Publicado por: MontePituco | 13/03/2017

PETROGLIFO DO PORNEDO: RECONSTITUCIÓN DIXITAL

Petroglifo do Pornedo: reconstitución dixital, por Antonio Costa

Non podiamos comezar a semana de mellor maneira que con este AGASALLO -así, en maiúsculas- do amigo Antonio Costa. A reconstitución dixital 3D que está realizando de numerosos petróglifos espallados por Galicia adiante é unha contribución impagable ao coñecemento, divulgación e estudo do noso patrimonio.

Agora, o grupo nº1 do Conxunto Rupestre do Pornedo, no monte veciñal de San Xulián de Marín, súmase a esa destacada colección súa de estampas nas que, grazas á pericia de Antonio coa cámara e á axuda da tecnoloxía, podemos apreciar con máis nitidez e claridade da nunca os sucos que se gravaron na pedra aló pola Idade do Bronce, hai máis de 4.000 anos, representando motivos circulares e mesmo armas.

Lamentablemente, este fantástico gravado, que nada ten que envexar en valor histórico e artístico a outros Bens de Interese Cultural (BIC) con máis recoñecemento institucional, está AFECTADO -así, en maiúsculas (bis)- polo proxecto de construcción dun polígono industrial cun impacto brutal en plena fachada litoral da vila.

Pero co noso esforzo, cos nosos modestos recursos, e coa xenerosa achega de Antonio e doutros benqueridos amig@s do ‘balcón da ría’, seguimos e seguiremos berrando: No Monte Pituco (Pornedo), POLÍGONO NON!

Con este texto ilustra o propio Antonio Costa este traballo:

O PP que goberna o Concello de Marín so ten ollos para todo aquilo que poda producirlle beneficios, aínda que iso supoña sacar o mar -ao que tanto lle debe- da paisaxe marinense, ou pretender acabar coas paraxes mais fermosas do concello, como o Monte Pituco, ainda hoxe declarado como solo industrial a pesar da inmensa riqueza paisaxistica e arqueolóxica da zona. Tanto é así que nin sequera nos seus plans turisticos se contempla un roteiro que recorra as ducias de petróglifos que, á parte dos tres de Mogor, inzan o seu territorio. Sirva de exemplo a rocha nº1 do Pornedo, coas suas combinacións circulares, a sua serpe similar á da Pedra da Moura Encantada, e a representación de dúas armas: un puñal de folla triangular e unha espada ancha.

Antonio Costa, en Pinal de Caeiro

Respostas

  1. […] Reconstitución dixital e fotografía de Antonio Costa no grupo nº1 do conxunto rupestre do Pornedo […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: