Publicado por: MontePituco | 07/01/2017

AMPLIACIÓN DE SENDEIRO EN NOALLA

5 xaneiro 2017, Diario

Los comuneros de Noalla proyectan aumentar la senda del Rego do Souto

El colectivo buscará la financiación necesaria para hacer realidad el proyecto

La asociación dirigida por Roberto Garrido aspira a aumentar los 1.300 metros de extensión del paseo, hasta alcanzar los tres kilómetros aproximadamente. Para ello, la directiva tiene previsto iniciar una ronda de reuniones con los propietarios de más de medio centenar de parcelas y conseguir su visto bueno para habilitar el camino. El siguiente paso consistirá en buscar los fondos económicos necesarios para efectuar las tareas de limpieza y desbroce, así como la instalación de mobiliario de madera.

Publicado por: MontePituco | 06/01/2017

DO NADAL ÁS FESTAS PATRONAIS

Festas de San Xulián e dos Remedios

A volta á ‘normalidade’ tralas festas do Nadal aínda se demora uns días máis na nosa parroquia, que celebra a festividade de San Xián e da Virxe dos Remedios. Seguen a música e o baile, seguen os foguetes e as luces de cores, seguen os xantares farturentos en familia.

…Que os patróns traian sentidiño e responsabilidade ás ‘forzas vivas’ destes lares…

Publicado por: MontePituco | 05/01/2017

A IRMANDADE ILLA DE TAMBO DENUNCIA A AGRESIÓN NA CARRASCA

15843934_212349732559346_3088317527608833146_o-2

A Irmandade Illa de Tambo vén de anunciar a interposición dunha denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil, polos danos causados no grupo nº5 do conxunto rupestre da Carrasca como consecuencia dunhas tarefas de desbroce encargadas pola Comunidade de Montes de San Xulián de Marín, sen a debida sinalización previa e sen o control arqueolóxico preceptivo. Esta asociación -á que se lle sumou o colectivo de defensa do patrimonio A Forneiriña- tamén tramitou un escrito por igual motivo na delegación provincial da Dirección Xeral de Patrimonio, da Xunta de Galicia. 

Irmandade Illa de Tambo e A Forneiriña denuncian en Patrimonio

A entidade, que ten como obxectivo a defensa e a promoción da Illa de Tambo e da súa contorna na ría de Pontevedra, faise eco así dos feitos expostos nesta bitácora. A Asociación Monte Pituco e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tamén teñen elaborado un documento co mesmo obxectivo, que se presentará igualmente na sucursal pontevedresa da Dirección Xeral de Patrimonio e mais no Concello de Marín.

Como ten explicado o presidente da Irmandade, Antonio Costa, “non se pode consentir que un petróglifo co mesmo grao de protección que a catedral de Santiago, estea exposto á incuria e á iñorancia dos que deberían velar pola súa conservación”. Partidario de “mollarse se queremos facer algo pola defensa do noso Patrimonio”, Antonio Costa decidiu tomar a iniciativa e pasar á acción, logo de criticar o sucedido nas redes sociais. 

Costa ten manifestado o seu malestar pola “falta de coidado e a desidia no mantemento dos xacementos arqueolóxicos presentes” no monte de San Xulián, malia que unha parte do seu patrimonio foi recentemente incorporado ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Coa denuncia presentada pretende “evitar que poida ocurrir algo similar no resto dos petróglifos que están nas propiedades” da Comunidade de Montes, que “deberían ser obxecto de protección por parte dos propietarios”, insistiu.

Antonio Costa é un coñecido activista social e político. Oriundo de Moaña e afincado en Pontevedra, foi un dos integrantes da sección arqueolóxica do Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento. Na década dos 70 prospectou a bisbarra do Morrazo na procura de xacementos arqueolóxicos, dando conta dun bo número de elementos catalogados, e tamén colaborou co Museo de Pontevedra. Entre as súas ocupacións actuais destaca a reconstrucción dixital en 3D dos petroglifos máis importantes que se atopan nesta zona das Rías Baixas.

Precisamente, o gravado rupestre recentemente agredido en San Xulián foi un dos elixidos, pola súa singularidade: non só pola fisonomía dos trazos prehistóricos, que se remontan á Idade do Bronce, senón porque é un dos poucos nos que tamén ‘coexiste’ a pegada de José Meijón, que gravou co seu punzón numerosas laxes dos montes e do litoral marinense.

15800751_1474702912558049_641157835939036575_o-2

Reconstrución dixital do grupo nº5 do conxunto rupestre da Carrasca, que resultou agredido pola máquina desbrozadora. En amarelo figura a área afectada (Foto: Antonio Costa).

20170105084420234

Publicado por: MontePituco | 02/01/2017

AGRICULTURA ‘BIO’, MOTOR ECONÓMICO

La Voz, 2 xaneiro 2017

Aquí crecen las lechugas y los negocios

La agricultura «bio» transforma el pueblo francés de Saint-Pierre-de-Frugie

El éxito de Saint-Pierre-de-Frugie se mide hoy en e-mails, llamadas y cartas al ayuntamiento solicitando casas, terrenos y trabajos. En el pueblo no queda ni una esquina sin vender y en los últimos años ha recuperado 40 habitantes hasta llegar a los 400. En la lista de espera se encuentran directores de escuela, cineastas parisinos y padres que buscan un ambiente verde para educar a sus hijos; algo que hoy es posible gracias a la apertura de una escuela privada cuyo terreno de juego se extiende sobre una colina y que los niños comparten con varias gallinas

Publicado por: MontePituco | 31/12/2016

POR UN 2017 MELLOR QUE O 2016

postal-anivovo-pituco

…aos amig@s do balcón da ría…

PRÓSPERO 2017

Publicado por: MontePituco | 28/12/2016

A PESTE DA HERBA DA PAMPA

27dec16_lavoz_herba-da-pampa

El 2017 traerá medidas contra la hierba de la Pampa en Sanxenxo

Medio Ambiente prevé el empleo de métodos químicos y manuales para frenar la expansión

Zonas como el aparcamiento de A Lanzada, los márgenes del antigua campo de aviación y los dos laterales de la carretera que bordea la playa son algunas de las más afectadas. Las quejas vecinales han tenido eco, y la Xunta actuará a lo largo del 2017. No está claro aún con qué amplitud y en qué puntos concretos se actuará, pero fuentes de la Consellería de Medio Ambiente han confirmado que se incluirá al ámbito de la Zona de Especial Protección para Aves del Complexo Intermareal Umia O Grove (ZEPA) en los espacios naturales de Galicia donde se tomarán medidas directa para frenar la expansión de la planta invasora.

Desde la Consellería de Medio Ambiente, se insiste en que la actuación contra los penachos tendrá en cuenta dos sistemas, que pueden ser complementarios. Por un lado, allí donde sea posible, la utilización de métodos químicos, que hagan morir a la planta atacando la raíz, para evitar que rebrote a las pocas semanas. La existencia de numerosos acuíferos limita el radio de acción de este sistema, por lo que se tendrán que emplear métodos manuales, en gran parte del ámbito donde se llevará a cabo la lucha contra esta planta invasora

herbapampa-variante2_dec16

Dende a Asociación Monte Pituco vimos alertando dende hai moito tempo da proliferación da invasora herba da Pampa e do seu preocupante avance na zona dos accesos á Variante de Marín. A súa presenza no monte agravouse de xeito notable dende que se construíu este vial, xa que antes da existencia desta infraestrutura a localización dos plumeiros era practicamente anecdótica. Dun tempo a esta parte, as plantas traspasaron a ‘fronteira’  -marcada polo trazado da estrada- entre a zona do monte e a zona dos matos. A herba da Pampa xa medra e se multiplica baixando o val do Pornedo…

Ao tratarse dunha estrada de titularidade provincial, Monte Pituco volverá interpelar á Deputación de Pontevedra para que actúe neste vial: xa se lle requeriu -sen éxito; haberá que insistir, pois- que se desbrozaran e limparan as cunetas nos lugares da Bouza, O Caeiro e a Pena polo grave perigo de inseguridade vial que padece a veciñanza destes lugares, máis os peóns que transitan por ela. Desta volta haberalle que sumar unha nova petición, para que se tomen as medidas necesarias de cara á extracción os exemplares desta praga, empregando medios mecánicos e evitando o uso de produtos químicos, pola existencia de acuíferos e regatos que nacen no monte e discorren cara ás veigas da Curxeira, Vilafíns e arredores.

HerbaPampa Variante1_dec16.jpg

20161022_181023

Publicado por: MontePituco | 27/12/2016

COMPOST PARA OS MONTES QUEIMADOS

DiarioDePontevedra

27dec16_diario_compost-montes-queimados

Los comuneros apuestan por el compost para regenerar los montes calcinados

Barajan la posibilidad de usar el abono que no comercialicen el Concello y la Deputación

El presidente de la Mancomunidad de Montes destaca que “a recuperación dos terreos degradados, principalmente debido á erosión tralos incendios, é un dos beneficios do compost”. Subraya que con el compost se puede recuperar la fertilidad del terreno, aportándole materia orgánica que favorece el crecimiento de las plantaciones de especies frutales o de maderas nobles “se se fai unha xestión ben coordinada e estudada”.

“Estamos de acordo en potenciar unha xestión circular dos residuos porque o modelo lineal de coller, extraer, producir, consumir e levar a queimar parece o máis absurdo do mundo”, señala Iván Pérez. “Esta iniciativa é perfecta -subraya el presidente de la Mancomunidad de Montes- pero non estamos de acordo co punto no que se vai construír a planta de compostaxe, o propio monte. O sitio axeitado é un polígono industrial que conta co espazo necesario e, ademais, dispón de servizos e de boas comunicacións”. Pérez reconoce “ao mellor estas declaracións non lles gustan aos veciños da Canicouva porque son libres de decidir e teñen a última palabra do que pase. Se eles non quixeran que se puxera alí, non se poría”, apostilla. 

Publicado por: MontePituco | 23/12/2016

BO NADAL AOS AMIG@S DO MONTE PITUCO

Presentación de PowerPoint

aos amig@s do ‘balcón da ría’

…BOAS FESTAS…

Publicado por: MontePituco | 21/12/2016

AGRESIÓN DENUNCIABLE NUN DOS PETROGLIFOS DA CARRASCA

O pasado mes de outubro a Asociación Monte Pituco manifestou nesta modesta bitácora a súa rotunda e enérxica protesta contra unha actuación que estivo a piques de supoñer a destrucción do conxunto rupestre nº1 do Pornedo: unha máquina desbrozadora actuara nas dúas marxes do sendeiro que comunica a pista forestal do Pituco co miradoiro, pasando a carón deste gravado arqueolóxico da Idade do Bronce catalogado como Ben de Interese Cultural, e un dos máis representativos -combina na mesma laxe combinacións circulares e representacións de armas- e mellor conservados da contorna.

dsc_0074

Esta Asociación está en condicións de afirmar que a responsabilidade deses traballos de desbroce recaiu na Comunidade de Montes de San Xulián. Tras interpelar a un dos representantes da Comunidade sobre o dano irreversible que estivera a piques de afectar aos petroglifos de Pornedo, este directivo non só confirmou que a Comunidade de Montes estaba acometendo un plan desbroces por pistas e camiños de titularidade comunal, senón que calificou de “DESPISTE” -palabra textual- o risco ao que estivera exposto este xacemento arqueolóxico.

Lonxe de recoñecer o erro garrafal cometido, lonxe de manifestar algún tipo de mágoa ou pesar polo dano irreparable que se lle puidera ter inflixido a estes gravados ante a ausencia de control técnico e arqueolóxico, ante a falta de supervisión por parte da Comunidade de Montes, ante a inexistencia de sinalización previa dos elementos protexidos pola Lei de Patrimonio de Galicia dos que no monte veciñal de San Xulián hai numerosos casos -non en van é a parroquia con maior densidade de xacementos arqueolóxicos-, este representante da Comunidade de Montes argumentou que a rede de pistas e sendeiros da Comunidade suma mooooitos quilómetros.  

Dita afirmación denota unha primeira, aplastante e decepcionante conclusión, non por iso menos coñecida de antemán: a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián DESCOÑECE a ubicación dos xacementos arqueolóxicos que hai en chan comunal, baixo a súa responsabilidade, pois, como titulares do terreo. Xacementos arqueolóxicos que ten a obriga legal de conservar e de protexer. Xacementos arqueolóxicos, algúns deles -o conxunto rupestre do Pornedo é un caso significativo- que, por riba, forman parte do Espazo Sete Camiños, inaugurado en xuño de 2015, o que supón que no seu día foi adecentado, sinalizado e recollido nunha guía informativa, tanto en formato impreso como dixital.

Segunda conclusión, que a Comunidade de Montes de San Xulián, por acción ou omisión, por desinterese ou desidia, é a INIMIGA do seu propio patrimonio histórico-cultural.

Semellante crítica, que abofé a directiva da Comunidade vai tomar como un furibundo ataque, por máis que non se fai outra cousa que constatar uns feitos obxectivos e documentados graficamente, podería quedar nun ‘aviso a navegantes’, nunha seria chamada de atención para tratar de evitar que nunha futura campaña de desbroce de vías se volveran reproducir estes graves descoidos.

…Pero xa hai constancia de DANOS nun petroglifo catalogado; concretamente, no grupo número 5 do conxunto rupestre da Carrasca. A laxe afectada atópase ao carón dun camiño, como no caso dos gravados do Pornedo pero, neste caso, as engranaxes da máquina desbrozadora provocaron unha raspadura ben visible na superficie da rocha, ademais de romper outros penedos soltos de pequeno tamaño situados no extremo da laxe, ciscando os seus gránulos sobre o gravado rupestre.

Trátase ademais dun petroglifo senlleiro porque é un dos poucos -apenas dous casos coñecidos no Concello- onde o marinense José Meijón interviu co seu punteiro metálico enriba do xacemento, marcando nun lateral a palabra “muerte”.

Máis que unha agresión, un DELITO.

…E que se fai cos delitos?

20161211_165513

20161211_165522

20161211_165539

20161211_165552

20161211_170332

20161211_170356

Publicado por: MontePituco | 20/12/2016

MÁIS AGRESIÓNS AOS PANEIS INFORMATIVOS DE SETE CAMIÑOS

dsc_2405

…Vén, caramba! Quédache este, no alto do Pornedo! Está intacto, dende a súa inauguración en xuño de 2015. A que estás agardando para escarallalo tamén, como os demais paneis informativos? Que che impide chantarlle enriba as túas gadoupas cheas de carraxe? Seica tes que mover o cu de máis para chegar onda el, que non che queda ao pé da pista? Tes medo de que o miñato se che bote enriba? Claro… vai ser que non sabes da súa existencia. 

Porque non coñecedes esta parroquia! Porque es un/unha auténtic@ ignorante! Porque es impermeables á cultura, á educación, ao civismo! Porque es tan renegad@ que nin sequera caes na conta de que isto que tanto te esforzaches en destrozar pagouse cos teus cartos… Si, cos cartos de tod@s os comuneir@s, incluídos os teus, tendo en conta que a Comunidade de Montes de San Xulián co-financiou o proxecto! Probablemente ti mesm@ sexas -para vergoña de San Xulián- veciñ@ noso, que mágoa…

Es tan incompetente para expoñer publicamente os teus argumentos (se os tiveras) contra as ‘tajeas’ de formigón instaladas pola Comunidade de Montes no acceso da pista forestal do Pituco, que tes que tomala co primeiro que atopas diante. Coma unha criaturiña enrabechada!  

Va por deus… o que che cadrou máis á man foron os sinais do roteiro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Primeiro deixaches as unllas arrincando a lámina adhesiva do panel principal, na entrada da pista. Traballiño che debeu custar! Pero non tiveches bastante e continuaches a túa teima destrutiva co panel que sinalizaba os petroglifos de Sete Camiños.

Por desgraza, xa antes de que ti deras en ciscarte na Comunidade de Montes e nas súas ‘tajeas’ (que culpa terán os paneis do Espazo Sete Camiños!), alguén xa se che adiantara tempo atrás agredindo o panel a carón dos petroglifos de Pinal de Caeiro. Daquela estábase acometendo a rede de abastecemento de auga de Acuaes e a Dirección Xeral de Patrimonio en Pontevedra deulle un ‘toque’ á empresa adxudicataria das obras para que corrixise algúns aspectos relacionados coa protección dese fantástico gravado rupestre, coñecido como ‘O ciclista’.

Roubaron postes e racharon vinilos explicativos, pero o que NUNCA conseguirán será que mingüen as nosas ansias pola promoción do Espazo Sete Camiños. Seguiremos porfiando diante da Comunidade de Montes, do Concello, da Deputación e da Xunta na defensa do Monte Pituco e da súa riqueza patrimonial, da súa calidade natural e do seu valor paisaxístico. Manteremos incombustible a nosa reivindicación para que se recuperen os elementos do Espazo pendentes de sinalización na parte que enlaza co Lago de Castiñeiras a través dos conxuntos rupestres da Carrasca e de Champás. 

Faremos da necesidade, virtude. Viraremos as adversidades en positivismo. Fican agora en branco os soportes metálicos, si… pero que boa oportunidade para perfeccionar o deseño e os contidos dos paneis, corrixindo incorreccións e datos inexactos, dándolle un cariz máis local á información que recollan e destacando os elementos propios da parroquia de San Xulián.

Así que, ao autor/a da desfeita… grazas, COVARDE!

dsc_2404

Panel informativo en decembro de 2016

Panel informativo nos petroglifos de Sete Camiños.

Panel de Sete Camiños en xuño de 2015

Panel de acceso ao Espazo Sete Camiños na entrada do Pituco (Pornedo).

Panel informativo do Espazo Sete Camiños en xuño de 2015

20161123_082724

Panel agredido en novembro de 2016

 

 

Publicado por: MontePituco | 19/12/2016

MARABILLAS NA CASA

Participamos na II Andaina ‘Marabillas na casa’, no marco da VIII San Silvestre – Subida a Castro, organiza pola Asociación de Veciños Serraseca, coa contribución de José Francisco Gil Dopazo coordinando a sinalización do itinerario da ruta. 

Con saída dende o Alto de Castro, visitamos o Monte Teixugueiras, situado na parte alta da praia de Mogor; chegamos ao Castro da Subidá, dende onde volvemos admirar o Monte Pituco situado xusto en fronte do poboado castrexo; e percorremos o Monte Penizas, dende onde tamén puidemos gozar de excelentes vistas, antes de retornar a Castro atravesando sendeiros entre veigas e bosques na zona de Currás. 

Aínda que fomos sempre os pechacancelas do grupo -agardamos que isto non amolase nin fose motivo de inquedanza para os promotores do roteiro- pola nosa teima en camiñar de vagar, fotografando as ‘marabillas’ e os recunchos que nos parecían interesantes, as plantas e os cogumelos do lugar, ou as paisaxes tanto da ría como do rural, cómpre felicitar a organización por esta iniciativa: por combinar deporte e cultura, por contribuír á cohesión da veciñanza nunha xornada de confraternidade na que non faltaron os callos nin as tortillas cos que os esforzados corredores e os trotadores de camiños puideron repoñer enerxías.

Monte Teixugueiras

Monte Teixugueiras

Vista desde Monte Teixugueiras.

Vista de Mogor dende Monte Teixugueiras

Lavadoiro a carón do Monte Teixugueiras

Lavadoiro do Souto, a carón do Monte Teixugueiras

No Castro da Subidá

Gravado -de orixe hipoteticamente medieval- preto do castro da Subidá

No Castro da Subidá

Gravado de José Meijón na croa do castro da Subidá

dsc_2368

Posible entrada ao castro da Subidá

dsc_2370

dsc_2369

Vista de Mogor dende o castro da Subidá

dsc_2371

Dende o Castro da Subidá puidemos gozar, por enésima vez, das vistas do Monte Pituco (Pornedo), situado xusto diante desde enclave prehistórico.

Vista do Pornedo dende o castro da Subidá.

…E tamén dende o Monte Penizas!

dsc_2380

dsc_2376

dsc_2382

Vista do Monte Pituco, ao fondo, dende Penizas

20161218_123352

Vista de Pardavila, San Xulián e, ao fondo, o Monte Pituco (Pornedo)

En Penizas visitamos un petroglifo catalogado que, por desgraza, está nunha situación de total abandono, rodeado de vexetación seca, especies pirófitas e cun toro de piñeiro caído enriba da propia laxe. Así ‘mantén’ o Concello de Marín o seu patrimonio arqueolóxico. O patrimonio arqueolóxico que sae do ‘politicamente aceptado’: castro da Subidá e petroglifos de Mogor. Para as concellerías de Cultura e de Turismo, o demais ‘non existe’…

dsc_2385

dsc_2387

Nesta planicie, situada en Penizas, hai catalogado un xacemento do Calcolítico.

dsc_2388

dsc_2390

20161218_130750

dsc_2391

dsc_2393

dsc_2395

Vistas dende Penizas, co arquipélago de Ons no horizonte

dsc_2396

Antigas trincheiras para adestramento militar

E despois dun atallo a través de camiños e corredoiras no lugar de Currás, retornamos ao Alto de Castro, ao pé do acceso a unha vivenda centenaria, cun magnífico portal de madeira e cunha preciosa armela forxada… Que cousas bonitas se facían antano.

Abofé, unha ‘marabilla na casa’!

dsc_2402

DSC_2403.JPG

 

Publicado por: MontePituco | 12/12/2016

DENUNCIA DA AGRESIÓN AO PANEL DE SETE CAMIÑOS

20161211_100028

Publicado por: MontePituco | 29/11/2016

XORNADAS ‘SALCEDO NO TEMPO’

15194463_1144619488921096_3592994766568762949_o

Comeza hoxe unha nova edición das xornadas ‘Salcedo no Tempo‘, que organizan o Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Salcedo. O programa consta de roteiros en contacto coa natureza, mesas de debate, proxección de documentais e unha homenaxe ás mulleres que foron represaliadas nesta parroquia tralo alzamento militar de 1936.

Un encontro da memoria dirixido por Montse Fajardo abre as sesións, ás 19:00 horas na Casa Verde: será un faladoiro sobre mulleres represaliadas, resistentes e solidarias de Salcedo no que se anima a participar a todas as familias e no que se agarda que as persoas maiores da parroquia compartan cos asistentes os seus recordos, impresións e sentires sobre a represión que se viviu. As achegas e as experiencias narradas serán incorporadas ao programa ‘A Memoria das Mulleres’.

Este venres ás 20:00 horas haberá un roteiro nocturno polos petroglifos da parroquia, guiado por Xosé Lois Vilar. A andaina estará precedida dunha conferencia ás 19.00 horas.

Nos petroglifos de Outeiro da Mina.

As actividades retomaranse o venres 9 de decembro, ás 19.00 horas, coa participación de varios expertos nunha mesa redonda sobre o patrimonio cultural -material e inmaterial- da parroquia de Salcedo e sobre os achados realizados nas sucesivas prospeccións arqueolóxicas: o director da escavación do Castro das Croas, Eduardo Méndez; a investigadora do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, María Martín; a restauradora de Tomos de Conservación, Rosa Benavides; e o antropólogo social e cultural, Rafael Quintía.

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

O sábado ás 10:30 horas, coa Casa Verde como punto de partida, realizarase o Roteiro das Mouras, guiado por Rafael Quintía.

Muíños do Outeiro, en Salcedo.

O xoves 15, ás 20.00 horas, proxectarase o documental ‘Terra das Marabillas’ -realizado pola xornalista pontevedresa Ana Lois- sobre a tradición máxica e mitolóxica de Salcedo.

As xornadas pecharanse o 17 de decembro, cunha homenaxe ás mulleres represaliadas de Salcedo. Ás 11.00 horas colocase unha placa na Ruibal e ás 11.45 horas terá lugar o acto de memoria no cemiterio parroquial.

Publicado por: MontePituco | 28/11/2016

OUTRO SINAL DESAPARECIDO

Suma e segue… Primeiro foron as agresións ao panel informativo do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, do que case non queda rastro da lámina adhesiva. Agora, é o sinal que se atopaba diante da arboreda do Pituco o que falta do seu sitio. Un directivo da Comunidade de Montes de San Xulián informounos esta tarde que tamén trataron de arrincar o poste que marca o acceso ao novo aparcadoiro habilitado na entrada ao Monte Pituco.

…Dende  a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO animamos a veciñanza a denunciar este tipo de ataques ao patrimonio colectivo. Só cando os delincuentes que se dedican a cometer este tipo de covardías se sintan observados, presionados e rexeitados, deixarán de actuar. A indiferenza é o combustible que usan neste tipo de sabotaxes coas que pretenden chamar a atención e facerse notar. Aquí non son benvidos; hai que facérllelo saber!

Antes

Cartel prohibindo o verquido de lixo na arboreda do Pituco

Despois

20161128_164145

Publicado por: MontePituco | 25/11/2016

25-N

20161125_211053-copia

Publicado por: MontePituco | 23/11/2016

PENA POLOS COVARDES

20161123_082724

Non quixeramos ter que incorporar nunca esta imaxe tan deplorable ao xa abultado álbum de FOTODENUNCIAS que se acumulan nesta bitácora pero, como se soe dicir, “era visto”.

O panel informativo do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños no acceso dende a pista do Monte Pornedo (Pituco) foi agredido, arrincando a lámina adhesiva coa información xeográfica, patrimonial e paisaxística da zona.

Xa con anterioridade sufrira algúns ataques leves, do mesmo estilo, tratando de levantar -con máis ben pouco éxito- a serigrafía que recobre o panel metálico. Os túzaros deron en pensar que o temporal de auga e vento dos últimos días abrandarían a superficie, facilitándolles a desfeita. E conseguírono…

Bravo, campións! Campións da IGNORANCIA, campións da BRUTALIDADE, campións da ESTULTICIA.

Sodes o noso estímulo; cando vós orneades, nós cabalgamos. Cando vós trousades odio contra o patrimonio e o ben común, nós collemos folgos para seguir berrando contra o polígono industrial proxectado no Pornedo.

Mentres vós tramades algunha das vosas ruindades, nós seguimos dando pasos adiante na promoción da riqueza histórica, cultural e natural do ‘balcón da ría’ e da súa contorna.

Non sentimos pena dun dano que se repara cun puñado de euros; sentimos pena de vós, panda de ‘mataos’ e covardes.

DETRITO social.

VERGOÑA.

Publicado por: MontePituco | 21/11/2016

RUTA POLO MONTE BORRALLIDO, BUEU

borrallido

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo dedicou o seu segundo roteiro do outono a dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do Monte Borrallido, na parroquia de Beluso, en Bueu, situado en solo rústico de especial protección forestal e de augas.

O Monte Borrallido -orónimo referente ao recurso tradicional da roza e do queimado da vexetación para utilizalo posteriormente nos labores de cultivo- conforma, xunto co Monte Liboreiro e mais a Serra da Madalena, situados en fronte, a conca de nacemento do rego Orxás, principal curso fluvial que emboca na enseada de Aldán. Nel sitúase tamén a conca de nacemento do rego Nocedo, o maior curso fluvial que atravesa a parroquia de Beluso e que, máis abaixo, emboca na contorna da praia de Reventóns, dentro da Zona de Especial Conservación do espazo natural protexido pola Rede Natura de Cabo Udra.

Nos seus cumios, con 246 metros de altitude máxima sobre o nivel do mar, atopouse un machado da Idade do Bronce. Ademais de facer de límite entre as parroquias de Beluso (Bueu) e de Aldán (Cangas), é un extraordinario miradoiro desde o que poden observar unhas excelentes panorámicas da Serra da Madalena e do val do rego Orxás, da enseada de Aldán e do espazo natural protexido de Cabo Udra, coas Illas Ons no horizonte.

Posúe unha incipiente carballeira, hábitat de interese comunitario a nivel europeo, produto da sucesión ecolóxica do monte baixo cara á vexetación potencial ou clímax. Nalgunhas áreas, o carballo vese acompañado pola presenza minoritaria do castiñeiro e polo salgueiro nas zonas próximas aos cursos fluviais. Noutras mestúrase ou dá paso a plantacións de piñeiro do país.

Entre a vexetación arbustiva sobresae a presenza de loureiros, pereiras bravas, sanguiños, chuchameles e xilbardeiras. Tamén destaca a presenza da matogueira coa toxeira e coa brexeira seca europea que, xunto coa vexetación pioneira na rocha silícea, conforman outros dous hábitats de interese comunitario a nivel europeo.

A conformación das dúas concas e en especial da do rego Nocedo, concédelle tamén unhas excepcionais condicións de humidade ambiental onde os seus principais bioindicadores, tanto ambientais como atmosféricos, son a grande e diversa presenza de fentos, liques e brións no sustrato edáfico, vexetal e lítico. Esa excepcional humidade ambiental e a mestura do bosque da carballeira co piñeiral tamén lle dá unhas adecuadas condicións para a proliferación de fungos.

A condición de caducifolia de parte da súa vexetación dálle nesta época unha singular función policromática, cunha explosión de cores no ambiente e na paisaxe.

No Monte Borrallido resaltan a abundancia e a xeomorfoloxía das súas penedías coa grande e variada formación de pías, cacholas e alvéolos na superficie e no interior das rochas, sexan fixas ou ás veces cabalgadas, por efecto da erosión natural ou por afloramento trala actividade extractiva de antigas canteiras a nivel local.

Á parte da utilización agroforestal, gandeira e mineira do monte e da súa contorna desde tempos prehistóricos ata a actualidade -do que aínda se preservan algúns camiños e mesmo os muros empedrados de delimitación das leiras-, tense constancia tamén da súa utilización puntual a nivel histórico como lugar de xuntanza de bandas dedicadas ao bandoleirismo a principios do século XIX.

Tamén son de interese a arquitectura popular e civil do cercano núcleo rural de Bon de Arriba, entre San Amedio e o Monte do Castro, este último proba da existencia no lugar dun poboado anterior prerromano da Idade do Ferro, de hai uns 2000 anos. E o val do rego Nocedo, co bosque de ribeira e co mosaico de cultivos ao seu redor, en solo de especial protección de augas, agropecuario e de espazos naturais.

Os lugares de interese visitados no roteiro foron:

* A ermida de San Mamede, no núcleo rural de San Amedio que, xunto cun cruceiro, fonte, lavadoiro e arboredo, están situados nun pequeno outeiro, sobre o fértil val do rego Nocedo e con boa vista da enseada de Aldán. A ermida foi construída orixinariamente con toda probabilidade no século XII e está vencellada ao cancioneiro medieval a través do xograr Johan de Cangas.

* A contorna do bosque de secuoias monumentais que, con algúns dos exemplares máis altos de Europa, posúe a finca de heredeiros de Hnos. Massó fronte da Avda. de Castiñeiras, en Forqueiros de Abaixo.

* As mámoas de Castiñeiras, tamén coñecidas como da “Tomada de Martínez”, son uns túmulos funerarios de adscrición cultural neolítica e megalítica, postos en valor hai pouco tempopolo Concello de Bueu e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que dan proba da presenza humana hai ao redor de 5.000 anos no lugar.

* O petróglifo das Abelaires, situado na base do Monte Liboreiro, dentro da lindeira parroquia canguesa de Aldán, é de adscrición cultural da Idade do Bronce, e cronoloxicamente de hai ao redor dos 4.000 anos. Con varios gravados xeométricos de circos concéntricos, coviñas e apéndices insculpidos en releve na rocha, malia o seu estado actual de abandono, é un dos petróglifos máis importantes e mellor conservados do seu estilo na comarca.

Fotos, F. Currás (Plataforma Montes do Morrazo)

As principais afeccións nas últimas décadas para o Monte Borrallido e a súa contorna foron os monocultivos forestais, a eucaliptización e a invasión das acacias, a falta de silvicultura, a urbanización do parque empresarial de Bueu, a explotación mineira a nivel industrial de granito e a construcción do corredor de alta capacidade do Morrazo.

De cara ao futuro, as principais ameazas son a ampliación -con carácter supramunicipal- do parque empresarial de Bueu cara ao denominado Parque Empresarial e Industrial do Morrazo contemplado pola Xunta dentro Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galiza, xunto coa solicitude dunha concesión de explotación mineira de granito na zona pola empresa Granitos Aldán S.A., afectando de xeito directo, crítico e severo ao propio monte.

En xuño de 2015 varios colectivos pertencentes á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitáronlle á Xunta que se desestimara definitivamente a citada solicitude de concesión de explotación mineira. Por considerar o Monte Borrallido un espazo natural de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, en marzo de 2012 a Plataforma solicitoulle ao Goberno galego a retirada da ampliación do parque empresarial de Bueu proxectada a través do PEIM no PSOAEG.

Nesa mesma data tamén se lle pediu ao Executivo autonómico que o Monte Borrallido e a Serra da Madalena figurasen como espazos ampliables á solicitude de ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que -a nome de Montes e Carballeiras do Morrazo- acollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro.

En abril desde 2016, Montes do Morrazo dirixiuse á Xunta demandando a declaración de Lugar de Especial Interese Paisaxístico para o Alto do Monte Borrallido dentro da elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galiza.

[Texto, Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo]

Publicado por: MontePituco | 20/11/2016

WHATSAPP NEOLÍTICO, POR L. DAVILA

davila191116

…Quitando que os petróglifos  non se fixeron con cincel, senón pedra contra pedra…

Publicado por: MontePituco | 19/11/2016

RUTA POLO MONTE BORRALLIDO

borrallido

Este roteiro, o segundo que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo no que levamos de outono, será circular e servirá para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do Monte Borrallido, na parroquia de Beluso, dentro de solo rústico de especial protección forestal e de augas, no concello de Bueu.

Publicado por: MontePituco | 18/11/2016

SALCEDO SEGUE DANDO EXEMPLO DE RESPECTO AO PATRIMONIO

Faro de Vigo

thumb

Os traballos arqueolóxicos previos a construcción do campo de fútbol de Salcedo están xa na recta final

Os terreos estarán en mans do Concello a finais do ano

Redacción | Pontevedra 17.11.2016

Limpeza da cuberta vexetal por medios manuais dos afloramentos graníticos no ámbito do lugar onde se proxecta a construción dun campo de fútbol en Salcedo, sondaxes mecánicas vinculadas ao estudo previo para o seu emprazamento e posterior tapado das sondaxes mecánicas unha vez rematada a súa documentación, son os traballos incluídos na intervención arqueolóxica que está en marcha nos terreos previstos para a nova instalación deportiva de Cabanas-Salcedo co fin de determinar a posible presenza de gravados rupestres ou calquera outro vestixio arqueolóxico inédito está en marcha.

Os traballos, baixo a dirección do arqueólogo Manuel Alfonsín, estarán rematados mediada a próxima semana. No caso de que aparezan gravados rupestres ou restos arqueolóxicos de interese será o departamento de Patrimonio da Consellería de Cultura quen determine as medidas de conservación a adoptar.

A intervención arqueolóxica e posterior informe xunto coa venda a un tempo de todas as parcelas afectadas -que teñen 26 propietarios- son os requisitos “sine qua non” para levar a cabo o proxecto de campo de fútbol de Salcedo.

Consello parroquial

Se non hai imprevistos, o concelleiro coordinador do Rural e delegado da parroquia de Salcedo, Demetrio Gómez, calcula que os terreos poderán estar en mans do Concello na recta final do ano ou comezo do 2017. Son 14.500 metros cadrados, ao lado do CEIP Cabanas e o pavillón deportivo e ven a reforzar o chamado núcleo de centralidade da parroquia de Salcedo.

Publicado por: MontePituco | 17/11/2016

PRÓXIMA SINALIZACIÓN DO MENHIR DE CURRÁS

Menhir de Currás, imaxe tomada en xuño de 2011.

lavozdegalicia

Marín adecentará el entorno del menhir de Currás con paneles explicativos sobre el monumento

La iniciativa la ejecutará el Concello con una subvención de la Diputación

MARÍN / LA VOZ 17/11/2016

La concejalía de Turismo de Marín acometerá, gracias a una subvención de la Diputación Provincial, la mejora del entorno del menhir de Currás. La concejala popular Cristina Acuña explicó que se trata de encargar la elaboración de unos paneles explicativos, a modo de atriles, que sirvan para que los visitantes a este entorno puedan entender lo que están viendo, independientemente de sus conocimientos sobre la prehistoria. 

En estos paneles se detallarán los datos principales que existen sobre el menhir de Currás. El monumento megalítico, que data de varios milenios antes de Cristo, fue levantado en una ubicación distinta a la actual. La gran piedra se quedó justo en el medio del trazado de la variante de Marín y tuvo que ser excavada y trasladada en una grúa en el 2003 hasta una parcela junto a un camino de servicio. Posteriormente, aún hubo que volver a mover otra vez el menhir en el 2005 porque podía caerse por la ladera. Desde entonces está en una finca pública y aunque es el único menhir de la comarca pasa bastante inadvertido.

Publicado por: MontePituco | 16/11/2016

16 DE NOVEMBRO, DÍA DO PATRIMONIO

O 16 de novembro foi declarado pola UNESCO como Día Internacional do Patrimonio Mundial. Conmemórase que nesta data, do ano 1972, asinouse en París a Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba as bases para desenvolver este tipo de protección cultural.

44 anos despois da promulgación dese documento, o patrimonio, o NOSO patrimonio, o PRIMEIRO patrimonio do que hai constancia física en Galicia, o patrimonio arqueolóxico -léase gravados rupestres, mámoas, castros…- está en grave perigo pola neglixencia e o desleixo das Administracións, pola despreocupación e a falta de implicación -agás contados casos- da sociedade.

Na Asociación Monte Pituco non pasamos por alto esta conmemoración e lanzamos aos catro ventos unha nova chamada de alerta: defendendo unha vez máis a necesidade de preservar os conxuntos rupestres do Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro -estes tres ameazados polo proxecto de construcción dun polígono industrial aberrante en pleno ‘balcón da ría’-, da Carrasca, de Champás… das mámoas de Sete Camiños e de Catadoiro integradas no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños… das mámoas situadas na contorna de Castiñeiras… e en xeral o legado ancestral espallado nas parroquias do rural marinense e da bisbarra do Morrazo. Porque hai moito máis que os poucos xacementos que os concellos, a Deputación e a Xunta teñen ao seu abeiro para ‘xustificar’ diante da opinión pública que se preocupan pola conservación destes bens.

Porque se esa implicación das Administracións fose real, non sería necesario que uns modestos colectivos sociais puxeran o berro no ceo diante das agresións que sofre o patrimonio, do risco de desaparición que se cerne sobre tantos e tan valiosos vestixios. 

Nos últimos días botou a andar unha iniciativa da plataforma SOS Arte Rupestre en Change.org, dirixida á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para recoller sinaturas a prol da declaración da arte rupestre de Galicia como Patrimonio da Humanidade.

 

sin-titulo

El patrimonio arqueológico de Galicia tiene en el conjunto de grabados rupestres prehistóricos al aire libre –petroglifos- una de la manifestaciones culturales más importantes y representativas.

Estos grabados, diseminados por el monte, son BIC –Bien de Interés Cultural- y, en consecuencia, deberían gozar por ley de la máxima protección. Sin embargo se encuentran seriamente amenazados al no llevarse a cabo tareas de roza y limpieza, estando indefensos ante los incendios forestales, las obras incontroladas y los trabajos sin adoptar las cautelas necesarias.

Por todo ello, y ante el grave riesgo no solo de deterioro sino de desaparición, solicitamos su apoyo para demandar que la Xunta de Galicia inicie ya los trámites para conseguir su declaración como  Patrimonio de la Humanidad, la medida más eficaz para garantizar su supervivencia.

Outra mostra sangrante de desprezo polo patrimonio: as obras do desdobramento do Corredor do Morrazo, que van acabar por esnaquizar o castro de Montealegre, en Domaio. Nesta ocasión é unha veciña de Moaña a que toma a iniciativa da mobilización social a través de Change.org para intentar salvar o que queda deste asentamento prehistórico.

sin-titulo

As obras para desdobrar o Corredor do Morrazo, que comezaron a pasada semana, van a supoñer a case desaparición do Castro de Montealegre, en Moaña, un dos máis grandes de Galicia. E é que a infraestrutura proxectada só vai deixar en pe a croa deste xacemento, a pesar dos numerosos achados atopados, entre eles, unha figura castrexa e un camiño empedrado de entrada que se verá afectado.

Precisamente, as obras deste vial xa foron obxecto de polémica hai dez anos xa que o castro estivo a piques de desaparecer. A construción dun túnel na base do monte posibilitou que se puidera manter en pe boa parte do ben arqueolóxico. Pero as novas obras suporán case unha estocada definitiva ao arrasar con boa parte da estrutura exterior do castro.

Guerreiro castrexo atopado no castro de Montealegre/ http://www.historiayarqueologia.com/ FdV
Guerreiro castrexo atopado no castro de Montealegre/ http://www.historiayarqueologia.com/ FdV
Nas escavacións de urxencia que se levan realizado nos últimos meses para rescatar, precisamente, os restos de zonas que se verán afectadas pola ampliación do túnel no desdobramento do Corredor, apareceron numeroso obxectos, aínda que o máis destacado é unha escultura antropomorfa duns 60 centímetros de altura.

A figura é de granito e non conserva a cabeza. Representa un humano sedente cos brazos pegados ao corpo. O gran valor da peza reside, entre outros aspectos, en que foi atopada no propio contexto arqueolóxico. Un feito que fai que o equipo do arqueólogo Miguel Vidal apunte a que se trate dun guerreiro castrexo.

As escavacións centráronse nos estratos inferiores do castro datados no chamado “cambio de era”, entre o século I a.C. e o século I d.C. Ademais do suposto guerreiro castrexo tamén foron clasificadas máis de 20.000 pezas, sobre todo restos de ánforas e de recipientes e utensilios de cociña. Parte deses obxectos serán reconstruídas en 3D.

Camiño de entrada

Outro dos grandes achados deste castro é o viario de entrada ao castro. Consérvanse en perfecto estado máis de 10 metros desa vía. Algo que non é nada común nos castros galegos. E, curiosamente, parte dese viario pode ser afectado polas obras do corredor.

Asta de cervo de 2000 anos / http://www.historiayarqueologia.com/ FdV
Asta de cervo de 2000 anos / http://www.historiayarqueologia.com/ FdV
O castro de Montealegre alcanzou as 3 hectáreas de superficie e calcúlase que residiron nel unhas 300 persoas. Unha superficie enorme e que o sitúa xunto con castros como o de Santa Tegra ou San Cibrao de Las entre os máis grandes de Galicia.

Na zona oeste do xacemento escavado atopouse un enorme concheiro colectivo, con grande cantidade de restos de molusco o que denota a importancia destes na dieta da época. Tamén se conservan restos orgánicos das especies de animais que comían, entre as que destaca unha hasta de cervo con 2.000 anos de antigüidade. Apareceu tamén unha moeda coa efixie do emperador romano Tiberio (14-37 A.C.).

Petróglifos

Outra das riquezas deste ben arqueolóxico é a presenza preto do lugra de varios gravados rupestres que foron declarados BIC no ano 1974 co nome Petróglifo Castro de Montealegre. Outra construción relevante, tanto dende o punto de vista arqueolóxico como etnográfico, é o manantial de auga escavado en forma de mina coñecido como A Cova da Londra, situado na zona norte do castro.

Precisamente, o perigo ao que están expostos os petroglifos galegos e tamén a situación do castro de Montealegre son temas aos que se refire o arqueólogo marinense Álvaro Arizaga nunha entrevista publicada esta mesma semana na páxina do proxecto TeleArqueoloxía. Para Arizaga só temos palabras de admiración e de agradecemento: de grande admiración polo seu labor divulgativo colaborando con entidades sociais e culturais como guía de rutas enfocadas á promoción do patrimonio ou como ponente en xornadas informativas; de fondo agradecemento pola súa implicación -asesorando, elaborando documentación, participando en xuntanzas a nivel político- no rexeitamento ao polígono industrial proxectado no Monte Pornedo (Pituco) e que afectaría aos conxuntos rupestres de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro.

Tan interesante é a súa achega, que a reproducimos integramente a continuación:

100_2185

Álvaro R. Arizaga Castro estudou Historia coa especialidade de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparte docencia na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Ten participado en diversos traballos de investigación arqueolóxica, entre os que destacan por exemplo as intervencións na necrópole megalítica de Hayas-Pozobal (Cantabria), Le Yaudet (Bretaña), Forno dos Mouros e Punta dos Prados (Ortigueira), Castro do Neixón (Boiro), A Cabeciña de Mougás (Oia), xunto con outros diversos traballos de prospección e investigación antropolóxica. O seu proxecto de tese de doutoramento trata de relacionar o folklore europeo coa arqueoloxía da paisaxe. 

Telearqueoloxía. Durante a súa intervención nos Obradoiros de Investigación Arqueolóxica de Telearqueoloxía 2016 celebrados na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, non faltaron as referencias ao Castro de Neixón en Boiro, un xacemento no que se leva traballando xa por máis de vinte anos. Cales son as sorpesas que esconde Neixón?

Álvaro Arizaga. O Neixón é un lugar moi fermoso e un xacemento arqueolóxico excepcional na arqueoloxía galega, por ser un dos primeiros escavados científicamente en Galicia e polo peculiar dos seus resultados. Nel se combinan varios factores de mérito: a antigüidade dos restos, a presenza de elementos foráneos (vidro), a relación coa explotación metalúrxica do estaño, a interesante evolución dende a época prehistórica á romana, a relación co mar e outros moitos debates históricos. Por desgraza é tamen un lugar difícil de escavar, de restaurar e tamén de explicar, entre outras razóns porque moitas estruturas eran perecedeiras, de madeira e terra. Isto provoca que sexa un castro tecnicamente “difícil”, pero precisamente por iso tamén é un desafío aprender á xente a entender ese lugar con ollos de arqueólogo.

Por outra banda, a principal virtude do Neixón é a xente que vive en torno a él, a xente da parroquia de Cespón e o seu patrimonio antropolóxico excepcional, como xa destacara López Cuevillas. Nós aprendemos moito máis deles ca eles de nós. No proxecto dirixido por Xurxo Ayán dende 2003 ata 2008, un dos principais obxectivos era precisamente relacionar antropoloxía e arqueoloxía e rachar coa barreira e os recelos que normalmente separan aos arqueólogos dos habitantes do lugar. Honestamente, creo que foi a maior virtude daquel proxecto. Para nós, e para os veciños, as obras inacabadas e extremadamente agresivas que se fixeron no entorno do centro de interpretación foron unha catástrofe, precisamente porque significaron o final daquela confianza e daquela esperanza. Os traballos arqueolóxicos “tradicionais” seguen en marcha hoxe en día, pero para min os tesouros e “sorpresas” que garda O Neixón non son tanto os novos restos que poidan aparecer, como o que ese xacemento nos ensina sobre a historia da investigación arqueolóxica en Galicia. Para mellorar a xestión do patrimonio en Galicia debemos reflexionar sobre as virtudes e defectos dos traballos arqueolóxicos realizados no Neixón, dende principios do século XX ata principios do século XXI. É un caso moi ilustrativo.

T. Dentro xa do ámbito pontevedrés, mencionou o castro de Montealegre no Morrazo, un castro de grande entidade descoñecido para moita xente. Qué nos pode contar deste interesante lugar arqueolóxico?

A.A. O castro de Montealegre, ó lado de Rande e Domaio, é un caso moi semellante ó Neixón nalgúns aspectos: por exemplo, ambos están entre os primeiros castros escavados en Galicia, ambos teñen unha longa ocupación (entre a idade do bronce e a época romana), as estruturas visibles son impresionantes en ambos casos, os dous son castros “marítimos” (ou, mellor dito, costeiros) fundamentais na historia das Rías Baixas… Tamén existen notables diferencias: principalmente, Montealegre nunca foi convertido nun lugar visitable para o turismo e o público en xeral, en parte por ser de propiedade privada, entre outras razóns relacionadas coa desidia e o desleixo patrimonial que sofre o país. Ademais diso, Montealegre, pese a ser un dos castros máis importantes e espectaculares da Ría de Vigo, padeceu múltiples destrozos en tempos recentes: destrucción do seu ámbito costeiro, industrias, vías de comunicación… O máis recente é o túnel do Corredor do Morrazo, que o atravesa polo medio e precisamente se está ampliando agora mesmo. Nas obras arqueolóxicas que se fixeran no seu momento, dirixidas por Roberto Aboal, apareceron en ambas ladeiras moitísimas estructuras (muros, casas) e unha enorme riqueza de materiais cerámicos e metálicos. Destacaron sobre todo as xoias romanas, algunhas delas practicamente novas, como para usar. As escavacións actuais, dirixidas por Miguel Vidal, prometen resultados semellantes. O malo disto é que, como case sempre na arqueoloxía de obras públicas, os obxectos se recuperan e as estructuras se documentan, pero todo remata nos almacéns dun museo e, no caso dos inmobles, destruído polas máquinas despois da escavación. Estase a escavar agora mesmo pero non existe ningún programa de visitas e a sociedade nin sequera sabe que é a súa última oportunidade para ver ese xacemento antes da súa (segunda) destrucción parcial. A Xunta e as empresas ampáranse en que é unha obra perigosa que non se pode visitar pero… definitivamente, temos un problema con este tipo de casos (pode buscarse na rede o que pasou co castro de Punta de Muros / Punta Langosteira, escavado por completo e destruido por completo, con ignorancia total por parte da sociedade, na construcción do Porto Exterior da Coruña). Ademais de todo isto, Montealegre é un lugar fermosísimo, polas vistas sobre a ría, pola fraga de corticeiras que o cobre, polos petroglifos que hai no castro, pola impresionante fonte-mina da Cova da Londra, con lenda incluída… Riqueza arqueolóxica oculta, moi oculta, pese ós esforzos dos investigadores por sacala á luz.  

T. Alá polo ano 2007 publicaba xunto con Xulio Abal o primeiro catálogo de petróglifos do concello de Marín, e xa daquela deixaba varios apuntes sobre o seu delicado estado de conservación. Desde o seu punto de vista, cales son as principais ameazas ás que se enfronta o noso patrimonio arqueolóxico rupestre actualmente?

A.A. Antes de nada, debo dicir que en absoluto é o primeiro catálogo de petróglifos do concello de Marín. Precisamente a nosa laboura foi a mera recompilación de traballos anteriores, así que todo o mérito do traballo de campo débese ós que traballaron antes ca nós, como Antonio de la Peña, por mencionar o exemplo máis evidente. Para ese libro consultamos, entre outros moitos traballos del, a súa tesiña de licenciatura sobre a arte rupestre do Morrazo, inédita, depositada no departamento de Historia I da Universidade de Santiago, que data de 1978.

Tratarei de ser máis breve nesta resposta, porque a realidade é moi sinxela e contundente. O perigo físico inminente para os petróglifos son os incendios forestais. Un lume por riba da pedra significa a desaparición inmediata dos gravados, como xa ten pasado en moitos casos que temos documentados, con perdas parciais ou totais dos motivos. Isto podería evitarse cunha sinxela limpeza forestal periódica no entorno das pedras, pero aquí chega o segundo perigo, que non é físico senón sociopolítico: o principal perigo para os petróglifos galegos é o incumprimento das leis de protección do patrimonio por parte das institucións políticas. A culpa recae en todas as administracións (locais, provinciais…) pero moi especialmente na Xunta de Galicia, directamente na Consellería de Cultura e na Dirección Xeral do Patrimonio. A investigación está feita, teñen toda a información e teñen profesionais cualificados (arqueólogos e conservadores-restauradores). Investigadores como Fernando Carrera teñen protestado unha e mil veces por esta situación, como mínimo dende hai 25 anos para aquí. Se non se poñen as medidas para que isto non pase é por desinterese, ignorancia, deixadez… ou por causas económicas. Que conste que cando digo isto non me refiro a que non haxa cartos para facelo, en absoluto: protexer o patrimonio é moi barato. O problema é que protexer o patrimonio pode ir contra outros intereses económicos que hai no monte (basicamente a industria do eucalipto, léase ENCE). Preguntémonos: ¿cales son as prioridades da sociedade galega?

T. No pasado mes de maio, durante a presentación de Telearqueoloxía 2016 no Museo de Pontevedra, escoitamos a Buenaventura Aparicio falar das necesarias conexións entre antropoloxía e arqueoloxía como disciplinas complementarias que deben ir sempre da mán. Cal é a súa opinión ao respecto?

A.A. Xa comentei algo en relación con isto anteriormente, falando do Neixón. Buenaventura Aparicio é un verdadeiro mestre ó que moitos tentamos seguir na súa loita por relacionar antropoloxía e arqueoloxía, etnografía e prehistoria. Podo mencionar outros grandes mestres coma él, que van na mesma liña, como Vázquez Varela e, por suposto, antes deles todos os da Xeneración Nós, coma López Cuevillas e Xaquín Lorenzo. A tradición académica hispana (e latina en xeral) separa ambas disciplinas porque case tódolos arqueólogos procedían e proceden da historia ou da historia da arte. Pouco que ver coa antropoloxía. Sen embargo, nos países anglosaxóns, por exemplo, arqueoloxía e antropoloxía estúdanse conxuntamente, para min, esta mistura é absolutamente fundamental, porque o risco da arqueoloxía é rematar convertida nunha “ciencia dos obxectos” separada do ser humano. A antropoloxía apórtalle ese compoñente inmaterial que é clave para entender o obxectivo último das ciencias humanas. Por outra banda, o certo é que na Galiza temos un patrimonio antropolóxico extraordinario derivado da forte conservación da cultura campesiña. Temos ademais unha certa “urxencia” por estudar e documentar este patrimonio en risco de extinción. Existen moitísimos ámbitos nos que ambas disciplinas están interconectadas, se é que realmente son disciplinas diferentes. Hai quen dixo que “a arqueoloxía, ou é antropoloxía, ou non é nada”.

T. Se tivera que escoller ou destacar un lugar arqueolóxico concreto dentro do ámbito provincial pontevedrés, por cal se decidiría? por qué?

A.A. Non se pode escoller un único lugar. É imposible. Precisamente Galiza caracterízase por unha extraordinaria densidade de sitios arqueolóxicos, moitos deles pequenos e de importancia aparente relativa collidos dun en un. O que aporta riqueza é o contexto, a pluralidade, as conexións entre uns e outros, o territorio e a paisaxe como patrimonio múltiple e colectivo. No momento en que a Xunta escolleu privilexiar catro grandes Parques Arqueolóxicos, como o de Campolameiro e San Cibrán de Lás por exemplo, escolleron unha tendencia científica que busca primar os exemplos concretos de “calidade” pero vai totalmente en contra da realidade arqueolóxica galega, onde a cantidade destaca moi poderosamente. Todo isto dígoo en comparación con outros territorios peninsulares e europeos. A única maneira de escoller, para min, deriva de aprezos moi subxectivos e persoais, así que, dado que nesta entrevista estou mencionando castros das Rías Baixas, mencionarei outros dous castros das Rías Baixas moi importantes na miña vida: o Castro da Subidá, en Marín, e o Castro Liboreiro, en Bueu. Ambos impresionantes, dos máis importantes do Morrazo xunto con Montealegre e Donón, ambos bastante esquecidos e bastante abandonados, cada un á súa maneira.

Finalmente, dado que a arqueoloxía é, e debe ser sempre unha busca, unha investigación, un “aprender a mirar”, para excitar a curiosidade dos lectores mencionarei tamén un monumento megalítico que existe na provincia de Pontevedra, totalmente ignorado pola sociedade en xeral pese a estar catalogado e publicado, totalmente sen escavar, pero que é tan impresionante como Dombate e ten, incluso, máis pintura que o dolmen de Dombate. Nese lugar, no seu estado actual, o risco derivado do turismo masivo sería enorme. Non mencionarei o seu nome. Escollo, por tanto, tres sitios arqueolóxicos que precisan actuacións de protección e conservación con maior ou menor urxencia.

T. Xa por último, qué opinión lle merece a idea de divulgar o noso patrimonio arqueolóxico a través de curtametraxes ou videograbacións realizadas por aficionados, tal e como propón Telearqueoloxía 2016?

A.A. Na medida en que é unha iniciativa para o coñecemento e divulgación do patrimonio arqueolóxico, paréceme excelente. Dito isto, sempre hai aspectos mellorables. O primeiro é que existen carencias enormes na protección do patrimonio arqueolóxico, como xa levo mencionado varias veces nesta entrevista. O problema da divulgación sen protección previa é que pode xenerar consecuencias indeseadas: penso no megalito mencionado na resposta anterior e penso sobre todo no Ghidoiro Areoso, na Ría da Arousa, un espazo natural e arqueolóxico impresionante en situación crítica de conservación pola afluencia masiva de turismo incontrolado. Non quero dicir que non debamos dar a coñecer o que hai, en absoluto: precisamente o que temos que facer é rematar coa ignorancia e quizais o concurso “Telearqueoloxía 2016” sirva precisamente para que se dea a coñecer o mal estado e a fraxilidade do noso patrimonio arqueolóxico. Pese a estas reticencias, é obvio que este tipo de proxectos e iniciativas sempre son benvidos. Agardo con moitísimo interese os resultados.  

Publicado por: MontePituco | 15/11/2016

NOVA SINALIZACIÓN NA PISTA DO PORNEDO

A Comunidade de Montes de San Xulián está instalando nova sinaléctica no monte veciñal da parroquia. Os novos carteles xa locen na entrada da pista forestal do Monte Pituco onde, ademais, hai unha novidade: a dotación dun espazo para aparcadoiro de vehículos, que era unha das actuacións contempladas no proxecto de execución do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

20161114_145144

Se dende os meses de setembro e outubro se viña traballando na mellora da pista, desbrozando os taludes laterais, limpando os regos e achandando a superficie, nas últimas semanas semella que se van ultimando detalles, como a colocación de novos paneis informativos.

A maiores, descubrimos que se ‘reciclaron’ sinais antigos: anteriormente xa fora reubicado na entrada da pista o da prohibición de verter residuos; agora, descubrimos que o cartel que había no sendeiro de acceso ao conxunto rupestre do Pornedo advertindo que non se autorizaba a circulación de vehículos a motor agás para tarefas agrogandeiras, e que permanecía tirado e deteriorándose no chan dende hai moito tempo, tamén foi recolocado na entrada da pista principal.

20161114_145228

Agora, quen se dirixa á pista do Pornedo e pretenda acceder co seu turismo, ou vehículo todoterreo, atopará tres sinais. Unha de gran tamaño coas seguintes mensaxes:

COMUNIDADE DE MONTES DE SAN XULIÁN-MARÍN

Prohibido verter cascallo ou entullo en toda a zona

Prohibido circular vehículos non relacionados coa explotación forestal

Calquera actividade precisa permiso da Comunidade de Montes

Lei de Montes 10/2006 (art. 54 bis)

No mesmo poste, unha flecha indicando o acceso ao aparcadoiro que se acaba de habilitar. E ao carón, o vello panel de “Prohibido circular con vehículos a motor excepto para uso de aproveitamentos agrícolas”.

…Un tanto redundantes na reiteración da mensaxe, pero necesarios, a fin de contas, para ir erradicando o tránsito indiscriminado de vehículos. Tralas recentes obras na pista, víñase notando un aumento do ‘tráfico’ de condutores que utilizaban este vial forestal para comunicarse coa zona de Castiñeiras. Se non se atalla ese problema, os arranxos na pista vanse estragar nun breve espazo de tempo e volverá quedar impracticable como ata hai ben pouco.

20161114_145240

20161022_181432

O Monte Pituco non é o único punto onde se instalou esta nova sinalización, que tamén se pode ver na estrada ao Lago de Castiñeiras, entre outros lugares.

dsc_2103

Con esta acción, a Comunidade de Montes de San Xulián vaise poñendo á altura doutras comunidades no que concerne á delimitación dos deberes e das obrigas dos usuarios do monte. 

A Asociación Monte Pituco viña demandando dende hai tempo que os responsables da comunidade -xa os antecesores da actual xunta rectora- imitasen ou tomasen como referencia a sinaléctica que empregaban comunidades de montes veciñas, como Salcedo, Figueirido, Vilaboa, Mourente…

E coa mellora da pista forestal do Pituco tamén se dá cumprimento a unha reivindicación que a Asociación Monte Pituco viña reiterando dende hai anos. 

Cómpre agradecer, pois, á Comunidade de Montes, estes traballos. Este agradecemento non lle resta gravidade á neglixencia cometida no desbroce das marxes do camiño que pasa a carón do conxunto rupestre do Pornedo, que a piques estivo de ser destruído polas máquinas que pasaron a rente da laxe. Un importante punto negativo que haberá que ter en conta e corrixir da cara a próximas actuacións, tendo en conta que calquera agresión a estes xacementos rupestres ten consecuencias irreversibles e mesmo punibles dende o punto de vista legal, polo grao de protección total que ampara estes Bens de Interese Cultural.

Publicado por: MontePituco | 14/11/2016

LIMPEZA DA MÁMOA DO REI

DiarioDePontevedra

Los comuneros de Vilaboa protegen el megalitismo del Lago de Castiñeiras

La Comunidad de Montes realizó el desbroce de la Mámoa do Rei y las de Chan de Castiñeiras

Lunes 7 de Noviembre de 2016 | Á. Piñeiro | Vilaboa

La Comunidade de Montes de Vilaboa completó en las últimas semanas su proyecto de limpieza y rehabilitación del entorno de los monumentos megalíticos catalogados y excavados en sus dominios.

La entidad empleó un mes y medio de trabajo de una cuadrilla de dos operarios en esta misión, que fue fijada por decisión conjunta de los comuneros, al descubrir que, tras varios meses de espera, no se conseguía que la Xunta de Galicia cumpliese con la promesa de limpiar el entorno y poner en valor los monumentos megalíticos existentes. “A xente que se achegaba ao parque, no que segue todo en estado desastroso, preguntaba onde quedaban as mámoas, porque, ademais de que non estaban sinalizadas, o nivel de maleza era tan alto que nin sequera se miraba a Mámoa do Rei, que é a que está excavada“, explicó el presidente del colectivo, José Luis López.

Una vez que los comuneros decidieron actuar en Castiñeiras, la directiva solicitó permiso a la Xunta, a través de la Dirección Xeral de Patrimonio, que dio el último permiso necesario para realizar la limpieza. Los trabajos consistieron en la poda de árboles, la tala de algunos ejemplares que habían crecido en zonas inoportunas y el desbroce de todo el entorno, en especial el de los monumentos funerarios, que permanecían ya ocultos al público por efecto del crecimiento sin control de helechos y otras especies. El trabajo se realizó sobre algo más de una hectárea de terreno y, aunque en parte del espacio se pudo actuar con métodos mecánicos, cerca de los monumentos, los operarios limpiaron únicamente a mano, para preservar la seguridad de las mámoas.

Tanto en la limpieza de Mámoa de Rei como en las de las mámoas de Chan de Castiñeira se contó con la supervisión de un arqueólogo que se aseguró de que se respetasen los monumentos. La Comunidade de Montes se queja del estado de abandono al que llegó este espacio, pero agradece haber podido intervenir. “Agora, a Xunta aportará nova sinalización para a Mámoa de Rei e nós para as outras dúas. O que nos importa é que este espacio siga sendo un referente e coidar o noso patrimonio e para iso seguiremos traballando“, explicó el presidente.

dsc_2105

Parabéns á Comunidade de Montes de Vilaboa por esta actuación e pola súa aposta a prol da defensa e conservación do patrimonio prehistórico.

DSC_2106.JPG

DSC_2107.JPG

Suxerencia para a Comunidade de Montes de Vilaboa e os responsables de Patrimonio, de cara a próximas actuacións: soterrar o cableado aéreo ou buscarlle unha ubicación alternativa, ademais de derrubar a torreta de formigón, que é un auténtico ‘pegote’ que afea a contorna e descontextualiza o túmulo.

DSC_2104.JPG

Cista de Castiñeiras

DSC_2110.JPG

Ruta das Mámoas de Castiñeiras

DSC_2111.JPG

DSC_2114.JPG

A superlúa de novembro, no horizonte

 

Publicado por: MontePituco | 13/11/2016

A MAIOR LÚA EN 70 ANOS

dsc_2116

“…A alma anda nestes inventos porque non lle abonda

o que é como é do mundo

quixer facer pombas con auga e amieiros de pruma

e en vez de carro que polos camiños do monte

baixase cantando a lúa arrastrada

por un tiro de peixes prateados…”

Fragmento de ‘Acolá están as illas’ (Herba de aquí ou acolá, 1980). Álvaro Cunqueiro.

Se algo chamaba a atención no lusco-fusco deste domingo é o tamaño e o brillo da lúa, extraordinariamente redonda, cercana e luminosa enriba do Morrazo. Estábase preparando o fenómeno da superlúa, que chega ao seu clímax este luns 14 de novembro. O especial desta ocasión é que a lúa non se vía nin tan grande nin tan brillante dende 1948. E non será ata o 25 de novembro de 2034 cando se repita esta circunstancia.

A unha distancia de 356.512 quilómetros do planeta Terra, o punto máis próximo na súa órbita, e vémola un 14% máis voluminosa e un 30% máis rechamante. Con respecto ao Sol, a separación é de 147.985.477 quilómetros.

Ogallá músicos, poetas e artistas aproveiten esta carga inspiradora do noso lunático satélite.

 

 

Publicado por: MontePituco | 12/11/2016

CUNTIS SINALIZA O PATRIMONIO RUPESTRE

Faro de Vigo

Cuntis señalizará sus petroglifos y todo el patrimonio rupestre del municipio

El Concello estará presente en diciembre en la feria Culturgal de industrias culturales

Redacción | Cuntis.

El Concello de Cuntis señalizará sus petroglifos y todo el patrimonio rupestre del municipio gracias a una subvención otorgada por la Diputación para la señalización del patrimonio histórico y cultural y la memoria histórica para los concellos de la provincia.

El presupuesto de esta actuación supera los 2.200 euros, que serán destinados a marcar la ubicación de petroglifos como los de Laxe dos Homes, Outeiro do Forno da Tella o de Cartas. Además, el Concello trabaja en la limpieza de los accesos y las zonas donde se sitúan los distintos restos rupestres del municipio, tras recibir el pertinente permiso de la Dirección Xeral de Patrimonio, con el objetivo de mejorar el estado de los hallazgos y su conservación. La intención es mejorar el atractivo turístico que suponen estos yacimientos.

Otras tareas en marcha en Cuntis son las de limpieza de viales municipales, con una primera fase de 50 kilómetros de cunetas y pistas, unos trabajos muy demandados por los vecinos.

Culturgal

Por otra parte, el Concello de Cuntis participará entre el 2 y el 4 de diciembre en el Culturgal, la mayor feria de industrias culturales, a la que acude por segundo año consecutivo. El concejal de Patrimonio, Enrique Portela, presentará en este certamen la oferta cuntiense.

 

 

Publicado por: MontePituco | 07/11/2016

Faro de Vigo

dsc_1876

La Brilat dejará de usar este mes su antiguo campo de tiro que quedará a disposición de los comuneros

Salcedo tiene el compromiso de Defensa de que el Ministerio devolverá el terreno a su estado original

Carlos García. Pontevedra 07.11.2016

La Brigada Galicia VII (Brilat) se puso en contacto en las últimas semanas con los responsables de la comunidad de montes de Salcedo para informarles de que a lo largo de este mes dejarán de utilizar para sus entrenamientos el antiguo campo de tiro ubicado en terrenos esta comunidad al disponer ya de las nuevas instalaciones que han construido en una zona superior del monte, cedida por los comuneros de San Xulián.

Se trata de una “buena noticia” para el presidente de la comunidad de montes de Salcedo, quien señala que con este acuerdo se cumple lo dispuesto en el convenio suscrito entre comuneros y Defensa para la cesión del terreno que ocupa la base General Morillo de la Brilat, una vez que la titularidad de los mismos fue devuelta por los tribunales a los comuneros.

Aquel acuerdo incluía la cesión de terrenos a los militares (un total de 70 hectáreas), pero también la devolución para uso vecinal de otras cien hectáreas de monte que hace apenas unos años eran utilizadas para el adiestramiento de los soldados de la Brilat. Se llegaron a construir varias instalaciones de adiestramiento como la aldea urbana y la aldea afgana además del campo de tiro. El acuerdo incluía la reversión de estos terrenos a los comuneros y la devolución a su estado original por parte del Ministerio de Defensa.

Dado que el campo de tiro era una instalación que necesitaban continuar utilizando los militares hasta que no construyesen nuevas instalaciones, se acordó con los comuneros un plazo de dos años para la ejecución de estas nuevas áreas de entrenamiento y mientras se podría continuar usando el campo de tiro. Finalizadas las nuevas áreas de instrucción, se devolverá este terreno a los vecinos y se completará la reversión de estas 100 hectáreas que ocupaban antiguamente los militares.

Además, según explicó Pintos, tal y como incluía aquel acuerdo será el propio Ministerio de Defensa el encargado de devolver el enclave a su estado anterior. Los comuneros han hecho llegar al Ministerio un proyecto para recuperar la orografía de las cinco hectáreas afectadas valorado en 200.000 euros.

Además, los comuneros aprobaron en asamblea otro ambicioso proyecto que consistirá en recrear una aldea neolítica en Salcedo, convirtiendo la parroquia en un referente de divulgación arqueológica junto a los petroglifos y el restaurado castro de As Croas.

IV Saída polo Monte de Salcedo

Publicado por: MontePituco | 02/11/2016

ATENCIÓN NA VARIANTE DE MARÍN

La Voz de Pontevedra

20161103_222143

Publicado por: MontePituco | 01/11/2016

ARTE RUPESTRE NAS I XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA

cartaz-antropologia-i

A Casa da Luz, en Pontevedra, acollerá do 2 ao 6 de novembro as I Xornadas sobre Antropoloxía, co lema “Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns”. Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) coa colaboración do Concello de Pontevedra, o programa combinará conferencias, mesas de debate, proxeccións audiovisuais e unha visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón guiada polo antropólogo Buenaventura Aparicio Casado.

Todas estas actividades -con entrada libre e de balde- desenvolveranse do venres 4 ao domingo 6 e irán precedidas, do 2 ao 4 de novembro, por dúas sesións de cine etnográfico, a partir das 19:00 horas. Así, a primeira película, titulada “Em companhia da morte”, complementarase cun coloquio cos artífices deste documental, Eduardo Maragoto e João Aveleno. No seguinte filme, “Terra das marabillas”, tamén participará o co-director do traballo audiovisual, Rafael Quintía.

En canto ás conferencias, o venres día 4 a partir das 18:30 horas haberá dúas sesións: “Mouros, ánimas, demos e encantos nos grimorios e ciprianillos”, impartida por Félix Castro. Seguiralle Buenaventura Aparicio cunha charla sobre “Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros”.

As xornadas continuarán o sábado 5 en horario de mañá e de tarde. Ás 10:15 horas presentarase o proxecto audiovisual “Palabras secretas”, dirixido por Ana Lois. Carlos Víctor Rodríguez será o seguinte participante, coa ponencia “Chamáns, cantores e rezadores entre os Tarahumara” e finalizará Marcial Gondar falando sobre os “Romeiros do alén”. A sesión vespertina dará comezo ás 17:00 horas coa conferencia “Transformación e desdobramento”, a cargo de José Luis Cardero López. A antropóloga Carmen Arnau proxectará dúas curtametraxes tituladas “Los Chorsos: un pueblo de la taiga de Siberia” e “Chamanismo siberiano: ritual de despedida del invierno”, para rematar cunha ponencia da autora sobre esta temática.

Estas I Xornadas sobre Antropoloxía terán como colofón unha visita guiada ao Parque Arqueolóxico de Tourón, en Ponte Caldelas, guiada por Buenaventura Aparicio.

Publicado por: MontePituco | 31/10/2016

MONTES DE PONTEVEDRA: CUSTODIA DO TERRITORIO

dsc_1870

A Mancomunidade de Montes de Pontevedra vén de organizar unha segunda edición das Xornadas de Custodia do Territorio percorrendo unha parte do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Para iso, contou coa colaboración da Fundación Biodiversidade, co apoio da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra e co patrocinio de Decathlon España. Nesta ocasión, foron os integrantes da Asociación Pedaladas os que puideron gozar dunha experiencia en contacto coa natureza para dar a coñecer o labor dunha das comunidades de montes máis activas de Pontevedra: a Comunidade de Montes de Salcedo. O seu presidente, Fernando Pintos, e outros membros da directiva, foron os anfitrións dun roteiro que percorreu algúns puntos máis significativos do cambio que experimentou este monte comunal.  

dsc_1873

Fernando Pintos explicou cal é a nova relación coa Brilat dende que os tribunais lle devolveu á veciñanza de Salcedo a propiedade dos terreos que ocupa a base militar. Dende entón, a Comunidade de Montes vén destinando o aluguer que recibe do Ministerio de Defensa a recuperar os terreos que resultaran degradados coas manobras de adestramento, a construcción da aldea afgá ou do campo de tiro, entre outras agresións. Plantación de castiñeiros e outras árbores autóctonas, eliminación de especies invasoras, apertura de novos sendeiros, recuperación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico e etnográfico…

Petroglifos do Campo de Tiro

dsc_1876

Aspecto actual do antigo campo de tiro da Brilat. O actual campo de tiro trasladouse a unha parte superior do monte, alonxada das vivendas.

dsc_1877

dsc_1878

Parada a caron da Fonte da Prata

A Comunidade de Montes de Salcedo está poñendo un empeño especial na erradicación de especies invasoras, principalmente das acacias, unha praga que ocupaba unha extensa superficie. Na súa eliminación está traballando unha empresa que utiliza produtos químicos para ir secando as plantas.

dsc_1883

Fernando Pintos anunciou que o próximo 1 de decembro celebrarase unha visita nocturna ao conxunto rupestre de Chan das Mouras, guiada polo arqueólogo e divulgador Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos. O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo tamén precisou que se vai proceder á limpeza do xacemento nos días previos a esta actividade, para o que se recorrerá a medios manuais.

Integrantes de Pedaladas aproveitaron unha parte do percorrido para realizar unha acción simbólica de extracción de acacias e de especies invasoras nunha superficie reforestada con piñeiros.

dsc_1887

“En agradecemento a todas as persoas que se manifestaron en defensa deste monte comunal”

É o lema do monumento  instalado este verán pola Comunidade de Montes de Salcedo no lugar que antes ocupaba a aldea afgá construída pola Brilat. Nesa acción resultara arrasada a mámoa de Louredo. 

dsc_1889

Tempo de fungos no monte de Salcedo

dsc_1890

Flora do Monte de Salcedo e charca de xuncos nos Pozos Doces

dsc_1896

Flora no regato das Frailes

dsc_1897

Neste terreo estaban construídas as edificacións onde os militares adestraban combate en poboación. A Brilat desmantelou o campamento urbán.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías