Publicado por: MontePituco | 25/03/2017

VISITA DA MAREA MARÍN E X.L. JÁCOME AO ‘BALCÓN DA RÍA’

Xosé Lois Jácome e Marea Marín no 'balcón da ría

Pareceulle “absurdo”. Iso dixo cando lle explicamos ao deputado provincial da Marea na Deputación de Pontevedra, Xosé Lois Jácome, que o Monte Pornedo está clasificado no PXOM de Marín como solo industrial, e que xusto ao carón -cruzando a liña imaxinaria do límite municipal-, o Concello de Pontevedra ten catalogada esa parte do monte de Lourizán como de interese arqueolóxico.

É que é absurso, ilóxico, incomprensible… Pero así o decidiu a Corporación Municipal que tramitou o planeamento urbanístico; entre eles, un ex-edil de urbanismo que agora afirma que no Monte Pornedo non se vai construír “na vida” ningún polígono industrial porque é “inviable”. E mentres temos que aturar este tipo de revelacións chulescas e extemporáneas, estamos agardando a que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falle non unha, senón dúas demandas interpostas pola Asociación Monte Pituco: unha contra o PXOM de Marín e outra contra o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

Mentres uns políticos torpedean, obstaculizan e ningunean iniciativas a prol da defensa e da conservación deste espazo, outros polo menos interésanse por coñecer as súas problemáticas a pé de campo.

O grupo municipal da Marea Veciñal de Marín reuniuse este sábado con Xosé Lois Jácome para solicitarlle a súa mediación na Deputación de Pontevedra para que se leven a cabo melloras que teñen que ver co noso Concello: a recuperación e a posta en valor dos muíños de Loira, a mellora da seguridade vial -as cunetas están invadidas pola vexetación!- na estrada provincial que dende o cruce de Pardavila pasa polo Pituco e sube ata Figueirido, iluminación no acceso á Variante de Marín -que moitos condutores pasan de longo e dan voltas- no lugar de A Pena, recordarlle a proposta para poñerlle o nome de Xan Montenegro ao treito da estrada de San Xulián onde se instalaron as beirarrúas polas que tanto loitou este activista veciñal…

A xuntanza foi posterior á visita polo Monte Pituco, que comezou na arboreda, onde edís da Marea de Marín lle explicaron dunha parte a situación do Porto de Marín e as propostas para que se incremente o uso social das instalacións da Escola Naval.

Ao longo do treito pola pista forestal do Pituco, Xosé Lois Jácome coñeceu non só os aspectos políticos que marcaron a clasificación deste monte como solo industrial, primeiro no PXOM municipal, despois ao quedar incluído no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia. Tamén lle explicamos a pertenza deste enclave ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: unha iniciativa impulsada en principio por unha comisión técnica da que formou parte a Asociación Monte Pituco e asumida posteriormente polas comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián.

Precisamente, o que se lle solicitou ao deputado provincial foi apoio para que a Deputación se interese polo valioso e abundante patrimonio arqueolóxico existente no Monte Pituco, para que esta contorna forme parte dos roteiros recomendados para a práctica do sendeirismo, para que se teña en conta o valor cultural, natural e paisaxístico nas iniciativas que impulse o organismo provincial vencelladas aos montes como espazos de lecer cidadán.

Quedamos coas impresións de Xosé Lois Jácome trala visita ao ‘balcón da ría’, compartidas a través das súas canles nas redes sociais: 

“Está claro que é un dos lugares de desfrute da veciñanza marinense. As vistas son espectaculares; non se pode poñer aquí un polígono”

 

 


Responses

  1. […] repercusión que tivo na prensa local a visita do deputado provincial da Marea, Xosé Lois Jácome, ao Monte Pituco (Pornedo) para expresar o seu rexeitamento ao proxecto de construcción dun […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: