Publicado por: MontePituco | 10/10/2016

COMPLETAN O DESBROCE DA PISTA DO PITUCO (I)

A mediados de setembro demos conta de que se estaban realizando traballos de desbroce na pista forestal do Monte Pituco, dende o seu acceso, no cruce da estrada de Figueirido coa pista do Regueiriño. Advertiamos entón que os restos vexetais que se estaban retirando dos taludes quedaban ciscados no rego lateral que, pola contra debería estar o máis limpo posible para facilitar o discorrer das augas pluviais sen causar atrancos nin rebordamentos. Nestes días puidemos comprobar, con satisfacción, que esas actuacións continuaron e, neste momento, os regos están en bo estado, instaláronse pezas de formigón para encauzar o caudal das chuvias e a pista quedou moito máis ancha.

…Excesivamente ancha, poderíase engadir, malia tratarse dun vial polo que, en teoría, circularía principalmente maquinaria agrícola, vehículos pesados para transporte de madeira ou camións cisterna para auga en caso de ter que afrontar algunha emerxencia.

Sen embargo, durante un percorrido pola pista en días pasados, puidemos comprobar que é utilizada por motos, turismos convencionais e vehículos todoterreo que a utilizan como atallo. De non tomar medidas para restrinxir ou limitar os usos da pista aos que -pola propia natureza do vial lle corresponden- auguramos un máis que rápido deterioro, co que conleva de perxuízo económico.

Confiamos en que as primeiras chuvias desta semana contribúan a consolidar o terreo. Ao botarlle terra de recheo, coincidindo coas obras de instalación da rede de tubarías de Acuaes, a sequía e o constante paso de vehículos fixo que a superficie da pista, especialmente no seu treito inicial, quedase convertida nunha poeira.

dsc_0580

dsc_0581

dsc_0582

dsc_0584

dsc_0593

Por outra banda, a instalación de canalizacións de formigón e o movemento de terras que conlevaron estes traballos fixo “aflorar” cantidade de lixo e residuos de todo tipo que quedaron á vista, ofrecendo unha imaxe bastante desagradable…

dsc_0586

dsc_0587

No acceso ao sendeiro que conduce ao miradoiro e ao conxunto arqueolóxico do Pornedo tamén se realizou un ensanchamento do camiño e a instación de canalizacións pluviais.

dsc_0590

Sen embargo, o sinal que prohibía o acceso de vehículos motorizados, agás para usos agrícolas, non foi reposta. Lonxe diso, ese cartel metálico segue tirado -e deteriorándose- entre a vexetación. Ao pasar unha máquina desbrozadora polas marxes da pista, o sinal quedou á vista, no mesmo chan, pero non se repuxo na súa localización orixinal, no inicio do camiño.

DSC_0078.JPG

En relación a estas obras na pista forestal do Pituco, hai outras dúas actuacións que cómpre expoñer a maiores: unha, a extracción de terra que se fixo no val do Pornedo para tapar un talude do que se retiraron uns poucos residuos e “disfrazar” esa acción como a rexeneración do terreo; e en segundo lugar, moito máis grave e mesmo denunciable ante as autoridades de Patrimonio, a utilización de maquinaria pesada para desbrozar o sendeiro que conduce ao miradoiro do Pornedo, co risco de ter destruído o conxunto rupestre catalogado que se atopa na beira do mesmo camiño.

Ambos episodios merecen un tratamento detallado, que se irá expoñendo en próximos artigos.


Respostas

  1. […] dende os meses de setembro e outubro se viña traballando na mellora da pista, desbrozando os taludes laterais, limpando os regos e […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: