Publicado por: MontePituco | 18/02/2017

INICIATIVA UNITARIA POLA RÍA

Manifesto dos colectivos que rexeitan as axudas económicas de Ence

Este é o manifesto que subscriben 102 colectivos -entre os que se atopa Defende o Monte Pituco- de Pontevedra, Marín, Poio e das bisbarras do Morrazo e do Salnés sobre a convocatoria de axudas económicas por parte de Ence para persoas físicas e entidades xurídicas:

Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa axuda cómplice da Xunta de Galicia, pretende facerse co Pazo de Montero Ríos, un edificio público dependente da Deputación de Pontevedra, para instalar alí o seu Centro de I+D forestal, un centro que sería controlado exclusivamente pola empresa pasteira. Non é unha política nova para ENCE, que pensa que pode subornar a todo o mundo, quizá porque as grandes empresas acostuman a actuar deste xeito para conseguir os seus obxectivos; mais non é así!

Nós, os colectivos sociais que promovemos esta iniciativa aberta e unitaria, sabemos que ENCE contamina o noso entorno, destrúe os recursos naturais, e impide a recuperación plena da Ría para os usos pesqueiros, marisqueiros e mesmo turísticos; e sabemos tamén que condiciona a nefasta política forestal no noso país e esixe a súa eucaliptización, ben sexa para obter celulosa ou para producir enerxía, condenando o monte ao monocultivo empobrecedor e destrutivo e aos permanentes incendios forestais, e impedindo o desenvolvemento de alternativas nun rural que ENCE axuda a matar.

Non temos os recursos económicos que ENCE emprega para minimizar o grado de oposición á súa permanencia en Lourizán, e somos conscientes das dificultades económicas dos distintos colectivos, porque as padecemos, pero iso non nos pode levar a aceptar a chantaxe de ENCE. Porque sabemos tamén que temos a razón e que representamos a un amplo sector da cidadanía da comarca, maioritariamente contraria á presenza de ENCE na nosa Ría. E non podemos aceptar que unha empresa, que contribúe a crear pobreza na comarca, tente lavar a súa ma conciencia a base de repartir esmolas.

Por estas razóns, por coherencia, queremos deixar claro que non imos solicitar axudas a ENCE e, ao tempo, facemos o seguinte chamamento:

* aos colectivos sociais, a non aceptar subvencións ou patrocinios por parte de ENCE.

* ás institucións públicas, a non colaborar en ningún momento con ENCE, a retirar o seu apoio económico e de calquera tipo a aqueles eventos nos que colabore ENCE, e a que fagan pública esta decisión.

* á Deputación Provincial de Pontevedra, a manter a coherencia e non permitir a cesión do Pazo de Lourizán a ENCE e a esixir da Xunta de Galicia a súa recuperación para uso exclusivamente público.

Pola Ría e polos montes, por un futuro alternativo, ENCE fóra da Ría xa!

Lectura do manifesto dos colectivos que rexeitan as axudas económicas de Ence

Segue a relación de colectivos adscritos a este manifesto:

SOCIEDADE COOPERATIVA MEXILONEIRA DE BUEU “SOCOMEBU” – COLECTIVO DE MARISCADORAS DE ALDÁN – COLECTIVO DE NAVALLEIROS DE ALDÁN – ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA DORNA (PORTONOVO) – ASOCIACIÓN AMIGOS DAS GAMELAS “MAR DE PEDRA” (O HÍO) – ASOCIACIÓN DE AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS “OS GALOS” (BUEU) – CLUB MARIÑO “A REIBOA” (POIO) – COMUNIDADE DE MONTES DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA) – COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO (PONTEVEDRA) – PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO – ASOCIACIÓN “DEFENDE O MONTE PITUCO” (MARÍN) – SALVEMOS A FRACHA (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN MICOLÓXICA “BRINCABOIS” (PONTEVEDRA) – GRUPO MICOGASTRONÓMICO “O’BIOCO” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (PONTEVEDRA) – PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE ALDÁN – ASOCIACIÓN ECOLOXISTA “ANDUXÍA” (BUEU) – COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS (SANXENXO) – COLECTIVO ECOLOXISTA “LUITA VERDE” (MORRAZO) – SOS PANADEIRA (SANXENXO) – VAIPOLORÍO (PONTEVEDRA) – ADEGA – AMIGOS DA TERRA – SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL – VERDEGAIA – ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLOXÍSTA “CANÓN DE PAU” – ASOCIACIÓN CULTURAL E ECOLOXISTA “VERBO XIDO” – COLECTIVO DE ESTUDOS DOS MAMÍFEROS MARIÑOS “CEMMA” – COLECTIVO “PEDALADAS” (PONTEVEDRA) – MOCIDADE GRANATE (PONTEVEDRA) – COLECTIVO “CAPITÁN GOSENDE” – COLECTIVO “A FORNEIRIÑA” – COLECTIVO “4PONLAS” – ASOCIACIÓN “A PEDRA FLOJÁM” (LOURIZÁM) – ASOCIACIÓN IRIMIA – IRMANDADE ILLA DE TAMBO – ASOCIACIÓN CULTURAL “MULLERES DO MAR” (POIO)  ASOCIACIÓN CULTURAL “ALMUINHA” (MARÍN) – ASOCIACIÓN CULTURAL “AMIGOS DE JOHAM CARBALLEIRA” (BUEU) – ASOCIACIÓN CULTURAL DE CERAMISTAS DE PONTEVEDRA “ARXILARTE” – ASOCIACIÓN CULTURAL “105 BESOS” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “CASA MARÍA” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “EN PE” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “LICEO MUTANTE” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “MAIO LONGO” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “MARAVALLADA” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL OBSERVATORIO DOS MEDIOS GALEGOS – ASOCIACIÓN CULTURAL “OS CHICHISOS” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “PASPALLÁS” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “SONDEXEVE” (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN CULTURAL “TREPIA” (PONTEVEDRA) – GRUPO CULTURAL “RONSEL” (MARÍN) – GRUPO DE TRABALLO “ANOVATERRA” – ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE COMBARRO “A SOLAINA” (POIO) – AMIGAS E AMIGOS DO MUSEO DE PONTEVEDRA – ATENEO DE PONTEVEDRA – AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA (PONTEVEDRA) – CINE CLUBE DE PONTEVEDRA – FUNDACIÓN ALEXANDRE BÓVEDA (PONTEVEDRA) – FUNDACIÓN CUÑA-CASASBELLAS (PONTEVEDRA) – QUEREMOS GALEGO (MARÍN) – MIGALLAS TEATRO (PONTEVEDRA) – PAVÍS PAVÓS (PONTEVEDRA) – POLO CORREO DO VENTO (PONTEVEDRA) – TEATRO AKATRO (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “DESCONCERTO” (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “ENKI” (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “OS GHALOS DO CURRAL” (PONTEVEDRA) – GRUPO MUSICAL “PITER, RALPH & TERY” (PONTEVEDRA) – FEDERACIÓN DE AA.VV. “CASTELAO” E AS ASOCIACIÓNS QUE A CONFORMAN (PONTEVEDRA) – A.VV. “BOUREANTE” (POIO) – A.VV. “O MIRADOR” DE MONTEPORREIRO (PONTEVEDRA) – A.VV. DE PINTÉNS (O HIO) – BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA (PONTEVEDRA) – ASOCIACIÓN GALEGA AMARANTE-SETEM – GRUPO DE CONSUMO “A GRADICELA”- ASOCIACIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE MARÍN – TOURADAS FÓRA DE PONTEVEDRA – CIRCULO DO SILENCIO (PONTEVEDRA) – PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE – COMUNIDADE CRISTIÁ VANGARDA OBREIRA – COMUNIDADE HOME NOVO – COORDINADORA DE CRENTES GALEGOS

Un cartel e un valado advirte do perigo de desprendementos

Un cartel e un valado advirte do perigo de desprendementos no edificio principal do Pazo

DSC_2619.JPG

Esculturas na fachada do edificio principal do Pazo

Finca de Lourizán


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: