Publicado por: MontePituco | 17/09/2016

PROBAS DEPORTIVAS SINALIZADAS CON PINTURA

Proba deportiva sinalizada con pintura.

Señores que organizan probas BTT, rutas ciclistas, de atletismo e demais competicións deportivas que se desenvolven no ámbito da natureza:

A que vostedes non fan pintadas nas paredes da súa casa? A que non fan garabatos nas baldosas da cociña?

Daquela, por que veñen encher de pintura as árbores, as pedras do monte e calquera elemento que lles veña en gana para marcar flechas e outras indicacións coas que sinalizar o itinerario das actividades que organizan?

Non importa que sexa un eucalipto -por moi denostada que estea esta especie invasora- o damnificado pola ráfaga de pintura en spray. Se chega a haber un carballo ou un castiñeiro probablemente tampouco se libraría de lucir ese indesexable decorado.

Non importa que sexa un simple penedo cheo de brións, liques, terra e follas secas. Porque hai outros penedos non tan ‘simples’ no seu incalculable valor histórico ou etnográfico -ata o extremo de estar protexidos por lei- que tamén se atopan á altura dos pés e que -por descoñecemento, insensibilidade ou mala uva- tamén poden acabar agredidos de forma severa.

Sexan elegantes e responsables. Sexan respectuosos co medio natural que os acolle. Moléstense en facer uns carteliños de madeira ou de cartón nos que poderán marcar as indicacións do traxecto que teñan que seguir os participantes nos roteiros. Logo poderán retirar eses materiais e volvelos utilizar noutras ocasións.

Fagan o favor de non facernos dano na vista con estes borranchos innecesarios, bastos e horribles.

Proba deportiva sinalizada con pintura.

En abril de 2014 denunciabamos un caso similar, preto do conxunto rupestre do Pornedo:

Proba BTT entre petroglifos catalogados


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: