Publicado por: MontePituco | 29/11/2016

XORNADAS ‘SALCEDO NO TEMPO’

15194463_1144619488921096_3592994766568762949_o

Comeza hoxe unha nova edición das xornadas ‘Salcedo no Tempo‘, que organizan o Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Salcedo. O programa consta de roteiros en contacto coa natureza, mesas de debate, proxección de documentais e unha homenaxe ás mulleres que foron represaliadas nesta parroquia tralo alzamento militar de 1936.

Un encontro da memoria dirixido por Montse Fajardo abre as sesións, ás 19:00 horas na Casa Verde: será un faladoiro sobre mulleres represaliadas, resistentes e solidarias de Salcedo no que se anima a participar a todas as familias e no que se agarda que as persoas maiores da parroquia compartan cos asistentes os seus recordos, impresións e sentires sobre a represión que se viviu. As achegas e as experiencias narradas serán incorporadas ao programa ‘A Memoria das Mulleres’.

Este venres ás 20:00 horas haberá un roteiro nocturno polos petroglifos da parroquia, guiado por Xosé Lois Vilar. A andaina estará precedida dunha conferencia ás 19.00 horas.

Nos petroglifos de Outeiro da Mina.

As actividades retomaranse o venres 9 de decembro, ás 19.00 horas, coa participación de varios expertos nunha mesa redonda sobre o patrimonio cultural -material e inmaterial- da parroquia de Salcedo e sobre os achados realizados nas sucesivas prospeccións arqueolóxicas: o director da escavación do Castro das Croas, Eduardo Méndez; a investigadora do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, María Martín; a restauradora de Tomos de Conservación, Rosa Benavides; e o antropólogo social e cultural, Rafael Quintía.

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

O sábado ás 10:30 horas, coa Casa Verde como punto de partida, realizarase o Roteiro das Mouras, guiado por Rafael Quintía.

Muíños do Outeiro, en Salcedo.

O xoves 15, ás 20.00 horas, proxectarase o documental ‘Terra das Marabillas’ -realizado pola xornalista pontevedresa Ana Lois- sobre a tradición máxica e mitolóxica de Salcedo.

As xornadas pecharanse o 17 de decembro, cunha homenaxe ás mulleres represaliadas de Salcedo. Ás 11.00 horas colocase unha placa na Ruibal e ás 11.45 horas terá lugar o acto de memoria no cemiterio parroquial.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: