Publicado por: MontePituco | 14/02/2017

O PITUCO, NO CATÁLOGO DE NODOSA

Catálogo de Nodosa, cunha foto na que se visualiza o Monte Pituco.

Hoxe produciuse a botadura dun barco palangreiro nas instalacións do astaleiro Nodosa, no porto de Marín. Os armadores do buque, oriundos das Malvinas, desprazáronse dende o arquipélago para asistir a este acontecemento. Autoridades, invitados, música de gaiteiros e gran despregue de imaxe corporativa a través de catálogos. 

E que sorpresa ao descubrir que unha fotografía do asteleiro marinense co Monte Pituco ao fondo é a cabeceira da súa carta de presentación na mesma portada da publicación, dispoñible tanto en castelán como en inglés. 

Para quen dubide da atribución do Monte Pituco como ‘balcón da ría’.

Para quen cuestione o impacto visual irreversible que tería a construcción dun polígono industrial neste emprazamento.

Para quen fixo ou fai alardes de prepotencia e desprezo propoñendo a desafectación do Monte Pituco do ámbito do Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

Para quen non lle quere á paisaxe, nin á natureza, nin ao patrimonio, nin ao mesmísimo pobo de Marín.

Catálogo de Nodosa, cunha foto na que se visualiza o Monte Pituco.

Botadura do CFL Hunter en Nodosa.

Publicado por: MontePituco | 13/02/2017

ACCIDENTE NA VARIANTE

Diario, 13 febreiro 2017

Una aparatosa salida de vía de un turismo en la Variante de Marín se salda con heridos leves

Publicado por: MontePituco | 13/02/2017

RUTA POLA PROTECCIÓN DOS MONTES DE ALDÁN

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos montes da parroquia de Aldán, dentro de solo rústico de especial protección forestal, de augas e patrimonial, no concello de Cangas.

Seguindo a senda dos muíños do rego Orxas e do GR-59 da Ecorrota do Morrazo, a andaina comezou na Finca do Frendoal e transcorreu polos lugares de A Lagarteira, As Abelaires, Ameán, Outeiro Agudo, Mesa de Montes, A Fentiña, Lagos de Baxín e Erbello, para rematar na alameda de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Finca do Frendoal, popularmente coñecida como “bosque encantado”, que conta cunha interesante arboreda onde destaca a presenza de exemplares de castiñeiros, loureiros e da especie de carballo euroasiático Quercus cerris, de grande envergadura. Acolle tamén no seu perímetro a área de ribeira do rego Orxas, camiño da súa embocadura na enseada de Aldán. Este terreo que formou parte do couto do antigo condado de Aldán, atesoura a representación, a pequena escala, dun castelo construido a mediados do século pasado, máis un acueduto de tipoloxía medieval, tamén coñecido como Arco da Condesa.

DSC_2412.JPG

Ponte de arco de medio punto sobre o rego Orxas, de orixe medieval

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

O rego Orxas nace entre a serra da Madalena e o monte Borrallido. É a principal conca fluvial que atravesa a parroquia de Aldán. Conta cun importante bosque de ribeira de ameneiros, salgueiros, bidueiros e carballos, ademais de numerosos lavadoiros, pontellas e muíños hidráulicos.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

O petróglifo de Outeiro de Río Loureiro, clasificado como Ben de Interese Cultural (BIC) de Galicia, está adscrito na Idade do Bronce. Sitúase nunha paraxe de gran beleza, no extremo dunha corredoira empedrada, fronte á zona agrícola da beira do rego do Fial. Este petróglifo contén unha importante variedade tipolóxica de gravados rupestres -coviñas, circos concéntricos e pseudolabirintos- e onde sobresaen pola súa rareza os gravados dun suposto guerreiro e unha cabana.

DSC_2424.JPG

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

O val do rego Orxas, entre os núcleos rurais de Erbello, Piñeiro e Gandón e ao pé da serra da Madalena, é un conxunto de veigas de cultivo e áreas de bosque de ribeira que pola súa extensión é de grande importancia natural, cultural, socioeconómica e etnográfica.

dsc_2431

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

O petróglifo das Abelaires, BIC da Idade do Bronce, está ao pé do monte do castro do Monte Liboreiro. Conta cunha gran presenza de gravados rupestres en relevo de circos concéntricos, coviñas e apéndices.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Outeiro Agudo, tamén coñecido como Monte Vixía ou Monte da Garita pola existencia dunha antiga caseta de pedra de vixianza, e Mesa de Montes, situada nunha estratéxica penechaira, con vestixios arqueolóxicos da Idade do Bronce -o petróglifo con gravados rupestres a maior altitude do concello cangués- no primeiro, e un asentamento do Calcolítico e Bronce Inicial no segundo, en zona rochosa e monte baixo, conforman dous dos curutos máis sobranceiros da Serra da Madalena. Sobrepasan os 300 metros sobre o nivel do mar, e serven de límite dos montes das parroquias de Aldán a Darbo. Conformando a serra un verdadeiro monumento paisaxístico, natural e xeolóxico que fai a función de conexión ecolóxica entre os Montes do Morrazo e o Carballal de Coiro co final da península morracense nos Montes do Hio, con hábitats e fauna e flora de interese comunitario. Desde estes dous altos pódese gozar dunhas extraordinarias vistas panorámicas das rías de Vigo e Pontevedra, da enseada de Aldán cos espazos naturais protexidos da Rede Natura da Costa da Vela e de Cabo Udra, do Parque Nacional Marítimo Terrrestre das Illas Atlánticas e por extensión do conxunto das Rías Baixas.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

DSC_2443.JPG

dsc_2444

dsc_2445

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

As principais afeccións para os montes da parroquia de Aldán nas últimas décadas foron os monocultivos forestais, a eucaliptización, a falta de silvicultura, as verteduras incontroladas de terras e entullos de obra, o espallamento de acacias e outras especies de flora invasora, o abandono e falta de posta en valor do patrimonio cultural e arqueolóxico, a construción do corredor de alta capacidade, a construción da planta de tratamento de RSU e do punto limpo do Morrazo, a construción por parte da empresa Geriatros dun xeriátrico e a extracción mineira da empresa Granitos Aldán.

Os proxectos que ameazan o futuro deste territorio son, por unha banda, a ampliación de carácter supramunicipal do parque empresarial de Bueu cara a Aldán, no denominado Parque Empresarial do Morrazo (PEIM), contemplado pola Xunta dentro do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG). Por outra banda, a especulación urbanística que persiste nas poxas polos terreos adquiridos na década pasada pola promotora Promalar -na actualidade en fase de liquidación- á viuva do antigo condado de Aldán. Terreos que na actualidade son a causa dun litixio xudicial entre a promotora, Geriatros e outras sociedades e heredeiras do antigo condado e unha xestora veciñal que reclama os montes como comunais. Esta promotora baixo “convenio” pretendía recualificar ao redor de 254 Has. de solo rústico de especial protección entre as zonas de Menduiña, Varalonga e a Serra da Madalena, para a construción de varios milleiros de vivendas, un cemiterio privado e cualificar o espazo natural da serra da Madalena como “zona verde”. Este proxecto foi paralizado finalmente pola retirada da aprobación inicial do PXOM de Cangas no ano 2005.

A Plataforma solicitoulle á Xunta en marzo do 2012 a retirada da ampliación do parque empresarial de Bueu proxectada a través do PEIM no PSOAEG. Nese mesmo mes solicitoulle tamén á Xunta de Galiza que a Serra da Madalena,Monte Borrallido e Montes de Varalonga –onde están integrados a maioría dos montes da parroquia de Aldán-, como corredor ecolóxico, figuraran como espazos ampliables na solicitude de ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que, a nome de Montes e Carballeiras do Morrazo, acollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo e o Carballal de Coiro.

En agosto de 2015 a Plataforma solicitoulle así mesmo ao Concello de Cangas a catalogación de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) para a Serra da Madalena. En abril de 2016 solicitoulle á Xunta de Galiza a clasificación de Ámbito de Especial Atención Paisaxística (AEAP) para a contorna de Mesa de Montes dentro do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

[Texto de Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo]

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Ruta pola protección dos montes de Aldán.

Publicado por: MontePituco | 12/02/2017

AS MOCIÓNS SOBRE PATRIMONIO, NO DIARIO

Diario, 11 febreiro 2017

Un estudio permitirá mejorar la señalización y limpieza del patrimonio

Publicado por: MontePituco | 11/02/2017

SALVEMOS O CASTRO DE MONTEALEGRE

Por fin, despois de moitas xestións por parte da Plataforma Salvemos o Castro de Montealegre coa Dirección Xeral de Infraestruturas, este organismo autorizou a visita guiada ao poboado castrexo. Aquela que non se puido facer o pasado 22 de xaneiro, con motivo da primeira marcha porque, a tres días da mobilización, os responsables do desdobramento do Corredor do Morrazo decidiron que esa forma de protesta non lles conviña.

E non foi doado. As condicións que Infraestruturas poñía para autorizar a visita eran surrealistas: que non se podía acceder ao recinto da obra, que toda a zona do castro estaba valada e que calquera incidente por caída, golpe ou derrumbe de muro ou talude era responsabilidade dos asistentes á visita porque a dirección de obra non se facía responsable. Para iso podían ter aforrado todo este tempo mareando os voceiros da Plataforma porque todos eses impedimentos non tiñan outro obxectivo que facer desistir a organización. 

Vivimos tempos para a resistencia.

…Aí está unha das claves para seguir loitando contra esta nova agresión ao castro de Montealegre por parte da Xunta: non perder o alento, seguir poñendo en evidencia o incomprensible papel do Goberno autonómico e dos seus organismos -Axencia Galega de Infraestruturas e Dirección Xeral de Patrimonio- como responsables desta aberración contra un dos poboados castrexos máis valiosos da provincia e do territorio galego, procurar unha implicación aínda maior por parte do concello de Moaña e doutros municipios do Morrazo a prol da negociación de alternativas ao trazado actual das obras, formar unha fronte con todas as entidades posibles -arqueólogos, Consello da Cultura Galega, Asociación para Defensa do Patrimonio Cultural Galego…- e procurar todo tipo de informes técnicos que avalen a importancia deste xacemento, e por suposto, emprender accións legais parar tratar de evitar pola vía xurídica que as máquinas arrasen este castro…

Porque o mundo sería un lugar moito menos ‘habitable’ sen o reducido e irreductible puñado de ‘tol@s’ que defendemos a nosa terra das infraestruturas pensadas para destruír máis do que constrúen, para aniquilar a nosa identidade e o milenario legado histórico ao que temos dereito os galeg@s, porque non todo vale en aras duns cartos que compran vontades e enchen petos.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña.

As barreiras que o pasado mes de xaneiro se pecharon para os defensores do castro de Montealegre, abríronse por fin para deixar paso ao coñecemento, á divulgación, ao sentido común.

Un monte… con portas? A Comunidade de Montes non participou na visita. Igual por aquilo de que ollos que non ven, corazón que non sente.

Visita guiada ao castro de Montealegre

En vez de deseñar un trazado que minimizase a afección ao castro, a Axencia Galega de Infraestruturas apostou por desprazar cara ao sur o desdobramento do Corredor do Morrazo. Máis barato, tal vez. Pero menos respectuoso co patrimonio. A carón do túnel actual obsérvase un pedazo de excavación que desvelou a existencia dun ‘cuncheiro’: caracolas e cunchas de ostras na terra, en medio do monte! Unha evidencia inequívoca de que os habitantes deste castro -calcúlase que a poboación podería chegar aos 300 individuos- vivían da pesca e do marisqueo hai milleiros de anos. O estreito de Rande xa era daquela unha localización estratéxica.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Unhas 150 persoas acudiron á chamada da Plataforma Salvemos o Castro de Montealegre. Houbo que facer ata tres quendas para facilitar o acceso ao xacemento. A decisión de Infraestruturas de autorizar a visita un sábado pola mañá restou afluencia -por cuestións fundamentalmente laborais- aos preto de 250 interesados que se inscribiran previamente. A Administración sempre ten ‘o as para matar o tres’. O arqueólogo Alexandre Paz Camaño foi un excelente guía desta expedición e as súas explicacións -con apoio visual e bibliográfico a través dun dossier de fotos e do libro “O castro de Montealegre“, de Roberto Aboal e Virginia Castro, editado por Toxosoutos- foron moi didácticas e clarificadoras da gravidade da situación.

A vexetación autóctona do castro, loureiros e sobreiras que -malia a presenza do eucalipto- manteñen a humidade da zona, dando lugar a unha abondosa presenza de liques.

dsc_2558

dsc_2557

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña.

O ‘cuncheiro’, afectado pola construcción dun túnel. A Plataforma defende como alternativa un trazado que discorra máis ao norte.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña.

Os restos de caracolas e cunchas de molusco atópanse a ras de terra. Este aporte de carbonato cálcico favoreceu que chegasen ata os nosos días pezas metálicas e mesmo  un corno de cervo cunha antigüidade de 2000 anos nun estado de conservación “excelente”, como explicou Alexandre Paz.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

O castro de Montealegre foi excavado en 1925 e 1926 polo intelectual galeguista Antón Losada Diéguez -casado coa propietaria do monte no que se atopa o poboado-. Daquela saíron á luz estruturas asociadas a vivendas e mesmo unha lareira.

Cerámica decorada, asas de xerras, agullas, anzós, fíbulas, brazaletes… miles de pezas de extraordinario valor foron atopados na excavación realizada en 2004 con motivo da construcción do Corredor. Xa daquela se lle causou ao castro un dano importante; agora, en vez de atender á importancia deste xacemento, a Xunta pretende darlle o ‘golpe de gracia’ e, por riba, ten o atrevemento de ‘vender’ esta actuación como a máis beneficiosa para a conservación do poboado. Os arqueólogos independentes non dan creto! Ninguén con dous dedos de fronte pode ‘tragar’ semellante invención.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Toda a visita transcorreu co ruído atronador dos martelos metálicos esgazando a pedra, dos guindastres movendo terra, dos camións circulando pola ladeira… A dimensión que pode acadar a transformación do terreo é espectacular.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Estamos diante dunha calzada empedrada que tería sido o acceso ao castro, onde posiblemente se terían instalado as estruturas dun ‘corpo de garda’ que controlase o tránsito de persoas e de mercadorías. Nesta zona localízanse os restos dunha muralla que veñen sendo os vestixios máis antigos documentados, de hai 2600 anos.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Na última parte da visita, Alexandre Paz guiou o público ata un afloramento granítico onde se catalogou unha combinación de coviñas. Este gravado rupestre está clasificado como Ben de Interse Cultural.

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Visita guiada ao castro de Montealegre, Moaña

Cómpre difundir, concienciar e sensibilizar a veciñanza, unir vontades. No ‘corazón’ do Morrazo temos un ben patrimonial que noutro país, con outra dimensión política e nun contexto social avanzado, sería motivo de orgullo, estaría posto en valor e actuaría como polo de desenvolvemento cultural, educativo, turístico e económico. No corazón do Morrazo temos un xacemento que complementa e conecta con outros poboados e outros elementos de orixe prehistórica; por que non, tamén co castro da Subidá e co ‘balcón da ría’ no Monte Pituco (Pornedo). 

Salvemos o Castro de Montealegre.

Protexe o ‘corazón’ do Morrazo.

Publicado por: MontePituco | 10/02/2017

CARTA ABERTA DE Á. ARIZAGA AO CONCELLO DE MARÍN

Dende a Asociación Monte Pituco queremos AGRADECER a Álvaro Arizaga a súa VALENTÍA pola publicación desta carta, o seu fondo COMPROMISO a prol da defensa do patrimonio no noso Concello en particular e a nivel galego en xeral, a súa COLABORACIÓN desinteresada ao longo do tempo con este modesto colectivo veciñal na loita contra o polígono industrial proxectado no PXOM afectando aos xacementos rupestres do Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, a súa PREOCUPACIÓN e RECEPTIVIDADE cada vez que hai oportunidade para tratar de mellorar a precaria situación na que se atopa o patrimonio marinense.

Lean a carta. Reflexionen. Tomen conciencia. Actúen urxentemente. Ogallá esta chamada de atención chegue aos responsables municipais, aos represenantes políticos, aos colectivos sociais, á veciñanza no seu conxunto. O patrimonio vai moito máis aló dunhas “pedras que non dan de comer”; é unha cuestión de identidade, de dignidade, de responsabilidade colectiva. E por se todo iso non fose abondo -que o é!-, está recollido pola Lei.

Faro, 10 febreiro 2017

A continuación, o texto íntegro da carta, publicado en PontevedraViva.com

Como profesor na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia fun convidado a tomar a palabra no pleno municipal de Marín, onte, día 8 de Febreiro de 2017. O asunto era unha moción urxente sobre a protección e conservación do patrimonio arqueolóxico de Marín. Pese á invitación, os grupos tiveron que decidir sobre a “urxencia” desa moción, sendo o resultado da votación negativo. Considerando que a miña intervención non era urxente, quedou para outra ocasión.

O problema é que teño o deber moral de comunicar canto antes esta información.

Precisamente, a moción pretendía acelerar a tramitación dos procedementos, impoñendo un máximo de 90 días para comezar as accións. Adiando de novo os prazos, voltamos a caer nos mesmos erros de toda a vida.

A urxencia no patrimonio cultural é moi grave e os riscos son inminentes.

Non é só o “descoido” na recente agresión no petróglifo inmediato á canteira de Champás. É que o ano pasado alguén colleu unha pedra para rañar con forza o surco do labirinto de Mogor, que é o mesmo que dicir a mostra de arte rupestre postpaleolítica máis famosa mundialmente de toda a Península Ibérica.

Sucede tamén que dende o ano pasado se desmorona, por fin, o dolmen da Chan de Castiñeiras 2, despois de vinte e pico anos de abandono trala agresión impune da Deputación de Pontevedra. E non cae de calquera maneira: dúas das lousas con gravados están chocando e erosionando precisamente na zona máis decorada.

Tamén o ano pasado alguén fixo unha tala forestal incontrolada no castro da Subidá, empregando maquinaria pesada, ampliando camiños, facendo remoción de terras, expoñendo material arqueolóxico… Unha desfeita sen permiso nin coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio.

Pese a isto, semella que non pasa nada. O Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico é urxente. Especialmente, porque o documento que debe cumprir esa función, o PXOM, non o fai en absoluto. O catálogo arqueolóxico do PXOM de Marín é o peor, con diferencia, entre tódolos plans urbanísticos recentes dos que os expertos temos referencia. Non só hai xacementos sen catalogar, outros catalogados a pesar de estar desaparecidos dende hai décadas, algúns mal identificados, todos eles mal localizados e insuficientemente protexidos.

O peor é que dende o punto de vista legal o PXOM vive nun perigoso limbo xurídico. O expediente é público, e nel se pode ler que a aprobación definitiva do documento está pendente dun “informe favorable condicionado” por parte da Consellería de Cultura. É dicir, Cultura dá o visto bo, sempre que se fagan unha serie de reformas no tratamento do patrimonio cultural. Cinco anos leva vixente, mais esas reformas nunca se fixeron. Iso explica que os petróglifos de Mogor sigan figurando como “solo urbano consolidado” e que boa parte do castro da Subidá figure como “solo rústico forestal”. Con toda seguridade, esta é a razón da agresión no castro do ano pasado, e de que esta pasase desapercibida. Lean o PXOM. Comproben as coordenadas e as fotografías.

Visiten os xacementos. Revisen as categorías do solo. Neste eido, o PXOM de Marín non só é pésimo: é ridículo.

A urxencia é máis grande aínda porque afecta tamén a outros tipos de patrimonio cultural.

Nada menos que os retablos barrocos da igrexa vella de Marín están infestados de termitas. Tamén hai carcoma, por suposto, pero a carcoma é máis “nobre”, vése ben, deixa buratos. A termita é ruin, é moito pior. Vai roendo o interior todo, deixa só a casca externa, non é visible a ollos pouco atentos. E un día, de repente, sen avisar, todo cae e se pulveriza, como caeu, o ano pasado, unha das columnas salomónicas do retablo leste. E, dende aquela, segue roendo. A termita, por certo, vive subterránea, e pode chegar a afectar ás vivendas próximas do casco vello, Rúa Real, Priorato, etc., se non o fixo aínda.

Non é por alarmar, pero a urxencia existe.

[Este artigo vai adicado á memoria e á familia de Xan Montenegro]

Asinado. Álvaro R. Arizaga Castro.

Faro, 10 febreiro 2017

 

Publicado por: MontePituco | 08/02/2017

CRÓNICA DE URXENCIA DO PLENO DE FEBREIRO

Petroglifo da Carrasca agredido

O PP de Marín no Pleno desta tarde-noite acaba de votar en contra dunha moción de urxencia da Marea que pretendía ampliar o contido doutra moción aprobada cinco minutos antes a instancias do Bng sobre a posta en marcha dun Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. Obriga a que os colectivos que denunciamos as últimas agresións aos xacementos do Pornedo e da Carrasca marchemos sen que se escoite a nosa voz a través da intervención dun profesional da arqueoloxía. E forza así a que estas aportacións positivas e complementarias a unha primeira moción simple de máis para a pésima situación na que se atopa o patrimonio arqueoloxico da nosa vila -si, señora concelleira de cultura, hai MOITO MÁIS patrimonio que os petroglifos de Mogor e o Castro da Subidá!- teña que seguir esperando pola dubidosa receptividade do Goberno Local. Non por máis decepcionante era menos agardada esta decisión.

Publicado por: MontePituco | 06/02/2017

NO PITUCO, TRALO PASO DAS BORRASCAS KURT E LEIV

Kurt e Leiv son os nomes das borrascas que nestes últimos días nos zarandearon con ventos por riba por 100 km/h (nos peores casos con rachas mesmo preto dos 200) que deixaron un calamitoso ronsel de desperfectos. No Monte Pituco os efectos do vento aprécianse nalgunhas árbores tumbadas no chan ou violentamente tronzadas. A forza da natureza é extraordinaria! Ao seu carón somos ‘mingurrias’ e mal facemos ignorando o seu poder cando pretendemos modificar artificialmente os cursos naturais da auga, cando recheamos o mar, cando movemos as terras ao noso antollo… O medio natural sempre nos dará no fuciño, merecidamente.

Efectos das borrascas Kurt e Leiv na Curxeira

20170205_170641

Varios eucaliptos apareceron tumbados, coas raíces ao aire, nos matos a carón das veigas da Curxeira, entre O Caeiro e A Bouza

Efectos das borrascas Kurt e Leiv na arboreda do Pituco

Na arboreda a carón do Monte Pituco algúns castiñeiros novos perderon a verticalidade

Efectos das borrascas Kurt e Leiv no Monte Pituco

A pista forestal do Pituco, sementada de pólas, follaxe e carepas dos eucaliptos… esa praga!

20170205_173615

No miradoiro do Pituco (Pornedo), a nubosidade segue sendo abundante e o vento, intenso

Efectos das borrascas Kurt e Leiv no Monte Pituco

Efectos das borrascas Kurt e Leiv no Monte Pituco

Algúns piñeiros menos, dobregados polo vendaval

Efectos das borrascas Kurt e Leiv no Monte Pituco

20170205_174545

Efectos das borrascas Kurt e Leiv no Monte Pituco

Efectos das borrascas Kurt e Leiv no Monte Pituco

Ata as acacias (outra praga máis!), tan aparentemente rexas, sucumbiron á forza do aire

Publicado por: MontePituco | 02/02/2017

DÍA DOS HUMIDAIS

Braña na zona entre Carrasca, Champás e Pornedo

Neste 2 de febreiro celébrase o Día dos Humidais.
No Monte Pituco non temos grandes superficies de braña, que si se atopan no ámbito que abrangue o Monte Pituco e o resto do monte comunal de San Xulián ata as zonas onde se atopan os xacementos rupestres da Carrasca e de Champás
…Pero no Monte Pituco si temos varios mananciais naturais no subsolo que abastecen as aldeas da Pena, do Caeiro, do Casal, da Laxe…
Non queremos que ningún polígono industrial veña ‘rebentar’ as entranas destas terras.
Non queremos que dinamiten un territorio habitado dende polo menos a Idade do Bronce e con numerosas mostras de arte rupestre que sobreviviron ao longo de milleiros de anos.
Non queremos que estraguen o ‘balcón da ría’ con ruídos e cheiros.
Non queremos que sementen de asfalto e formigón un val onde medra a matogueira. Queremos que o Monte Pituco siga pertencendo ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo e que sexa respectado como tal.

…No Monte Pituco, POLÍGONO NON…

20161211_165513

Esta é a agresión no grupo nº5 da Carrasca que foi denunciada pola Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, o Colectivo Ecoloxista Luita Verde e a Asociación Monte Pituco, e que deu pé á presentación dunha moción urxente por parte da concelleira do Bng Lucía Santos para instar o Concello de Marín a elaborar un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. 

Ao decidirse no pleno do pasado mes de xaneiro que esa moción urxente se tramitase pola vía ordinaria, a iniciativa tratouse na Comisión de Cultura celebrada esta mañá. 

O PP votou a favor da moción.

O PSOE reservou o seu voto ata o pleno do vindeiro 8 de febreiro, prevendo que o seu grupo presentará algunha enmenda que o edil socialista Iván Pastoriza non quixo concretar nesta xuntanza, anticipando que se detallaría na sesión da Corporación da próxima semana.

Marea Marín presentaba tres enmendas á moción do Bng: para que na elaboración do Plan se tivera en conta a participación de profesionais, persoas expertas na materia, colectivos implicados na defensa e na promoción do patrimonio arqueolóxico a nivel local, e mesmo as comunidades de montes; para que o documento que conformase ese hipotético Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico se sometese a un prazo de información pública; e para que se fixase un prazo de tres meses para a posta en marcha dese Plan.

A representante do Bng rexeitou as enmendas da Marea e instou a este grupo municipal a presentar unha moción no seguinte Pleno cos seus propios argumentos. 

Publicado por: MontePituco | 31/01/2017

PROPOSTAS PARA UN POSIBLE PLAN DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO

Celébrase este mércores a Comisión de Cultura na que se vai tratar a moción de urxencia presentada pola edil do Bng Lucía Santos a raíz da denuncia pública de catro colectivos -Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, Colectivo Ecoloxista Luita Verde e Asociación Monte Pituco- pola agresión a un dos petroglifos do conxunto rupestre da Carrasca, na parroquia de San Xulián, solicitando a concelleira nacionalista que o Concello poña en marcha un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico.

Dita moción que se expuxo no pleno deste mes de xaneiro non se chegou a debater porque os grupos municipais acordaron aparcala para tratala pola vía ordinaria, achegando cada un as súas propostas e consideracións.

Durante o tempo que a Asociación Monte Pituco vén actuando, foron unhas cantas as actividades e iniciativas propostas a distintos niveis reivindicando a importancia do patrimonio prehistórico en San Xulián, a parroquia marinense con maior densidade de xacementos arqueolóxicos: dende a nosa modesta participación na comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que se acabou materializando no verán de 2015; rutas de sendeirismo de carácter divulgativo organizadas en colaboración con varias entidades; xuntanzas a nivel institucional con representantes do Concello de Marín para alertar da precaria situación do patrimonio arqueolóxico no noso ámbito xeográfico e reclamar a inclusión do patrimonio cultural de San Xulián nas campañas de promoción turística a nivel municipal; deseño de propostas de actuación dirixidas á Comunidade de Montes de San Xulián para que se coidasen os xacementos catalogados e se enlazara o Espazo Sete Camiños co Lago de Castiñeiras; documentos dirixidos á Dirección Xeral de Patrimonio para que se atendesen situacións de risco para a conservación de xacementos vulnerables a potenciais agresións; e defensa pola vía xudicial dos conxuntos rupestres afectados na súa área de cautela polo polígono industrial proxectado no Monte Pituco son algunhas das accións máis destacadas.

No proceso de elaboración dun Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico debería terse en conta a achega, a aportación e o asesoramento de non poucas persoas -unhas con formación académica específica, outras que por afección e autoformación xa acumulan unha ampla experiencia nesta materia- para que ese documento se concrete nun prazo o máis curto posible e coas maiores garantías posibles de eficacia no cumprimento das funcións que se lle encomenden.

Este artigo é o resume dunha serie de observacións ‘de urxencia’ formuladas por persoas e profesionais que teñen colaborado activa e desinteresadamente coa Asociación Monte Pituco, como o arqueólogo Álvaro Arizaga, o naturalista e experto en patrimonio Paulo Troitiño, e o voceiro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e do Colectivo Ecoloxista Luita Verde, Cándido Martínez.

Precisamente, entre as xuntanzas celebradas con representantes do Goberno local, encabezadas pola alcaldesa María Ramallo, a que se produciu en maio de 2015 centrouse nas graves eivas que presenta o PXOM de Marín, aprobado en xuño de 2012: “Calquera profesional da arqueoloxía sentiría vergoña ao observar o catálogo do patrimonio arqueolóxico tal e como foi definitivamente aprobado”, chegou a afirmar Álvaro Arizaga, pola “completa falta de profesionalidade” coa que se realizou esa catalogación.

Empezando pola clasificación do Monte Pituco (ou Pornedo) como zona industrial urbanizable malia tratarse dunha “zona de especial concentración de xacementos arqueolóxicos”. Seguindo pola errónea localización dalgúns xacementos con coordenadas incorrectas -o caso do petroglifo de Pinal de Caeiro que o PXOM sitúa erroneamente no medio da Variante de Marín- que poderían ter garrafais consecuencias. Ou continuando pola identificación do xacemento cunha fotografía que non se corresponde co ben cultural catalogado, como no caso “especialmente lamentable”, segundo Arizaga, do conxunto rupestre do Pornedo, que o equipo redactor do Planeamento retrata dun gravado do século XX realizado por José Meijón.

Por tanto, se do que se trata é de “facer as cousas ben”, como ultimamente apela o presidente do Goberno de España a propósito dos erros cometidos na xestión do accidente do Yak-42, no proceso de elaborar un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico para o Concello de Marín cómpre comezar por realizar “de xeito urxente unha actualización arqueolóxica do PXOM, científica e profesional”, reclamaba moi razoablemente Álvaro Arizaga. Actuar tendo como base un PXOM plagado de clamorosas meteduras de pata sería unha perda de tempo, un engano á cidadanía e unha irresponsabilidade.

Cómpre remarcar, pois, a importancia de actualizar o catálogo de xacementos coa localización de cada elemento a través de coordenadas xeográficas precisas, acompañando eses datos técnicos con información e documentación cartográfica en formato dixital. Este material debería estar a disposición de entidades susceptibles de requerir a súa consulta -asociacións de veciños, comunidades de montes, etc- para o seu coñecemento. Deste xeito evitaríanse episodios lamentables como os acontecidos no Alto do Pornedo e mais no conxunto nº5 da Carrasca a causa dos traballos de roza e de desbroce para a conservación de camiños e pistas.

A partir de aí, abonda con observar a realidade que nos rodea para determinar outros posibles pasos a seguir:

A maioría dos conxuntos rupestres están en zonas nas que se realizaron repoboacións forestais de especies alóctonas (piñeiros e eucaliptos); unha situación que favorece a demoledora acción que terían os incendios forestais sobre os gravados: A Carrasca, Champás, Cadro, Os Pedrouzos, As Penizas, Pinal do Rei, O Briasco e outros moitos xacementos que se atopan ‘no monte e a monte’ están expostos á devastadora acción dos lumes porque a vexetación arbórea que os rodea é claramente pirófita.

É convinte establecer e aplicar medidas xerais de protección e de conservación mediante a limpeza da maleza e do arborado ao carón dos xacementos. A colocación dun sinxelo valado de madeira arredor de cada elemento, cun panel que recolla o topónimo do xacemento, unha somera explicación informativa e unha reprodución do calco do petróglifo para apreciar a súa dimensión cultural, é suficiente para cumprir co obxectivo da súa posta en valor.

Procede insistir en que non se requiren grandes investimentos en infraestruturas que o único que fan é encarecer os proxectos e favorecer o vandalismo. Unha actuación básica pasa por desbrozar coidadosamente arredor dos elementos protexidos e sinalalos.

Estas accións terían que contar co control técnico e co asesoramento de persoal especializado a disposición do Concello, ademais da implicación de Patrimonio da Xunta dando as directrices de como proceder de cara aos labores de novos desbroces e de mantemento posterior. De pouco serve habilitar áreas arqueolóxicas que, pasado o periodo inaugural, fican no esquecemento, abundando no seu deterioro ou, no peor dos casos, recibindo atención deficiente e a destempo.

A posta en valor, sinalización e mantemento periódico dos bens protexidos serviría para que os titulares da propiedade privada ou mancomunada onde se atopan tomen conciencia da responsabilidade que teñen entre mans e se impliquen na súa conservación e posta a punto de xeito periódico. “Estes labores, que deberían realizarse cunha periodicidade mínima de catro veces ao ano -unha por cada estación climatolóxica-”, segundo a recomendación de Cándido Martínez, “teñen que facerse con colaboración real e efectiva a nivel económico e técnico entre a Administración pública e os titulares da propiedade privada dos terreos onde adoitan situarse os elementos culturais, nomeadamente monte mancomunado. O voceiro da Plataforma Montes do Morrazo e do Colectivo Luita Verde tamén é partidario de que no marco deses labores de mantemento se inclúa a recuperación de antigas calzadas, corredoiras ou camiños de carro, sexan romanos, medievais ou modernos. En cando á inspección de campo por parte de persoal municipal especializado en patrimonio, recoméndase repetila cada mes.

Expertos no patrimonio histórico local e comarcal como Paulo Troitiño son partidarios de concederlle a categoría de “zona arqueolóxica” a determinados lugares con importantes elementos da arte rupestre, como A Carrasca, Champás ou O Pornedo, entre otros, pola singularidade das figuras representadas, por estaren situados en lugares de especial revelancia natural ou paisaxística, ou por teren asociados outros elementos que complementan ou enriquecen o seu valor.

Para Paulo Troitiño é “imprescindible” que se leve a cabo un labor de difusión axeitado co obxectivo de involucrar a veciñanza, as asociacións, as comunidades de montes e a sociedade en xeral na necesidade de comprender a relevancia cultural da arte rupestre e do patrimonio megalítico, da importancia de coñecelos e conservalos pola riqueza que supoñen dende o punto de vista identitario e mesmo como fonte ou motor de desenvolvemento turístico e económico.

Con esta finalidade, avógase pola organización de roteiros -en combinación con outros recursos culturais e naturais- para o coñecemento e a divulgación destes bens, acadando así unha mellor valoración por parte da cidadanía cara ao patrimonio.

Ata o de agora, as Concellarías de Cultura e de Turismo centraron a súa atención nunha mínima parte do patrimonio prehistórico do Concello -petroglifos de Mogor e castro da Subidá-, polo que un labor real de posta en valor e promoción require abrir o foco de atención a todo o catálogo de bens.

Para levar a cabo accións coma estas, apréciase a necesidade de que o Concello de Marín reforce o seu cadro de persoal coa dotación dunha praza ou varias prazas ocupadas por profesionais titulados en Arqueoloxía que a nivel municipal se poidan ocupar de tarefas de inspección e asesoramento en todo canto teña que ver coa protección dos bens catalogados, prestándolle atención a outros susceptibles de beneficiarse desa catalogación; un traballo que non só se realice dende un despacho senón, sobre todo, ao pé do terreo.

Froito dese traballo de campo, e das achegas dos expertos que coñecen o territorio, poden descubrirse novos elementos de orixe prehistórica que habería que incluír no catálogo patrimonial da Xunta e, por extensión, do Concello.

Entre as primeiras accións concretas que se poderían pór en marcha en materia de mellora do patrimonio arqueolóxico, Cándido Martínez cita:

-a conexión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños -a través dos conxuntos rupestres de Champás e da Carrasca- coa contorna do parque da natureza da lagoa e das mámoas de Castiñeiras.

-a conexión de Castiñeiras desde Pardavila a través do Castelo de Barbudo e dos petróglifos de Os Pedrouzos.

-a conexión desde Chan de Castiñeiras ata Chan de Arquiña por Outeiro de Ombra e Chan de Fontesca e Lagucheiros reactivando a Rota das Mámoas do Morrazo, que leva paralizada desde o ano 2008.

-a inclusión das mámoas de Pedralonga e de Chan de Gagán.

-a conexión dos petróglifos de Mogor cos das Teixugueiras, Penizas e a Pedrafita de Currás aproveitando a propia senda do Penizas. Por esta mesma pode enlazarse tamén -a través do igrexario de Ardán- a subida pola calzada ata o Outeiro das Teixugueiras-Castelo de Ardán-.

Tamén no eido do patrimonio civil e etnográfico se poden contemplar investimentos enfocados á creación de emprego local mediante obradoiros enfocados á recuperación ambiental do patrimonio civil e etnográfico asociado aos regos Lameira, Neibó-Loira e Gorgadas.

No caso da posta en valor de muíños, pontes, pontellas e outros elementos asociados a estes entornos fluviais, “non debería ser tan complicada xa que os elementos culturais soen estar ubicados dentro do dominio público hidráulico, mesmo da área de servidume”, precisa Cándido Martínez. Ao igual que co patrimonio arqueolóxico, as intervencións para a sinalización deben ter “o menor custe ambiental, social e cultural” posible e do seu mantemento pódense ocupar as brigadas de operarios municipais.

A promoción destes elementos de interese civil e etnográfico consistiría na creación de sendeiros de curto percorrido sinalizados. Nalgúns concellos estanse impulsando rutas marcadas a través de GPS, mais tendo en conta que os elementos culturais susceptibles de ser visitados, así como os seus accesos, teñen que estar nas debidas condicións. En canto á exposición técnica dos valores culturais vencellados ao roteiro, debe ser en espazos habilitados nas casas da cultura e veciñais, así como nas comunidades de montes.

Publicado por: MontePituco | 30/01/2017

A DENUNCIA POLA AGRESIÓN NA CARRASCA CHEGA A COMPOSTELA

Denuncia da agresión aos petroglifos da Carrasca ante o Servizo de Vixiancia e Inspección.

Seguindo as indicacións da delegación territorial de Patrimonio en Pontevedra a raíz da presentación da denuncia pola agresión causada no grupo número 5 do conxunto rupestre da Carrasca como consecuencia duns traballos de desbroce ordeados pola Comunidade de Montes de San Xulián, a Asociación Monte Pituco e o Colectivo Ecoloxista Luita Verde elevamos esta queixa perante o Servizo de Vixiancia e Inspección da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, en Santiago de Compostela.

 

Publicado por: MontePituco | 26/01/2017

ÁNCORA PRERROMANA NA COSTA MARINENSE?

Faro, 26 xaneiro 2017

Un ancla prerromana ante la costa de Marín

Un grupo de buzos la descubre en el entorno de la isla de San Clemente

La descubierta por los deportistas del Club Buceo Ons es, en todo caso, “una buena pieza” -asegura Patiño-, tanto por su tamaño como porque en ella se distinguen con claridad los dos agujeros que las caracterizan, uno redondo para atar el cabo y otro rectangular en el que se incrustaba el madero que se clavaría al fondo (…) Ramón Patiño explica que las Rías Baixas recibían en esta época prerromana un importante flujo comercial de los pueblos púnicos, descendientes de los cartagineses, que comerciaban en el noroeste peninsular comprando estaño, necesario para fabricar piezas de bronce.

Publicado por: MontePituco | 22/01/2017

VISITA FRUSTRADA AO CASTRO DE MONTEALEGRE

Marcha pola protección do Castro de Montealegre

A Subdelegación do Goberno prohibiu o acceso ao castro de Montealegre a tres días da celebración da marcha organizada pola plataforma cidadá que defende a conservación deste asentamento prehistórico afectado polo desdobramento do Corredor do Morrazo. 

Non caben medias tintas, panos quentes, nin tibieza. O castro de Montealegre cómpre defendelo con maior contundencia porque a Xunta -coa complicidade do Goberno Central- xoga a desmobilizar, desmotivar, dividir, ningunear. 

Moitas das máis de 300 persoas que hoxe acudiron ao chamamento da Plataforma Salvemos o Castro de Montealegre para desprazarse ata o antigo xacemento viron frustrado o seu desexo de coñecer, pisar, sentir e admirar este enclave dos séculos III e IV a.C. Disfrazando de medidas de seguridade o que sen dúbida é un xesto máis da súa prepotenciada, a Xunta fixo que se impedise a vontade da cidadanía de achegarse ata o antigo poboado castrexo para comprobar a dimensión real da desfeita que se pretende realizar e da que a conselleira de Infraestruturas afirmou que non hai marcha atrás na visita ás obras que realizou o pasado 18 de xaneiro

E mentres Ethel Vázquez segue decantándose pola catalogación das pezas que se recuperen da excavación e polo traslado dalgunhas cabanas a outro emprazamento, a Plataforma insiste na modificación do trazado das obras de ampliación do corredor, na protección integral do enclave, na creación dun centro de interpretación do castro e no retorno a Domaio das pezas recollidas nas prospeccións arqueolóxicas.

Que como é posible que o castro de Montealegre figure nas guías turísticas do Morrazo como lugar de visita recomendada e, paradoxicamente, a Dirección Xeral de Patrimonio sexa cómplice da súa destrucción? A perigosa suma de dúas palabras -interese público- que o Goberno galego utiliza con moita ‘alegría’ e pouca coherencia.

…Pero deses paradoxos tamén sabemos abondo en Marín ‘grazas’ ao Concello, que nas súas guías inclúe o Monte Pituco (Pornedo) entre os espazos de interese paisaxístico pola súa privilexiada ubicación como ‘balcón da ría’, pero non lle doen prendas en clasificalo como solo industrial. Viva o “interese público”, vivan as leis de protección do patrimonio e da paisaxe, e vivan os políticos de turno que as converten en papel mollado facendo que a cultura e o patrimonio sexan a última escoria cando están en xogo motivacións urbanísticas, económicas ou políticas. 

E mentres Núñez Feijóo segue ignorando as peticións de entrevista formuladas pola Plataforma, o castro de Montealegre vaise achegando á súa practica desaparición. Cando máis tempo gaña o Goberno galego, máis tempo perde o colectivo que loita pola pervivencia do xacemento. 

E dunha parte, a trintena de arqueólogos que traballaron hai 17 anos na anterior excavación con motivo da apertura do Corredor, preparan unha nova charla informativa para seguir gañando adhesións a esta nobre causa pola defensa do “bastión” de Montealegre. E doutra, os frustrados visitantes do castro aos que a Subdelegación deu coa ‘barreira’ nos fuciños prohibíndolles o acceso, confíanse á suposta boa vontade do responsable de Infraestruturas que presuntamente vai xestionar unha visita guiada ás persoas que se inscriban previamente. Unha mostra máis de que a sociedade non é dona tan sequera do patrimonio público, que vivimos sometidos ao dictado dunha minoría tocada polo dedo do poder.

Que Montealegre non se convirta en Montetriste depende da valentía da xente, da rebeldía diante dunha grave decisión política que atenta contra a historia, a cultura, o desenvolvemento sostible dunha bisbarra sistematicamente machacada por todo tipo de infraestruturas aberrantes. Por xustiza, dignidade, principios e lóxica. Nun país civilizado e normalizado sería impensable que un castro fose aniquilado polas excavadoras, por moitos milleiros de pezas -xa superan as 40.000- cerámicas, metálicas, óseas que depositen friamente nun museo.

Vídeo da marcha elaborado por Baz Singh

Marcha pola protección do Castro de Montealegre

DSC_2493.JPG

Marcha pola protección do Castro de Montealegre

DSC_2497.JPG

Marcha pola protección do Castro de Montealegre

Marcha pola protección do Castro de Montealegre

Publicado por: MontePituco | 21/01/2017

NOVOS ACHADOS NO XACEMENTO DA LANZADA

La Voz, 13 xaneiro 2017

La Rioja suministró la vajilla romana en A Lanzada

Los arqueólogos encuentran una pulsera de bronce en un vertedero de hace 2000 años

La excavación de A Lanzada, retomada esta semana en el histórico yacimiento sanxenxino, continúa dando sorpresas a los arqueólogos de la Diputación que trabajan en este espacio de la costa de Sanxenxo. En esta ocasión, se han encontrado tres piezas de cerámica de dos estilos: terra sigillata y bracarense. Estos pedazos de loza antigua se encontraron en un cuncheiro, la denominación popular de un vertedero de la Antigüedad, donde se tiraban los restos de aquellos objetos que no valían para usar ni reciclar.

Publicado por: MontePituco | 20/01/2017

POIO TAMÉN REIVINDICA O SEU ‘BALCÓN’ DA RÍA

…Con permiso do ‘balcón da ría’ do Monte Pituco (Pornedo)!

E co Alto da Encavada como ático marinense!

Diario, 12 xaneiro 2017

Rega dos Agros proyecta concluir este año la puesta a punto del Mirador da Burata

La Comunidade de Montes quiere consolidar el enclave como el “balcón” con las mejores vistas de la ría de Pontevedra

“Hace dos años se inició la consolidación del terreno con un relleno y la plantación de árboles autóctonos. Para ello contamos con la colaboración del Concello de Poio”. Ahora, la intención de los comuneros es dar continuidad a esos trabajos con la construcción de un muro y de una balaustrada. “Es un enclave que ofrece una imagen espectacular de la ría”, asegura Carramal.

Publicado por: MontePituco | 19/01/2017

MONTE ‘REXENERADO’ CON EUCALIPTOS?

Diario, 12 xaneiro 2017

Tivo apuesta por regenerar una parte de su monte con eucaliptos

La Comunidade de Montes de Santa María firmó un acuerdo con la empresa Ence, que se encargará de realizar la plantación

El convenio fue impulsado por el Gobierno local porque considera que permitirá “recuperar e mellorar os recursos dos nosos montes”. En el acuerdo figura que Ence se hará cargo de las inversiones necesarias el ordenamiento y la sostenibilidad de la explotación, además de poner los medios para incrementar su productividad.

Rexenerar montes… con eucaliptos?!?!?

Por moi soberanas que sexan as comunidades de montes sobre os seus territorios… en fin. Hai decisións que son do máis cuestionable. E que por riba estea o Goberno local socialista metido polo medio deste convenio entre os comuneiros e Ence, xa é de traca.

O deste partido está entre o diván psiquiátrico e o ‘fistro duodenal’: o PSOE de Pontevedra posicionado contra a permanencia da pasteira na ría de Pontevedra, e o de Caldas fomentando os acordos para seguir perpetuando especies pirófitas nos montes da localidade.

Publicado por: MontePituco | 18/01/2017

PLENO DE XANEIRO: CRÓNICA DE URXENCIA

16178546_1358369664195101_60962921349574416_o-2

O PP votou en contra da moción de urxencia presentada polo Bloque reclamando a posta en marcha dun plan de conservación do patrimonio arqueolóxico do concello. A voceira de Cultura deste partido calificou de “atentado” agresións como as que afectaron ao grupo 5 do conxunto rupestre da Carrasca a consecuencia duns neglixentes traballos de desbroce. A voceira do Psoe pediu que quedase aprazada para tratala “de forma escrupulosa” na comision de Cultura porque lle parecía unha proposta “estupenda”.

…Despois do que temos sufrido, aturado e padecido durante sete longos anos, turrando diante do anterior goberno bipartito e mais dos actuais gobernantes do PP para que se limpase, sinalizase e promocionase o patrimonio abandonado de San Xulián en particular e do rural marinense en xeral. Despois de que o Bng e o Psoe teñan condenado o patrimonio arqueolóxico do Pornedo a quedar afectado en solo industrial… que agora veñan erixirse nos defensores de petróglifos, mámoas e demais vestixios… en fin! Sen palabras! Non sabe un se dicir que benvidos sexan ao rego ou se mandalos ao mesmísimo c***.

A maiores, a unha pregunta da voceira da Marea dirixida á alcaldesa sobre en que consiste a “colaboracion” que lle ofrece o Concello á Comunidade de Montes trala agresión ao petroglifo da Carrasca, María Ramallo resposta que esa colaboración da que falaron coa Comunidade de montes de San Xulián, responsable da agresión, é para “mellorar a sinalizacion do patrimonio” e establecer “mecanismos de seguridade”.

Publicado por: MontePituco | 17/01/2017

CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO CASTRO DE MONTEALEGRE

Este pasado domingo solidarizámonos coa Plataforma en Defensa do Castro de Montealegre, que organizou unha concentración informativa diante do Concello de Moaña.

E este domingo pola tarde temos unha cita no propio Castro de Montealegre, en Domaio, para coñecer de preto a dimensión da desfeita que a Xunta pretende facer destruíndo os vestixios deste antigo a valioso poboado castrexo para acometer a ampliación do corredor do Morrazo.

…Por que sempre ten que saír perdendo o patrimonio, a cultura, a paisaxe?

…Como é posible que a Dirección Xeral de Patrimonio autorice unha obra machacando unha parte tan importante da nosa historia? 

…En que cabeza cabe que -nun intento de apaciguar as voces críticas, que afortunadamente non ‘tragaron’- se pretendera trasladar un castro, pedra a pedra, da súa ubicación orixinal, desnaturalizándoo por completo?

Concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Alexandre Paz: concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Alexandre Paz, arqueólogo

Rafael Oliveira: concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Rafael Oliveira, arquitecto

Camilo Camaño: concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Camilo Camaño, artista

Concentración en Moaña pola Defensa do Castro de Montealegre


 

Concentración en Moaña pola defensa do Castro de Montealegre

Folleto informativo pola defensa do Castro de Montealegre

Faro de Vigo

Faro de Vigo, 16 xaneiro 2017

200 personas exigen salvar el castro que mejor representa la Edad del Hierro en la comarca

Colectivos de Domaio y ediles del bipartito, entre los participantes en la concentración para pedir una alternativa a la obra de la autovía que evite daños al yacimiento de Montealegre

Pola defensa do castro de Montealegre

Publicado por: MontePituco | 16/01/2017

A AGRESIÓN NA CARRASCA, NA PRENSA: PRECISIÓNS

DiarioDePontevedra

Diario, 15 xaneiro 2017

El arte rupestre de O Morrazo: olvidado y desprotegido

Los petroglifos sufren constantes agresiones por la falta de implicación de las administraciones en su cuidado

Tralos danos no conxunto rupestre da Carrasca como consecuencia duns traballos de desbroce organizados pola Comunidade de Montes de San Xulián, o Diario de Pontevedra optou por ampliar o comunicado subscrito por Luita Verde e por Defende o Monte Pituco cunha reportaxe sobre as agresións máis importantes que experimentou o patrimonio no Concello de Marín e mesmo no Morrazo. Para iso, o experto Antonio Costa, presidente da Irmandade Illa de Tambo, fixo un relato contundente da realidade con afirmacións tan brillantes e ilustrativas como a que segue:

“A catedral de Santiago e os petróglifos da Carrasca son todos iguais a ollos da lei, polo que é como se alguén pasara unha desbrozadora por riba do Pórtico da Gloria”. 

Abundando no lamentable ronsel de desfeitas, faltan dúas importantes, das que nos deu conta o arqueólogo marinense Álvaro Arizaga:

-A tala agresiva realizada na ladeira do castro da Subidá, SEN AUTORIZACIÓN da Dirección Xeral de Patrimonio (deste feito deuse conta nun artigo nesta mesma bitácora, o pasado mes de xullo).

-Agresión na Pedra do Labirinto (ou Pedra da Serpe) en Mogor que, tamén este verán, foi rascado cunha pedra.

Cómpre unha aclaración ao que relata este artigo: o verquido de pinturas e disolventes que se produciu en marzo de 2015 no Pornedo aconteceu na pista forestal, non no propio xacemento.

 

La Voz de Pontevedra

La Voz, 15 xaneiro 2017

Los vecinos de Combarro instan a que se proteja y potencie el único castro ubicado en Poio

También se denunciaron daños a un petroglifo del conjunto de A Carrasca, en Marín

Dá gusto ler que a un colectivo veciñal de Combarro lle demande ao Goberno local de Poio que invista na recuperación e na posta en valor dun castro; o único asentamento castrexo do que semella haber referencias no concello veciño. Un orgullo para o pobo, sen dúbida, o que demostra a crecente demanda social de máis recoñecemento, máis protección e máis promoción do patrimonio prehistórico como fonte de recursos económicos e de dinamización cultural e turística para o municipio.

Lonxe disto, os que aínda sosteñen -como lamentablemente acontece na parroquia de San Xulián- que “as pedras non dán de comer” van quedando cada vez máis en evidencia pola súa ignorancia, necidade e atraso con respecto ao avance dos tempos e das mentalidades. 

…Haberá que ir coñecer a zona na que se atopan os restos dese castro en Poio, ‘homónimo’ ao de Marín: Subidá ∼ Sividá.

 

Faro de Vigo

Faro, 15 xaneiro 2017

San Xulián achaca a un descuido los daños sobre un petroglifo

La falta de señalización motivó que un operario pasara un tractor desbrozador sobre el yacimiento arqueológico de A Carrasca

La falta de señalización y de supervisión técnica llevó a un operario que limpiaba una pista de los montes de San Xulián, en Marín, a dañar un yacimiento rupestre situado en el lugar de A Carrasca. El trabajador, al pasar un tractor desbrozador por la zona, arañó unas piedras labradas prehistóricas situadas bajo la maleza. La Comunidad de Montes de San Xulián, titular del monte y responsable de los trabajos, lamentó este “accidente” -explicó el presidente de la entidad, Manuel Estévez- que atribuye el “descuido” a la falta de señalización y de protección del yacimiento. El portavoz de los comuneros recordó que esta entidad “es la primera interesada en proteger y poner en valor el patrimonio histórico de la parroquia” y que por ello ha impulsado e invertido muchos recursos en el Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete CamiñosLa Comunidad de Montes de San Xulián insta a la Xunta de Galicia a señalizar y proteger este yacimiento

Que pintoresca esta información! Vai na liña ‘humorística’ do declarado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, ofrecéndolle a “colaboración” do Concello á Comunidade de Montes de San Xulián.

Como Faro de Vigo estimou que non era importante e decidiu obviala, imos repetir unha frase clave do comunicado de Luita Verde e Defende o Monte Pituco para que quede claro e ninguén se leve a engano:

“A Comunidade de Montes de San Xulián NON FOI VÍTIMA dunha acción allea, senón EXECUTORA DA AGRESIÓN no seu propio patrimonio”.

Tal e como se presenta a contra-información do Faro, semella que a Comunidade de Montes é unha santa elevada aos altares do patrimonio:

O operario da máquina desbrozadora -ao que veladamente a Comunidade lle intenta encasquetar o ‘paquete’ e presentalo como cabeza de turco- limitouse a seguir as indicacións dos directivos que lle encargaron o traballo, sen advertilo previamente de onde NON tiña que actuar pola presenza de xacementos arqueolóxicos que a Comunidade NON tiña  sinalizados con antelación.

A ausencia de balizamento e de protección dos petróglifos é unha eiva atribuíble á Comunidade de Montes, como propietaria dos terreos. O que non exime de responsabilidade á Xunta e ao Concello para actuaren, conxuntamente ou por separado.

E non, a Comunidade de Montes de San Xulián non estivo na cerna do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Non o impulsou. En todo caso, subiu ao carro -e ben que lle agradeceu e se lle recoñeceu o seu xesto dende a Asociación Monte Pituco- cando o Espazo xa estaba artellado, despois duns cantos anos de duro traballo por parte dunha modesta comisión técnica da que a anterior directiva da Comunidade -nin o Goberno local bipartito PSOE-BNG, lembremos!- non quixo saber nada; todo o contrario, porque supoñía poñer en valor e evidenciar a importancia natural, cultural, histórica e paisaxística dun territorio que foi condenado a acoller hipoteticamente no futuro un polígono industrial, coa ‘beizón’ encuberta dos directivos da Comunidade. 

Outra cousa é que, dende a súa inauguración en xuño de 2015, os actuais responsables da Comunidade de Montes de San Xulián fixesen algo máis que redundase no necesario mantemento dos elementos que conforman o Espazo na área que abrangue San Xulián. Repuxeron algún dos paneis informativos ou dos postes sinalizadores que foron agredidos ou roubados neste tempo? NON. Fixeron algo pola limpeza dos xacementos en ano e medio? NON. Solicitóuselles reiteradamente o pasado verán por mor da vaga de lumes e que contestaron? NON. 

Polo tanto, a culpa non é exclusivamente do operario/mensaxeiro por manexar o volante da máquina que causou os destrozos, nin é unicamente da Xunta pola falta de sinalización dos petróglifos. A Comunidade de Montes ten a obriga de coñecer con exactitude a localización do patrimonio existente no territorio que xestiona. Ten a obriga legal de mantelo en boas condicións de conservación. E ten a obriga ética e normativa de protexelo.

Diante desa tarefa, que ninguén di que sexa doada, ten bos espellos nos que mirarse: por exemplo, a Comunidade de Montes de Salcedo que, á marxe de formar tamén parte do Espazo Sete Camiños, está facendo un traballo encomiable noutros ámbitos relacionados coa posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural da súa parroquia.

E ten, por suposto, a man tendida de entidades implicadas na defensa da cultura e do medio ambiente a nivel local e comarcal, como a Asociación Monte Pituco, aínda que non queiran e se resistan a collela. Unha man tendida que -malia todo- nunca retiraremos en aras do ben común e en beneficio da nosa parroquia. Unha man tendida, si, pero co merecido tirón de orellas, por diante. 

HistoriaDeGalicia

Historia de Galicia, 15 xaneiro 2017

Un desbroce volve danar un BIC da Idade do Bronce en Marín

 

Pontevedra Viva, 15 xaneiro 2017

O conxunto rupestre da Carrasca resultou afectado polas cadeas mecánicas dun tractor

Publicado por: MontePituco | 15/01/2017

POLÍGONO DE BARRO-MEIS, CON FROIZ

La Voz, 12 xaneiro 2017

La nueva central logística de Froiz, en Barro-Meis, estará operativa en el 2020

En los más de 72.000 metros cuadrados de superficie trabajarán 500 empleados

Diario, 12 xaneiro 2017

Froiz calcula que en 2020 podrá operar en Barro-Meis el 80% de su plantilla

El empresario Magín Froiz mostró su interés por una nueva parcela de 9.000 metros

Diario, 5 xaneiro 2017

Convocan un concurso para a venda de 48 parcelas en Barro-Meis

 

Publicado por: MontePituco | 14/01/2017

XABÓN FEITO CON CINZA DE MONTE CALCINADO

Diario, 9 xaneiro 2017

Renacer de las cenizas a base de jabón

Un proyecto quiere elaborar est producto de limpieza con sustrato de monte calcinado para reinvertir las ventas en su regeneración

 

Publicado por: MontePituco | 13/01/2017

A-57: INFRAESTRUTURAS QUE VEÑEN… ARRASAR

Diario, 8 xaneiro 2017

Fomento prepara el terreno para iniciar las grandes infraestructuras de la A57

El Ministerio avanza en el movimiento de tierras y actuaciones de drenaje con vistas a comenzar la construcción de cuatro viaductos, cinco pasos superiores y dos inferiores en el tramo Vilaboa-A Hermida. La obra, presupuestada en 75 millones, finalizará en 2019

La obra suscitó desde un principio varios frentes de detractores. El primero fue el del colectivo Salvemos A Fracha, que llegó a poner contra las cuerdas el inicio de las obras por supuestas irregularidades en la tramitación ambiental. El caso llegó a manos de la Audiencia Nacional, que finalmente descartó la paralización cautelar de los trabajos, iniciados en octubre de 2015. 

El colectivo Anova Terra también demandó la paralización cautelar de los trabajos, tras hallar una serie de vestigios rupestres.

Publicado por: MontePituco | 12/01/2017

AGRESIÓNS AO PATRIMONIO DE SAN XULIÁN: COMUNICADO

DiarioDePontevedra

Diario, 12 xaneiro 2017

Xa son catro as entidades que nas últimas semanas amosaron a súa preocupación polas agresións ao patrimonio catalogado existente no monte veciñal da parroquia de San Xulián. A Xunta de Galicia, o Concello de Marín e o Seprona recibiron distintos escritos asinados pola Irmandade Illa de Tambo, a asociación cultural A Forneiriña, o colectivo ecoloxista Luita Verde e Defende o Monte Pituco denunciando os danos provocados por uns traballos de desbroce encargados pola Comunidade de Montes de San Xulián sen sinalización previa dos xacementos e sen supervisión técnica nin arqueolóxica.

Como consecuencia da falta de previsión desas actuacións, o grupo número cinco do conxunto rupestre da Carrasca resultou afectado polas cadeas mecánicas dun tractor, provocando unha visible raspadura na superficie da laxe que contén gravados da Idade do Bronce, clasificados como Bens de Interese Cultural (BIC) de Galicia. O paso da desbrozadora tamén causou a rotura doutras pedras de menor tamaño situadas na beira do camiño, a carón dos petróglifos.

20161211_165513

Pero ademais, no marco deses traballos tamén estiveron en serio perigo de destrucción os gravados rupestres do Pornedo, outro dos elementos inventariados e catalogados na zona como BIC, xa que as máquinas desbrozaron o sendeiro que pasa a rente deste xacemento.

dsc_0074

A Comunidade de Montes de San Xulián é a primeira responsable desta neglixencia, tipificada como “infracción grave” na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que entrou en vigor o pasado mes de agosto. Mais tamén a Xunta e o Concello teñen responsabilidades directas por non exercer as súas competencias en materia de protección e conservación.

Luita Verde e Defende o Monte Pituco instaron á Xunta e ao Concello a esclarecer os feitos e a tomar as medidas oportunas para que non se volva repetir esta lamentable situación. Isto non supón que as Administracións nin os propietarios dos terreos queden eximidos de cumprir as obrigas que teñen que ver coa limpeza e co mantemento dos xacementos, con plenas garantías de respecto á súa integridade.

De feito, a asociación Monte Pituco tenlle reclamado en numerosas ocasións ao Goberno local que lle preste máis atención ao patrimonio prehistórico situado en San Xulián -a parroquia marinense con maior densidade de xacementos arqueolóxicos- colaborando na súa sinalización e posta en valor, na elaboración de actividades divulgativas e incluíndo estes elementos de interese nas campañas de promoción cultural e turística que, por desgraza e dende hai anos, non pasa da nuclearización nunha mínima parte do rico, variado e importante patrimonio cultural do municipio.

Se as Comunidades de Montes coñecesen na realidade o patrimonio que teñen nos terreos que “xestionan”, imprudencias como as que aconteceron na Carrasca e no Pornedo non se terían producido. Por engadido, dáse o paradoxo de que a Comunidade de Montes participou na posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que abrangue os conxuntos rupestres do Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, ademais da mámoa de Sete Camiños no límite con Lourizán, entre outros xacementos.

Para abundar nas contradicións, o petróglifo agredido na Carrasca pertence ao conxunto rupestre que, xunto cos gravados de Champás, tamén forma parte do Espazo Sete Camiños. Nunha segunda fase deste proxecto, a Comunidade de Montes de San Xulián chegou a comprometerse publicamente a completar a súa limpeza, sinalización e posta en valor, enlazando estes elementos co parque forestal do Lago de Castiñeiras.

Para Luita Verde, o que a Comunidade de Montes dá a entender con estes feitos é que o interese polo patrimonio cultural existente no seu ámbito está a ser só no papel e que na práctica a súa atención non vai máis aló do puramente produtivo. Por riba, dáse o caso de que a afección á contorna protexida dos elementos culturais denunciados foi polo desbroce agresivo de pistas e camiños en relación coas plantacións forestais.

O pronunciamento do Concello de Marín sobre os desperfectos acontecidos no petróglifo da Carrasca, anunciando que lle ofrece a súa “colaboración” á Comunidade de Montes, evidencia que o Goberno local non toma en serio as denuncias de colectivos como a Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, Luita Verde e Defende o Monte Pituco, xa que a Comunidade de Montes non foi vítima dunha acción allea, senón executora da agresión no seu propio patrimonio.

Ao entender de Luita Verde e Defende o Monte Pituco, a resposta debería ser procurar -en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta- un maior control do estado de conservación destes xacementos arqueolóxicos, como así mesmo do resto dos máis de medio cento de elementos existentes por todo o Concello en vez de actuar cando non hai remedio, en base a súa afección, degradación ou, no peor dos casos, destrucción. E ademais, participar de forma real e efectiva na posta en valor, mantemento e promoción cultural do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, da conexión deste Espazo a través dos conxuntos rupestres de Champás e A Carrasca co conxunto patrimonial de Chan de Castiñeiras, e da súa continuación ata Chan de Arquiña pola Ruta das Mámoas do Morrazo.

 

Asdo: Luita Verde & Defende o Monte Pituco (Pornedo)

Publicado por: MontePituco | 11/01/2017

A VISITA DO SEPRONA Á CARRASCA, NA PRENSA

DiarioDePontevedra

Diario, 11 xaneiro 2017

El Seprona investiga los daños causados a un petroglifo de A Carrasca

Irmandade Illa de Tambo y A Forneiriña denuncian una agresión a los grabados ocasionada por una desbrozadora

Miércoles 11 de Enero de 2017 | Carlos Fernández | Marín

Agentes del Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de la Guardia Civil estuvieron inspeccionando este martes el petroglifo ubicado en la estación, conocido como A Carrasca 5, tras una denuncia presentada por el colectivo Irmandade Illa de Tambo en la que se destacan los daños producidos a los grabados de esta piedra. Según explicó el responsable del colectivo, Antón Costa, el destrozo se produjo a finales de año debido a la acción de una máquina desbrozadora de cadenas, que pasó por encima de la piedra y dañó la parte alta del conjunto, afectando al grabado “singular” que se encuentra en la roca.

Por este motivo, Irmandade Illa de Tambo presentó una denuncia ante la delegación de Patrimonio de Pontevedra y en la Guardia Civil, ya que los grabados cuentan con la declaración de Ben de Interese Cultural, lo que supone una protección por parte de las administraciones. Asimismo, presentará en breve una denuncia similar en el Rexistro del Concello de Marín, con el fin de que la Administración local tenga conocimiento del daño al patrimonio cultural del municipio. Las denuncias fueron presentadas conjuntamente con la asociación A Forneiriña, entidad que ya alertó en otras ocasiones sobre daños a grabados rupestres en otros municipios de la provincia de Pontevedra.

Agresión

En el escrito que ambas entidades presentaron ante la Dirección Xeral de Patrimonio se describe que los daños producidos en el petroglifo de A Carrasca 5 fueron causados, “en gran medida, de forma directa, pola realización de traballos sen as medidas de precaución necesarias”, y destaca que la Xunta de Galicia, concretamente la Consellería de Cultura, es responsable de forma “indirecta” por la falta de vigilancia o de señalización de los petroglifos.

 

Publicado por: MontePituco | 10/01/2017

MÁIS DENUNCIAS POLA AGRESIÓN PATRIMONIAL NA CARRASCA

20170110_155040

A agresión provocada no grupo nº5 do conxunto rupestre d’A Carrasca, como consecuencia duns labores de desbroce que se realizaron sen sinalización previa por parte da Comunidade de Montes de San Xulián e sen control arqueolóxico, chegou ao Concello de Marín a través do escrito presentado pola Asociación Defende o Monte Pituco e polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde. Ambas entidades tamén presentamos copia da queixa formal na delegación territorial de Patrimonio en Pontevedra.

Estes medios de protesta súmanse á denuncia presentada pola Irmandade Illa de Tambo ante o Seprona, seguida dunha segunda denuncia ante Patrimonio, secundada nesta ocasión pola entidade cultural A Forneiriña. Estes colectivos anunciaron que tamén acudirán ao Concello de Marín e á Deputación de Pontevedra para dar conta do acontecido.

Como nos confirmaron na propia delegación provincial da Xunta, o dano que se provocou neste xacemento catalogado supón unha infracción “grave”, ao aplicarse a nova Lei de Patrimonio, vixente dende agosto de 2016.

Entre tanto, axentes da Garda Civil adscritos ao Seprona visitaron hoxe o xacemento afectado polo desbroce realizado de xeito irregular. Con motivo desta xestión tamén se interesaron por un verquido de materiais de refugallo que se atopaba ao pé do camiño.

15896397_215495102244809_8641761114192694073_o

15895634_215495105578142_7114235972428962019_o

15975097_215495148911471_4857389496965394840_o

[Fotos da visita do Seprona á Carrasca cedidas pola Irmandade Illa de Tambo]

Publicado por: MontePituco | 09/01/2017

TONECO

Diario, 9 xaneiro 2017

Marín llora la muerte del histórico regidor Antonio Santiago, Toneco

El exalcalde, que dirigió el Concello en dos etapas diferentes, falleció este domingo a los 75 años ►Durante su último mandato (1999-2007) se convirtió en un referente del PSOE

La Voz, 9 xaneiro 2017

El maestro y político que fue un eterno enamorado de Marín

Ocupó la alcaldía durante once años, primero con el CDS y luego en el PSOE, un partido en el que es edila una de sus hijas

Publicado por: MontePituco | 09/01/2017

OS PETROGLIFOS DO PORNEDO, BAIXO AS ESTRELAS

15895546_10207648817110732_793683336584827706_o

Dende Monte Pituco, moitas grazas a Fran Currás por esta fermosa imaxe nocturna dun dos grupos do conxunto rupestre do Pornedo. 

Bo coñecedor do Monte Pituco, dos seus elementos de interese e das súas ameazas urbanísticas, Fran Currás formou parte da comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños nunha época na que destacaba polo seu activismo cultural. Vencellado actualmente á Asociación Queremos Galego Marín, está desenvolvendo unha nova faceta como fotógrafo afeccionado, na que non agocha a súa sensibilidade con temas relacionados co medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural.

 

Publicado por: MontePituco | 08/01/2017

SAN XULIÁN E A VIRXE DOS REMEDIOS NOS AXUDEN

Diario, 8 xaneiro 2017

Marín de arriba expresa su devoción a San Xulián y a la Virxe dos Remedios

 

Publicado por: MontePituco | 08/01/2017

FUTURO PARQUE FORESTAL EN PONTEVEDRA

5 xaneiro 2017, Diario

O futuro parque da Tomba ocupará 62 hectáreas con 17 quilómetros de sendas

O Concello prevé investir 440.000 euros nos próximos dous anos e os comuneiros de Campañó cederán os terreos

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías