“…A alma anda nestes inventos porque non lle abonda
o que é como é do mundo
quixer facer pombas con auga e amieiros de pruma
e en vez de carro que polos camiños do monte
baixase cantando a lúa arrastrada
por un tiro de peixes prateados…”
Fragmento de ‘Acolá están as illas’ (Herba de aquí ou acolá, 1980). Álvaro Cunqueiro.
Se algo chamaba a atención no lusco-fusco deste domingo é o tamaño e o brillo da lúa, extraordinariamente redonda, cercana e luminosa enriba do Morrazo. Estábase preparando o fenómeno da superlúa, que chega ao seu clímax este luns 14 de novembro. O especial desta ocasión é que a lúa non se vía nin tan grande nin tan brillante dende 1948. E non será ata o 25 de novembro de 2034 cando se repita esta circunstancia.
A unha distancia de 356.512 quilómetros do planeta Terra, o punto máis próximo na súa órbita, e vémola un 14% máis voluminosa e un 30% máis rechamante. Con respecto ao Sol, a separación é de 147.985.477 quilómetros.
Ogallá músicos, poetas e artistas aproveiten esta carga inspiradora do noso lunático satélite.
Deixar unha resposta