Publicado por: MontePituco | 10/09/2019

ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR (ACTUALIZACIÓN)

Andaina polo Monte Pituco ao solpor

Ante a previsión meteorolóxica que anuncia moita nubosidade, chuvias xeralizadas e vento de intensidade variable para a xornada do sábado 21 de setembro, adíase a ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR. Cun panorama tan adverso non sería posible gozar da posta de sol dende o ‘balcón da ría’ nin admirar o patrimonio arqueolóxico do Espazo Sete Camiños, como pretende esta actividade. Por tanto, a ruta trasládase provisionalmente ao sábado 5 de outubro, coa expectativa de contar cunha xornada solleira.

O vindeiro sábado 21 de setembro invitámoste a coñecer o Monte Pituco e o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: arte rupestre milenaria, patrimonio etnográfico plasmado nas antigas canteiras, natureza e biodiversidade, paisaxe… Gozaremos do solpor dende o ‘balcón da ría’!

Asistencia libre e de balde. Saída ás 17:30h dende a arboreda do Pituco: estrada provincial PO-0019 Marín-Figueirido, no cruce do Regueiriño.

 

[Evento en Facebook]

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: