Publicado por: MontePituco | 29/03/2017

ANUNCIAN PARA ABRIL E MAIO A LIMPEZA DE CAMIÑOS

Diario, 29 abril 2017

Marín planifica la limpieza y el desbroce de zonas públicas entre abril y septiembre

“…Dentro de la planificación prevista, en los meses de abril y mayo se realizará el desbroce de las zonas comprendidas entre la carretera vieja de Marín, en los lindes con Pontevedra y el vial provincial EP-0019. Así, en estos dos meses se acometerá la limpieza de las zonas de Pereiras, A Estivada, Arealonga, O Pituco, A Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Blancas, A Raña y Outeiro…”

“…Y en agosto se incluirán los lugares que están en la parte alta de Marín, como Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de San Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns y Pastoriza”.

Dende o pasado 2016 a Asociación Monte Pituco vén reclamando diante da Deputación de Pontevedra a limpeza das cunetas na estrada de titularidade provincial que discorre pola parroquia de San Xulián. 

A falta de seguridade vial para os peóns é evidente pola falta de espazo para camiñar, xa que a vexetación -non só herba e fentos inofensivos, senón tamén pólas de acacias con pinchos e silvas cos seus correspondentes pinchos- invaden o estreito espazo que as persoas -moitas, de idade avanzada- teñen para desprazarse. 

Ninguén se dignou en contestar. As máquinas levan todo este tempo sen aparecer. E esta situación vai persistir porque o conflicto do persoal do Parque de Maquinaria non ten trazas de resolverse, polo que adiantou a semana pasada o deputado provincial da Marea, Xosé Lois Jácome.

Confiamos en que o Concello chegue a algún acordo coa Deputación para asumir este servizo. A estas alturas, tralo paso do outono e do inverno, a vexetación -aínda que seca- segue representando unha molestia e un perigo para o tránsito vial. Pero coa chegada da primavera, a masa vexetal vai seguir medrando sobre a capa anterior, agrandando o voume e deixando a estrada impracticable.

Cómpre unha solución urxente e dilixente. Dende a Asociación Monte Pituco non quedará máis remedio que reiterar as queixas por escrito, das que se irá dando cumprida conta.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Curva da Pena, agosto de 2016


Respostas

  1. […] …Tantísimo tempo agardando a que Deputación, Concello, a Santa Compaña ou quen fose se dignase a adecentar as beiravías en San Xulián e POR FIN esta semana a máquina desbrozadora pasou por esta estrada e deixou algo máis transitable o minúsculo espazo que ten para desprazarse a poboación da Pena, do Caeiro ou calquera dos moitos veciños/as que veñen camiñar por esta contorna. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: