Xan Montenegro, in memoriam
Que o polígono industrial proxectado no Monte Pituco (Pornedo) é “INVIABLE” e que “NON SE VAI CONSTRUÍR NA VIDA”. Así o dixo, sen vaselina. Publicamente, diante do mogollón de xente que asistía á conferencia do arqueólogo Álvaro Arizaga no Ateneo Santa Cecilia para explicar a situación de urxencia -e de emerxencia!- na que se atopa o patrimonio cultural de Marín, nomeadamente o arqueolóxico. Sete anos leva a Asociación Monte Pituco loitando diante do Concello e da Xunta, dos xulgados e da opinión pública, contra a clasificación como solo industrial do que o noso benquerido Xan Montenegro calificaba -con razón!- como “o balcón da ría”. E de boas a primeiras, o ex-concelleiro de Urbanismo, responsable desa aberrante clasificación urbanística, veu dicir algo así como que a ‘china’ do solo industrial xogouse aos cromos.
…A persoa que afirmou no Pleno da Corporación que se o Pituco forma parte do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, “desafectábase” desa figura de protección e punto-pelota; o que desprezou a riqueza natural do Pituco porque xa a Variante de Marín o deixara tocado; o señor do partido que rexeitou apoiar a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ao que pertence o Pituco porque, total, se quedaba como solo industrial, p’a que. Estas son algunhas consideracións políticas, porque o trato persoal mellor non entrar a (des)calificalo. Pero xa todo Marín coñece quen son e como son, como as gastan e como, anos despois de ser desaloxados do Goberno local polas súas mañas, seguen ‘erre que erre’ tratando de xustificar o inxustificable.
…Vén un profesional da Arqueoloxía para evidenciar con probas e documentos o lamentable, patético e infumable catálogo arqueolóxico do PXOM de Marín, e hai que ‘tragar’ coas excusas da súa nefasta xestión: que se a empresa redactora era de Logroño, que se os datos llos deran na Xunta (¿?), que se a Xunta foi a que aprobou o desaguisado este, que se lle tiveron a aprobación do PXOM parada para beneficiar o PP…
En fin, un auténtico bochorno, un ‘papelón’ e unha falta de respecto ao ponente da charla, que se atopou (nos atopamos tod@s) con que este señor só estaba alí para ‘falar do seu libro’.
[…] político de quen favoreceu a clasificación do Monte Pituco como solo industrial no PXOM. Lembran? “Ese polígono é inviable e non se vai construír na vida”, frase antolóxica do ex-concelleiro de Urbanismo, Xosé María Vilaboa, trala charla do […]
By: PANDA DE TRISTES | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 30/03/2017
at 17:52
[…] Curiosamente, xa na oposición, tanto o PSOE como o BNG marinenses acabaron retractándose publicamente do acordo que impulsaran antano. Os primeiros, afirmando en novembro de 2015 que que o polígono proxectado no Pituco “tamén se admitiría noutra ubicación” que non fose esa. Os segundos, que chegaron a ameazar con solicitar a desafectación do Monte Pituco do Espazo Natural dos Montes do Morrazo para sortear os evidentes obstáculos ambientais que presentaba, veñen de admitir o pasado mes de febreiro que esta obra é “inviable” e que “non se vai construír na vida”. […]
By: O TSXG DÁLLE A RAZÓN A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 25/05/2017
at 09:23
[…] Pero o propio Bng de Marín truca e retruca en si mesmo, inocula o seu propio veleno e cae na rede arácnida que tece e destece permanentemente, nunha sorte de esquizofrenia política que trae a súa credibilidade en caída libre. Así, ao tempo que mira para outro lado cando esta sentenza cuestiona duramente a xestión do chan industrial da que foi partícipe, resoa o eco recente das palabras deste concelleiro nun acto público: […]
By: SENTENZA DO TSXG CONTRA A XUNTA: 10 DÍAS DESPOIS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 07/06/2017
at 20:48