Hoxe produciuse a botadura dun barco palangreiro nas instalacións do astaleiro Nodosa, no porto de Marín. Os armadores do buque, oriundos das Malvinas, desprazáronse dende o arquipélago para asistir a este acontecemento. Autoridades, invitados, música de gaiteiros e gran despregue de imaxe corporativa a través de catálogos.
E que sorpresa ao descubrir que unha fotografía do asteleiro marinense co Monte Pituco ao fondo é a cabeceira da súa carta de presentación na mesma portada da publicación, dispoñible tanto en castelán como en inglés.
Para quen dubide da atribución do Monte Pituco como ‘balcón da ría’.
Para quen cuestione o impacto visual irreversible que tería a construcción dun polígono industrial neste emprazamento.
Para quen fixo ou fai alardes de prepotencia e desprezo propoñendo a desafectación do Monte Pituco do ámbito do Espazo Natural dos Montes do Morrazo.
Para quen non lle quere á paisaxe, nin á natureza, nin ao patrimonio, nin ao mesmísimo pobo de Marín.
Deixar unha resposta