Publicado por: MontePituco | 20/12/2016

MÁIS AGRESIÓNS AOS PANEIS INFORMATIVOS DE SETE CAMIÑOS

dsc_2405

…Vén, caramba! Quédache este, no alto do Pornedo! Está intacto, dende a súa inauguración en xuño de 2015. A que estás agardando para escarallalo tamén, como os demais paneis informativos? Que che impide chantarlle enriba as túas gadoupas cheas de carraxe? Seica tes que mover o cu de máis para chegar onda el, que non che queda ao pé da pista? Tes medo de que o miñato se che bote enriba? Claro… vai ser que non sabes da súa existencia. 

Porque non coñecedes esta parroquia! Porque es un/unha auténtic@ ignorante! Porque es impermeables á cultura, á educación, ao civismo! Porque es tan renegad@ que nin sequera caes na conta de que isto que tanto te esforzaches en destrozar pagouse cos teus cartos… Si, cos cartos de tod@s os comuneir@s, incluídos os teus, tendo en conta que a Comunidade de Montes de San Xulián co-financiou o proxecto! Probablemente ti mesm@ sexas -para vergoña de San Xulián- veciñ@ noso, que mágoa…

Es tan incompetente para expoñer publicamente os teus argumentos (se os tiveras) contra as ‘tajeas’ de formigón instaladas pola Comunidade de Montes no acceso da pista forestal do Pituco, que tes que tomala co primeiro que atopas diante. Coma unha criaturiña enrabechada!  

Va por deus… o que che cadrou máis á man foron os sinais do roteiro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Primeiro deixaches as unllas arrincando a lámina adhesiva do panel principal, na entrada da pista. Traballiño che debeu custar! Pero non tiveches bastante e continuaches a túa teima destrutiva co panel que sinalizaba os petroglifos de Sete Camiños.

Por desgraza, xa antes de que ti deras en ciscarte na Comunidade de Montes e nas súas ‘tajeas’ (que culpa terán os paneis do Espazo Sete Camiños!), alguén xa se che adiantara tempo atrás agredindo o panel a carón dos petroglifos de Pinal de Caeiro. Daquela estábase acometendo a rede de abastecemento de auga de Acuaes e a Dirección Xeral de Patrimonio en Pontevedra deulle un ‘toque’ á empresa adxudicataria das obras para que corrixise algúns aspectos relacionados coa protección dese fantástico gravado rupestre, coñecido como ‘O ciclista’.

Roubaron postes e racharon vinilos explicativos, pero o que NUNCA conseguirán será que mingüen as nosas ansias pola promoción do Espazo Sete Camiños. Seguiremos porfiando diante da Comunidade de Montes, do Concello, da Deputación e da Xunta na defensa do Monte Pituco e da súa riqueza patrimonial, da súa calidade natural e do seu valor paisaxístico. Manteremos incombustible a nosa reivindicación para que se recuperen os elementos do Espazo pendentes de sinalización na parte que enlaza co Lago de Castiñeiras a través dos conxuntos rupestres da Carrasca e de Champás. 

Faremos da necesidade, virtude. Viraremos as adversidades en positivismo. Fican agora en branco os soportes metálicos, si… pero que boa oportunidade para perfeccionar o deseño e os contidos dos paneis, corrixindo incorreccións e datos inexactos, dándolle un cariz máis local á información que recollan e destacando os elementos propios da parroquia de San Xulián.

Así que, ao autor/a da desfeita… grazas, COVARDE!

dsc_2404

Panel informativo en decembro de 2016

Panel informativo nos petroglifos de Sete Camiños.

Panel de Sete Camiños en xuño de 2015

Panel de acceso ao Espazo Sete Camiños na entrada do Pituco (Pornedo).

Panel informativo do Espazo Sete Camiños en xuño de 2015

20161123_082724

Panel agredido en novembro de 2016

 

 


Respostas

  1. […] panel agredido por mans cobartes e mentes impermeables ao coñecemento e ao civismo, do que só queda a chapa […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: