo polígono industrial que teñen proxectado o Concello de Marín e a Xunta de Galicia.

Aquí poderiamos pasar horas -horas!- procurando mantis, admirando a variedade de saltóns, sorteando arácnidos… Poderiamos parvear co espectáculo da ‘calluna vulgaris’ en flor, ir de mata en mata de ‘erica ciliaris’, apreciar o contrapunto amarelo do toxo ou tolear coa complexa identificación da diversidade de gramíneas…

Flora e fauna autóctona do Monte Pituco nunha ‘reserva’ que cómpre loitar por ir agrandando, gañando terreo ás especies invasoras. Non é tarde, cómpre tomar primeiro conciencia da importancia desta causa para logo ir dando pasos a prol da progresiva erradicación do eucalipto, ou da acacia, e a favor da reforestación con especies frondosas que lle proporcionen valor engadido ao monte, que reteñan a humidade da terra e do ambiente para termos un monte máis resistente ao terrible risco dos incendios.

Carrascos no Monte Pituco.

Carrascos no Monte Pituco.

Calluna vulgaris

Carrascos no Monte Pituco.

Carrascos no Monte Pituco.

Erica ciliarisCuscuta epithymum

Carrascos no Monte Pituco.

Carrascos no Monte Pituco.

 

Publicado por: MontePituco | 17/09/2016

PROBAS DEPORTIVAS SINALIZADAS CON PINTURA

Proba deportiva sinalizada con pintura.

Señores que organizan probas BTT, rutas ciclistas, de atletismo e demais competicións deportivas que se desenvolven no ámbito da natureza:

A que vostedes non fan pintadas nas paredes da súa casa? A que non fan garabatos nas baldosas da cociña?

Daquela, por que veñen encher de pintura as árbores, as pedras do monte e calquera elemento que lles veña en gana para marcar flechas e outras indicacións coas que sinalizar o itinerario das actividades que organizan?

Non importa que sexa un eucalipto -por moi denostada que estea esta especie invasora- o damnificado pola ráfaga de pintura en spray. Se chega a haber un carballo ou un castiñeiro probablemente tampouco se libraría de lucir ese indesexable decorado.

Non importa que sexa un simple penedo cheo de brións, liques, terra e follas secas. Porque hai outros penedos non tan ‘simples’ no seu incalculable valor histórico ou etnográfico -ata o extremo de estar protexidos por lei- que tamén se atopan á altura dos pés e que -por descoñecemento, insensibilidade ou mala uva- tamén poden acabar agredidos de forma severa.

Sexan elegantes e responsables. Sexan respectuosos co medio natural que os acolle. Moléstense en facer uns carteliños de madeira ou de cartón nos que poderán marcar as indicacións do traxecto que teñan que seguir os participantes nos roteiros. Logo poderán retirar eses materiais e volvelos utilizar noutras ocasións.

Fagan o favor de non facernos dano na vista con estes borranchos innecesarios, bastos e horribles.

Proba deportiva sinalizada con pintura.

En abril de 2014 denunciabamos un caso similar, preto do conxunto rupestre do Pornedo:

Proba BTT entre petroglifos catalogados

Publicado por: MontePituco | 16/09/2016

CHARLA SOBRE VESPA VELUTINA EN SALCEDO

Antes de comezar a charla, a organización convoca os asistentes á conferencia a achegarse ás 17:30h ata a capela de San Brais para ver un niño de vespa velutina.

Vaipolorío: charla sobre vespa velutina

Vespa Velutina no Caeiro, San Xulián de Marín

Publicado por: MontePituco | 14/09/2016

PLENO DE SETEMBRO

Pleno de setembro 2016

Os plenos non é como empezan, senón como rematan. E para mostra, esta sesión de setembro, despachada nun par de horas.

Trala aprobación do borrador da acta do pleno do mes pasado, tocaba debatir sobre a aprobación da Conta Xeral do Orzamento de 2015, que saíu adiante cos votos a favor do PP, fronte á abstención da Marea e do Bloque, e os votos en contra do Psoe.

Dunha banda, o concelleiro da Marea Xosé Manuel Dopazo criticou que o Concello careza do certificado dixital do que xa teñen que dispoñer empresas e entidades para facer trámites con Facenda. A maiores, o Bloque reprocháballe ao grupo de Goberno a ausencia de equipamentos como o centro cultural ou a nave de deportes náuticos mentres que “o que se fai no Concello non é con recursos propios, senón a base de subvencións”. 

Replicoulles o edil de Facenda, Manuel Santos, que se reducira a débeda do Concello e que o orzamento municipal se executara “case ao 100%”, como proba de “boa xestión e boa saúde económica” desta Administración local.

Aprobouse por unanimidade o terceiro punto sobre a proposta de Santos Costa -agora na faceta de concelleiro de Urbanismo- para aprobar o expediente de deslinde dos bens de dominio público marítimo/terrestre, no treito de costa de 10,4 quilómetros pertencentes ao Concello de Marín, agás o treito que ocupa a Escola Naval Militar. 

A única observación foi da nacionalista Pilar Blanco para advertir que o asunto dos núcleos do litoral non está de todo zanxado, polo que lle reclamou axilidade ao Concello cando chegue o momento de abordar os trámites necesarios. 

O seguinte punto trataba sobre a aprobación definitiva do proxecto “Mellora da estación de bombeo do Lameira” incluído no convenio coa Xunta en materia de infraestruturas hidráulicas. Aprobouse cos votos a favor do PP, Bng e Psoe, fronte á abstención da Marea. 

A socialista Luz Santiago pediu “celeridad” nunha tramitación que xa se remontaba ao ano 2010. Pilar Blanco advertiu que “a este ritmo” habería que facer unha addenda ao proxecto e criticou que no Concello “non se respira demasiada ansiedade” porque esta actuación avance. A diferenza da concelleira do Bloque, o edil da Marea Aarón Franco cuestionou que este proxecto fose redundar no saneamento da ría. 

Rematou o debate a concelleira de Medio Ambiente, Marian Sanmartín, que calificou de “paso importante” o que suporía esta obra para o saneamento da ría. E sobre a retirada do colector que atravesa polo medio o cauce do Lameira demandada polo Bng, a concelleira popular asegurou: “Que máis quixeramos nós que quitalo”. Sen embargo, atribuíulle aos técnicos a decisión de priorizar a orde na execución das obras previstas no plan de saneamento da ría. 

Por último, tratouse unha moción do concelleiro do Psoe Juan Muradas sobre o incumprimento dos horarios por parte da empresa que presta o servizo de autobús interurbano: Muradas sinalou que existen “quejas” dos usuarios da ruta Marín-Pontevedra e Marín-Montecelo, sobre todo na fin de semana, e pediulle ao Goberno local que lle encomendase á Policía local a vixiancia da frecuencia das viaxes, personalizando esa misión nun “destacado miembro de la Policía local para que lo haga en sus paseos matinales”. 

O concelleiro de Tráfico, Estévez Salazar, negou que no Concello se recolleran queixas dos usuarios e acusou a Muradas de basear a súa moción nunha experiencia persoal comentada nunha comisión informativa.

O edil do Bloque ratificou as queixas de Muradas baseándose en que o servizo é “cada vez máis deficiente e o billete máis caro”. Sandra Pesqueira, da Marea, amosou a súa estrañeza porque o edil de Tráfico “non escoitara as queixas, porque as hai” e abundou nas “deficiencias” que presenta o servizo, mesmo no que respecta ás conexións das parroquias do rural, a falta de claridade dos propios horarios e outros inconvintes que fan que a cidadanía “opte polo uso do automóbil”, co que conleva na maior taxa de accidentes, no incremento da contaminación, nas dificultades circulatorias no ámbito urbano, entre outras consecuencias derivadas deste modelo insustentable. Ademais, instou as concellerías de Tráfico e de Medio Ambiente a coordinarse entre si, e ao Goberno local a poñer en coñecemento da Xunta esta problemática.

Pero foi máis aló ao tratar de ampliar a moción do Psoe con outras propostas: o aumento das frecuencias do bus na fin de semana, a recuperación do Noitebús, a normalización das rutas para as parroquias e a mellora do servizo Marín-Cangas, a implantación de bonificacións para xubilados, estudantes, parados e persoas en risco de exclusión, ou a mellora do servizo de atención ao cliente. 

Finalmente, como Muradas non quixo incorporar as súas achegas a esta moción, a concelleira da Marea anunciou que presentaría unha moción propia e con esta amplitude temática no próximo pleno.

E chegou por fin o momento da polémica cando os tres grupos da oposición propuxeron unha moción urxente sobre a situación na que se atopan os traballadores de Urbaser a propósito do proceso de elaboración do novo prego de condicións para o servizo de recollida do lixo. No pleno atopábase unha delegación de traballadores que portaban unha pancarta de CCOO co lema “Polo mantemento dos postos de traballo da recollida do lixo. PP-Alcaldesa de Marín: Solución!”.

Os acordos que ía propoñer a moción consistían en que “os custos de explotación da man de obra” recollidos nos pregos de contratación do servizo de recollida, transporte e tratamento dos residuos sólidos urbanos de Marín non fosen “inferiores ao custo dos salarios anuais da totalidade da plantilla actual” e tiveran en conta un incremento salarial aproximado do 20% nos próximos anos; que unha vez que os pregos incluíran a normativa de subrogar o cadro de persoal se incorporase a “obrigatoriedade de manter o volume da mesma durante a totalidade da vixencia da concesión”; que fose obrigatorio manter “no termo municipal de Marín” as instalacións fixas e o centro de traballo; e as características espefícas da plantilla en canto a modalidade de contrato, xornada anual, horas semanais, xornadas semanais, categoría profesional e antigüidade.

A petición da oposición, María Ramallo ía acceder a que intervise un representante sindical; un extremo ao que a oposición se negou porque primeiro querían que se votase a urxencia da moción. Pilar Blanco reprochoulle á alcaldesa que se o voceiro dos traballadores interviña non era pola xenerosidade do PP senón pola aprobación dun regulamento de participación cidadá impulsado polo antigo grupo municipal de Marinenses Independentes, e que fora votado por todos os grupos da actual Corporación: “Quen ten a lingua aguda ten a costela dura”, unha frase que ultimamente Pilar Blanco non saca da boca… [‘Quen se pica, allos come’, cabería responderlle].

E a partir de aí foi cando se enredou o pleno; algo previsible por parte duns e doutros partidos, que formulan cadansúas estratexias. E a estratexia da oposición -lexítima, por outra parte- era deixar quedar mal o grupo de Goberno. Se non, non se explica que a oposición se negase a deixar intervir o representante sindical antes de votar a urxencia da moción, tal e como propoñía María Ramallo, ata o extremo de que o voceiro dos traballadores xa estaba a piques de sentar no asento da mesa presidencial para que a súa intervención quedase gravada, cando a postura da oposición insistindo en votar primeiro, fixo que acabase volvendo ao seu sitio entre o público. 

María Ramallo opinou que non estaban en condicións de votar a urxencia da moción porque a moción en cuestión precisaba un informe técnico e xurídico que garantira a viabilidade dos puntos que propoñía. Para a alcaldesa era “descabellado” votar algo para “quedar ben” pero que logo non se puidera cumprir e puidera acarrear problemas noutros pregos de contratación pola “inconcreción” dos puntos desa moción. Así as cousas, María Ramallo propoñía que a moción quedase aparcada ata o vindeiro pleno á espera de coñecer os informes, mesmo tratando previamente a problemática nunha comisión informativa, e tendo en conta que se estaba acudindo aos mecanismos de mediación diante do preaviso de folga anunciado polos traballadores para días vindeiros. 

Nese momento, Aarón Franco pediu un receso de cinco minutos para que os grupos políticos da oposición puideran falar cos traballadores. O sorprendente foi que entre o público, ademais dos traballadores, ergueuse coma unha bala o EX-concelleiro do Bloque Xosé María Vilaboa que, a estas alturas, xa NON ten responsabilidades municipais nin tampouco se lle coñece dedicación ou afección pola recollida de lixo (ou si, dependendo do tipo de lixo), e incorporouse a esa reunión improvisada, ante a cara de estrañeza da alcaldesa. Anchas son as portas do Concello. Agudas e duras as linguas e as costelas, que diría esta xente do Bng.

E á volta desa pausa, os grupos da oposición dixeron que si, que intervira o representante dos traballadores, ao que María Ramallo respondeu cuestionando esa petición, se cinco minutos antes pediran xustamente o contrario. Dese xeito, o que se fixo foi votar a urxencia da moción que, como era de esperar pola maioría absoluta do PP, quedou rexeitada, e o voceiro sindical levou un palmo de narices. 

Loxicamente, o representante dos traballadores queixouse da lentitude do Goberno local diante dun conflicto que xa se manifestara meses atrás, e con propostas que foran presentadas por Rexistro o pasado mes de agosto. “Abócannos a unha folga, a un conflicto, e son vostedes responsables”, avisou este voceiro sindical.

Ao rematar este asunto dun xeito tan abrupto, por non dicir ridículo, algúns dos concelleiros comezaron a erguerse -caso de Pilar Blanco- en ademán de abandonar o pleno. Como a sesión continuaba, Muradas improvisou sobre a marcha outra pseudo-moción das súas instando a alcaldesa a explicar por que tiña intencións escuras presuntamente tendentes a perxudicar os traballadores e beneficiar a empresa, unha cuestión que a alcaldesa non admitiu, instando o edil socialista a actuar con seriedade. E diante da ausencia de rogos e preguntas, nun clima de ‘rompan filas’ por parte da oposición, María Ramallo ordeou levantar a sesión.

Publicado por: MontePituco | 08/09/2016

CASTRO CONSOLIDADO vs. CASTROS PARALIZADOS

En Salcedo trabállase na consolidación das estruturas do castro das Croas, que en 2014 veu ampliada a súa área de excavación.

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Mentres, o proxecto da Deputación de Pontevedra paraliza actuacións de musealización, limpeza e sinalicación en 18 castros da provincia -entre eles o da Subidá, en Marín- alegando que o Goberno Central négase a cumprir a súa parte do convenio por atoparse “en funcións”.

Ladeira do Castro da Subidá

 

Publicado por: MontePituco | 07/09/2016

XORNADAS SOBRE INCENDIOS EN PONTEVEDRA

"Os incendios forestais e a xestión do territorio" (Anova Terra)

Publicado por: MontePituco | 06/09/2016

FIASCO DO ‘SALDO’ DE SOLO INDUSTRIAL PROMOVIDO POR XESTUR

La Voz, 5 setembro 2016

El saldo de polígonos de la Xunta solo logra vender el 30% del suelo ofertado

Xestur despachó medio millón de metros repartidos en 268 parcelas rebajadas al 50 %

Xestur, la empresa de la Xunta, sacó a concurso dos millones de metros cuadrados bonificados. Pues bien, según datos actualizados a 1 de septiembre del 2016, la superficie adjudicada en compraventa es de 598.702 metros cuadrados; es decir, un 30 % del suelo ofertado. En suma, la medida de la Xunta consiguió que se ocuparan 268 parcelas, a un precio total de 25,4 millones de euros, tras un descuento que suma 20,3 millones, lo que eleva la bonificación media a casi el 50 % del precio de partida.

Llama la atención que Pontevedra, que es la zona en donde tradicionalmente el empresariado se ha mostrado más exigente en la demanda de suelo sea la que menos superficie ha ocupado, concretamente 19.101 metros. Y es que, aunque los empresarios aplauden la iniciativa y consideran que es un buen paso, sus reflexiones invitan a considerar que para que Galicia tenga un suelo realmente competitivo todavía queda mucho trabajo por hacer.

El factor decisivo es el precio, pero hay más elementos que juegan a favor de la localización lusa, como las buenas conexiones logísticas (puertos y aeropuerto), el coste de la mano de obra, la paz social o incentivos fiscales

Publicado por: MontePituco | 05/09/2016

A VARIANTE DE MARÍN, NA ‘LISTA NEGRA’ DE TRÁFICO

Faro de Vigo

Variante de Marín

La DGT incluye a la variante de Marín en su nueva lista de carreteras convencionales más peligrosas

En la relación figuran dos zonas más en la provincia, uno de ellos el tramo sin desdoblar de la vía de O Salnés entre Portonovo y A Lanzada – El otro es el corredor de O Morrazo -Se intensifican los controles de velocidad

Carlos García, Pontevedra 05.09.2016

La Dirección General de Tráfico (DGT) incluye a tres tramos de la provincia entre los 300 puntos de viales convencionales (es decir, carreteras de un carril por cada sentido) más peligrosos de la red estatal y que están siendo ya sometidos a especial vigilancia, como ocurrió en reciente campaña de control de velocidad que se desarrolló en la última semana del mes de agosto. Dos de ellos son la variante de Marín entre Lourizán y Ardán, y el tramo sin desdoblar de la antigua vía rápida de O Salnés entre Portonovo y A Lanzada. El tercero está en el corredor de O Morrazo. Las tres son de titularidad autonómica.

Se trata de los tramos calificados como INVIVE por la DGT, que es el acrónimo de: Intensificación de la Vigilancia de la Velocidad, un listado que se renueva periódicamente y que incorpora estos viales. Así se identifican los 300 tramos “más peligrosos de la red de carreteras convencionales” del ámbito de competencias de la DGT, donde se han medido mayores efectos combinados de excesos de velocidad (que en algunos casos superan los 30 km/h) accidentalidad y mortalidad en el quinquenio 2010-2014, según indica la propia DGT.

En la provincia de Pontevedra aparecen identificados únicamente tres tramos INVIVE en este listado: la variante de Marín desde Lourizán a Ardán en un tramo de 8 kilómetros, entre el kilómetro 2 y el 11; la vía rápida de O Salnés en el tramo sin desdoblar entre Sanxenxo y A Lanzada en sus seis kilómetros de longitud y el corredor de O Morrazo entre la PO-551 en Rande y Cangas.

Tráfico señala que en estas tres carreteras la vigilancia se intensificará no solo en esta campaña puntual sino con más medios que pueden ser tanto policiales como automáticos. A estos tres tramos de Pontevedra se une otro en A Coruña, otro en Ourense y nueve en Lugo, la provincia gallega con más de estos viales peligrosos en carreteras convencionales. Según explica Tráfico en un comunicado, en estos viales se instalará un cartel informativo en el que alertará del control de radar y la longitud del tramo que se somete a especial vigilancia.

La inclusión de estos tres viales en el listado de “viales más peligrosos” se debe a su elevada siniestralidad, un fenómeno especialmente grave en los últimos meses en la variante de Marín, lo que llevó a la Xunta, titular de la vía, a renovar parcialmente el pavimento en uno de los tramos más conflictivos. A raíz de aquellos accidentes surgieron voces a favor del desdoblamiento de la variante, pese a que su tráfico no es muy elevado, una demanda que es ya recurrente en el caso de la vía de O Salnés entre Portonovo y A Lanzada, que registra una intensa circulación especialmente en verano. Curiosamente, la otra carretera incluida por la DGT en el listado INVIVE, el corredor de O Morrazo, sí es objeto en la actualidad de obras de desdoblamiento en uno de sus tramos

850 denuncias en una semana

Por otra parte, los radares de Tráfico captaron en la última semana de agosto a un total de 850 conductores infringiendo los límites de velocidad en las carreteras de la provincia de Pontevedra. Es el balance de la última campaña especial de control de velocidad llevada a cabo por la DGT entre el 22 y el 28 de agosto en el que se sometieron a control más de 35.696 vehículos, según los datos facilitados por la Jefatura Provincial. De ellos, un 2,3% incumplían los límites de velocidad fijados para el tramo en el que circulaban.

Esto supone un porcentaje similar al de la pasada campaña realizada en mayo en donde se detectaron 667 conductores irrespetuosos con los límites de velocidad de un total de 27.600 vehículos sometidos a vigilancia. Si bien es cierto que aquella campaña de mayo no solo perseguía los excesos de velocidad, sino que perseguía todo tipo de infracciones.

Directivos da Comunidade de Montes de San Xulián, no miradoiro do Pornedo.

[Visita de directivos da Comunidade de San Xulián ao miradoiro do Pornedo en vésperas da inauguración do Espazo Sete Camiños, xullo de 2015]

Cantos roteiros ten organizado a Asociación Monte Pituco pola súa conta ou en colaboración con algunha outra entidade? Polos arredores do Monte Pituco, polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, polo monte veciñal da parroquia… Xa van uns cantos dende finais de 2009, cando botou a andar esta aventura de David vs. Goliat. Cantos contaron coa participación dalgún representante da directiva da Comunidade de Montes de San Xulián? Cero. Ningunha das directivas que pasaron pola Comunidade de Montes nestes sete anos apoiou ou se dignou en asistir a ningunha desas andainas nas que se daban a coñecer petroglifos, mámoas, lendas, especies de fauna e flora, paisaxe…

As únicas actividades das que hai constancia que participase a actual directiva teñen que ver coa inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico o 7 de xuño de 2015 e cunha andaina o 5 de xullo do mesmo ano polo Lago de Castiñeiras, organizada pola Fundación homónima. 

…E cantísimo patrimonio natural e histórico ten a parroquia de San Xulián no seu monte! Como para organizar varias rutas de sendeirismo que as percorrese polo menos unha vez ao ano: o ‘balcón da ría’ no Pornedo, Castelo do Barbudo e Pedrouzos, os conxuntos rupestres de Champás e da Carrasca, o rego do Lameira, o castro da Subidá…

Por iso, no documento de propostas de actuación que se lle entregou hai dous meses á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián -agardando estamos a oportunidade de poderlle expoñer verbalmente esas suxestións nunha xuntanza ao longo deste mes de setembro- figura animar encarecidamente os representantes dos comuneiros a asistir, participar e involucrarse nas actividades de tipo divulgativo e formativo que teñan que ver co monte da parroquia: non só andainas, senón tamén charlas sobre patrimonio natural e cultural, organización de experiencias relacionadas coa dimensión multifuncional do monte veciñal, acudir a xornadas e accións formativas sobre este ámbito nas que -por experiencia propia- se aprende moito e se coñece o xeito no que funcionan outras comunidades de montes con modelos de xestión eficades e contrastados…

Non é nada malo. Sobran prexuízos e faltan ganas. Paga a pena un esforzo entre todas as persoas que conforman a directiva para írense turnando nesa faceta das ‘relacións públicas’, que vai máis aló das aparencias, das fotos e dos titulares na prensa.

Unha maior implicación da Comunidade nas iniciativas a prol da defensa do monte veciñal non só redundaría na boa imaxe da entidade, ‘tocada’ nos últimos anos polos -cando menos- extraños ‘criterios’ que marcaron o mandato de anteriores directivas. Reforzaría ademais a percepción que ten a veciñanza do compromiso por parte dos responsables da Comunidade coa mellora do monte comunal. A actitude dos directivos sería un referente e un exemplo de conducta para os habitantes da parroquia, nun momento no que é fundamental concienciar e sensibilizar a poboación no respecto ao medio natural, en inculcarlles interese e aprecio polo coñecemento e pola protección do monte de todos e todas. 

Entre os directivos comuneiros polos que temos admiración, polo exemplo de entrega e de interese que representan, sempre citamos o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos. Calquera persoa que  percorra o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ou o Roteiro das Mouras en Salcedo, ou a contorna do río e dos muíños do Batán, ten moitas posibilidades de atopar a Pintos camiñando polos camiños, pau en ristre, observando, supervisando a evolución das plantacións arbóreas, comprobando o bo estado dos regos ou das pontes… É o primeiro en dar a benvida cunhas palabras a todos cantos visitantes se achegan ata o monte de Salcedo nas andainas que organiza a propia Comunidade de Montes, a Asociación de Veciños de Salcedo ou o Concello de Pontevedra… E entre os directivos das Comunidades de montes de Pontevedra e da súa bisbarra, Pintos conta cun prestixio, unha solvencia e un criterio forxado a base de traballo serio, coherencia e xenerosidade.

Abofé, un espello no que mirarse.

Folletos do Espazo Sete Camiños

Comezamos o mes de setembro coa expectativa de que a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián atenda a petición da Asociación MONTE PITUCO para manter unha xuntanza na que poder detallar polo miúdo a ducia de propostas que se lle trasladaron por escrito a mediados do pasado mes de xullo.

Entre as medidas que se lle trasladaron á Comunidade de Montes figuraba instar o Concello de Marín a incluír folletos divulgativos do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños na oferta informativa da caseta turística situada a carón da Escola Naval Militar. Así como o ano pasado o expositor estaba practicamente desabastecido, este verán puidemos comprobar que a punto de información aos visitantes dispón dun puñado de trípticos e de cadernos explicativos da ruta.

Ao parecer, sen embargo, é na Comunidade de Montes de San Xulián onde se esgotou este material gráfico, de modo que a directiva tería iniciado conversas co Concello de Marín para que o Goberno local colabore na impresión dunha nova tirada de folletos. Que nos conste, o único colectivo -polo menos desta parroquia- que ten demandado en varias ocasións lotes de trípticos e cadernos é a Asociación MONTE PITUCO, con motivo das andainas organizadas en colaboración con colectivos, como a Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo, o colectivo xuvenil Jóvenes Pioneros e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

…Nin sequera con motivo do primeiro aniversario da inauguración do Espazo Sete Camiños as tres comunidades de montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán se puxeron de acordo para repetir a experiencia e convocar a cidadanía dos concellos de Marín, Pontevedra e dos arredores a conmemorar xuntas a posta en marcha desta iniciativa tan longamente ansiada polos integrantes da comisión técnica que hai anos comezamos a traballar a prol da súa creación.

Igualmente, no documento presentado á directiva dos comuneiros de San Xulián se suxería que o material informativo de Sete Camiños estivese tamén a disposición do público que visita o Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor, onde periodicamente se fan visitas diurnas e nocturnas. Entendemos que a difusión do patrimonio arqueolóxico do Concello de Marín non debe cinguirse unicamente aos gravados de Mogor, senón facela extensible ao resto do patrimonio arqueolóxico da vila e, particularmente, a San Xulián, a parroquia con maior densidade de xacementos rupestres do municipio.

Outro organismo que podería contribuír a amplificar o eco do Espazo Sete Camiños é a Mancomunidade Terras de Pontevedra, á que pertence o Concello de Marín, e que ten entre os seus obxectivos a promoción do patrimonio arqueolóxico. Obviamente o Goberno local tería que ser o primeiro en “crer” no Espazo Sete Camiños, apoialo dun xeito moito máis comprometido do que ten feito ata agora -en todo un ano non organizou máis que un roteiro guiado pola zona, que a piques estivo de quedar aparcado ou descartado- e valorar accións de mellora, reposición de sinalización e liñas de axudas ás que se poida acoller para dalo a coñecer a nivel provincial e autonómico.

Pero por forza hai que comezar a intensificar a súa promoción entre a propia veciñanza marinense, que maioritariamente non ten nin idea de que nesta área que abranguen os montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán se atopa unha das principais concentracións de arte rupestre de toda a contorna, á que se suman mámoas, patrimonio inmaterial e unha rica biodiversidade.

Por iso cómpre instalar sinais indicadores de dirección nalgún punto determinado do casco urbán de Marín que indiquen a habitantes e visitantes foráneos como se chega á entrada do Espazo Sete Camiños que se atopa no acceso á pista forestal do Monte Pituco. Dous deses puntos poderían ser o cruce da Avenida de Ourense coa rúa República Arxentina para os que veñan dende Pontevedra; e outro na intersección das rúas Jaime Janer e Concepción Arenal para quen chegue ata o centro dende Seixo e Bueu.

 

Publicado por: MontePituco | 31/08/2016

COMUNEIROS DE PONTEVEDRA PIDEN OUTRA POLÍTICA FORESTAL

La Voz, 28 agosto 2016

Los comuneros buscan el apoyo de toda Galicia para forzar otra política forestal

Pontevedra exige que se priorice la prevención para frenar la oleada de incendios

La falta de consulta con los comuneros, dueños de gran parte del monte de la provincia, es lo que está causando situaciones «surrealistas», como las llamó Pérez. Un ejemplo: la Xunta convoca todos los años ayudas para que las comunidades puedan limpiar sus montes de maleza. La convocatoria suele hacerse en junio y se resuelve en septiembre. Es decir, la limpieza del monte se hará este año otra vez, siguiendo esta línea de subvenciones, cuando ya pasó la época de máximo riesgo de fuegos. Es un sinsentido «absurdo». «Non se entende que a finais de agosto aínda non estean adxudicadas».

Desde el punto de vista de los afectados, la mayoría del monte comunal pontevedrés está bien cuidado, con planes de gestión aprobados y en vigor y con notables mejoras en la calidad ambiental del entorno. El problema, en algunos casos, procede de fuera, como pasó con el incendio de O Salgueiral, que se inició en Cotobade y acabó en Bora. También es necesario que se tomen medidas más concretas desde la Administración -Xunta y Estado- para perseguir a los incendiarios y modificar políticas forestales que favorecen la proliferación del monocultivo del eucalipto.

Recuerdan, desde la directiva de los comuneros pontevedreses, que la experiencia de estos años demuestra que los esfuerzos de la Xunta en el momento de extinguir los fuegos «fracasa sempre», entre otras cosas, porque no se les escucha a ellos. Por esta razón, están dispuestos a reclamar indemnizaciones si no hay un cambio de actitud en las Administraciones.

 

Publicado por: MontePituco | 30/08/2016

ANTONIO COSTA E A TEORÍA DA SERPE NOS PETROGLIFOS DE MOGOR

Faro, 28 agosto 2016

Petroglifo de Mogor: ¿laberinto o mito de la serpiente?

El investigador Antonio Costa aporta nuevas pistas sobre la interpretación de la Pedra da Moura Encantada

“En el centro lo que hay no es una cruz sino una oquedad y lo que representa la piedra es una serpiente claramente”, indica Antonio Costa. Éste critica que con esa manipulación “se desvirtuó mucho” la obra, ya que se entiende que el dibujo representa las hipotéticas “paredes” del laberinto, “y una persona iría caminando entre esos muros, pero en este caso no, los trazos limitan el volumen del cuerpo de una serpiente”.

Así, considera que el petroglifo se relaciona en realidad con el mito de la “moura encantada”, que se repite en varios puntos el occidente europeo, entre ellos Galicia. “Son lugares vinculados a la existencia de una moura, que no es una mora ni mucho menos sino un personaje mitológico que se transforma en serpiente que hay que desencantar con diferentes rituales, como llevándole ofrendas o sacando una flor que tiene en la boca y que habría que ser muy atrevido para intentarlo, entre otros”.

 


 

Antonio Costa inaugurou o seu blog, Cova de Paralaia, coa primeira entrega dun artigo de investigación sobre a coñecida como Pedra do Labirinto, no conxunto rupestre de Mogor, que en realidade fora ‘bautizada’ como Pedra da Moura Encantada cando se descubriron os gravados, hai máis dun século.

Antonio Costa, en Pinal de Caeiro

[Antonio Costa, no petroglifo de Pinal de Caeiro ‘O ciclista’]

 

 

Publicado por: MontePituco | 29/08/2016

NO BOSQUE DE SEQUOIAS DO MONTE CASTROVE, EN POIO

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Pasaron 24 anos dende a plantación de medio milleiro de sequoias vermellas de California (Sequoia sempervirens) no monte Castrove, en Poio, nunha zona pertencente á Comunidade de Montes de San Xoán. Varios sinais indicadores guían -en dirección ao lugar da Escusa- os visitantes que se acheguen a este espazo natural, con amplas vistas da ría.

Un grupo de mozos estadounidenses desprazáronse en 1992 ata Poio para estudar as dúas hectáreas de terreo no que os técnicos acabaron plantando as árbores, das que prosperaron uns 450 exemplares. Unha resolución do Congreso de Estados Unidos asinada polo daquela presidente George Bush (pai) da fe do propósito desta iniciativa: “Un agasallo á xente de España” con motivo do quinto centenario da viaxe de Cristóbal Colón.

Foto: Faro de Vigo

Símbolo “da esperanza dun futuro de crecente amizade” entre os habitantes das dúas beiras do Atlántico, estas sequoias do Monte Castrove aínda son bastante novas, tendo en conta que se trata dunha especie que pode acadar os 115 metros de altura e superar os 2.000 anos de vida

Hai artigos que se refiren ao “bosque de Colón” como a meirande plantación de sequoias a nivel europeo. Sen embargo, no Monte Cabezón, no municipio cántabro de Cabezón de la Sal, existe dende 1940 outro bosque de 2 hectáreas con máis de 800 sequoias, que está catalogado como “Monumento Natural”.

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

O bosque de sequoias no concello de Poio é un espazo tranquilo e agradable, relativamente ben conservado, malia algúns ataques vandálicos puntuais: falta a placa instalada no penedo que dá a benvida ao recinto aos visitantes, a porta de madeira no acceso está deteriorada e os comuneiros teñen referido outras agresións en fontes e outro mobiliario… Pero paga a pena coñecelo, dar un relaxante paseo entre estas árbores de porte tan grandioso, deterse a escoitar os paxaros que pían nas súas pólas e observar os insectos que habitan entre a flora que poboa o solo.

Algunha que outra familia vén pasar a xornada nesta paraxe, aproveitando as mesas e os bancos de pedra dun merendeiro próximo. E por suposto, gozar da panorámica, con Marín e o Monte Pornedo en fronte, a illa de Tambo no medio da ría e un extenso piñeiral na ladeira do Castrove.

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

Bosque de sequoias no Monte Castrove, Poio

 

Publicado por: MontePituco | 28/08/2016

SOBRE JOSÉ MEIJÓN, NO DIARIO

Diario, 28 agosto 2016

O incomprendido Pepe Meijón

A figura do canteiro e escultor marinense Pepe Meijón perdura no tempo 36 anos despois do seu falecemento. Este neopetroglifeiro deixou un inxente legado artístico por diferentes puntos da vila e nel reflíctese a súa vida. Nos seus gravados expresa a súa visión particular do mundo, un universo no que aparecían referencias políticas, relixiosas ou cósmicas. Algunhas delas seguen sendo unha incógnita para a que non existe explicación.

[Reportaxe de Nacho Cortés]

Diario, 28 agosto 2016

Diario, 28 agosto 2016

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías