Publicado por: MontePituco | 31/03/2017

CHARLA DE ARQUEÓLOGOS SOBRE MONTEALEGRE

Charla sobre o castro de Montealegre en Moaña

Os arqueólogos Roberto Aboal, Elena Cabrejas e Rafael María Rodríguez, xunto coa historiadora Marisa Pazos participan ás 19:30 horas no salón de actos do IES As Barxas  de Moaña, nunha charla sobre a excavación arqueolóxica que se realizou no castro de Montealegre con motivo da primeira fase das obras do Corredor do Morrazo.

Ante a decisión da Consellería de Infraestruturas de iniciar sondeos xeotécnicos no interior do túnel que discorre debaixo do castro para valorar a viabilidade de amplialo sen ter que afectar o resto do poboado castrexo, a Plataforma Salvemos o Castro de Montealegre vén de amosar certa satisfacción polo que perciben como un “cambio de posición”, pero manteñen a “alerta” e a “cautela”.

Non sorprendería que a Xunta estivese manobrando de xeito artificioso e de cara ‘á galería’ para posteriormente acabar xustificando o mantemento do trazado inicial aducindo calquera tipo de problema técnico. 

 

Fai ben a Plataforma en manter firme o seu posicionamento a prol da afección cero ao castro, que xa foi parcialmente afectado cando se abriu o Corredor.

Publicado por: MontePituco | 30/03/2017

PANDA DE TRISTES

Folio pegado no panel informativo agredido do Espazo Sete Camiños, na entrada do Monte Pituco.

Mini-panda de tristes e patéticos

Trala repercusión que tivo na prensa local a visita do deputado provincial da Marea, Xosé Lois Jácome, ao Monte Pituco (Pornedo) para expresar o seu rexeitamento ao proxecto de construcción dun polígono industrial en plena fachada litoral de Marín, aos partidarios desta aberración urbanística, ambiental e patrimonial non lles faltou tempo para vir cuspir a súa rabia, a súa impotencia e a súa ignorancia ao panel informativo do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños situado na pista de acceso ao Pituco.

…Ese panel agredido por mans cobartes e mentes impermeables ao coñecemento e ao civismo, do que só queda a chapa metálica e apenas un pedaciño da lámina que amosaba o plano do Espazo cos principais elementos que se poden visitar. 

Posiblemente esa vil sabotaxe proveña das mesmas mans -ou parecidas- que agora utilizan este panel como o seu particular ‘muro das lamentacións’. 

Lamentacións que veñen de quen sabe que non ten a razón pero que turra irracionalmente para tratar de levar a auga polo seu rego. Lamentacións de quen ve como a súa pataleta se desmorona porque queda sen o arbitrario argumento político de quen favoreceu a clasificación do Monte Pituco como solo industrial no PXOM. Lembran? “Ese polígono é inviable e non se vai construír na vida”, frase antolóxica do ex-concelleiro de Urbanismo, Xosé María Vilaboa, trala charla do arqueólogo Álvaro Arizaga no Ateneo Santa Cecilia.

Posiblemente ese estúpido ataque veña das mesmas mans -ou parecidas- que antano orquestraron unha noxenta campaña de despretixio contra promotores desta humilde Asociación en Defensa do Monte Pituco. Humilde pero con todos os principios dos que carecen os que agora veñen pegar un cutrísimo folio con catro escuálidas tiras de cinta adhesiva. 

Un dicta e outro escribe -as súas faltas de ortografía son clamorosas- e plantifica o vómito na entrada do Pituco, para que a vexamos. Os mesmos que antano promovían a instalación non de un, senón de dous polígonos no Monte Pituco. Os mesmos que instrumentalizaron unha asociación veciñal para tratar de darlle cobertura aos seus escuros intereses.

Mini-panda de tristes e patéticos.

…A vosa desesperación, o noso alento.

Ouveades, logo cabalgamos!

 

Publicado por: MontePituco | 29/03/2017

ANUNCIAN PARA ABRIL E MAIO A LIMPEZA DE CAMIÑOS

Diario, 29 abril 2017

Marín planifica la limpieza y el desbroce de zonas públicas entre abril y septiembre

“…Dentro de la planificación prevista, en los meses de abril y mayo se realizará el desbroce de las zonas comprendidas entre la carretera vieja de Marín, en los lindes con Pontevedra y el vial provincial EP-0019. Así, en estos dos meses se acometerá la limpieza de las zonas de Pereiras, A Estivada, Arealonga, O Pituco, A Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Blancas, A Raña y Outeiro…”

“…Y en agosto se incluirán los lugares que están en la parte alta de Marín, como Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de San Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns y Pastoriza”.

Dende o pasado 2016 a Asociación Monte Pituco vén reclamando diante da Deputación de Pontevedra a limpeza das cunetas na estrada de titularidade provincial que discorre pola parroquia de San Xulián. 

A falta de seguridade vial para os peóns é evidente pola falta de espazo para camiñar, xa que a vexetación -non só herba e fentos inofensivos, senón tamén pólas de acacias con pinchos e silvas cos seus correspondentes pinchos- invaden o estreito espazo que as persoas -moitas, de idade avanzada- teñen para desprazarse. 

Ninguén se dignou en contestar. As máquinas levan todo este tempo sen aparecer. E esta situación vai persistir porque o conflicto do persoal do Parque de Maquinaria non ten trazas de resolverse, polo que adiantou a semana pasada o deputado provincial da Marea, Xosé Lois Jácome.

Confiamos en que o Concello chegue a algún acordo coa Deputación para asumir este servizo. A estas alturas, tralo paso do outono e do inverno, a vexetación -aínda que seca- segue representando unha molestia e un perigo para o tránsito vial. Pero coa chegada da primavera, a masa vexetal vai seguir medrando sobre a capa anterior, agrandando o voume e deixando a estrada impracticable.

Cómpre unha solución urxente e dilixente. Dende a Asociación Monte Pituco non quedará máis remedio que reiterar as queixas por escrito, das que se irá dando cumprida conta.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Curva da Pena, agosto de 2016

Publicado por: MontePituco | 28/03/2017

OUTRO VERQUIDO: PERSIANAS, CRISTAIS, MADEIRAS…

Vimos de localizar un novo verquido a carón do túnel da Variante entre A Pena e O Caeiro. Nesta ocasión, os vándalos, os incivilizados, os cafres, guindaron persianas, restos de madeira vella e, o que é peor, cristais que están esnaquizados en pedazos.

Moito coidado! Precaución! 

20170325_182008

Verquido de persianas, cristais e madeiras

 

Publicado por: MontePituco | 27/03/2017

ESTE DOMINGO, ASEMBLEA DE COMUNEIR@S

Asemblea na Comunidade de Montes de San Xulián

Publicado por: MontePituco | 26/03/2017

A VISITA DE X.L. JÁCOME AO MONTE PITUCO, NA PRENSA

PontevedraViva.com, 25 marzo 2017

Las demandas del Monte Pituco llegarán a la Deputación

“El PGOM de Marín tiene catalogado el espacio del Monte Pornedo como “suelo industrial” y curiosamente a un lado del también conocido como Monte Pituco está el límite administrativo con el Concello de Pontevedra “que tiene clasificado el suelo como de interés arqueológico”.

“Nos encontramos ante dos figuras urbanísticas totalmente contrarias y separadas por una línea imaginaria”, destaca. El diputado provincial, que visitó y hizo parte del roteiro del Monte Pornedo este fin de semana, tuvo oportunidad de observar dichos yacimientos arqueológicos con los que el Concello de Pontevedra pone en valor dicho suelo.

“No entendemos cómo el Concello de Marín puede tomar una posición tan opuesta al de Pontevedra, habida cuenta el valor patrimonial y histórico que contiene este monte”, valoró. “Esto es grave, pues si en un futuro Marín precisara de un polígono industrial, su construcción se llevaría a cabo en dicho monte, el cual es actualmente de uso y disfrute del vecindario marinense”.


 

Noticias de Vigo, 25 marzo 2017

O deputado provincial, Xosé Lois Jácome (Coalición SON), levará as demandas do Monte Pituco e a posta en valor dos muíños de Loira á Deputación

“Nós queremos apoiar as asociacións que están traballando na defensa do Monte Pituco, especialmente no plano divulgativo, a través da posta en valor do patrimonio arqueolóxico e da promoción deste enclave como espazo de interese ambiental e paisaxístico. O deputado provincial, amosa o seu absoluto apoio ás reivindicacións destes colectivos e rexeita enerxicamente a posible construción dun polígono industrial nesta zona natural de lecer”.


 

Faro, 26 marzo 2017

Marea lleva la “contaminación acústica” del puerto al Congreso

Pregunta al Gobierno sobre la playa de Aguete – Apoya a los colectivos que demandan la protección ambiental de Monte Pituco

“El diputado provincial Xosé Lois Jácome mantuvo ayer una reunión con los ediles de Marea de Marín y miembros de la asociación Monte Pituco en Defensa do Monte Pornedo. El PXOM de Marín ha catalogado el espacio del Monte Pornedo como suelo industrial. Al lado del también conocido como Monte Pituco está el límite administrativo con el municipio de Pontevedra, que ha clasificado el suelo como de interés arqueológico. “Nos encontramos ante dos figuras urbanísticas totalmente contrarias y separadas por una línea imaginaria”, expone el diputado provincial. Xosé Lois Jácome indicó que “no entendemos como el Concello de Marín puede tomar una posición tan opuesta al de Pontevedra, habida cuenta el valor patrimonial y histórico que contiene este monte”. Por eso Marea apoya las reivindicaciones de los colectivos sociales que como Defensa do Monte Pituco demanda una protección del entorno y una calificación medioambiental para este suelo”.


Twitter de Xosé Lois Jácome
Twitter de Xosé Lois Jácome
jacometwit2
Twitter de Xosé Lois Jácome
Publicado por: MontePituco | 25/03/2017

VISITA DA MAREA MARÍN E X.L. JÁCOME AO ‘BALCÓN DA RÍA’

Xosé Lois Jácome e Marea Marín no 'balcón da ría

Pareceulle “absurdo”. Iso dixo cando lle explicamos ao deputado provincial da Marea na Deputación de Pontevedra, Xosé Lois Jácome, que o Monte Pornedo está clasificado no PXOM de Marín como solo industrial, e que xusto ao carón -cruzando a liña imaxinaria do límite municipal-, o Concello de Pontevedra ten catalogada esa parte do monte de Lourizán como de interese arqueolóxico.

É que é absurso, ilóxico, incomprensible… Pero así o decidiu a Corporación Municipal que tramitou o planeamento urbanístico; entre eles, un ex-edil de urbanismo que agora afirma que no Monte Pornedo non se vai construír “na vida” ningún polígono industrial porque é “inviable”. E mentres temos que aturar este tipo de revelacións chulescas e extemporáneas, estamos agardando a que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falle non unha, senón dúas demandas interpostas pola Asociación Monte Pituco: unha contra o PXOM de Marín e outra contra o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

Mentres uns políticos torpedean, obstaculizan e ningunean iniciativas a prol da defensa e da conservación deste espazo, outros polo menos interésanse por coñecer as súas problemáticas a pé de campo.

O grupo municipal da Marea Veciñal de Marín reuniuse este sábado con Xosé Lois Jácome para solicitarlle a súa mediación na Deputación de Pontevedra para que se leven a cabo melloras que teñen que ver co noso Concello: a recuperación e a posta en valor dos muíños de Loira, a mellora da seguridade vial -as cunetas están invadidas pola vexetación!- na estrada provincial que dende o cruce de Pardavila pasa polo Pituco e sube ata Figueirido, iluminación no acceso á Variante de Marín -que moitos condutores pasan de longo e dan voltas- no lugar de A Pena, recordarlle a proposta para poñerlle o nome de Xan Montenegro ao treito da estrada de San Xulián onde se instalaron as beirarrúas polas que tanto loitou este activista veciñal…

A xuntanza foi posterior á visita polo Monte Pituco, que comezou na arboreda, onde edís da Marea de Marín lle explicaron dunha parte a situación do Porto de Marín e as propostas para que se incremente o uso social das instalacións da Escola Naval.

Ao longo do treito pola pista forestal do Pituco, Xosé Lois Jácome coñeceu non só os aspectos políticos que marcaron a clasificación deste monte como solo industrial, primeiro no PXOM municipal, despois ao quedar incluído no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia. Tamén lle explicamos a pertenza deste enclave ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: unha iniciativa impulsada en principio por unha comisión técnica da que formou parte a Asociación Monte Pituco e asumida posteriormente polas comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián.

Precisamente, o que se lle solicitou ao deputado provincial foi apoio para que a Deputación se interese polo valioso e abundante patrimonio arqueolóxico existente no Monte Pituco, para que esta contorna forme parte dos roteiros recomendados para a práctica do sendeirismo, para que se teña en conta o valor cultural, natural e paisaxístico nas iniciativas que impulse o organismo provincial vencelladas aos montes como espazos de lecer cidadán.

Quedamos coas impresións de Xosé Lois Jácome trala visita ao ‘balcón da ría’, compartidas a través das súas canles nas redes sociais: 

“Está claro que é un dos lugares de desfrute da veciñanza marinense. As vistas son espectaculares; non se pode poñer aquí un polígono”

 

 

Publicado por: MontePituco | 24/03/2017

EUCALIPTOS vs. PATRIMONIO PREHISTÓR

Faro, 24 marzo 2017. Entrevista Buenaventura Aparicio

“Hai un gravísimo problema hoxe en día na arqueoloxía que é a eucaliptización. Cando hai 40 anos empecei a prospectar había moito carballo e aínda podías ver a forma dos castros e ter unha perspectiva, un panorama deles. Hoxe en día é imposible. Daquela o castro da Sividade tiña unha vexetación de carballos e agora está cheo de eucaliptos. Para esta exposición utilizamos un dron a fin de obter unha vista aérea e é totalmente imposible; non se ve nada máis que arborado”. 

“Os eucaliptos son un gravísimo problema en todos os sentidos: destrozan coas raíces os petróglifos, as mámoas, e están invadindo totalmente. Non se ven as igrexas nin as aldeas. Onde vías as aldeas con casas, os campos e máis atrás os bosques, agora ves eucaliptos. Están chegando aos pastizais e mesmo nalgúns sitios estanse metendo nas terras de pan, nas agras, que eran lugares sagrados. Ou lle poñemos couto aos eucaliptos ou a paisaxe de Galicia se destrúe”.

Publicado por: MontePituco | 21/03/2017

DÍA FORESTAL MUNDIAL LONXE DO MONTE PITUCO

20170322_083401

Na terra do poeta Miguel Hernández, pero co Monte Pituco no corazón e na mente

21 de marzo, comezo da primavera

Día Forestal Mundial

Día da Poesía

Asturianos de braveza,

vascos de piedra blindada,

valencianos de alegría

y castellanos de alma,

labrados como la tierra

y airosos como las alas;

andaluces de relámpagos,

nacidos entre guitarras

y forjados en los yunques

torrenciales de las lágrimas;

extremeños de centeno,

gallegos de lluvia y calma,

catalanes de firmeza,

aragoneses de casta,

murcianos de dinamita

frutalmente propagada,

leoneses, navarros, dueños

del hambre, el sudor y el hacha,

reyes de la minería

señores de la labranza,

hombres que entre las raíces,

como raíces gallardas,

vais de la vida a la muerte,

vais de la nada a la nada:

yugos os quieren poner

gentes de la hierba mala,

yugos que habéis de dejar

rotos sobre sus espaldas.

Fragmento de ‘Vientos del pueblo me llevan’: Miguel Hernández

 

Publicado por: MontePituco | 17/03/2017

O ‘RAIO VERDE’ NO SOLPOR, DENDE O MIRADOIRO DO PITUCO

Solpor no Monte Pituco (Fotografía: Antonio Costa)

17158993_1560319043996435_4236858185809202352_o

Solpor no Monte Pituco (Fotografía: Antonio Costa)

Solpor no Monte Pituco (Fotografía: Antonio Costa)

17359329_1560318993996440_6167577303973304633_o

Solpor no Monte Pituco (Fotografía: Antonio Costa)Solpor no Monte Pituco (Fotografía: Antonio Costa)

Cando o ánimo está doente e a frustración nos invade vendo a diario as falcatruadas destes malnacidos que nos están a gobernar arruinando o noso territorio, ese que temos prestado dos nosos fillos e netos, faise imprescindible voltar a pisar a terra en desagravio, tentando que nos perdoe polo mal que o estamos a facer consentindo, como bois capados, que nos leven ao matadoiro sen tan sequera facer ademán de resistirnos. Cando no solpor os perfís se van difuminando e a escuridade vai tapando as pegadas das desfeitas que cometemos a diario, un lugar no que relaxarse e gozar dunhas postas de sol impresionantes e, algunhas veces con fortuna chegar a ver o esquivo “raio verde” que nos dá un chisquiño de esperanza de que as cousas poidan mudar, é o Monte Pornedo, ou Pituco, no Concello de Marín, onde a estulticia dos dirixentes actuais do concello -e antes os do BNG- consentiron que no PXOM se incluíra este privilexiado lugar como solo industrial, esquecendo que xa fai máis de catro mil anos os que por alí vivían gravaran as súas creenzas nas pedras que estes malnacidos desprezan. Sirvan estas fotos para dar un aldabonazo nas concencias das xentes de boa vontade que, de seguro, sentiranse avergoñadas de ter esa caste de representantes politicos.

Fotografías e texto: Antonio Costa

Publicado por: MontePituco | 16/03/2017

EN CUNTIS COMBINAN NATUREZA E PATRIMONIO PARA XERAR RIQUEZA

Diario, 14 marzo 2017

Acultureza se pone en marcha para promocionar cultura y naturaleza

Convertir los rasgos culturales y la naturaleza en un reclamo publicitario que sirva para atraer a los visitantes y potenciar la actividad económica del municipio es el objetivo que persigue Acultureza, una empresa creada en Cuntis que se pone en marcha con la pretensión de contar con la participación de los establecimientos de hostelería, comercio y otras actividades (…) En la hoja de ruta de Acultureza también figura la organización de visitas guiadas a los lugares más emblemáticos del municipio. Uno de ellos será siguiendo el itinerario de fuentes termales y otro, Castrolandín. Barreiro indicó que el proyecto trasciende los límites de Cuntis y expuso que quieren incluir otros parajes especialmente significativos de municipios próximos, como Campo Lameiro, Caldas de Reis, Barro y Moraña.

…Dedicado aos que din que “as pedras non dan de comer”…

Publicado por: MontePituco | 15/03/2017

CAMPAÑA CONTRA A VELUTINA EN SAN XULIÁN

Diario, 14 marzo 2017

Medio Ambiente y Depogal informarán a los vecinos de San Xulián sobre la velutina

La ronda de charlas promovidas por el departamento municipal y los apicultores tiene una nueva cita el domingo en Marín de arriba.

Vespa Velutina no Caeiro, San Xulián de Marín

Publicado por: MontePituco | 14/03/2017

ROTEIRO POLOS MONTES DO HÍO

Roteiro pola protección dos Montes do Hío

No último roteiro deste inverno organizado pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo visitamos os monte do Hío, nun traxecto de ida e volta que nos levou dende as areas da praia ata os enormes penedos que coroan a bisbarra.

Seguindo a senda municipal do litoral e o GR-59 da Ecorrota do Morrazo, tamén pasamos polos lugares de A Coviña, Outeiro Negro, Monte do Castro, A Cruz de Castro, As Covas, A Fontenova, A Cruxa, A Fanica, Facho de Hío, Outeiro Batente, A Fanica, A Castiñeira, Igrexario, A Fontenla e Liméns, para rematar na explanada do Frendoal.

Precisamente, a pé de praia destaca o complexo dunar da Enseada de Liméns, un dos máis importantes da comarca e da provincia, que pertence ao espazo natural Barra e Cabo Home, e que está catalogado como chan rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Subsidiarias de Planeamento da provinvia de Pontevedra.

Praia de Limens

Na praia de Liméns, en Cangas

Pasada a ponte antiga de pedra que atravesa o rego de Liméns na súa embocadura, está a calzada empedrada que sobe pola Coviña, con gravados rupestres da Idade do Bronce.

Petroglifo que sobre pola Coviña, preto de Liméns

Petroglifo que sobre pola Coviña, preto de Liméns

Chegamos a Monte do Castro que acolle, como o seu nome indica, un asentamento castrexo da Idade do Ferro, inventariado e catalogado como Patrimonio Cultural de Galiza. Está situado a 150 metros de altitude sobre o nivel do mar, entre as enseadas de Liméns e de Barra. A zona presenta numerosas penedías graníticas, pías, alvéolos, cacholas e vestixios dalgún petróglifo da Idade do Bronce. Ademais, posúe unhas impresionantes e amplas vistas panorámicas da entrada da ría de Vigo.

Subida ao Monte do Castro, nos Montes de Hío.

Vistas dende o Monte do Castro, nos montes de Hío.

Dende o Monte do Castro, nos montes de Hío.

DSC_0188

Vistas dende o Monte do Castro, nos montes de Hío.

Outro dos elementos interesantes do percorrido foi o tránsito pola monumental calzada empedrada da Fanica, de gran valor civil e etnográfico.

Vistas dende o lugar da Fanica, nos montes do Hío.

E novamente as vistas panorámicas volveron deixarnos abraiados da beleza da nosa paisaxe. No alto de Outeiro Batente, coa súa caseta de vixianza do Facho de Hío, está a unha altitude duns 241 metros sobre o nivel do mar; trátase pois do punto máis alto de toda a subpenínsula da parroquia do Hío- anexa á península do Morrazo polo Viso, entre o humidal da Lagoa de Vilariño e o complexo dunar de Liméns-.

Vistas de Cíes dende Outeiro Batente, nos montes de Hío.

DSC_0194

Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Neste alto tamén se localizan petróglifos, como o do Alto da Serra, datadi na Idade do Bronce, e xacementos que se remontan ao neolítico e o medievo, como o da Cova da Loba e o Corral de Barra.

Dende Outeiro Batente tamén se poden divisar os montes da parroquia en toda a súa extensión, así como as entradas das rías de Vigo e de Pontevedra a través da Enseadas de Barra e de Aldán, respectivamente.

A paisaxe é espectacular, dominando sobre o complexo dunar de Nerga-Barra e Cabo Home ata o Facho de Donón, que pertencen ao espazo natural protexido pola Rede Natura da Costa da Vela. En fronte pódese gozar da impoñente silueta das Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Pola marxe que dá á Enseada de Aldán, vense unhas non menos fermosas panorámicas da Serra da Madalena e do Monte Borrallido, do espazo natural protexido pola Rede Natura de Cabo Udra, e das Illas Ons ao fondo, igualmente incluídas no Parque das Illas Atlánticas.

Os montes conteñen varios hábitats de interese comunitario -vexetación pioneira na rocha silícea, breixeiras secas europeas, vexetación oromediterranea con presenza de toxeira e xesteira, carballeiras galaico portuguesas, bosques aluviais e brañas húmidas atlánticas-.

Xa en Hío, foi obrigada a parada diante do núcleo rural do Igrexario, con mostras de arquitectura popular e civil. Un dos monumentos máis sobranceitos neste punto é, a nivel relixioso, a igrexa románica do século XII de Santo André e o famoso cruceiro de estilo barroco de finais do século XIX.

Portal da casa parroquial de Hío

Interior da casa parroquial do Hío.

Cruceiro e igrexa do Hío.

Cruceiro do Hío.

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo as principais afeccións para os montes da parroquia do Hio nas últimas décadas foron os monocultivos forestais, a eucaliptización, os incendios forestais, as cortas indiscriminadas, a falta de silvicultura, o espallamento de especies doutras especies de flora invasora, as canteiras, as verteduras de terras e entullos, a instalación de antenas de telecomunicacións e os novos viais de acceso ás mesmas, a colocación de torretas e cableados aéreos de tendido eléctrico, a instalación de pozas de auga contraincendios, a presión urbanística residencial e o abandono e falta de posta en valor do patrimonio cultural.

Narcisos, no núcleo rural do Hío

 

Preto do núcleo rural de Liméns

De cara ao futuro, a Plataforma segue advertindo contra a persistencia dos monocultivos forestais e da eucaliptización. Mais tamén da existencia dunha solicitude para instalar unha grande antena de telefonía móbil por parte da multinacional France Telecom na área de protección do Monte do Castro.

Estrutura para a instalación dunha antena, no Monte do Castro

En marzo do 2012 a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta de Galiza que os montes da parroquia do Hío, como corredor ecolóxico, figuraran como espazo ampliable á solicitude de ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que, a nome de Montes e Carballeiras do Morrazo, acollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo e o Carballal de Coiro.

En xullo de 2015 a Plataforma solicitoulle tamén ao Concello de Cangas para estes montes a catalogación de Espazo Natural de Interese Local (ENIL). En abril de 2016 solicitoulle á Xunta de Galiza a clasificación para estes montes de Área de Especial Importancia Paisaxística (AEIP) así como varios Lugares de Especial Importancia Paisaxística (LEIP) para o Monte do Castro, Outeiro Negro, Alto da Fanica, Outeiro Batente, Outeiro da Vela e Outeiro das Hedras, dentro do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Palco para a festa do Entroido en Liméns

No núcleo rural de Liméns

[Texto, adaptación do artigo de Cándido Martínez para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo / Fotos, Asociación Monte Pituco]

Publicado por: MontePituco | 13/03/2017

PETROGLIFO DO PORNEDO: RECONSTITUCIÓN DIXITAL

Petroglifo do Pornedo: reconstitución dixital, por Antonio Costa

Non podiamos comezar a semana de mellor maneira que con este AGASALLO -así, en maiúsculas- do amigo Antonio Costa. A reconstitución dixital 3D que está realizando de numerosos petróglifos espallados por Galicia adiante é unha contribución impagable ao coñecemento, divulgación e estudo do noso patrimonio.

Agora, o grupo nº1 do Conxunto Rupestre do Pornedo, no monte veciñal de San Xulián de Marín, súmase a esa destacada colección súa de estampas nas que, grazas á pericia de Antonio coa cámara e á axuda da tecnoloxía, podemos apreciar con máis nitidez e claridade da nunca os sucos que se gravaron na pedra aló pola Idade do Bronce, hai máis de 4.000 anos, representando motivos circulares e mesmo armas.

Lamentablemente, este fantástico gravado, que nada ten que envexar en valor histórico e artístico a outros Bens de Interese Cultural (BIC) con máis recoñecemento institucional, está AFECTADO -así, en maiúsculas (bis)- polo proxecto de construcción dun polígono industrial cun impacto brutal en plena fachada litoral da vila.

Pero co noso esforzo, cos nosos modestos recursos, e coa xenerosa achega de Antonio e doutros benqueridos amig@s do ‘balcón da ría’, seguimos e seguiremos berrando: No Monte Pituco (Pornedo), POLÍGONO NON!

Con este texto ilustra o propio Antonio Costa este traballo:

O PP que goberna o Concello de Marín so ten ollos para todo aquilo que poda producirlle beneficios, aínda que iso supoña sacar o mar -ao que tanto lle debe- da paisaxe marinense, ou pretender acabar coas paraxes mais fermosas do concello, como o Monte Pituco, ainda hoxe declarado como solo industrial a pesar da inmensa riqueza paisaxistica e arqueolóxica da zona. Tanto é así que nin sequera nos seus plans turisticos se contempla un roteiro que recorra as ducias de petróglifos que, á parte dos tres de Mogor, inzan o seu territorio. Sirva de exemplo a rocha nº1 do Pornedo, coas suas combinacións circulares, a sua serpe similar á da Pedra da Moura Encantada, e a representación de dúas armas: un puñal de folla triangular e unha espada ancha.

Antonio Costa, en Pinal de Caeiro
Publicado por: MontePituco | 11/03/2017

EN MOAÑA, CONTRA A ‘EUCALIPTIZACIÓN’

Acacias e eucaliptos invaden o bosque.

Vimos de participar en Moaña nunha xuntanza impulsada polos colectivos ecoloxistas Luita Verde y Erva, co lema “Contra a eucaliptización do país”. Crear unha rede de colectivos a nivel autonómico para poñer en valor os montes galegos a través da súa xestión racional respectando a paisaxe e a biodiversidade, e elaborar unha resposta común para frear a implantación do eucalipto son os obxectivos primordiais desta iniciativa.

Participaron preto dunha vintena de representantes de asociacións do suroeste galego e persoas a título individual que durante as case tres horas que durou o encontro puxeron en común ideas e propostas de traballo enfocadas a evitar o que Erva sospeita que se nos botará enriba no futuro: o abandono de entre 250.000 e 300.000 hectáreas de terreo -moitas delas polo peche de explotacións lácteas- que se acabarían dedicando á plantación de eucalipto.

O voceiro de Erva, Pedro Alonso, advertiu que isto tería unha incidencia “gravísima” nos montes e nas terras agrarias, posto que uns terreos que actualmente son fértiles converteríanse en solo forestal.

Tanta é a expectación e as expectativas que esta primera cita está suscitando noutros colectivos espallados polo resto de Galicia que, nas próximas semanas, vanse celebrar máis asembleas coma esta en cinco bisbarras. Se esta rede de colectivos consegue callar e artellarse, cousa que sería o máis desexable, dende Erva calculan que en aproximadamente mes e medio xa se podería convocar unha xuntanza de ámbito galego. 

E como é che chegamos a este extremo, que miremos a onde miremos non vexamos máis que eucaliptos? Erva e Luita Verde sosteñen que a eucaliptización de Galicia é o resultado dunha “alianza” entre un lobby promovido por Ence e os responsables da política de montes desenvolvida polo PP durante o tempo que dirixiu o Goberno galego.

Manifestación Ence Fóra da Ría: 29 xaneiro 2016.

Tamén advertiron que trala revisión do Plan Forestal de 1992 a Xunta deu “patente de corso” para que primase un modelo “monte-industria”, capitalizado pola empresa Ence. A partir de agora, e aquí vén o máis preocupante, comezaría unha nova etapa cara a outro escenario onde xa se vai afectar “ao máis íntimo” -na expresión que utilizou Pedro Alonso- dos recursos do noso país.

Por riba, a presenza do eucalipto exténdese mesmo ata áreas da Rede Natura. O voceiro de Luita Verde e da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Cándido Martínez, criticou que os espazos protexidos en Galicia só cobren o 13% do territorio galego, cando a media de áreas protexidas a nivel estatal ronda o 27%. De aí que animase a incluir na futura táboa reivindicativa que saia destes encontros un punto referente á ampliación da Rede Natura ata polo menos o 22%. 

Entre os participantes nesta primeira xuntanza había representantes de organizacións vencelladas non só ao movemento ecoloxista, senón tamén ao sindicalismo agrario, ao eido cultural e educativo, ao monte comunal e tamén propietarios de monte privado. 

Apostar pola re-educación da sociedade botando abaixo os argumentos da industria madeireira e enerxética sobre as vantaxes da plantación de eucaliptos, actuar no plano político para que se chegue a pór en marcha unha lei de ordenación de usos das terras, e propoñer alternativas ao cultivo de eucalipto foron algunhas das propostas que xurdiron nesta primeira toma de contacto.

Tamén se falou da necesidade de involucrar os concellos no control da masificación do eucalipto. Como exemplo, a Irmandade Illa de Tambo anunciou a súa intención de trasladar aos municipios de Moaña, Cangas, Bueu e Marín unha moción que vén de aprobarse por primeira vez en Poio, co voto unánime da Corporación municipal, a través da declaración do eucalipto como “especie invasora”. 

Haberá que ficar atentos a como evolucione esta nova iniciativa e seguir apostando por uns montes multifuncionais, sostibles e respectuosos coa biodiversidade.

Publicado por: MontePituco | 09/03/2017

ARTIGO DE OPINIÓN SOBRE PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Salvando todas as diferenzas ideolóxicas que nos separan, ata o propio Manuel Torres vén de publicar no Faro de Vigo un artigo en defensa do patrimonio arqueolóxico e reclamándolle ao Concello de Marín que se estude “exhaustivamente, para que no quede ninguno, por mínimo que parezca, y así disponer de un catálogo donde estén referido todo nuestro patrimonio, para difundirlo adecuadamente”.

Faro, 9 marzo 2017

Publicado por: MontePituco | 08/03/2017

PLENO DE MARZO: SEGUIMOS CO PATRIMONIO (OU NON)

Hoxe celebouse o Pleno da Corporación Municipal de Marín correspondente ao mes de marzo. Na orde do día NON figura a moción urxente de Marea Veciñal de Marín relacionada co Plan de Protección dos Conxuntos Arqueolóxicos existentes no Concello. Na comisión informativa de Cultura que se celebrou a semana pasada, e na que tivo a oportunidade de participar como invitado o arqueólogo Álvaro Arizaga, acordaron que este asunto quedaba adiado na axenda do pleno para que os partidos afondasen nos argumentos expostos por Arizaga, e que se sustancian na “Carta aberta” que este profesor da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais decidiu facer pública cando na sesión de febreiro non se lle permitiu tomar a palabra ao quedar rexeitada a urxencia da moción da Marea.

A situación do  patrimonio cultural é “urxente”, di Álvaro Arizaga, e dío calquera con sensibilidade e preocupación, agás para unha parte maioritaria da Corporación.

Como nota positiva, destacar que as compañeiras e compañeiros es da Plataforma Salvemos o Castro de Montealegre están de noraboa:

A Corporación Municipal de Marín acaba de aprobar por unanimidade a moción da Marea Veciñal a prol da conservación do castro!

…Contra pronóstico, tendo en conta a maioría absoluta do PP no Concello…

O punto da moción aprobada di: “A Corporación de Marin e o seu Concello pronunciaranse en defensa do castro de Montealegre, e así llo notificará á Xunta, solicitando a esta a modificación do trazado para, deste xeito, salvagardar o castro”.

dsc_2580

Publicado por: MontePituco | 07/03/2017

VIMIANZO MERCA TERREOS CON VALOR ARQUEOLÓXICO

Esta semana comezaba coa noticia de que o Concello de Vimianzo pretende adquirir a propiedade dos terreos con presenza de xacementos arqueolóxicos, especialmente patrimonio megalítico. Neste municipio hai polo menos seis mámoas catalogadas e postas en valor a través dunha “Ruta dos dolmens“.

Para iso, convocou a máis de medio cento de veciños e veciñas aos que o alcalde, Manuel Antelo, lles explicou que a fórmula para que o Concello sexa titular das parcelas podía ser “a través de compras, permutas ou cesións de uso”. O alcalde, que estaba acompañado polo arqueólogo Fernando Carrera, tamén lles trasladou aos propietarios a posibilidade de informalos sobre os usos que poden facer deses terreos, así como dos permisos que deben solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio para realizar talas de arborado ou plantacións, polas especiais características destes espazos de interese histórico e cultural.

 

Concello de Vimianzo

Máis de medio cento de veciñas e veciños acoden a charla informativa sobre o patrimonio megalítico

 

A raíz da súa participación nesa xuntanza municipal, na edición de Carballo do diario La Voz de Galicia publícase hoxe unha entrevista con Fernando Carrera, profesor na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 

 

Fernando Carrera, arqueólogo (foto: Capotillo / La Voz)

«El principal cáncer del patrimonio es el desconocimiento social que existe»

El profesor coruñés reclama más y mejores iniciativas de divulgación cultural

V. LADO. CEE / LA VOZ 07/03/2017

El arqueólogo Fernando Carrera Ramírez (A Coruña, 1963), una de las principales autoridades sobre todo lo que tiene que ver con megalitismo en el país, dice que Dombate dirigió su vida profesional y por ello siempre muestra una especial sensibilidad hacia el patrimonio de la Costa da Morte. De ahí que considere «muy enriquecedora», la charla que mantuvo el viernes con los propietarios de Vimianzo en cuyos terrenos hay mámoas y otros yacimientos.

-¿Qué le hace más daño al patrimonio, la falta de inversiones de la Administración o el desconocimiento de la gente?

-Todo forma parte de lo mismo. Son dos patas del mismo problema. El principal cáncer del patrimonio es el desconocimiento social que existe y que se debe también a la falta de inversiones para divulgarlo. La pregunta es cómo lo arreglamos. En 30 años de transferencia de las competencias a Galicia no se ha abordado y, en parte, eso obedece a que no existe un requerimiento social.

-¿El Parque do Megalitismo puede ser un buen ejemplo?

-Yo no participé directamente, pero me parece un proyecto magnífico, muy apasionante que creó unas expectativas sociales muy altas. No cristalizó y también era un proyecto muy de la época, megalómano podemos decir, e insostenible para la economía real. Por eso creo que habría que reconducirlo hacia algo que se pueda hacer y se pueda mantener. El patrimonio es rentable y no solo por la riqueza indirecta que genera, sino en sí mismo. No evidentemente desde una perspectiva capitalista de enriquecimiento económico, pero sí desde la óptica de la sostenibilidad y la viabilidad.

-¿Cómo se le explica a un profano que debajo de un campo en el que solo se ven zarzas hay milenios de historia?

-Esto es muy interesante para los técnicos a los que nos gusta el reconocimiento social. Los arqueólogos hemos construido un lenguaje infumable y no hemos sido capaces de transmitir. Por eso me pareció tan enriquecedora la charla del viernes en la que no estábamos hablando con cualquiera, sino con los dueños de los terrenos en los que están los dólmenes. En general sabían que allí había cosas, pero no tenían ni idea de lo que era. A la gente, si se le informa, responde y en este caso tienen un patrimonio magnífico que hay que invitarles a verlo con orgullo, porque es nuestra herencia y el testimonio de sus antecesores. Yo trabajo en restauración y conservación, pero veo que el problema es de comunicación. La dificultad existe, pero es solventable si establecemos las estrategias correctas, con un lenguaje sencillo y claro. Lito [Eiroa, el guía de Dombate] es un ejemplo de esto. La gente sale de allí entendido de que se trata y lo que significaba. Si esto se extendiese, la gente lo defendería mucho más y demandaría inversión para protegerlo y conocerlo.

-En cambio, los bienes se ven muchas veces como problemas.

-Claro, es que no es un problema de dinero. Sí que hace falta algo de inversión, pero en Vimianzo nos decían que ellos quisieran cuidar mejor eso, pero no saben cómo hacerlo, a quién recurrir… Por eso lo que la gente necesita es un lenguaje adecuado, trámites sencillos y tiempos de respuesta adecuados. De ahí que yo insista en que hay que contar con las comunidades de montes, las asociaciones vecinales, culturales… porque hacen un trabajo magnífico y esta es una tarea de toda la sociedad, un objetivo compartido. Y la gente, en general, tiene buena voluntad. Con el trato adecuado, responde.

 

Fernando Carrera é un dos profesionais citados por Álvaro Arizaga -que tamén imparte clases na Escola de Conservación e Restauración- na charla que impartiu recentemente no Ateneo Santa Cecilia.

O tratamento do Concello de Vimianzo con respecto ao patrimonio arqueolóxico contrasta coa percepción que o Concello de Marín ten do seu propio patrimonio: mentres que a localidade coruñesa está disposta a incorporar ao catálogo de bens municipais unhas construccións milenarias para garantir a súa preservación, entendéndoas como bens públicos, na nosa vila a titularidade de determinados terreos -o monte veciñal, onde se atopan a inmensa maioría dos petroglifos e das mámoas- enténdese como un problema e non parece haber vontade política para propoñer alternativas que, á vista do exemplo de Vimianzo, son viables.

Por riba, o Goberno local de Vimianzo adiántase aos problemas. A diferenza do que ten sucedido en Marín nos últimos meses -talas ilegais no castro da Subidá, agresións aos gravados rupestres do Pornedo e da Carrasca como consecuencia de desbroces realizados sen sinalización previa nin supervisión técnica- o rexedor de Vimianzo toma a iniciativa de informar aos propietarios de terreos susceptibles de estar ‘afectados’ por Patrimonio do que están autorizados a facer nas súas parcelas para evitar danos ou perdas nos xacementos, ao tempo que poden seguir facendo un aproveitamento das súas terras dun xeito compatible cos bens que se localizan neles. 

…Así se fan as cousas. Un exemplo a ter en conta. Un espello no que mirarse…

 

Publicado por: MontePituco | 06/03/2017

CONTRA A EUCALIPTIZACIÓN DE GALICIA

A maior parte da masa forestal da parroquia son eucaliptos.

Co lema “Contra a eucaliptización do país”, e para traballar a prol dunha “xestión racional dos nosos montes que respecte a paisaxe e a biodiversidade”, os colectivos ecoloxistas Luita Verde e Erva convocan para este sábado 11 de marzo, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura Daniel Castelao de Quintela, en Moaña, unha asemblea para colectivos e asociacións da provincia de Pontevedra.

Presentan a convocatoria co seguinte comunicado:

Somos conscientes de que nos últimos anos na nosa terra o avance da superficie ocupada polo eucalipto foi imparable. En moitos casos, foi posible a costa da transformación de prados gandeiros, da corta de masas de árbores autóctonas ou da sustitución de parcelas de monte que estaban a piñeiros. Na actualidade, un novo uso do eucalipto ameaza a biodiversidade, a paisaxe, a cultura e mesmo a economía rurais: o seu potencial uso como especie fornecedora de materia prima para centrais de biomasa.

A eucaliptización da nosa terra non é un proceso novo. É o resultado dunha alianza entre un lobby, o promovido pola empresa ENCE, e as autoridades responsables que levan a política de monte nos sucesivos gobernos do PP na Xunta. Como resultado desa alianza, amplas superficies das comarcas do interior, mesmo á beira da capital do país seguindo o Camiño de Santiago, están sendo arrasadas por plantíos de eucalipto.

Nin rastro queda das nosas árbores, desaloxadas sen contemplación e, con elas, tamén a paisaxe tradicional galega.

Pola contra, masas puras ou mixtas de eucaliptos multiplícanse desordenadamente por gran parte do territorio galego -dende o interior ata a costa-, que se encontra desprotexido ante esta invasión, mesmo en áreas da Rede Natura, un conxunto de espazos que apenas supón o 13% da superficie do país.

Un proceso, pois, que ameaza non só as nosas fragas, carballeiras, hábitats de interese e espazos naturais de gran valor. O desleixo é tal que ata os sectores produtivos básicos para a pervivencia do noso medio rural están en perigo. Mais sabemos que o PP debe aprobar un novo instrumento de planificación forestal e distintas normas de protección da paisaxe. E abordar, tamén, unha mudanza na xestión dos espazos protexidos.

Agora, despois de décadas de desordenación forestal e de desprotección ambiental, é o momento de pór na axenda social, comunicativa e política un problema que ten graves consecuencias para o noso mundo rural, a súa economía, cultura, paisaxe e biodiversidade. 

Con este propósito, a asemblea programada en Moaña pretende que os asistentes a este encontro poidan debater e contrastar as posibilidades de organizar a nivel autonómico “unha resposta a curto prazo contra a eucaliptización da nosa terra, envolvendo nela a cantas organizacións, colectivos e persoas sintan a necesidade de pór na axenda outra visión dos nosos montes e das nosas árbores”.

Tamén se vai expoñer a posibilidade de artellar unha asociación específica para “reivindicar o valor das nosas árbores, dos nosos bosques e desa outra visión dos montes, con capacidade para a intervención social, xurídica e técnica”.

 

Publicado por: MontePituco | 28/02/2017

CHARLA DE ÁLVARO ARIZAGA (II): INTERVENCIÓNS DO PÚBLICO

Charla de Álvaro Arizaga no Ateneo: "O patrimonio cultural de Marín, unha situación de urxencia"

Se a conferencia de Álvaro Arizaga foi ilustrativa e clarificadora para que ao público lle quedasen perfectamente plasmados os argumentos nos que fundamentou a situación de urxencia na que se atopa o patrimonio cultural, as súas achegas víronse enriquecidas co coloquio posterior, no que interviron cando menos representantes de dous dos colectivos -ou máis ben tres, contando a Asociación Monte Pituco- que denunciaron as agresións aos conxuntos rupestres de Pornedo e A Carrasca: Cándido Martínez, do colectivo ecoloxista Luita Verde e representante da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo; e Antonio Costa, da Irmandade Illa de Tambo.

Precisamente, este último afirmou que “non son inocentes os erros” que presentan planeamentos urbanísticos como o de Marín a propósito das deficiencias na catalogación dos xacementos arqueolóxicos ou doutros bens culturais susceptibles de protección. Denunciou tamén que existen “moitas dificultades” para que prosperen as denuncias ou as reclamacións da cidadanía referentes ao estado do patrimonio.

Álvaro Arizaga fixo unha comparanza entre os concellos de Marín e de Moaña a conta de dúas obras que afectaron negativamente ao patrimonio dos dous municipios: por unha parte, o Corredor do Morrazo e os danos que conlevou ao castro de Montealegre -agora tristemente volve estar de actualidade pola ampliación desta infraestrutura, que leva por diante unha parte moi significativa do antigo poboado castrexo-; por outra, a Variante de Marín, que supuxo a realización de prospeccións arqueolóxicas das que non hai “nada publicado”, co ‘silencio informativo’ que conleva que os profesionais e a sociedade non teñamos acceso a datos que poden ser relevantes para o coñecemento da historia e do patrimonio; e onde por riba, como xa recordara Arizaga ao comezo da súa intervención ao referirse a Xan Montenegro, se aterrou un petroglifo no lugar de A Pena, malia as advertencias e os avisos da súa existencia.

Petroglifo aterrado nas obras da Variante, malia as advertencias de Xan Montenegro

Pero había alguén entre o público que non foi a esta charla para informarse, nin para aprender; que nin tan sequera tiña a máis mínima predisposición a mudar de opinión se os datos achegados polo ponente resultaban -como así foi- dunha contundencia aplastante. Había alguén entre o público que tivo responsabilidades políticas directas, nin máis nin menos que na concellaría de Urbanismo durante a tramitación do PXOM, e que foi alí para intentar xustificar a súa xestión diante do medio cento de persoas que asistían á conferencia.

…Sí, á conferencia. Non a un mitin político. Porque foi empezar falar o ex-concelleiro de Urbanismo, e empezar a vérselle o plumeiro, e empezar acto seguido a erguerse boa parte do público.

Tomou nota de todo canto dixo Arizaga que lle puidera deixar en mal lugar referente pola súa responsabilidade no resultado final do PXOM, ou evidenciar o desleixo do Concello en materia de Cultura. E punto por punto foi ‘apuntillando’ mentres o conferenciante mantiña un impoluto silencio; en realidade xa todo estaba dito e plasmado en imaxes claras, concisas, contundentes: os erros de bulto cometidos na catalogación do patrimonio arqueolóxico, as alegacións ignoradas, as consecuencias actuais daquel desaguisado. A réplica pseudo-política non deixaban de ser excusas de mal pagador:

…Sobre a destrucción da mámoa de Pedralonga, que o monte está conveniado coa Xunta.

…Sobre o monte da Subidá, que estaba abandonado e que grazas aos fondos do Plan Arela se excavou pero que por culpa do cambio de goberno paralizouse o plan director que pretendía ampliar a prospección.

…Sobre o PXOM, que a empresa redactora era de Logroño pero que fora así porque gañara o concurso público.

…Sobre o desastre do inventariado arqueolóxico realizado polos técnicos do PXOM, que as coordenadas de localización dos xacementos eran de 1994. “Déronmos a min”, afirmou, botándolle a culpa á Xunta porque “aprobou o catálogo”.

…Sobre a clasificación do espazo que ocupan os petroglifos de Mogor como solo urbano consolidado, quixo insistir en que “non é certo que se poida construir en Mogor”, apelando á liña de protección de Costas e á área de cautela dos propios xacementos arqueolóxicos.

Por falar, ata se enredou na tala forestal realizada no castro da Subidá, argumentando que “ten que ter permiso”. No seu crecente nivel de auto-disculpa chegou mesmo a explicar que se catalogaran “todos os hórreos como se tiveran 100 anos, cando non é así”.

…Que curiosas este tipo de afirmacións. Xusto o contrario do que en certa ocasión dixeron os técnicos do PXOM na Casa de Montes de San Xulián con motivo da presentación do planeamento, en tanto detectaran que empezaran a ‘desaparecer’ hórreos.

E xa o colmo do victimismo foi para laiarse de que o PXOM estivera “case dous anos pendente do informe definitivo da Xunta”, precisamente a causa dos obstáculos da Dirección Xeral de Patrimonio, para “trincar” a posibilidade da súa aprobación no mandato daquel goberno do que el formou parte e favorecer que puidera ser co Pp, que gañou as seguintes eleccións municipais, co que saíse adiante e se aprobase.

…Que habilidade para adaptar as circunstancias aos seus intereses: para xustificar que o catálgo arqueolóxico do PXOM de Marín era correcto, pon por diante que Patrimonio dálle o seu visto bo. Para, a renglón seguido, falar do malos que foron en Patrimonio por pouco menos que obstaculizar a urxente necesidade que tiñan de aprobar o planeamento…

Ante as excusas esdrúxulas, con mencións ao perímetro de cautela dos xacementos, a pregunta formulada por DEFENDE O MONTE PITUCO viña ‘que nin pintada’:

“Como é posible que no límite administrativo entre o Concello de Pontevedra e o Concello de Marín, a parte pontevedresa que corresponde ao monte veciñal de Lourizán estea clasificada como solo de interese arqueolóxico, e ao otro lado desa liña imaxinaria, na parte marinense que corresponde co monte veciñal de San Xulián, se catalogase como solo industrial?”

“Acaso non se produce un agravio comparativo cando se afirma que a carón dos petroglifos de Mogor non se vai construír porque existe unha área de cautela dos xacementos que hai que respectar, e sen embargo, sí sexa posible instalar un polígono industrial no Monte Pituco, onde hai varios conxuntos arqueolóxicos afectando eses terreos e mermando a súa capacidade para erguer naves, polo mesmo principio de cautela patrimonial?”

A resposta de Álvaro Arizaga a esta cuestión foi breve pero suficiente para pechar bocas: “Non está ben valorado dende o punto de vista arqueolóxico”, afirmou sobre a situación na que quedou o Monte Pituco dende o punto de vista urbanístico. 

Intercedeu tamén Cándido Martínez para lembrar que existe unha gran zona arqueolóxica que abrangue dende Salcedo ata Gagán, e que en Marín tamén ocupa unha parte importante. Neste sentido, lembrou que unha parte do patrimonio arqueolóxico marinense -Sete Camiños, Pornedo e Pinal de Caeiro- está representado no Espazo Sete Camiños, pero que non todo está posto en valor, en alusión aos complexos rupestres da Carrasca e de Champás. De aí que apostase por enlazar o Espazo Sete Camiños a través destes últimos xacementos con Chan de Castiñeiras e a Ruta das Mámoas.

“É ben triste a frase de que en Galicia sobra patrimonio. Sobra porque estorba”, engadiu o voceiro de Luita Verde e da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. “Cando se descobre e se procesa, ten protección; outra cousa é que non faga”, lamentou Cándido Martínez, que tamén insistiu en que estes elementos arqueolóxicos teñen a catalogación de Bens de Interese Cultural, coa mesma protección que a catedral de Santiago, coa diferenza de que para a Administración “o patrimonio pagán non se ten en conta”. 

A continuación, Arizaga volveu tomar a palabra para abundar na contestación sobre a clasificación do Pituco como solo industrial:

“Non é unha opción correcta. E a miña opinión persoal é que ademais supón unha aberración paisaxística”.

Volveu interpelar Cándido Martínez para denunciar a “especulación urbanística” que houbo detrás da tramitación urbanística do PXOM marinense, onde se chegaron a contemplar ata cinco áreas industriais. “Era o boom; e así andamos agora, coa Xunta intentando vender parcelas como sexa, cando preto de Marín xa hai áreas industrializadas”, puntualizou, ao que Arizaga engadiu tamén o impacto do parque eólico proxectado no alto do Morrazo, ao que Martínez sumou tamén os proxectos mineiros que baralla o Goberno galego.

 Pero sempre hai quen ten máis que dicir, quen actúa como o aceite para quedar sempre por riba da auga. O ex-concelleiro de Urbanismo non podía consentir que a súa xestión fose tan cuestionada e criticada…

“O parque empresarial proxectado no Pituco vén de antigo, dos anos 80; houbo un debate profundo”, comezou afirmando, como descargándose a culpa da clasificación que se lle deu a este espazo. Intentando minimizar -ou disfrazar- o impacto do que sexa que se puidera construír no Pituco, o ex-edil tratou de xustificar que non era o mesmo un polígono industrial que comercial, como disculpando que aquel Goberno local do que formou parte o que intentaba era buscar “zonas para situar empresas”.

A guinda da súa torpeza, o colmo da desvergoña, o summum da prepotencia foi pronunciar as seguintes palabras, que ben poderían quedar gravadas para a posteridade: 

“Decidiuse manter ese parque no Monte Pituco porque É INVIABLE. NON SE VAI DESENVOLVER NA VIDA. Vendo a situación dos outros, optouse por manter iso”. 

E quedou tan ancho. Tan ancho como alto.

E aínda que as súas lamentables, patéticas, irresponsables, prepotentes, tóxicas palabras precisaban unha contestación acorde -primeiro, porque o motivo da charla non era a xustificación de como nin por que o seu partido tramitara o PXOM dun xeito tan ortopédico; e segundo, porque non era quen para monopolizar as intervencións ao seu favor nin no seu beneficio, nin a prol da súa propia imaxe-  o presidente do Ateneo puxo fin á conferencia. 

…Xusto a tempo de evitar que alguén do público lle chamase a atención por vir alí só para intentar politizar a charla e para “falar do seu libro”…

Publicado por: MontePituco | 27/02/2017

PIFIAS DO CATÁLOGO ARQUEOLÓXICO DO PXOM DE MARÍN NO PITUCO

Charla de Álvaro Arizaga no Ateneo Santa Cecilia

Unha cousa é que cho conten e outra é velo, negro sobre branco -ou en colores-.

A charla de Álvaro Arizaga foi abondo reveladora como para que calquera veciño/a se decate do mal que se elaborou o catálogo arqueolóxico do PXOM. Non había ningún arqueólogo/a no equipo redactor. O máis parecido, no plano profesional, era unha historiadora.

Este xoves analízase na Comisión Informativa de Cultura -previa ao pleno do día 8 de marzo- a moción da Marea de Marín que propón que o Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico aprobado na sesión deste pasado mes de febreiro comece a elaborarse nun prazo de tempo concreto, que se abra á participación dos colectivos, profesionais e expertos na materia, e que se expoñe publicamente unha vez rematado.

Non houbo ningún representante do Goberno local de Marín na conferencia que Arizaga impartiu no Ateneo Santa Cecilia. Pero o arqueólogo marinense, profesor na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, foi invitado -a petición da Marea- a participar na Comisión Informativa de Cultura; será o momento para trasladarlles á concelleira de Cultura e aos voceiros doutros grupos políticos a necesidade “urxente” de acometer reformas no PXOM que resolvan as eivas, os erros, as lagoas, os patinazos e as barbaridades que recolle dende o punto de vista do inventariado patrimonial.

En anteriores encontros que Arizaga ten protagonizado coa alcaldesa María Ramallo e algúns integrantes do seu gabinete -dos que a Asociación Monte Pituco foi partícipe- houbo compromiso por parte do Concello de levar a cabo esas melloras. Este é o momento; se non se produce ese compromiso, estaremos ante un clamoroso incumprimento; unha neglixencia, no caso de que se volvan cometer máis agresións ao patrimonio arqueolóxico.

Poden empezar polo Monte Pituco (Pornedo). Aquí hai unhas cantas…

Pifias do catálogo arqueolóxico do PXOM: Pornedo 1

Na parte esquerda da imaxe, a ficha do petroglifo de Pornedo 1 no esperpéntico catálogo arqueolóxico do PXOM de Marín: a primeira foto amosa un gravado de José Meijón feito no século XX para identificar un gravado prehistórico da Idade do Bronce. A foto inferior é un plano xeral do monte que NON corresponde coa ubicación do xacemento.
Na parte dereita, a imaxe real do petróglifo de Pornedo nº1.


 

Pifias do catálogo arqueolóxico do PXOM: Pornedo 2.

Á esquerda, a ficha do grupo nº2 do conxunto rupestre do Pornedo. a descrición do gravado acompáñase con dúas fotografías que corresponden a gravados modernos realizados por José Meijón -cincel en ristre- no século XX.

Na imaxe da dereita, as fotografías dos auténticos gravados rupestres da Idade do Bronce.

INSISTIMOS: Ningún pretendido Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico servirá para algo mentres no planeamento se poidan ler barbaridades coma estas.


 

Pifias do catálogo arqueolóxico do PXOM: Sete Camiños.

Na elaboración da ficha correspondente ao petroglifo de Sete Camiños no catálogo arqueolóxico do PXOM de Marín tamén levaron un traballiño bárbaro!

Descríbeno como “representacións de perfil esquemático con cuadrúpedos e círculo con cazoleta central”. Para rematar a xogada, di textualmente que “non se descarta a presenza doutros gravados nas inmediacións”.
…E para quen queira emular a Indiana Jones na procura do Santo Gravado, ilustran a descrición cunha foto xeral do monte (outra zona totalmente distinta á ubicación real, que non o ían poñer tan fácil)… e veña, sáfate e búscao!

En fin, que o inventario de xacementos do Planeamento urbanístico é unha auténtica aventura, e ben que cobraron os técnicos por elaborar esta gincana. Menos mal que nos quedan expertos en patrimonio local como Paulo Troitiño para facerlle unha foto en condicións ao petroglifo de Sete Camiños (imaxe da dereita).


 

Pifias do catálogo arqueolóxico do PXOM: Pinal de Caeiro.

Se identificar o conxunto rupestre do Pornedo -da Idade do Bronce- con fotos de gravados realizados por José Meijón no século XX é unha burricie supina… como se pode calificar a catalogación do petroglifo de Pinal de Caeiro (coñecido como ‘O Ciclista’) no PXOM de Marín?! Para non variar, a imaxe coa que identifican este gravado rupestre é de calquera outra pedra menos da que corresponde; e para máis despropósito, a continuación sitúase o petroglifo no medio da Variante de Marín, como se fose destruído polas obras.
…Á dereita da comparativa figura a fotografía do petroglifo de Pinal de Caeiro, o de verdade, o que SI existe.

E logo seica queren facer un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico? Como non empecen por corrixir estes gravísimos erros, imos de cranio…

Charla do arqueólogo Álvaro Arizaga no Ateneo: "O patrimonio cultural de Marín, unha situación de urxencia"

A charla organizada polo Ateneo Santa Cecilia co arqueólogo marinense Álvaro Arizaga, profesor da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, para falar sobre a situación de “urxencia” na que se atopa o patrimonio cultural do noso concello foi un éxito de público. Ademais de profesionais da Arqueoloxía e expertos formados de xeito autodidacta, na sala atopábanse tamén representantes das entidades que denunciaron as agresións nos conxuntos rupestres da Carrasca e do Pornedo, que son o cerne de todo este ‘barullo’ que desembocou na presentación dunha moción por parte dunha concelleira do Bng para que se puxera en marcha un Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico; moción que se aprobou sen as enmendas propostas pola vía de urxencia a conta da Marea Veciñal de Marín tras contactar cos colectivos denunciantes e coñecedores da situación; urxencia que deu pé á carta aberta ao Concello de Marín na que Arizaga -que non puido intervir no pleno ao rexeitarse a urxencia da moción da Marea- xustificaba a necesidade de actuar canto antes para evitar futuras agresións e perdas irreparables, comezando pola corrección dos numerosos e graves erros que presenta o catálogo arqueolóxico do PXOM de Marín.

Álvaro Arizaga comezou precisamente remitíndose á dureza desa carta aberta. Así como a urxencia das actuacións que propón “non é matizable”, advertiu, si quixo restarlle certa contundencia ao “ton pesimista” das súas palabras, argumentando que o feito de que a Corporación aprobe elaborar un Plan de Protección do Patrimonio e que o Goberno local estea disposto a “facer algo”, xa é “un éxito”, comentou.

Alén diso, lamentou as “friccións” existentes entre os grupos municipais a causa dun asunto que, en vez de xerar a actual controversia, debería mover os representantes políticos a “chegar a acordos”, e fixo un chamamento a “non meter en liortas” o que teña que ver coa protección e coa conservación do patrimonio cultural.

Ese optimismo levouno mesmo a supoñer que tamén se aprobará a moción que se vai debater no pleno de marzo a instancias da Marea, completando e concretando a moción do Bng sobre o Plan de Protección de Patrimonio. Moito nos gustaría trabucarnos pero, vendo a actitude do Bng e do Pp, non lle auguramos éxito ás propostas dos colectivos e de profesionais como Arizaga canalizadas a través desta nova moción…

Un dos aspectos que máis chamou a atención da carta de Arizaga ten que ver coa existencia de termitas no Templo Antigo, onde se desprenderon dúas columnas dun altar; a raíz desta alerta, coñeceuse a través das redes sociais un testemuño que daba conta de como nunha vivenda da rúa Echegaray un moble se desplomara estragando toda a vaixela que contiña porque as patas de madeira se esfarelaran. É posible que ambos sucesos estean relacionados porque, como explicou Arizaga, as termitas actúan no interior das estruturas de madeira e a súa presenza non se fai visible externamente, ademais de que a través do subsolo poden acceder a outras vivendas onde seguir alimentándose da madeira que atopan.

Román Rodríguez no Templo Antigo de Marín (xuño 2016)

Tamén lamentou que dende a visita do conselleiro de Cultura ao Templo Vello en xuño de 2016 non se volvera saber nada das medidas que de forma “inmediata” se ían aplicar por parte do Goberno galego para frear o deterioro da igrexa.

No capítulo do patrimonio arqueolóxico, ao que dedicou a maior parte da conferencia, Álvaro Arizaga fixo un repaso polos atentados máis recentes cometidos. Ademais dos citados incidentes no conxunto rupestre de Champás, tamén coñecido como Cachada Grande, Arizaga aludiu ao sucedido o pasado verán na Pedra do Labirinto de Marín, cando alguén rañou o gravado cun obxecto contundente “estando aberto o Centro de Interpretación”.

Así como existen “medidas de conservación” para protexer os bens culturais, referiuse aos traballos de prevención que se poden facer para evitar, por exemplo, que un incendio forestal destrúa as manifestacións de arte rupestre. Neste caso, é fundamental desbrozar nos arredores do xacemento, tomando as precaucións necesarias para evitar casos como os acontecidos no monte veciañal de San Xulián.

Petroglifo da Carrasca agredido

Á vista de todo o que se pode facer e non se fai, Álvaro Arizaga acusou o Concello de actuar con “desleixo e desdén” ante o patrimonio, argumentando que ata para sinalizar un ben cultural cun simple cartel nin sequera son quen de identificalo correctamente coa fotografía que lle corresponde. “O vandalismo é malo, pero cando a institución o fai mal…”, cuestionou o arqueólogo, que tamén repartiu responsabilidades cara á Xunta e o Goberno do Estado.

Tampouco a Deputación sae indemne desta penosa diagnose a propósito da construcción en 1997 dunha estrada que danou a Mámoa de Pedralonga, tamén denominada Chan de Castiñeiras 2. Este monumento megalítico, estudado por Fernando Carrera, presenta no interior da cámara funeraria interesantes gravados que se están deteriorando polo desmoroamento da estrutura e o roce das laxes que a conforman. Por riba, este profesor da Escola de Restauración sostén que todo o interior da cámara estaba pintado, incrementando o valor deste xacemento.

“As mámoas sinalan camiños; camiños que se converten en pistas; pistas que se acaban asfaltando. O triste é que non se fixera nada, e non foi por non ter protestado”, lamentou Arizaga sobre a tremenda afección causada a esta mámoa, cuxa restauración “non é sinxela”.

Malia todo, a mámoa de Pedralonga recibe periódicamente a visita do alumnado da Escola de Restauración -quizais como exemplo do que non tiña que ter sucedido- e Arizaga aproveitou para reivindicar a capacidade desta institución académica radicada en Pontevedra para “axudar na conservación do Patrimonio”.

Máis evidencias da situación de urxencia na que se atopa o patrimonio marinense: en xuño do pasado ano produciuse unha tala de arborado nunha ladeira do castro da Subidá que conlevou o paso de maquinaria pesada por estreitas corredoiras e remoción de terras; todo sen contar co preceptivo control arqueolóxico. A maiores, os restos da corta de madeira quedaron esparexidos na parcela en pleno verán, con altas temperaturas e un elevado risco de incendio.

Ladeira do Castro da Subidá

Arizaga tamén criticou que se arrastraran troncos de grande envergadura sobre un terreo no que apareceron restos arqueolóxicos, e alertou que algunha pedra das que posiblemente marquen o acceso ao castro fose desprazada e quedase nunha situación insegura, podendo mesmo caer montaña abaixo.

“Que unha persoa, por ignorancia, se arrisque a unha sanción de ata 100.000 euros…”, apuntou Álvaro Arizaga, recomendando “ter coidado” cando se acomete un traballo destas características nunha zona susceptible de contar con protección arqueolóxica.

E por que acontecen situacións coma esta? Unha das razóns radica, precisamente, na falta de protección da que adolece o Castro da Subidá no PXOM de Marín. “Está protexido daquela maneira”, precisou Arizaga, argumentando que “este PXOM non é evidente” na clasificación que fai destes terreos. “Ten que estar moi claro, e neste caso é confuso, dá unha información errónea das dimensións do castro”, explicou.

Charla do arqueólogo Álvaro Arizaga no Ateneo: "O patrimonio cultural de Marín, unha situación de urxencia"

Como a exposición do arqueólogo e profesor se acompañaba en todo momento cunha proxección de imaxes, ao plano do castro nos documentos do PXOM seguíalle a continuación a ficha de patrimonio do ano 94 no que o perímetro do poboado castrexo está “moito mellor elaborado” que no planeamento urbanístico. “Imos cara atrás”, criticou Arizaga, que comparou A Subidá co castro de Santa Trega. “Era unha cidade”, engadiu, en alusión ás proporcións que ocupaba.

Foi nas eivas do catálogo arqueolóxico do PXOM onde se centraron boa parte das explicacións de Arizaga para argumentar que se o patrimonio está nesta precaria situación é polas deficiencias que presenta na principal ferramenta na que, a nivel local, debera basearse a protección destes bens:

-inexistencia de prospección arqueolóxica

-na práctica, baseado no inventario da Xunta de 1994

-erros de localización e de identificación

-proteccións aleatorias e insuficientes

-categorías erróneas do solo

Como xa temos apuntado neste blog do Monte Pituco -porque fomos testemuñas, partícipes e nalgún caso mesmo promotores dalgún deses encontros-, dos problemas que presenta o PXOM xa se falou en varias ocasións coa alcaldesa de Marín, María Ramallo. Sen embargo, nada cambiou neste tempo malia as promesas de que os erros se subsanarían.

Erros colosais como a clasificación do espazo contiguo aos petroglifos de Mogor como solo urbano consolidado, a de máxima categoría urbana. Os colectivos de arqueológos protestaron xa na fase de alegacións do PXOM ao considerar que esta situación era unha “vergoña”.

A suma de despropósitos segue co Castelo de Ardán, co Castro das Pedreiras, co Castelo de Barbudo en San Xulián, do que nin sequera se protexe a croa, criticou Arizaga, facendo fincapé no carácter “aleatorio” do que se protexe e do que non.

Para identificar o petroglifo de Sete Camiños a ficha do PXOM amosa unha foto xeral do monte que para nada corresponde co lugar onde se atopa o xacemento. O petroglifo de Pinal de Caeiro sitúase no medio da Variante de Marín -o que equivale a dálo como destruído- en vez de ubicalo e fotografalo na súa ubicación real, a carón da pista de servizo. Na ficha correspondente aos petroglifos do Pornedo figura unha imaxe duns gravados modernos de José Meijón… O colmo!

Ficha do petroglifo de Sete Camiños no PXOM de Marín

Ficha do petroglifo de Sete Camiños no PXOM de Marín, cunha foto do monte que non corresponde co lugar onde está o xacemento

Ficha do petroglifo de Pinal de Caeiro no PXOM de Marín

Ficha do petroglifo de Pinal de Caeiro no PXOM de Marín, cunha foto que non corresponde co gravado que, por riba, no plano do PXOM está situado no medio da Variante, como se fose destruído

Ficha do petroglifo de Sete Camiños no PXOM de Marín

Outra vez unha foto xeral do monte para identificar un petroglifo nun lugar que non coincide coa ubicación real, co agravante de que a primeira imaxe é un gravado de José Meijón feita no século XX

Ficha do petroglifo de Pornedo 2 no PXOM de Marín

Na ficha do PXOM correspondente ao petroglifo de Pornedo 2 aparece claramente unha foto dun gravado moderno de José Meijón, do pasado século XX, para identificar un gravado rupestres da Idade do Bronce, de hai 5000 anos de antigüidade.

 

E para seguir sumando barbaridades abonda con contrastar as coordenadas xeográficas, que “están mal” porque ningunha coincide coa auténtica posición dos xacementos. Como se vai protexer algo que carece dunha localización veraz?

Para protexer e conservar o patrimonio “a clave é que se corrixa o PXOM”. Dío Álvaro Arizaga, un profesional de ampla e contrastada experiencia, cunha traxectoria incuestionable, comprometido coa promoción e divulgación dos bens culturais da nosa vila a través das súas publicacións, dos seus traballos de investigación e da súa colaboración desinteresada con diversos colectivos, entre os que se atopa a Asociación Monte Pituco.

“A situación é pésima”, sentenciou Arizaga sobre a diagnose actual. “Os técnicos de Patrimonio nin sequera sabían que se aprobara o PXOM de Marín”, afirmou o arqueólogo, habida conta do ronsel de despropósitos que acumula o planeamento, dubidando da súa validez legal e criticando que o Concello non teña efectuado as reformas necesarias para corrixir e proceder ás reformas necesarias.

A última parte da súa charla foi para trazar unha perspectiva de futuro na que, de entrada, destacou o “enorme valor patrimonial” que hai no Concello, a pesar da súa mala xestión.

“É evidente que hai concienciación social”, apuntou como outro dos puntos a favor que permite albiscar certo optimismo. “Somos moitos, hai unha alta porcentaxe de arqueólogos”, ao que se engaden os afeccionados, os autodidactas e as persoas interesadas nesta materia, aos que gabou constantemente ao longo da conferencia polas súas achegas.

“Marín ten un enorme potencial”, insistiu Arizaga. Como mostra do que sería posible facer, amosou fotografías antigas da silla de Champás antano, sen os eucaliptos que anulan as extraordinarias vistas da ría que se observarían dende este privilexiado escenario, un santuario da arte rupestre onde “sería baratísimo facer unha intervención”, para o que abondaría talar as especies invasoras que coas súas raíces están oprimindo as rochas. “Se isto arde, quedarán as vistas e as pedras, pero os petroglifos non”, advertiu.

“Cómpre seguir investigando para protexer o que temos”, apelando á colaboración entre os profesionais da Arqueoloxía e os afeccionados, entre os que “nunca debería haber fronteiras” que os separasen para uns e outros se nutrisen das achegas de todos.

A súa charla, antes de dárlle paso ás preguntas e ás intervencións do público -este apartado será motivo dun próximo artigo-, remataba con imaxes en 3D do Castro da Subidá como mostra das novas ferramentas que os especialistas xa poden manexar para seguir pescudando no pasado, para reformular os coñecementos actuais. “Hai un potencial de investigación que cómpre desenvolver”, concluía Álvaro Arizaga.

Por desgraza, ningún responsable do Goberno local asistía a esta charla tan completa, tan ben estruturada, tan ilustrativa e tan didáctica. Precisamente, cando Álvaro Arizaga comezaba a súa intervención no Ateneo Santa Cecilia, a concelleira de Cultura reuníase no Museo Torres cos membros do xurado do desfile de Entroido no Museo Torres. Esa xuntanza que, inicialmente estaba programada para o venres, adiantouse ao xoves -que casualidade!- á mesma hora que a conferencia sobre a situación de urxencia do patrimonio arqueolóxico.

Se o movemento se demostra andando, a ausencia de responsables municipais na ponencia de Arizaga pode que tamén demostre o verdadeiro ‘interese’ de quen apoiou no Pleno a moción a prol do Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. Só a concelleira Sandra Pesqueira, da Marea Veciñal de Marín, comunicou a súa negativa a participar no encontro do xurado do Entroido para escoitar a Álvaro Arizaga e tomar nota das súas recomendacións de cara á moción que, agora pola vía ordinaria, se tratará na próxima Comisión de Cultura previa ao seu debate no Pleno, e que irá na liña do que se rexeitou tratar no pleno de febreiro: a necesidade de marcar un prazo para a posta en marcha do Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico, de facilitar a participación dos colectivos que traballan nesta liña, e de expoñer ao público o resultado dese Plan para que sexa coñecido pola veciñanza.

Charla do arqueólogo Álvaro Arizaga no Ateneo: "O patrimonio cultural de Marín, unha situación de urxencia"

PD: A carta aberta de Álvaro Arizaga ao Concello de Marín estaba dedicada á memoria de Xan Montenegro, que fora presidente da Asociación de Veciños de San Xulián. Da súa figura falou tamén ao comezo da súa intervención, poñéndoo como “modelo” de sensibilidade e preocupación polo patrimonio cultural e arqueolóxico do noso concello. Malia as súas protestas, non foi posible salvar das obras da Variante o petroglifo localizado no lugar d’A Pena, que foi aterrado no recheo efectuado coa autorización da Comunidade de Montes de San Xulián e ante a indiferencia da Dirección Xeral de Patrimonio.

Xan Montenegro no Pornedo

 

Publicado por: MontePituco | 23/02/2017

“INVIABLE” E QUE NON SE VAI FACER “NA VIDA”

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Xan Montenegro, in memoriam

Que o polígono industrial proxectado no Monte Pituco (Pornedo) é “INVIABLE” e que “NON SE VAI CONSTRUÍR NA VIDA”. Así o dixo, sen vaselina. Publicamente, diante do mogollón de xente que asistía á conferencia do arqueólogo Álvaro Arizaga no Ateneo Santa Cecilia para explicar a situación de urxencia -e de emerxencia!- na que se atopa o patrimonio cultural de Marín, nomeadamente o arqueolóxico. Sete anos leva a Asociación Monte Pituco loitando diante do Concello e da Xunta, dos xulgados e da opinión pública, contra a clasificación como solo industrial do que o noso benquerido Xan Montenegro calificaba -con razón!- como “o balcón da ría”. E de boas a primeiras, o ex-concelleiro de Urbanismo, responsable desa aberrante clasificación urbanística, veu dicir algo así como que a ‘china’ do solo industrial xogouse aos cromos.
…A persoa que afirmou no Pleno da Corporación que se o Pituco forma parte do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, “desafectábase” desa figura de protección e punto-pelota; o que desprezou a riqueza natural do Pituco porque xa a Variante de Marín o deixara tocado; o señor do partido que rexeitou apoiar a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ao que pertence o Pituco porque, total, se quedaba como solo industrial, p’a que. Estas son algunhas consideracións políticas, porque o trato persoal mellor non entrar a (des)calificalo. Pero xa todo Marín coñece quen son e como son, como as gastan e como, anos despois de ser desaloxados do Goberno local polas súas mañas, seguen ‘erre que erre’ tratando de xustificar o inxustificable.
…Vén un profesional da Arqueoloxía para evidenciar con probas e documentos o lamentable, patético e infumable catálogo arqueolóxico do PXOM de Marín, e hai que ‘tragar’ coas excusas da súa nefasta xestión: que se a empresa redactora era de Logroño, que se os datos llos deran na Xunta (¿?), que se a Xunta foi a que aprobou o desaguisado este, que se lle tiveron a aprobación do PXOM parada para beneficiar o PP…
En fin, un auténtico bochorno, un ‘papelón’ e unha falta de respecto ao ponente da charla, que se atopou (nos atopamos tod@s) con que este señor só estaba alí para ‘falar do seu libro’.

Publicado por: MontePituco | 21/02/2017

CHARLA DE ÁLVARO ARIZAGA NO ATENEO

Charla de Álvaro Arizaga no Ateneo Santa Cecilia

Reproducimos a nota informativa do Ateneo Santa Cecilia sobre a charla que organiza o xoves desta mesma semana. O arqueólogo Álvaro Arizaga atopa na sala do Ateneo a atención que non se lle dispensou no Pleno deste mes de febreiro, ao non aprobarse a urxencia da moción na que estaba prevista a súa intervención. O lema da conferencia é ben elocuente: “O patrimonio cultural de Marín: unha situación de urxencia”.

…Porque en situación de urxencia se atopa. Ou máis ben, de auténtica emerxencia. E malia que nesta bitácora levamos ANOS mallando no mesmo cravo, facéndonos eco das advertencias deste arqueólogo e profesor da Escola de Restauración, tivo que producirse unha agresión ao patrimonio arqueolóxico -os danos no conxunto rupestre da Carrasca e na área de cautela no xacemento do Pornedo, entre outros atentados recentes no castro da Subidá ou mesmo nos petroglifos de Mogor- para que este asunto comece por fin a tomarse ‘un pouco’ en serio. Mais non abondo en serio como para marcar prazos, nin prioridades. A Corporación Municipal aprobou desenvolver un Plan de Protección do Patrimonio que adolece dos mesmos erros que se veñen denunciando dende que a Asociación Monte Pituco e o propio Álvaro Arizaga comezaron a sentarse coa alcaldesa de Marín e con diversos concelleiros para poñer sobre a mesa cal é a ‘nai’ de todas as batallas: a lamentable catalogación arqueolóxica do PXOM. E se non se comeza por aí, nada paga a pena porque será papel mollado e tempo perdido.

Quen o queira ou poida entender, que o entenda. E quen non, que siga felicitándose/auto-enganándose na prensa e nas redes sociais dese presunto logro. Que mentres, a casa seguirá sen varrer.

O arqueólogo marinense Álvaro Arizaga Castro, profesor na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, impartirá unha charla este xoves a partir das 20:00 horas no Ateneo Santa Cecilia, co lema «O patrimonio cultural de Marín, unha situación de urxencia». “A urxencia no patrimonio cultural é moi grave e os riscos con inminentes”, ten advertido este profesional nunha recente carta aberta ao Concello de Marín.

Arizaga vén advertido dende hai varios anos aos responsables municipais  -a través de varios informes- da necesidade de abordar unha fonda revisión do catálogo arqueolóxico do PXOM, no que todos os elementos inventariados están “mal localizados e insuficientemente protexidos”. A xuízo deste arqueólogo e profesor, as deficiencias que presenta o planeamento urbanístico dende o punto de vista patrimonial fan que sexa “o peor, con diferenza, de todos os plans urbanísticos recentes” do que teñen referencia os expertos.

A raíz das agresións cometidas sobre os conxuntos arqueolóxicos da Carrasca e do Pornedo -o primeiro danado e o segundo a piques de resultar afectado- como consecuencia duns traballos de desbroce encargados pola comunidade de montes, a Corporación Municipal de Marín aprobou a elaboración dun Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico. A posta en marcha dese plan, segundo Álvaro Arizaga, é “urxente” para evitar futuros atentados contra o patrimonio arqueolóxico como consecuencia de tarefas forestais incontroladas como as sucedidas en San Xulián e mais no castro da Subidá recentemente, para perseguir actos vandálicos como os que o pasado verán se produciron nun dos petroglifos de Mogor, ou para frear o ataque das termitas no Templo Antigo de Marín, entre outros exemplos preocupantes.

Abundando no seu compromiso coa historia, coa cultura e co patrimonio de Marín, o Ateneo Santa Cecilia organiza esta conferencia facendo un chamamento á participación da veciñanza e dos colectivos que comparten esta sensibilidade; así como daqueles que desexen coñecer a situación actual na que se atopan os xacementos e as medidas propostas con criterios profesionais por Álvaro Arizaga para contribuír á súa preservación.

 

 

Publicado por: MontePituco | 20/02/2017

O ATENEO DE PONTEVEDRA, COA ARTE RUPESTRE

Faro de Vigo

Faro, 19 febreiro 2017

Piden que se tramite la declaración del arte rupestre como Patrimonio de la Humanidad

El Ateneo de Pontevedra alerta del peligro que corren los petroglifos

“…Dicho informe lamenta que la Xunta está incumpliendo sus competencias en materia de protección y señalan que los grabados prehistóricos son “materia sensible que demandan trabajos de limpieza y mantenimiento para asegurar su conservación”. Explican que la proliferación de matorral y arboleda en su entorno los deja sin ninguna protección cuando se producen incendios forestales, provocando las altas temperaturas su destrucción por la ruptura de las capas superficiales de las rocas sobre los que están grabados. Las obras incontroladas y los trabajos en el monte sin adoptar medidas preventivas son otros de los riesgos a los que están sometidos…”

Publicado por: MontePituco | 18/02/2017

INICIATIVA UNITARIA POLA RÍA

Manifesto dos colectivos que rexeitan as axudas económicas de Ence

Este é o manifesto que subscriben 102 colectivos -entre os que se atopa Defende o Monte Pituco- de Pontevedra, Marín, Poio e das bisbarras do Morrazo e do Salnés sobre a convocatoria de axudas económicas por parte de Ence para persoas físicas e entidades xurídicas:

Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa axuda cómplice da Xunta de Galicia, pretende facerse co Pazo de Montero Ríos, un edificio público dependente da Deputación de Pontevedra, para instalar alí o seu Centro de I+D forestal, un centro que sería controlado exclusivamente pola empresa pasteira. Non é unha política nova para ENCE, que pensa que pode subornar a todo o mundo, quizá porque as grandes empresas acostuman a actuar deste xeito para conseguir os seus obxectivos; mais non é así!

Nós, os colectivos sociais que promovemos esta iniciativa aberta e unitaria, sabemos que ENCE contamina o noso entorno, destrúe os recursos naturais, e impide a recuperación plena da Ría para os usos pesqueiros, marisqueiros e mesmo turísticos; e sabemos tamén que condiciona a nefasta política forestal no noso país e esixe a súa eucaliptización, ben sexa para obter celulosa ou para producir enerxía, condenando o monte ao monocultivo empobrecedor e destrutivo e aos permanentes incendios forestais, e impedindo o desenvolvemento de alternativas nun rural que ENCE axuda a matar.

Non temos os recursos económicos que ENCE emprega para minimizar o grado de oposición á súa permanencia en Lourizán, e somos conscientes das dificultades económicas dos distintos colectivos, porque as padecemos, pero iso non nos pode levar a aceptar a chantaxe de ENCE. Porque sabemos tamén que temos a razón e que representamos a un amplo sector da cidadanía da comarca, maioritariamente contraria á presenza de ENCE na nosa Ría. E non podemos aceptar que unha empresa, que contribúe a crear pobreza na comarca, tente lavar a súa ma conciencia a base de repartir esmolas.

Por estas razóns, por coherencia, queremos deixar claro que non imos solicitar axudas a ENCE e, ao tempo, facemos o seguinte chamamento:

* aos colectivos sociais, a non aceptar subvencións ou patrocinios por parte de ENCE.

* ás institucións públicas, a non colaborar en ningún momento con ENCE, a retirar o seu apoio económico e de calquera tipo a aqueles eventos nos que colabore ENCE, e a que fagan pública esta decisión.

* á Deputación Provincial de Pontevedra, a manter a coherencia e non permitir a cesión do Pazo de Lourizán a ENCE e a esixir da Xunta de Galicia a súa recuperación para uso exclusivamente público.

Pola Ría e polos montes, por un futuro alternativo, ENCE fóra da Ría xa!

Lectura do manifesto dos colectivos que rexeitan as axudas económicas de Ence

Segue a relación de colectivos adscritos a este manifesto:

SOCIEDADE COOPERATIVA MEXILONEIRA DE BUEU “SOCOMEBU” – COLECTIVO DE MARISCADORAS DE ALDÁN – COLECTIVO DE NAVALLEIROS DE ALDÁN – ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA DORNA (PORTONOVO) – ASOCIACIÓN AMIGOS DAS GAMELAS “MAR DE PEDRA” (O HÍO) – ASOCIACIÓN DE AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS “OS GALOS” (BUEU) – CLUB MARIÑO “A REIBOA” (POIO) – COMUNIDADE DE MONTES DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA) – COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO (PONTEVEDRA) – PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO – ASOCIACIÓN “DEFENDE O MONTE PITUCO” (MARÍN) – SALVEMOS A FRACHA (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN MICOLÓXICA “BRINCABOIS” (PONTEVEDRA) – GRUPO MICOGASTRONÓMICO “O’BIOCO” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (PONTEVEDRA) – PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE ALDÁN – ASOCIACIÓN ECOLOXISTA “ANDUXÍA” (BUEU) – COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS (SANXENXO) – COLECTIVO ECOLOXISTA “LUITA VERDE” (MORRAZO) – SOS PANADEIRA (SANXENXO) – VAIPOLORÍO (PONTEVEDRA) – ADEGA – AMIGOS DA TERRA – SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL – VERDEGAIA – ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLOXÍSTA “CANÓN DE PAU” – ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLOXISTA “VERBO XIDO” – COLECTIVO DE ESTUDOS DOS MAMÍFEROS MARIÑOS “CEMMA” – COLECTIVO “PEDALADAS” (PONTEVEDRA) – MOCIDADE GRANATE (PONTEVEDRA) – COLECTIVO “CAPITÁN GOSENDE” – COLECTIVO “A FORNEIRIÑA” – COLECTIVO “4PONLAS” – ASOCIACIÓN “A PEDRA FLOJÁM” (LOURIZÁM) – ASOCIACIÓN IRIMIA – IRMANDADE ILLA DE TAMBO – ASOCIACIÓN CULTURAL “MULLERES DO MAR” (POIO)  ASOCIACIÓN CULTURAL “ALMUINHA” (MARÍN) – ASOCIACIÓN CULTURAL “AMIGOS DE JOHAM CARBALLEIRA” (BUEU) – ASOCIACIÓN CULTURAL DE CERAMISTAS DE PONTEVEDRA “ARXILARTE” – ASOCIACIÓN CULTURAL “105 BESOS” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “CASA MARÍA” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “EN PE” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “LICEO MUTANTE” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “MAIO LONGO” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “MARAVALLADA” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL OBSERVATORIO DOS MEDIOS GALEGOS – ASOCIACIÓN CULTURAL “OS CHICHISOS” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “PASPALLÁS” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “SONDEXEVE” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “TREPIA” (PONTEVEDRA) – GRUPO CULTURAL “RONSEL” (MARÍN) – GRUPO DE TRABALLO “ANOVATERRA” – ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE COMBARRO “A SOLAINA” (POIO) – AMIGAS E AMIGOS DO MUSEO DE PONTEVEDRA – ATENEO DE PONTEVEDRA – AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA (PONTEVEDRA) – CINE CLUBE DE PONTEVEDRA – FUNDACIÓN ALEXANDRE BÓVEDA (PONTEVEDRA) – FUNDACIÓN CUÑA-CASASBELLAS (PONTEVEDRA) – QUEREMOS GALEGO (MARÍN) – MIGALLAS TEATRO (PONTEVEDRA) – PAVÍS PAVÓS (PONTEVEDRA) – POLO CORREO DO VENTO (PONTEVEDRA) – TEATRO AKATRO (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “DESCONCERTO” (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “ENKI” (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “OS GHALOS DO CURRAL” (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “PITER, RALPH & TERY” (PONTEVEDRA) – FEDERACIÓN DE AA.VV. “CASTELAO” E AS ASOCIACIÓNS QUE A CONFORMAN (PONTEVEDRA) – A.VV. “BOUREANTE” (POIO) – A.VV. “O MIRADOR” DE MONTEPORREIRO (PONTEVEDRA) – A.VV. DE PINTÉNS (O HIO) – BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN GALEGA AMARANTE-SETEM – GRUPO DE CONSUMO “A GRADICELA”- ASOCIACIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE MARÍN – TOURADAS FÓRA DE PONTEVEDRA – CIRCULO DO SILENCIO (PONTEVEDRA) – PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE – COMUNIDADE CRISTIÁ VANGARDA OBREIRA – COMUNIDADE HOME NOVO – COORDINADORA DE CRENTES GALEGOS

Un cartel e un valado advirte do perigo de desprendementos

Un cartel e un valado advirte do perigo de desprendementos no edificio principal do Pazo

DSC_2619.JPG

Esculturas na fachada do edificio principal do Pazo

Finca de Lourizán

Publicado por: MontePituco | 17/02/2017

RUTAS ESCOLARES… QUE IGNORAN O ESPAZO SETE CAMIÑOS

Faro, 14 febreiro 2017

El Concello pone en marcha el programa de conocimiento del entorno para niños

Está destinado a los centro de Educación Infantil y Primaria del municipio

Publicado por: MontePituco | 16/02/2017

O FRÁXIL LEGADO QUE NOS FAI ÚNICOS

Faro, 15 febreiro 2017

“Tal e como está ese patrimonio, se non se toman medidas, está ameazado, e a única maneira de que chegue á seguinte xeración íntegro, ao menos a gran maioría, é QUE SE ADOPTEN ACCIÓNS DE INMEDIATO, do contrario o deterioro nos próximos anos será importante”.

Buenaventura Aparicio, doutor en Historia.

 

Publicado por: MontePituco | 16/02/2017

O FUTURO DA ILLA DE TAMBO… UN DEBATE COLECTIVO?

Faro, 14 febreiro 2017

Irmandade asegura que la gestión de la isla de Tambo es “rentable con creces”

La asociación cree que pensar que la isla podría entrar en el Parque das Illas Atlánticas, como quiere el Concello, es “tener pocas entendederas”

La gestión directa de la isla de Tambo es “rentable con creces” debido a que “es un enclave de gran interés turístico y no conlleva demasiados gastos”. Así lo entiende la asociación Irmandade Illa de Tambo, que en los próximos meses publicará un estudio que llevan elaborando un año sobre esta y otras cuestiones relacionadas con la isla situada en la Ría de Pontevedra

 

Faro, 15 febreiro 2017

El PP reclama crear una mesa de trabajo para solucionar el conflicto de Tambo

La idea pasa por incluir en ella a entidades del sector e instituciones

“Lo que queremos para Tambo es que futuras generaciones puedan disfrutar de este legado único y extraordinario. La mejor manera de asegurarse de eso es que todos los interesados estén representados. La peor manera es la del ayuntamiento. No hacer nada”, recalcó el líder popular.

 

…Quita Tambo, e pon patrimonio arqueolóxico. A mesma frase vale para unha causa que para a outra. O problema é que o que lle vale ao PP de Poio, semella que non lle vale ao PP de Marín.

Publicado por: MontePituco | 15/02/2017

ADEUS AO CENTRO DE RECUPERACIÓN DE FAUNA

Diario, 11 febreiro 2016

Marea culpa a Ramallo de perder el Centro de Recuperación de Especies

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías