“Hai un gravísimo problema hoxe en día na arqueoloxía que é a eucaliptización. Cando hai 40 anos empecei a prospectar había moito carballo e aínda podías ver a forma dos castros e ter unha perspectiva, un panorama deles. Hoxe en día é imposible. Daquela o castro da Sividade tiña unha vexetación de carballos e agora está cheo de eucaliptos. Para esta exposición utilizamos un dron a fin de obter unha vista aérea e é totalmente imposible; non se ve nada máis que arborado”.
“Os eucaliptos son un gravísimo problema en todos os sentidos: destrozan coas raíces os petróglifos, as mámoas, e están invadindo totalmente. Non se ven as igrexas nin as aldeas. Onde vías as aldeas con casas, os campos e máis atrás os bosques, agora ves eucaliptos. Están chegando aos pastizais e mesmo nalgúns sitios estanse metendo nas terras de pan, nas agras, que eran lugares sagrados. Ou lle poñemos couto aos eucaliptos ou a paisaxe de Galicia se destrúe”.
Publicado por: MontePituco | 24/03/2017
EUCALIPTOS vs. PATRIMONIO PREHISTÓR
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Prensa
Deixar unha resposta