Se hai unha bitácora que ultimamente lle está dando unha volta de campá ao patrimonio arqueolóxico da contorna, poñendo en solfa aspectos dogmáticos que apenas se cuestionaban e achegando un punto de vista novidoso que se sostén en documentación actualizada a partir dos avances tecnolóxicos, é A Cova de Paralaia, de Antonio Costa.
No artigo titulado “A Pedra da Pereira, revisitada“, reivindica os gravados rupestres da Pedra da Pereira -catalogados como Pedrouzos 1 e actualmente situados no monte veciñal de San Tomé de Piñeiro, en Marín- como a segunda estación con representacións de armas máis grande do noroeste ibérico. Asemade, critica o desinterese do Concello de Marín na conservación e na divulgación deste xacemento, que se traduce en situacións tan surrealistas como que o guía do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor cite Auga da Laxe en Gondomar como exemplo desta tipoloxía cando no Concello de Marín -O Pornedo e A Carrasca en monte común de San Xulián, a maiores de Pedrouzos- hai mostras sobradamente representativas.
“Para o Concello de Marín só existen os gravados de Mogor. De feito, cando se fan roteiros, os arqueólogos fan referencia -cando se fala de armas- ao petróglido de Auga da Laxe en Gondomar, cando en Marín tamén os temos”. En este sentido, Antonio Costa señala que conjuntos rupestres que representen armas también existen en A Carrasca y el propio monte Pituco, más allá de A Pedra da Pereira”.
Declaracións de Antonio Costa na edición pontevedresa do Faro de Vigo
Estado da Pedra da Pereira (Pedrouzos nº1) en outubro de 2016, con motivo dunha visita organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
Reconstitución dixital e fotografía de Antonio Costa no grupo nº1 do conxunto rupestre do Pornedo
[…] técnica xa a vén utilizando dende hai polo menos catro anos e, grazas ao seu labor altruista, os petróglifos do Pornedo forman parte do seu arquivo, tal e como expuxo nas I Xornadas de Protección e Posta en Valor do […]
By: FOTOGRAMETRÍA 3D CONFINADA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/04/2020
at 22:27