Cando o ánimo está doente e a frustración nos invade vendo a diario as falcatruadas destes malnacidos que nos están a gobernar arruinando o noso territorio, ese que temos prestado dos nosos fillos e netos, faise imprescindible voltar a pisar a terra en desagravio, tentando que nos perdoe polo mal que o estamos a facer consentindo, como bois capados, que nos leven ao matadoiro sen tan sequera facer ademán de resistirnos. Cando no solpor os perfís se van difuminando e a escuridade vai tapando as pegadas das desfeitas que cometemos a diario, un lugar no que relaxarse e gozar dunhas postas de sol impresionantes e, algunhas veces con fortuna chegar a ver o esquivo “raio verde” que nos dá un chisquiño de esperanza de que as cousas poidan mudar, é o Monte Pornedo, ou Pituco, no Concello de Marín, onde a estulticia dos dirixentes actuais do concello -e antes os do BNG- consentiron que no PXOM se incluíra este privilexiado lugar como solo industrial, esquecendo que xa fai máis de catro mil anos os que por alí vivían gravaran as súas creenzas nas pedras que estes malnacidos desprezan. Sirvan estas fotos para dar un aldabonazo nas concencias das xentes de boa vontade que, de seguro, sentiranse avergoñadas de ter esa caste de representantes politicos.
Fotografías e texto: Antonio Costa
Publicado por: MontePituco | 17/03/2017
O ‘RAIO VERDE’ NO SOLPOR, DENDE O MIRADOIRO DO PITUCO
Publicado en Colaboracións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Medio ambiente
Deixar unha resposta