Publicado por: MontePituco | 03/02/2015

ANDAINA POR CASTIÑEIRAS

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

A Plataforma Montes do Morrazo organizou unha andaina por Castiñeiras -cun elevado nivel de asistencia- para reivindicar a protección deste espazo. Actualmente está en vigor un convenio entre as comunidades de montes de San Xulián, Santo Tomé de Piñeiro, Vilaboa e Santa Cristina, coa Xunta de Galicia para o seu mantemento, que é practicamente nulo. Para intentar mudar esa situación e garantir a conservación da lagoa e da súa contorna -que conta con máis de 40 especies de árbores de varios continentes, entre as que destacan os carballos, bidueiros e castiñeiros autóctonos- as comunidades de montes constituíron unha Fundación que se presentará oficialmente en próximas datas.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

O primeiro punto de interese que visitamos, con Cándido Martínez como guía da expedición, foron as brañas de Castiñeiras, que constitúen un hábitat natural prioritario a nivel europeo de turbeiras ácidas altas. Logo de atravesar a pé unha parte do parque de natureza, que en conxunto ocupa unhas 80 hectáreas a unha altitude de 400 metros sobre o nivel do mar, atopamos o nacemento do rego de Castiñeiras. Este espazo, de pouco máis de 1 hectárea, xunto coa lagoa, forman parte do Inventario de Zonas Húmidas de Galicia.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

[Ouca ou herba da prata]

Entre a flora destacada da braña atópase a ouca, tamén chamada herba da prata; e os esfaños, un tipo de brións con capacidade para gardar ata 30 veces o seu peso en auga. Tamén abundan os liques, bioindicadores da boa calidade do aire. Moitos destes liques atoparémolos nas pólas dos bidueiros, unha especie arbórea típica deste tipo de zonas húmidas, que tamén se adapta en chans degradados.

En canto á fauna, unha das especies máis salientables é a píntega rabilonga, un endemismo do noroeste ibérico, que habita preto de augas limpas. Tamén a ra patilonga, outro endemismo do centro-norte ibérico a nivel mundial. Ambos actúan tamén como sinal da boa calidade do medio acuático.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

En Chan de Castiñeiras existen seis mámoas funerarias da era megalítica (arredor de 5.000 anos de antigüidade): unha delas -a Mámoa do Rei- está catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC) por conter gravados rupestres con forma de zig-zag nalgún ortostato do seu dólmen, que ten cámara poligonal e corredor.

Outra, máis pequena e achanzada, contén un dolmen cunha singular tipoloxía de cista trapezoidal, vestixio dun enterramento individual.

A maioría destas mámoas foron expoliadas no pasado na procura de tesouros. Na actualidade, a mámoa do Rei é a mellor conservada grazas a unhas obras de recuperación arqueolóxica realizadas a principios da década pasada.

Na contorna da lagoa existe outra mámoa, a de Pedralonga, catalogada tamén como BIC por posuír gravados rupestres no seu interior e terse documentado a presenza de pinturas ocres. Desgrazadamente, o dolmen foi destrozado nas obras de construción dun vial asfaltado que a Deputación trazou ao seu carón, ignorando o dano a este vestixio.

Estes restos arqueolóxicos forman parte do proxecto de posta en valor ambiental e cultural da Ruta das Mámoas do Morrrazo que, coa colaboración de varias comunidades de montes do Morrazo, a Fundación Comarcal, as Consellerías de Medio ambiente, de Medio Rural e de Cultura, e con financiación con fondos PRODER de Europa, leva paralizado dende o ano 2008.

Tamén cómpre lembrar que, non no ámbito da lagoa de Castiñeiras, senón na parroquia marinense de Santa María do Campo, outro elemento prehistórico que destaca negativamente polo descoido na súa conservación, a súa descontextualización e o desprezo ao que é sometido polas Administracións públicas é a Pedrafita de Currás.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

[Cista de Castiñeiras]

Nunha das ladeiras de Castiñeiras, cara a terreos de Vilaboa, atopamos unha ampla arboreda -moi coidada!- de castiñeiros. A zona foi repoboada pola Comunidade de Montes de Vilaboa, co obxectivo de obter proveito da produción de castañas e de cogomelos. Un espazo fabuloso polo que camiñar!

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Atravesando antigas corredoiras, avanzamos en paralelo ao rego da Cova e o rego das Veigas, cos seus bosques aluviais e carballeiras. Estes regatos son afluentes do Trasmil, que a súa vez desemboca no lugar das Salinas de Ulló, dentro da Zona de Especial Conservación do Espazo Natural Protexido do LIC da Enseada de San Simón.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

[Cogomelo da risa no toro dun eucalipto]

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

[Cortiza de sobreira]

As sobreiras de As Cavadas -entre os lugares de A Graña e de Postemirón, en Vilaboa- representan unha das mellores agrupacións arbóreas desta especie na bisbarra do Morrazo; exemplo da influencia de clima mediterráneo na península e nas Rías Baixas. A sobreira, de folla perenne e esclerófila, cortiza grosa e landra de froito, xunto con outras especies de plantas do ámbito, mestúrase coa carballeira termófila e caducifolia en zonas que, como esta, sonlle máis propicias. É unha combinación característica do hábitat de interese comunitario das carballeiras galaico-portuguesas.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

[Corte no toro da sobreira para o aproveitamento da cortiza (corcho)]

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

A aldea d’A Graña, a uns 350 metros sobre o nivel do mar, é un dos núcleos rurais ubicados a maior altura e mellor conservados da península do Morrazo, cun importante valor civil, etnográfico e agropecuario.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

De volta no parque que rodea a lagoa, puidemos observar a presenza dun fungo, o Piptoporus betulinus, que está causando moitos estragos no bosque de bidueiros. No marco das actuacións previstas pola nova Fundación do Lago de Castiñeiras contémplase a tala das especies afectadas por esta enfermidade: non só por unha cuestión de sanidade botánica, senón tamén de seguridade para os usuarios deste espazo natural.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, as principais ameazas de Castiñeiras e da súa contorna son a falta de actividades e mantemento do parque da natureza e a paralización da posta en valor das mámoas. Tamén son preocupantes os efectos dos monocultivos forestais, a eucaliptización e as cortas de arborado autóctono. Por riba, a zona está afectada pola localización da área de desenvolvemento eólico do Morrazo, polo que urxe dotar este espado dunha dunha figura de protección ambiental que vaia máis aló da simple protección rústica e o inventariado existente na actualidade.

Andaina por Castiñeiras con Plataforma Montes do Morrazo.

Respostas

  1. […] Mámoa do Rei, no artigo “Andaina por Castiñeiras“ […]

  2. […] Mámoa do Rei: ver artigo “Andaina por Castiñeiras” […]

  3. […] visita do alumnado completouse na ruta das mámoas de Castiñeiras, con parada na Mámoa do Rei e nas cistas situadas nos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: