Publicado por: MontePituco | 25/09/2016

25-S: VOTAMOS POLA DEFENSA DO MONTE PITUCO

25 de setembro: votando en Viñas Brancas

Non votamos polos que aprobaron un plan sectorial que dende hai anos condena o Monte Pituco a ser destruído para que uns poucos poidan encher os petos a conta das obras do polígono industrial proxectado. Non votamos polos que máis hinchan o peito e máis presumen de que Marín teña un PXOM que a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO ten denunciado para intentar frear un atentado ambiental, paisaxístico e cultural neste enclave. Non votamos polos que actúan poñendo a súa cara máis amable e o seu sorriso máis ‘profidén’ pero que levan nunha man un puñal e na outra man unha bolsa de lixo na que tirar calquera proposta que se lles presente a prol da mellora e da promoción do ‘balcón da ría’.
Non votamos polos que, coa súa xestión, e de forma consciente e directa, condenaron este Espazo Natural dos Montes do Morrazo a sucumbir baixo o asfalto e o formigón; que desprezaron a veciñanza defensora da súa conservación. Non votamos polos perdedores, polos mentireiros, polos embaucadores, polos prepotentes, polos ‘veletas’ que despois de ternos sete anos loitando contra a súa delirante proposta de dotación de chan empresarial, veñen con tímidos remendos, dicindo que onde dixen ‘digo’, digo ‘diego’. Non votamos polos que nunca se dignaron en vir poñer o pé ao Monte Pituco, que renegaron da riqueza da súa biodiversidade, dos seus vestixios prehistóricos, dos seus recursos forestais e agrogandeiros, do seu potencial económico.
Non votamos polos falsos amigos da cultura, da natureza e do patrimonio que ameazaron con desafectar o Monte Pituco da lexítima figura de protección que o ampara e que lle corresponde por dereito, no marco das Normas Subsidiarias Provinciais. Non votamos polos que insultan e ameazan cando se lles plantifican nos morros as súas contradicións, polos que manipulan a xente para quedar ben e tapar as súas vergoñas, polos que van do que non son, polos que rexeitaron apoiar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e logo non teñen o máis mínimo pudor en visitalo. 
Votamos polo ‘balcón da ría’, para que siga sendo o pulmón verde da vila; a atalaia dende a que poder contemplar o solpor sen fumes nin ruídos. Votamos para que os seus numerosos vestixios arqueolóxicos pervivan e se promocionen como merecen. Votamos con coherencia, con liberdade e con esperanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: