Publicado por: MontePituco | 18/01/2017

PLENO DE XANEIRO: CRÓNICA DE URXENCIA

16178546_1358369664195101_60962921349574416_o-2

O PP votou en contra da moción de urxencia presentada polo Bloque reclamando a posta en marcha dun plan de conservación do patrimonio arqueolóxico do concello. A voceira de Cultura deste partido calificou de “atentado” agresións como as que afectaron ao grupo 5 do conxunto rupestre da Carrasca a consecuencia duns neglixentes traballos de desbroce. A voceira do Psoe pediu que quedase aprazada para tratala “de forma escrupulosa” na comision de Cultura porque lle parecía unha proposta “estupenda”.

…Despois do que temos sufrido, aturado e padecido durante sete longos anos, turrando diante do anterior goberno bipartito e mais dos actuais gobernantes do PP para que se limpase, sinalizase e promocionase o patrimonio abandonado de San Xulián en particular e do rural marinense en xeral. Despois de que o Bng e o Psoe teñan condenado o patrimonio arqueolóxico do Pornedo a quedar afectado en solo industrial… que agora veñan erixirse nos defensores de petróglifos, mámoas e demais vestixios… en fin! Sen palabras! Non sabe un se dicir que benvidos sexan ao rego ou se mandalos ao mesmísimo c***.

A maiores, a unha pregunta da voceira da Marea dirixida á alcaldesa sobre en que consiste a “colaboracion” que lle ofrece o Concello á Comunidade de Montes trala agresión ao petroglifo da Carrasca, María Ramallo resposta que esa colaboración da que falaron coa Comunidade de montes de San Xulián, responsable da agresión, é para “mellorar a sinalizacion do patrimonio” e establecer “mecanismos de seguridade”.


Respostas

  1. Por alusións, o motivo da moción presentada polo BNG non é erixirse abandeirada de ningunha causa…
    lamento que moleste esta iniciativa xa que o único que busco é que se tomen medidas para a conservación do Patrimonio Arqueolóxico de Marín e non vexo que mala intención pode haber niso… O cuidado e protección non son exclusividade dunha persoa ou unha entidade e todas as iniciativas que se leven a cabo deberían ser recibidas cono mínimo con respeto.

    • Esta iniciativa non molestou, senón que estrañou, tendo en conta do partido do que procede a moción: o BNG de Marín. Un partido do que, lémbrolle, aínda que vostede non formase parte daquel goberno bipartito, que foi parte activa e decisiva na ‘condena’ que pesa sobre o Monte Pornedo ao quedar clasificado como solo industrial; un partido cuxa cabeza visible daquela -ou cando menos unha delas- proferiu ameazas e comentarios despectivos (que aínda recentemente se reproduciron, totalmente impropios de representantes políticos expostos a seren lexitimamente criticados e fiscalizados polo seu labor institucional) contra integrantes deste colectivo; un partido que non tivo pudor nin rubor ao propoñer a desafectación do Monte Pornedo do Espazo Natural dos Montes do Morrazo; un partido cuxa anterior concelleira de Cultura -a que viría sendo a súa antecesora na portavocía de Cultura, e que por riba é veciña de San Xulián- negouse a apoiar a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños argumentando que se o Pornedo se acabase convertendo nun parque empresarial, para que levar adiante tal iniciativa… En fin, a lista de aldraxes e de desprezos é enorme, cada cal máis vergoñento; máxime tratándose dun partido ao que se lle presupón por principios a defensa da cultura, do medio ambiente e do patrimonio galego.
      Dito isto, a moción presentada pola concelleira Lucía Santos é benvida para o noso colectivo en tanto Lucía Santos se desmarque da actitude destrutiva e belixerante cara ao Monte Pornedo por parte da liña ‘oficial’ do partido no que milita, ou das persoas que ostentan a súa actual dirección a nivel local. E vaia por diante que nos conflictos políticos internos da formación non entramos nin saímos.
      Por outra banda, cabe lembrar que no que levamos de mandato da actual Corporación, esta semella ser a primeira iniciativa centrada no patrimonio arqueolóxico do Concello. E resulta curioso que xurda a raíz dunha desgraciada agresión que tivo que ser denunciada ata por catro entidades socioculturais, entre as cales figura a nosa.
      …Respecto pois, certamente. Pero o RESPECTO empeza polo lugar que se insire ese patrimonio arqueolóxico. E o Monte Pornedo ten sobre si mesmo unha lousa de complexa solución, agás que a xustiza nos acabe dando a razón, tendo en conta que a área de cautela de conxuntos rupestres como Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro está afectada polo polígono industrial proxectado e aplaudido dende o seu partido.

  2. […] pleno de xaneiro deste ano o BNG presenta unha moción de urxencia propoñendo a posta en marcha dun Plan de […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: