A agresión provocada no grupo nº5 do conxunto rupestre d’A Carrasca, como consecuencia duns labores de desbroce que se realizaron sen sinalización previa por parte da Comunidade de Montes de San Xulián e sen control arqueolóxico, chegou ao Concello de Marín a través do escrito presentado pola Asociación Defende o Monte Pituco e polo Colectivo Ecoloxista Luita Verde. Ambas entidades tamén presentamos copia da queixa formal na delegación territorial de Patrimonio en Pontevedra.
Estes medios de protesta súmanse á denuncia presentada pola Irmandade Illa de Tambo ante o Seprona, seguida dunha segunda denuncia ante Patrimonio, secundada nesta ocasión pola entidade cultural A Forneiriña. Estes colectivos anunciaron que tamén acudirán ao Concello de Marín e á Deputación de Pontevedra para dar conta do acontecido.
Como nos confirmaron na propia delegación provincial da Xunta, o dano que se provocou neste xacemento catalogado supón unha infracción “grave”, ao aplicarse a nova Lei de Patrimonio, vixente dende agosto de 2016.
Entre tanto, axentes da Garda Civil adscritos ao Seprona visitaron hoxe o xacemento afectado polo desbroce realizado de xeito irregular. Con motivo desta xestión tamén se interesaron por un verquido de materiais de refugallo que se atopaba ao pé do camiño.
[Fotos da visita do Seprona á Carrasca cedidas pola Irmandade Illa de Tambo]
[…] as indicacións da delegación territorial de Patrimonio en Pontevedra a raíz da presentación da denuncia pola agresión causada no grupo número 5 do conxunto rupestre da Carrasca como consecuencia duns traballos de desbroce ordeados pola Comunidade de Montes de San Xulián, a […]
By: A DENUNCIA POLA AGRESIÓN NA CARRASCA CHEGA A COMPOSTELA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 30/01/2017
at 23:21
[…] raíz das agresións cometidas sobre os conxuntos arqueolóxicos da Carrasca e do Pornedo -o primeiro danado e o segundo a piques de resultar afectado- como consecuencia duns traballos de […]
By: CHARLA DE ÁLVARO ARIZAGA NO ATENEO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 21/02/2017
at 18:30
[…] da Comunidade de Montes de San Xulián contra a Asociación Monte Pituco por terse sumado aos colectivos que, o pasado mes de xaneiro, denunciaron ante Patrimonio o desbroce ordeado pola directiva desta Comunidade, sen a preceptiva sinalización dos elementos patrimoniais […]
By: A ARBOREDA DO PITUCO, ABANDONADA POLA COMUNIDADE DE MONTES | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/07/2017
at 20:40
[…] San Xián como promotora duns traballos de desbroce feitos de xeito irregular que provocaron unha agresión “grave” nun dos conxuntos rupestres da Carrasca e que supuxo o pago dunha sanción económica por parte da Comunidade de Montes. Dende entón, […]
By: O ECO DAS VERTEDURAS, NA PRENSA LOCAL | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 08/08/2020
at 17:09