Publicado por: MontePituco | 23/11/2016

PENA POLOS COVARDES

20161123_082724

Non quixeramos ter que incorporar nunca esta imaxe tan deplorable ao xa abultado álbum de FOTODENUNCIAS que se acumulan nesta bitácora pero, como se soe dicir, “era visto”.

O panel informativo do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños no acceso dende a pista do Monte Pornedo (Pituco) foi agredido, arrincando a lámina adhesiva coa información xeográfica, patrimonial e paisaxística da zona.

Xa con anterioridade sufrira algúns ataques leves, do mesmo estilo, tratando de levantar -con máis ben pouco éxito- a serigrafía que recobre o panel metálico. Os túzaros deron en pensar que o temporal de auga e vento dos últimos días abrandarían a superficie, facilitándolles a desfeita. E conseguírono…

Bravo, campións! Campións da IGNORANCIA, campións da BRUTALIDADE, campións da ESTULTICIA.

Sodes o noso estímulo; cando vós orneades, nós cabalgamos. Cando vós trousades odio contra o patrimonio e o ben común, nós collemos folgos para seguir berrando contra o polígono industrial proxectado no Pornedo.

Mentres vós tramades algunha das vosas ruindades, nós seguimos dando pasos adiante na promoción da riqueza histórica, cultural e natural do ‘balcón da ría’ e da súa contorna.

Non sentimos pena dun dano que se repara cun puñado de euros; sentimos pena de vós, panda de ‘mataos’ e covardes.

DETRITO social.

VERGOÑA.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: