Publicado por: MontePituco | 01/11/2016

ARTE RUPESTRE NAS I XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA

cartaz-antropologia-i

A Casa da Luz, en Pontevedra, acollerá do 2 ao 6 de novembro as I Xornadas sobre Antropoloxía, co lema “Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns”. Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) coa colaboración do Concello de Pontevedra, o programa combinará conferencias, mesas de debate, proxeccións audiovisuais e unha visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón guiada polo antropólogo Buenaventura Aparicio Casado.

Todas estas actividades -con entrada libre e de balde- desenvolveranse do venres 4 ao domingo 6 e irán precedidas, do 2 ao 4 de novembro, por dúas sesións de cine etnográfico, a partir das 19:00 horas. Así, a primeira película, titulada “Em companhia da morte”, complementarase cun coloquio cos artífices deste documental, Eduardo Maragoto e João Aveleno. No seguinte filme, “Terra das marabillas”, tamén participará o co-director do traballo audiovisual, Rafael Quintía.

En canto ás conferencias, o venres día 4 a partir das 18:30 horas haberá dúas sesións: “Mouros, ánimas, demos e encantos nos grimorios e ciprianillos”, impartida por Félix Castro. Seguiralle Buenaventura Aparicio cunha charla sobre “Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros”.

As xornadas continuarán o sábado 5 en horario de mañá e de tarde. Ás 10:15 horas presentarase o proxecto audiovisual “Palabras secretas”, dirixido por Ana Lois. Carlos Víctor Rodríguez será o seguinte participante, coa ponencia “Chamáns, cantores e rezadores entre os Tarahumara” e finalizará Marcial Gondar falando sobre os “Romeiros do alén”. A sesión vespertina dará comezo ás 17:00 horas coa conferencia “Transformación e desdobramento”, a cargo de José Luis Cardero López. A antropóloga Carmen Arnau proxectará dúas curtametraxes tituladas “Los Chorsos: un pueblo de la taiga de Siberia” e “Chamanismo siberiano: ritual de despedida del invierno”, para rematar cunha ponencia da autora sobre esta temática.

Estas I Xornadas sobre Antropoloxía terán como colofón unha visita guiada ao Parque Arqueolóxico de Tourón, en Ponte Caldelas, guiada por Buenaventura Aparicio.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: