Publicado por: MontePituco | 06/06/2017

SENTENZA DO TSXG CONTRA A XUNTA: 10 DÍAS DESPOIS

Dez días despois das reaccións políticas derivadas da sentenza do TSXG contra o Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, seguimos dándolle voltas ás palabras da voceira municipal do BNG pola sarta de medias verdades -as peores mentiras- que airea na prensa local. 

Diario, 26 maio 2017

  • Afirma o BNG de Marín que foi do PP “a idea desde sempre de usar o Pornedo como chan empresarial”. 

A realidade é que o BNG de Marín xa prometía un polígono de 400.000 metros cadrados no Monte Pituco para uso exclusivamente INDUSTRIAL. Así o recolle o boletín informativo deste partido en febreiro de 2009.

Boletín BNG Marín, febreiro 2009: polígono indistrial no Monte Pituco

  • Advirte agora o Bng de Marín que o Concello “ten un problema” e que lle corresponde ao PP “atopar unha solución”.

O Bng non fai outra cousa que intentar sacudir a importante responsabilidade que lle corresponde na xestión do solo empresarial, en tanto ostentou a Concellaría de Urbanismo no tempo no que se xestou o PXOM: eles -co PSOE na Alcaldía aparentando liderar a tramitación do Planeamento- clasificaron o Monte Pituco como solo industrial (por máis que o documento fose aprobado posteriormente por maioría, cos votos a favor do PP) e agora, cunha sentenza do TSXG que ordena a retirada dese polígono delimitado no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, o Bng de Marín trata de lavar as mans e endosarlle o paquete a outro.

  • O Bng de Marín acusa o PP de “chantaxe para que o PXOM se aprobase só co Monte Pituco así clasificado”.

Precisamente, foron o Bng e o Psoe de Marín os que se negaron a explorar outras posibilidades na procura de solo industrial cando a presión veciñal os obrigou a retirar o proxecto dos mini-polígonos na Brea e Vista Alegre. Cando a actual alcaldesa estaba na oposición e gobernaba a coalición Psoe-Bng, María Ramallo propuxo que a Sociedad Estatal de Promoción y Equipamiento de Suelo (SEPES) valorase a idoneidade doutra localización, pero a solicitude de intervención deste organismo tiña que partir da Alcaldía, un paso que o ex-rexedor, Francisco Veiga, non quixo dar, no seu afán de non entrar polo aro do PP. E ante as obxeccións de tipo medioambiental que presentaba o Monte Pituco, a resposta do ex-edil de Urbanismo nacionalista foi tan tallante como demoledora:

“Pois desaféctase, e punto!”

Diario de Pontevedra, 1 de xaneiro de 2009

“La Comisión de Réxime Interior dictaminó ayer desfavorablemente la moción del PP que plantea destinar 2.000.000 de euros del nuevo Plan E al inicio del parque industrial de Pastoriza (…) A nadie se le escapa la apuesta del PSOE y BNG por dar prioridad al parque empresarial del monte Pituco (…) El PP recuerda que “Marín necesita poner cuanto antes los cimientos básicos para el desarrollo futuro de su capacidad logística, empresarial e insutrial”, y matiza que “es necesario aprovechar estas importantes inversiones y planificar un parque-plataforma industrial en Pastoriza, entre los municipios de Marín y Moaña”  (Diario de Pontevedra, 1 decembro 2009)

Diario de Pontevedra, 4 de abril de 2010

“Se pregunta si con estas propuestas [A Brea y Vista Alegre] se podría dar respuesta a las necesidades de Marín y critica que ahora apuesten por O Pituco y se trate de evitar la alternativa de Pastoriza. Sobre el primer emplazamiento, matiza que “ya el Gobierno bipartito de la Xunta nos dijo que la zona podría estar afectada por el Espacio Montes do Morrazo“. (María Ramallo: Diario de Pontevedra, 4 de abril de 2010)

Faro de Vigo, 26 de xaneiro de 2011

“Na mente dos veciños aínda flota a memoria daquel pleno de decembro de 2009 no que María Ramallo presentou unha moción para que o SEPES fixera o estudo dun polígono empresarial compartido con Moaña na Cruz da Maceira. Viña avalado polo mesmísimo Congreso dos Deputados en Madrid e traía o beneplácito do presidente Zapatero. Solo facía falta un requisito: que fora o alcalde quen o solicitara. Esta moción tivo os votos en contra do BNG e mais do PSOE. O noso alcalde non quixo saber nada e desperdiciou así unha oportunidade única para dotar a Marín dun polígono que, ese si, sería a solución para Marín e para o futuro dos nosos fillos. O actual PXOM solo conta agora co polígono do Pituco: insuficiente, anti-económico e que incumpre todas as normativas ecolóxicas. Algo incomprensible para un concello con certificado EMAS”. (Faro, 26 de xaneiro de 2011: Mª Carmen Santos, veciña de A Brea).

Que mágoa de políticos aos que lles presupón a defensa do territorio, do medio ambiente e do patrimonio entre os seus principios. A consideración que teñen -e que compartimos- por Pastoriza diante da ausencia de infraestruturas e vías de acceso, da previsión dun elevado prezo dos terreos, e do dano ecolóxico para a zona, non a tiveron polo Pornedo: desprezaron o valor medioambiental que lle confire a súa pertenza ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo, cuspiron sobre o impacto visual e paisaxístico que suporía instalar naves e construír taludes en pleno balcón da ría, ignoraron a imposibilidade de dotar a zona de conexión ferroviaria como requisito imprescindible para a Autoridade Portuaria ante a pretensión de convertelo en plataforma loxística.

Ante semellante agravio tivemos que ser un grupo de veciñas e veciños os que lideramos a loita pola defensa do Monte Pituco, reunindo as evidencias que proban a agresión indirecta ao patrimonio arqueolóxico catalogado, o risco de perda sobre os mananciais que abastecen a veciñanza con auga de regadío e para consumo doméstico e, sobre todo, os datos técnicos irrefutables sobre a elevada pendente do terreo que fan inviable a obra pretendida no PXOM e asimilada posteriormente polo Plan Sectorial de Áreas Empresariais. Foi este último o que tumba o TSXG, a expensas de coñecermos a sentenza sobre o recurso presentado contra o Planeamento do Concello de Marín.

Pero o propio Bng de Marín truca e retruca en si mesmo, inocula o seu propio veleno e cae na rede arácnida que tece e destece permanentemente, nunha sorte de esquizofrenia política que trae a súa credibilidade en caída libre. Así, ao tempo que mira para outro lado cando esta sentenza cuestiona duramente a xestión do chan industrial da que foi partícipe, resoa o eco recente das palabras deste concelleiro nun acto público:

“O polígono no Pituco é inviable e non se vai facer na vida”

 


Responses

  1. Parece mentira que ao cabo de cinco anos, a señora Pilar Blanco aínda siga erre que erre dándolle voltas ao tema do polígono industrial, cando o mellor que podería facer é pechar a boca. Quedou demostrado sobradamente que esta concelleira non ten nin idea de industria, nin de ecoloxismo, nin de respecto hacia os seus votantes, nin sabe o que significan as palabras educación e vergonza.
    Agora ten a cara dura de escribir e publicar que o PP ten a culpa de pretender un polígono industrial no Pituco por culpa de quitar o polígono industrial na Brea, cando ela mesma na propaganda electoral do ano 2009, prometía un polígono industrial no Pituco, pois o da Brea ía ser (según as súas palabras) “empresarial-comercial”.
    Pilar Blanco e Vilaboa, organizaron unha reunión secreta cos veciños de Vista Alegre, para decirlles que non se preocuparan, pois o BNG ía facer unha mocíón para anular ese polígono sempre e cando eses veciños os apoiaran na defensa dos polígonos da Brea e Monte Pituco. Pero alguén lle dou un chivatazo á prensa, e ao día seguinte todo Marín estaba enterado.
    Os concelleiros do BNG negaron todo e chamáronlle mentireiros aos veciños unha vez mais.
    Pilar Blanco nunca volverá estar nun equipo de goberno en Marín porque todo o mundo a coñece. Xa non ten credibilidade. Ela e mais Vilaboa levaron o partido á debacle e pasarán moitos anos ata que o BNG poida levantar cabeza neste pobo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: