Publicado por: MontePituco | 19/12/2016

MARABILLAS NA CASA

Participamos na II Andaina ‘Marabillas na casa’, no marco da VIII San Silvestre – Subida a Castro, organiza pola Asociación de Veciños Serraseca, coa contribución de José Francisco Gil Dopazo coordinando a sinalización do itinerario da ruta. 

Con saída dende o Alto de Castro, visitamos o Monte Teixugueiras, situado na parte alta da praia de Mogor; chegamos ao Castro da Subidá, dende onde volvemos admirar o Monte Pituco situado xusto en fronte do poboado castrexo; e percorremos o Monte Penizas, dende onde tamén puidemos gozar de excelentes vistas, antes de retornar a Castro atravesando sendeiros entre veigas e bosques na zona de Currás. 

Aínda que fomos sempre os pechacancelas do grupo -agardamos que isto non amolase nin fose motivo de inquedanza para os promotores do roteiro- pola nosa teima en camiñar de vagar, fotografando as ‘marabillas’ e os recunchos que nos parecían interesantes, as plantas e os cogumelos do lugar, ou as paisaxes tanto da ría como do rural, cómpre felicitar a organización por esta iniciativa: por combinar deporte e cultura, por contribuír á cohesión da veciñanza nunha xornada de confraternidade na que non faltaron os callos nin as tortillas cos que os esforzados corredores e os trotadores de camiños puideron repoñer enerxías.

Monte Teixugueiras

Monte Teixugueiras

Vista desde Monte Teixugueiras.

Vista de Mogor dende Monte Teixugueiras

Lavadoiro a carón do Monte Teixugueiras

Lavadoiro do Souto, a carón do Monte Teixugueiras

No Castro da Subidá

Gravado -de orixe hipoteticamente medieval- preto do castro da Subidá

No Castro da Subidá

Gravado de José Meijón na croa do castro da Subidá

dsc_2368

Posible entrada ao castro da Subidá

dsc_2370

dsc_2369

Vista de Mogor dende o castro da Subidá

dsc_2371

Dende o Castro da Subidá puidemos gozar, por enésima vez, das vistas do Monte Pituco (Pornedo), situado xusto diante desde enclave prehistórico.

Vista do Pornedo dende o castro da Subidá.

…E tamén dende o Monte Penizas!

dsc_2380

dsc_2376

dsc_2382

Vista do Monte Pituco, ao fondo, dende Penizas

20161218_123352

Vista de Pardavila, San Xulián e, ao fondo, o Monte Pituco (Pornedo)

En Penizas visitamos un petroglifo catalogado que, por desgraza, está nunha situación de total abandono, rodeado de vexetación seca, especies pirófitas e cun toro de piñeiro caído enriba da propia laxe. Así ‘mantén’ o Concello de Marín o seu patrimonio arqueolóxico. O patrimonio arqueolóxico que sae do ‘politicamente aceptado’: castro da Subidá e petroglifos de Mogor. Para as concellerías de Cultura e de Turismo, o demais ‘non existe’…

dsc_2385

dsc_2387

Nesta planicie, situada en Penizas, hai catalogado un xacemento do Calcolítico.

dsc_2388

dsc_2390

20161218_130750

dsc_2391

dsc_2393

dsc_2395

Vistas dende Penizas, co arquipélago de Ons no horizonte

dsc_2396

Antigas trincheiras para adestramento militar

E despois dun atallo a través de camiños e corredoiras no lugar de Currás, retornamos ao Alto de Castro, ao pé do acceso a unha vivenda centenaria, cun magnífico portal de madeira e cunha preciosa armela forxada… Que cousas bonitas se facían antano.

Abofé, unha ‘marabilla na casa’!

dsc_2402

DSC_2403.JPG

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: