Publicado por: MontePituco | 07/04/2017

LIMPEZA DE CUNETAS: POR FIN!

POR FIN!

POR FIN!

POR FIN!

Limpeza de cunetas na Pena, no Caeiro e na Bouza

20170407_172948

20170407_173034.jpg

Tantísimo tempo agardando a que Deputación, Concello, a Santa Compaña ou quen fose se dignase a adecentar as beiravías en San Xulián e POR FIN esta semana a máquina desbrozadora pasou por esta estrada e deixou algo máis transitable o minúsculo espazo que ten para desprazarse a poboación da Pena, do Caeiro ou calquera dos moitos veciños/as que veñen camiñar por esta contorna.

Se xa as condicións de seguridade vial son perigosas, posto que os vehículos pasan moi pegados aos viandantes, e por riba estamos nun vial cun trazado moi sinuoso, con moitas curvas, e polo que os condutores adoitan conducir a unha velocidade superior á recomendable, o volume da vexetación -fentos, silvas e acacias con pinchos- que se vai acumulando complica aínda máis a situación dos peóns; xente que maioritariamente é de idade avanzada.

Por iso cómpre que os responsables municipais e provinciais estean máis pendentes das necesidades dos habitantes do rural que carecemos de beirarrúas, de estradas humanizadas con baldosas, adoquíns, bancos e farolas. Que visiten máis as aldeas das parroquias, e que atendan con máis celeridade as queixas cando procede acometer a limpeza destes espazos.

 


Respostas

  1. […] escasamente un mes, a principios de abril, era o Concello o que dispoñía que por fin tocaba adecentar as beiravías e os valos por San […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: