Publicado por: MontePituco | 23/07/2010

…TRALLA?

Se antano tiveran clara a posición dos puntos cardinais, algunha clase de tormenta magnética debeulles avariar o sentido da orientación e, por extensión, o xuízo enteiro. Os integrantes da xunta rectora da Comunidade de Montes de San Xulián perderon o norte, viven nunha deriva de insultos e de incitación á violencia. E o peor, arrastran con eles a veciños e veciñas que non se decatan de que este conflicto estase saíndo do testo.

Non son conscientes de que a persoa e a familia aludida nestes panfletos delirantes que distribúen -xa non só pola parroquia, senón tamén por sitios estratéxicos do centro da vila- presentou denuncia ante a Policía Nacional por semellantes afrentas. Que piden a identificación dos responsables das mensaxes que se están a emitir a través duns altofalantes cos que percorren as rúas. Que o axente da Policía Local ao que se enfrontou física e verbalmente o vicepresidente da comunidade de montes e algún comuneiro máis, na protesta do pasado 3 de xullo ante o Concello, tamén denunciou a agresión. O asunto non é trivial, derivará en sancións económicas de certa consideración.

Que estratexia tan errada, a desta directiva que non dá pé con bola. Coa súa actitude están conseguindo que o culpable desta situación, o propietario do terreo acusado de usurpar monte comunal, quede como víctima e saia trunfante ante a opinión pública primeiro, e acaso máis tarde ante a Xustiza. Porque hai formas de obter a razón, pero tamén de perdela. E o rumbo trazado polos i-responsables da comunidade non pode ser máis desacertado.

Cando dende un principio tiñan que terse presentado ante os tribunais coas probas da titularidade comunal dos terreos usurpados, optaron por perder o tempo cun interdicto que lles foi desfavorable. Onde está a documentación histórica que determina os lindes do monte? Por que tiveron os veciños que mobilizarse para achegar os seus arquivos particulares? A canto ascenden os gastos deste litixio que se está embarullando máis da conta? Asesoramento e representación legal? Fotocopias dos folletos e anuncios varios? Megafonía? Por que o presidente da comunidade -concelleiro popular da Corporación municipal- non lidera este problema e deriva a xestión no vicepresidente?

Dende logo, un colectivo que se denomina DEFENDE O MONTE PITUCO posiciónase claramente a prol dos veciños e veciñas, que están librando unha dura batalla para recuperar un espazo que é de todos e todas. Pero o estilo da xunta rectora da comunidade de montes carece de toda ética e estética, con procedementos, iniciativas e expresións de nula elegancia. En vez de preocuparse de que a Xustiza actúe aplicando as leis e deixando en evidencia ao infractor, recorren á descalificación: “…demos tralla a estes personaxes e mangantes…”.

Señores da xunta rectora, “barbarie” e “atrocidade” é o que vostedes pretenden facer, non cos mil e pico metros usurpados por Romero, senón cos 400.000 metros cadrados de terreo comunal de San Xulián que vostedes lle consinten arrasar ao Concello para instalar un polígono industrial. Non están vostedes lexitimados para apelar á “loita polos nosos montes” porque vostedes son uns vendidos que só actúan por intereses económicos e personais. Vostedes si que ignoran o significado de conceptos como legalidade e democracia.

 

Publicado por: MontePituco | 22/07/2010

LECTURA ESTIVAL

“Petroglifos e outras historias. Cadernos de arqueoloxía marinense” é un libro de Xulio D. Abal Silva e Álvaro R. Arizaga Castro editado en 2007. Dez anos antes, estes rapaces gañaron un concurso convocado polo Concello de Marín co traballo titulado “Marín Arqueolóxico. Catalogación e análise dos xacementos arqueolóxicos do Concello de Marín”, que se pode atopar no arquivo do Museo Manuel Torres. Un traballo de investigación, complementado con fotografías e mapas, que está ao alcance de calquera persoa interesada.

“Porque o patrimonio cultural perde todo o seu sentido cando se converte nun segredo atesourado para uns poucos”

…din os seus autores.

Esta publicación é un resume dese traballo: lamenta o descoñecemento con respecto aos abundantes petroglifos que hai na vila, exceptuando o labirinto de Mogor; sitúa, describe e documenta toda esta riqueza patrimonial, dende o monte de San Xulián, ata a finca de Cadro, pasando por A Laxe, Sete Espadas ou a zona da Subidá; e alerta da necesidade de protexer este patrimonio cultural do deterioro sistemático que sofre, se non se adoptan medidas de protección.

Sendo a conservación dos gravados rupestres de Pornedo, Pinal de Caeiro e outros, un dos argumentos de DEFENDE O MONTE PITUCO contra a instalación dun polígono industrial, non podemos menos que recuperar esta obra, dar a coñecer o seu contido e advertir da incongruencia na que incorrería o Concello se acaba favorecendo a decadencia ou a destrucción do “habitat” no que se atopan estes petroglifos. Grazas a Álvaro e a Xulio pola esta contribución a recuperar unha parte tan importante da historia de Marín.

Publicado por: MontePituco | 21/07/2010

ISTO NON É DEPORTE

Retomamos a recente visita do SEPRONA ao Monte Pituco (Pornedo), desta vez a respecto dos desperfectos que provocan no terreo os conductores de motos e quads. Agardamos que os axentes quedaran tan impactados coma nós cando comprobamos “in situ” o “descaghallada” que teñen esta zona, o rastro de lixo que deixan tras deles e o difícil que é recuperar o aspecto orixinal deste espazo, convertido agora nunha pista ilegal de adestramento. ISTO NON É DEPORTE…

Isto é gamberrismo puro e duro, porque teñen o punto de encontro sementado de botellas de cristal, latas e envases de plástico. Tampouco dubidan en abandoar neumáticos usados, pezas de goma e outros artiluxios que se desprenden das máquinas. E para rubricar o colmo do vandalismo, os restos dunha enorme fogata-basureiro da que aínda quedan restos. Non só é contaminante, senón potencialmente perigoso en caso de incendio, ao tratarse de material inflamable ou que, no caso do vidro, podería actuar de lupa.

Terra estéril, seca e chea de gretas onde as rodas xa deixaron de pasar. Terra trillada e poirenta, ondulacións no terreo e pronunciados desniveis onde os pilotos por deciden guiar os vehículos. Porque aínda por riba, dispoñen do monte ao seu antollo: cando cansan de repetir un trazado, fan outro ao carón, convertindo a ladeira nun labirinto de camiños a ningunha parte.

…Isto non é deporte. Porque quen practica un deporte faino nunhas instalacións ou nun lugar habilitado e autorizado a ese efecto. Porque temos aos deportistas por persoas respectuosas coa saúde propia e, por extensión, coa saúde allea, neste caso, a do medio ambiente. Por iso alertamos ao SEPRONA destas prácticas irregulares, para que incremente a vixiancia e sancione aos infractores. E instamos aos afeccionados a estes vehículos a exercitarse fóra de aquí, onde non son benvidos. 

Máis información sobre esta problemática, no artigo titulado “MOTORES FÓRA“.

Publicado por: MontePituco | 20/07/2010

…TAMÉN SOMOS SUEVOS

Temos un pasado suevo. A este pobo xermánico que chegou á antiga Gallaecia arredor do ano 410, debémoslle dúas cualidades que distinguen a nosa organización territorial: as parroquias e a propiedade comunal do monte veciñal. Dese periodo procede boa parte da identidade histórica e política de Galicia: o primeiro reino en emanciparse do Imperio Romano, o cerne do feudalismo que marcaría Europa polos seguintes mil anos, a eclosión cultural da que foron partícipes figuras como Martiño Dumiense, a expansión do cristianismo, coa creación de mosteiros e monacatos… Para afondar nesta descoñecida e mesmo denostada época, Pontevedra vai acoller unhas xornadas, do 4 ao 8 de outubro: I Congreso Internacional 1600 anos do Reino Suevo de Galicia.

Publicado por: MontePituco | 19/07/2010

VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DE TOURÓN

Tempo de verán. Actividades de lecer. Aire libre. Natureza. Imaxinación ao poder. Hai pouco asistiamos a un roteiro de estrelas -obviamente, en horario nocturno- en Cabo Udra, organizado polo Concello de Pontevedra. Máxico. Ameno. Diferente. Desta volta, tamén tralo solpor, a cita foi na Área Arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, con motivo da I Festa de Exaltación da Arte Rupestre. Divertido. Instrutivo. En ambos casos, sabedoría que alimenta o espírito.

O investigador Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos, foi o mestre de cerimonias dunha visita a un espazo espectacular pola riqueza dos seus petróglifos. Lamentablemente, o terreo foi pasto das lapas na dramática vaga de lumes de 2006, pero por sorte as pedras conservan os gravados que nos deixaron -hai 3000 ou 2000 anos- os antigos poboadores da zona. Existe un plan de reforestación e ordenación do monte que, co paso do tempo, ha de converter este parque nun recuncho fermoso e acolledor.

A carón dun pequeno Centro de Interpretación está xa a primeira aproximación á Historia. No Outeiro da Forcadela, sobre unha pedra horizontal, unha abstracción: dous círculos concéntricos con puntos. Querían trascender no tempo con esta expresión artística de misterioso significado.

O Coto das Sombriñas revela outra serie de figuras de gran valor: a caza, os cervos, a dominación do home sobre os animais. E chegamos á Laxe das Cruces ante un mural pétreo inzado de trazos. É o antecedente do “horror vacui”. Máis cervos de gran cornamenta. Formas “vaciadas”, esculpidas e pulidas por mans laboriosas e comunicadoras. Máis círculos concéntricos. Aparecen as espirais. Velaquí o rastro indeleble do noso Pasado.

Baixo a protección da Vía Láctea e alguna estrela fugaz que se desprende do ceo, guiamos os pasos ata o extremo máis lonxano do Parque: o Nabal de Martiño, onde unha vez máis atopamos unha sucesión de esceas para ser vistas, un eterno panel explicativo sobre o modo de vida, as aventuras e desventuras destes xenerosos devanceiros, que nos deixaron unha herdanza de valor incalculable.

Está ao alcance de calquera, actuando con respecto pola súa conservación. Hai milleiros de petróglifos, de mámoas e doutros elementos que conforman o noso patrimonio arqueolóxico. En Tourón, en Castrolandín, en Campo Lameiro, na Serra da Groba, no Galiñeiro… Tamén nos montes de San Xulián, Lourizán, Salcedo, Vilaboa. Non hai soños imposibles. Só a pasividade fai imposibles os soños.

Publicado por: MontePituco | 17/07/2010

HOXE, EN PONTE CALDELAS

Hoxe celébrase no Centro Arqueolóxico de Tourón a I Festa de Exaltación da Arte Rupestre. Nesta actividade colaboran o Concello de Ponte Caldelas, a Comunidade de Montes de Tourón e Hípica Amazonas. Trátase dunha iniciativa ben louvable, polo enfoque dos seus obxectivos:

Dar a coñecer aos visitantes o Centro Arqueolóxico de Tourón, potenciar o coñecemento por parte da xente nova da arte rupestre dende un enfoque lúdico, ofrecer aos participantes a visión guiada dos petroglifos dente a perspectiva de expertos na materia, aprender a respectar as normas dun contorno patrimonial ao aire libre ou comprender a importancia da arte rupestre”. (Nota informativa do Concello de Ponte Caldelas).

...Animamos, fomentamos e recomendamos a asistencia. Segue a continuación o programa previsto:

12:00 horas.- Visita guiada, comentada e explicada polo doutor en Historia Buenaventura Aparicio Casado. Comeza a actividade de hípica infantil.

13:00 horas.- chegada dos camiñantes do roteiro “Do Camiño dos Arrieiros ao Camiño de Santiago”, tralo remate da primeira etapa.

14:00 horas.- Xantar con servizo no propio Centro Arqueolóxico

17:00 horas.- Reapertura da hípica infantil e visita guiada a cargo da responsable do Centro Arqueolóxico, María Martín.

19:00 horas.- Obradoiro de recreación dunha excavación arqueolóxica.

20:00 horas.- Visita guiada comentada e explicada polo doutor en Historia, Manuel Reboredo Tajes.

21:30 horas.- Cea.

22:30 horas.- Visita nocturna comentada polo arqueólogo Lois Vilar.

00:30 horas.- Espectáculo de música e queimada, coa participación da Banda de Gaitas Os Coribantes, de Buchabade.

Publicado por: MontePituco | 16/07/2010

CARME, CARMIÑA, CARMELA

Vén bailar Carmiña,

Carmiña, Carmela,

con zapato branco,

con media de seda.

Con media de seda,

de seda calada,

vén bailar Carmiña,

miña namorada.

(Cantiga tradicional)

Publicado por: MontePituco | 15/07/2010

ROSALÍA: UNHA MÚSICA, UN LIBRO, UN POEMA

Versos que falan da terra, que afondan no íntimo, que berran contra a inxustiza, que enxalzan a tradición. Sóanvos? Velaí a pegada literaria de Rosalía na nosa Historia e a traza rosaliana do noso “adn” galego.

Para este 15 de xullo, no que se cumpre o 125 aniversario do seu pasamento, unha música: a do disco ‘RosalíaXXI’, no que o pianista Abe Rábade, a solista Guadi Galego e o escritor Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta, cunha moderna clave de jazz e folk.

…un libro: “Rosalía de Castro, escolma poética”, editado na colección Trece Lúas de Faktoría K, no que a artista Belén Padrón ilustra cada composición.

…e o fragmento dun poema:

     Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias

E nos penedos ásperos do noso inmenso mar,

Fadas de estraño nome, de encantos non sabidos,

Que só con nós comparten seu prácido folgar.

     Hai entre a sombra amante das nosas carballeiras,

E das curtiñs frescas no vívido esprendor,

E no romor das fontes, espritos cariñosos

Que só ós que aquí naceron lles dan falas de amor.

     I hai montañas rosas e nestes nosos ceos,

En canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,

Cores de brilo soave, de transparencia húmida,

De vaguedade incerta, que a nós só da pracer…

     (Rosalía de Castro, de “Follas Novas”, 1880)

Publicado por: MontePituco | 14/07/2010

ANIMAIS, OS DONOS

 

Cruel. Horrible. Vergoñento. Reprobable. Ilegal. Perigoso. Sancionable. Máis cruel. Noxento. Alarmante. Suxo. Indigno. Irresponsable. Perseguible…

Todas as palabras son poucas para criticar e denunciar a situación dos cabalos ceibes que percorren os montes de San Xulián, no límite con Lourizán e con Salcedo. Eguas, principalmente, cuxas patas están trabadas, limitadas, atadas, prendidas, feridas e lesionadas porque os seus donos as condean a levar permanentemente estes tinglados de tortura que cercenan a súa mobilidade.

Persoas que de “sapiens” teñen pouco e ou nada, ata o punto de seren máis animais aínda que os propios cuadrúpedos. Cobardes, porque saben cal é o seu gando, pero os demais non sabemos a quen pertencen estes pobres cabalos, que se buscan a vida á intemperie. Ocultan a súa identidade baixo marcas horrorosas, feridas de dimensións desproporcionadas e con trazos de ostensible mal gusto. E cando sospeitan que as autoridades poidan localizalos, volven facer sufrir as reses, desfigurando a forma que deixara inicialmente o ferro candente.

Insensatos porque os animais, na súa natural irracionalidade, móvense por onde poden ou por onde lles cadra segundo o instinto os leve, na procura de alimento, auga e resgardo. Poden tripar unha veiga de patacas, coa conseguinte reacción airada dos labregos. Nalgúns casos, máis extremos e máis incalificables aínda, téñenlles dado caza e morte aos cabalos, da forma máis violenta e inxustificable, como xesto de vinganza, de advertencia, coa maior saña.

Poden irromper nunha estrada a calquera hora do día ou, ao peor, da noite, co perigo que supón para a integridade física dos conductores que transiten pola zona e non poidan esquivar o animal que, por riba, non ten marxe de manobra para saír galopando ou apartarse a tempo de que o vehículo o leve por diante ou acabe empotrado ou despeñado nalgún terraplén. Por eso os propietarios destes equinos ceibes teñen responsabilidade subsidiaria sobre os percances que poidan acontecer. Pero están alleos e agazapados na sombra; atentos só aos poldros que nacen para aumentar a súa riqueza ou o seu patrimonio. Cobizosos.

Que a Fiscalía de Pontevedra non deixe de investigar estes casos de maltrato animal. As imaxes que acompañan este relato foron tomadas no vial de Marín a Figueirido á altura do acceso ao Monte Pituco, este segundo fin de semana pasado do mes de xullo. É habitual constatar a presenza destes cabalos escravizados nesa zona, pola abundancia de herba verde e bebedoiros, tanto á mañanciña, como ao caer a tarde. Que o SEPRONA, que se vén preocupando ultimamente polas agresións ambientais que afectan a este espazo, tome nota da situación. Que as persoas con sensibilidade polo bo trato aos animais que lean esto e vexan estas imaxes, compartan a información. Moitas grazas.

 

Publicado por: MontePituco | 13/07/2010

O SEPRONA, NO PITUCO

 

As xestións de DEFENDE O MONTE PITUCO para contribuir á mellora deste espazo a nivel ambiental están dando os seus froitos. Este pasado fin de semana recibimos a visita dos axentes do Servizo de Protección da Natureza na bisbarra do Morrazo. Percorreron diversas zonas afectadas pola proliferación de vertedoiros incontrolados e ilegais; uns feitos que estamos a denunciar ante as institucións públicas: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Consellería de Medio Ambiente, Concellería de Medio Ambiente de Marín… e nos foros sociais nos que DEFENDE O MONTE PITUCO participa.

Así que o SEPRONA fixo o seu traballo, con interese e con rigor. Fotografaron os puntos onde se atopan os escombros, os accesos aos lugares, removeron os cascallos buscando elementos delatores da súa procedencia. E con todo este material van elaborar un informe que remitirán ás demais Administracións, principalmente a municipal, que é a que ten as competencias e a responsabilidade na eliminación destas mostras de inmundicia, de vergoña allea, de vandalismo.

…Porque se agardamos pola Comunidade de Montes, esa pandilla de cómodos, oportunistas e desinteresados, o Pituco morrería de asco. É o que pretenden: abandono e desidia para o Monte Pituco, para entregalo aos seus potenciais verdugos, o Concello e a Xunta, para cobrar canto antes pola súa permuta arelando que prospere o proxecto de polígono industrial, para encher as súas arcas particulares -que non a común- cuns ingresos envelenados pola cobiza.

Se non é polos veciños, que sufrimos con cada gaveta de lixo que se verte, NA-DA. Por diante, si, palabras correctas: “ah, eso está moi ben, porque tal e cal”. Logo, o que por unha orella lle entrou, pola outra lle saiu. Cando non rosman e maldín -que é o máis probable- porque xa están os de DEFENDE O MONTE PITUCO a incordiar e a meterse no medio. O noso traballiño nos custou que nos recolleran o escrito -e nos devolveran asinada unha copia de conformidade- para notificarlles a alarmante proliferación de verquidos.

Pandilla de cafres e desinformados. Que non sabían o que había que facer para denunciar a situación, que era moi difícil que as institucións fixeran caso. Excusas baratas e inverosímiles. Bastou un escrito ao Concello para que poñan á nosa disposición uns contedores para enviar o lixo a puntos autorizados, e presentar outra instancia na Subdelegación do Goberno para que o SEPRONA ao pouco contactara connosco. Seica lles ía saír unha hernia por facer estas xestións.

ASÍ QUEDEN EN EVIDENCIA, por incompetentes e ineptos.

Publicado por: MontePituco | 12/07/2010

O LITORAL, NO LÍMITE

“Alcalde, dimisión!”, “inútiles!”, “goberno de terceira!”… foron algunhas das expresións de ira e de frustración coas que os veciños e veciñas do litoral de Marín -Aguete, Mogor, Loira, Teoira…- abuchearon os responsables municipais no pleno deste pasado venres. E nada mellor que ter deixado repousar os acontecementos para intentar facer unha análise o máis sensata posible sen deixarse levar polo fragor do momento.

Comeza a semana. E probablemente a estas horas estean xa camiño de Madrid os escritos que a plataforma veciñal lles quere enviar a los representantes de todos os grupos representados no Congreso dos Deputados, dende PP, PSOE e BNG, ata Esquerda Unida, Esquerra Republicana, Coalición Canaria, pasando por UPYD. Porque “a xente está moi crispada”, asegura o representante dos afectados.

E non é para menos. Levan oito anos, que se din pronto, coa Lei de Costas como unha espada de Damocles enriba das súas vivendas. Agora están cansos de promesas incumpridas, fartos de escoitarlle a Francisco Veiga que si, que xa falta pouco, que está xestionando a solución… Pero a paciencia rematou, “o alcalde demostrou a súa incapacidade para liderar este asunto, perdeu unha oportunidade histórica”, remarcan.

Os voceiros municipais comprometéranse a actuar conxuntamente e de xeito unánime, pero o concelleiro de urbanismo do BNG fixo anacos ese compromiso presentando unha moción urxente que obrigou o rexedor a interromper o pleno para improvisar unha xuntanza. Mentres o PSOE e o Bloque aprobaban a moción solicitando a reforma da Lei de Costas, á que tamén se sumou o PP malia tachar a medida de oportunista, os concelleiros independentes ausentáronse da votación indignados polo que consideraron un alarde inaceptable de protagonismo por parte do edil nacionalista.

Chegou un punto en que o debate era máis interesante fóra que dentro do pleno. Dentro, os políticos cos seus reproches habituais, o seu manido rifi-rafe, o seu discurso raiado e estéril. Fóra, os veciños cabreados, estupefactos, impotentes. Porque esa é a tónica social que predomina dun tempo a esta parte en Marín: malestar polas decisións arbitrarias do Goberno local, indefensión pola xestión impositiva, incertidume pola ausencia de diálogo ás peticións reiteradas de entrevista. Así nos sentimos en DEFENDE O MONTE PITUCO.

Os veciños do litoral veñen sendo un colectivo “respetuoso, sentado en todas as mesas de negociación, sen condicións”, explicaba Enrique Méndez con certo cansazo nas súas palabras de tanto rememorar a moviola dos acontecementos. Pero decidiron pasar á acción e mobilizarse, facerse oir nos plenos de agora en diante, sairlle ao encontro ao Ministro de Fomento cada vez que se achegue a Marín. O alcalde foi o seu interlocutor ata agora, mesmo os parlamentarios galegos dos tres principais partidos, pero “en Galicia xa está todo feito, vai ser en Madrid onde se van centrar os esforzos”.

E se Francisco Veiga non estivo á altura das circunstancias con eles ata agora, “cada cal tomará despois as súas decisións”. Soa a revancha electoral, non é?

PD: …Párense a ler os comentarios que acompañan as fotografías, pousando o punteiro sobre cada imaxe.

Publicado por: MontePituco | 08/07/2010

A FLORA DO MONTE: BARBAS DE RAPOSA

Facemos por coñecer os “habitantes” do Monte Pituco (Pornedo): a fauna e a flora deste espazo que aspiramos a protexer da especulación, da desfeita industrial, dos intereses económicos e políticos. Lembrades aquela experiencia que vos contaramos sobre a elaboración dun herbario?

Instrucción para facer un herbario

…Pois xa lle botamos o ollo ao libro titulado “Guía das plantas de Galicia”, de Xosé Ramón García. Unha obra que nos será de moita utilidade para identificar especies vexetais das moitas que abundan neste contorno natural.

A través da páxina SALVEMOS O MONTE PITUCO en Facebook, da que calquera usuario desta rede social se pode facer siareiro/a, Marga Rubido contounos que son estes fíos vermellos. Trátase das “barbas de raposa”, cuxo nome científico en latín é cuscuta epithymum.

“É unha planta parásita que se alimenta da savia das plantas sobre as que crece (por iso non ten cor verde… Non ten clorofila!). Na foto pódese ver que está “chuchando” a un toxo” … cóntanos Marga. Dámoslle as grazas á nosa amiga virtual por esta interesante información e seguiremos aprendendo.

…Porque “só se valora o que se coñece”, di o noso compañeiro Lukas Santiago, da comisión técnica do proxecto Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Ata dos detalles aparentemente máis insignificantes podemos tomar unha lección: engadimos barbas de raposa ao noso acervo léxico e cultural.

Publicado por: MontePituco | 07/07/2010

MÁIS TRAPALLADA

Falando de escombreiras, reproducimos unha nota da Asociación de Veciños de San Xulián, redundando na proliferación destes verquidos incontrolados. Concretamente, nos lugares da Presa e do Pelagarto.

A AA.VV. San Xulián vén denunciando a proliferación de vertedeiros e escombreiras nos montes da parroquia, co obxectivo de que sexa visible publicamente unha realidade da cal o Concello, a Xunta de Galicia e a Comunidade de Montes fan deixadez de funcións e permiten o incumprimento das leis medioambientais e de protección do territorio.

O día 17 de xuño rexistramos un novo escrito onde poñiamos en coñecemento do Concello novas aberracións na Presa (Grela) e no Pelagarto. No lugar da Presa, desaprensivos e incívicos veciños deixaron palmeiras, escombros e cañotas aproveitando o lugar da fogueira que os lugareños fan alí no día de San Xoan. Os cales están enfadados porque eles non son responsables das inmensas cañotas e doutros materiais depositados de noite, nalgúns casos. Un veciño identificou e parou a un carrexador de cañotas que non as quere na súa propia veiga.

No lugar do Pelagarto fanse recheos con escombros de todo tipo, que a maleza tapa e a terra encobre, modificando unha vaguada que hai que respectar e protexer. Por tal motivo, demandamos unha urxente actuación no lugar da Presa (Grela), limpando e saneando o contorno do muíño,do lavadero e do regato da Grela. Paralizando XA estas aberracións no Pelagarto, cuxos autores son perfectaente coñecidos polo alcalde, o concelleiro do Rural e a concelleira de Medio Ambiente. Os cales, polo que se ve, danlle patente de corso a algún destes veciños incívicos. Tamen é evidente que se senten protexidos polo concelleiro e “presidente” da Comundidad de Montes, Francisco Casal, e demais cómplices.

A AA .VV. San Xulián considera lamentable que no Concello se despilfarren e mal- usen os cartos do Plan E ou Plan Zapatero en proxectos poucos serios, mentres que vaguadas naturais e e roteiros de senderismo financiados con fondos da Unión Europrea están sendo brutalmente agredidos e abandoados. É moi bonito “falar de parques dos sentidos e multiaventura”, mentres por outro lado permiten e avalan o maltrato ao territorio e ao mediambiente, resultando todo un sen-sentido, cando necesidades prioritarias e urxentes na parroquia están abandoadas ano tras ano.

Pedímoslles que se deixen de tanta propaganda no nome do medioambiente e da sustentabilidade, e que coiden mais dos espazos naturais. Gustaríanos saber onde se botan os escombros das obras municipais, pois non nos estrana que os estean depositando por sitios que ninguén ve, igual que fixeron cos escombros da rúa Calzada, que repousan ás beiras do regato da Grela, a carón da circunvalación; cousa da que a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Blanco, aínda non solucionou a día de hoxe, e á cal lle suxerimos que as normativas se cumpren predicando co exemplo.

Publicado por: MontePituco | 06/07/2010

A MERDA TEN OS DÍAS CONTADOS

Toda esta merda ten os días contados: tablóns, cascotes, ladrillos, plásticos, aramios, bolsas, cartóns, cemento, colchóns, lixo en xeral… O que a outros lles sobra e non se molestan en reciclar, o que a outros lles sobra e non saben onde botar, porque non se molestan tampouco en buscar o depósito axeitado. O monte, o patio traseiro da xente insensible ao medio ambiente, o basureiro anónimo de quen carece da máis mínima sensibilidade co medio rural. O máis impensable, aí pode aparecer, mesmo bonecos que aínda poden seguir colmando horas de xogos e emocións. O veciños poremos as ganas, o Concello porá os medios. Apúntaste a unha proveitosa xornada de traballo colectivo para mellorar o aspecto do Monte Pituco? Benvidas serán todas as mans posibles.

 

Publicado por: MontePituco | 05/07/2010

CRÓNICA DE AUSENCIAS

Son todos os que están pero non están todos os que son. Aos directivos da Comunidade de Montes de San Xulián, nos referimos. Dirán: “É que lles tocaba traballar ese día…”. Mais todos temos obrigas laborais, e ben que nos movemos para poder estar onde corresponde. Pero claro: traballador municipal e simpatizante nacionalista. Mal binomio cando se trata de protestar ante o Concello que lle dá de comer. Non interesa lucir o pelo nesa tesitura. Que o luzan outros por el. Por delegación.

Durou unha hora a concentración-paseo. E cando estaban pregando as pancartas, preguntáballe un axente local a outro da Policía Nacional: “Ides facer minuta?”. A resposta foi inaudible, ou non existiu. O certo, en todo caso, é que a mobilización convocada pola Comunidade de Montes raia por momentos na a-legalidade: un pouco máis aló da delgada liña entre o ben e o mal, dende o punto de vista administrativo, e as sancións caerán seguro. Co doado que é deixar actuar a xustiza, por moita pacencia que requira seguir esa vía. Pero xa o dicía a persoa que deu a voz de alarma, aínda parecendo un caso evidente de usurpación dunha parcela de monte veciñal: “A Comunidade de Montes foi ao barato, ao económico”.

…E o barato sae caro, cae de caixón. Podendo demostrar dende o principio a titularidade comunal do terreo en conflicto, con documentos, informes periciais e testemuños dos propios comuneiros, a xunta rectora optou por unha vía errada que vai requerir máis tempo, máis gasto e máis des-gaste. Unha CHA-PU-ZA, da que nas asembleas dan explicacións a medias, intentando xustificar a súa incompetencia con máis confusión, con máis manipulación…

Publicado por: MontePituco | 01/07/2010

VERQUIDOS ILEGAIS: RESPOSTA DO CONCELLO

 O pasado mes de maio publicabamos neste blogue de DEFENDE O MONTE PITUCO un artigo que se titulaba

“No lugar e no momento inoportuno”

Había xa tempo que os veciños nos sentiamos molestos pola presenza de verquidos incontrolados en diversos puntos do monte. Esa foi a gota que colmou o vaso. Probablemente se produzan máis a cotío do que pensamos, pero ser testemuñas dun acto feito con premeditación, alevosía e case nocturnidade, e ter a oportunidade de cazalo in fraganti, sensibilizounos máis aínda contra esta problemática. Queremos un monte limpo de cascallos, de restos de obra, de lixo.

O pasado 30 de maio entregámoslle en persoa ao presidente da Comunidade de Montes de San Xulián, un escrito expresando o noso descontento pola proliferación de residuos ilegais. O responsable da xunta rectora foi receptivo á queixa, pero dende entón non recibimos ningunha outra comunicación pola súa parte informando do procedemento a seguir para proceder á retirada dese material.

O 24 de xuño presentamos un escrito no Concello de Marín, dirixido á Concellería de Medio Ambiente, solicitando información e colaboración para actuar nese sentido. O 26 de xuño entregamos outros escritos co mesmo obxectivo na delegación territorial da Xunta en Pontevedra dirixidos á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio. Tamén na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, dirixido ao Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil.

Esta semana recibimos unha carta da Concellería de Medio Ambiente de Marín ofrecendo a súa colaboración. Grazas. Tomamos a palabra (escrita) e mobilizaremos aos habitantes da zona para traballar co fin de ter un monte limpo.

Publicado por: MontePituco | 30/06/2010

O CASTRO DA LANZADA (II)

A mediados deste mes, nun artigo titulado “O castro da Lanzada”, falabamos xa desta interesante excavación arqueolóxica, que destaca pola grande envergadura do proxecto. Nestes últimos días estanse dando a coñecer os primeiros resultados, cun volume de achados espectacular, en cantidade e calidade. Faro de Vigo publicou unha entrevista con Xurxo Ayán: é un dos sete arqueólogos que avala a posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños polo que DEFENDE O MONTE PITUCO -xunto con Lukas Santiago, Rafael Quintía e David Suárez- vén loitando nos últimos tempos, para garantir a conservación e posta en valor do monte, fronte á intención dos gobernantes de destruilo coa instalación dun polígono industrial. Co seu impresionante curriculum profesional, Xurxo Ayán amosouse receptivo á proposta que Lukas Santiago lle fixo para apoiar esta iniciativa a prol da cultura e do medio ambiente.

Precisamente, a respecto do xacemento da Lanzada, Xurxo Ayán destaca nesa entrevista a dimensión social do traballo arqueolóxico: que a cidadanía perciba a importancia de conservar os vestixios do pasado. Ogallá en Marín, insistimos, houbera unha sensibilidade semellante favorable á recuperación natural e patrimonial do Monte Pituco e o amplo espazo ao seu redor.

“…A nosotros nos interesa más la repercusión social y que la gente conozca lo que se está haciendo allí, que los resultados. Lo interesante es que la gente lo perciba como un recurso consolidado que tiene 2.000 años de antigüedad. Estamos en la zona cero del turismo estival de Galicia y tenemos un yacimiento con 2.000 años de antigüedad. Tenemos que proteger todo eso”. (Xurxo Ayán)

Hoxe La Voz de Galicia publica tamén unha reportaxe sobre este traballo de excavación arqueolóxica:

 

En efecto, o traballo de campo vaise complementar con charlas -11 en total- abertas ao público, que empezan mañá mesmo, 1 de xullo. O obxectivo desta iniciativa paralela, como explicou a organizadora das conferencias, Martina González, é “interactuar tanto co público interesado en Arqueoloxía, Historia e Antropoloxía como coa comunidade local, para facela partícipe das excavacións que se están levando a cabo e para potenciar a súa incorporación ao propio proceso de traballo”. Ata o mes de setembro, diversos expertos falarán sobre a recuperación patrimonial deste enclave, arte, historia… A continuación, o texto completo da nota de prensa.

Para el público general y con entrada libre

Mañana, 1 de julio, comienza el programa de conferencias organizado por el CSIC con motivo de las excavaciones en el yacimiento arqueológico de A Lanzada

– Hasta septiembre, especialistas en Arqueología, Historia y Antropología de diversos organismos y entidades impartirán una charla semanal los jueves en Noalla sobre temas relacionados con estas especialidades.

– Rafael Rodríguez Martínez, arqueólogo de la Diputación de Pontevedra y director de las excavaciones, inaugura mañana esta iniciativa con la ponencia “Recuperación patrimonial de O Campo d´A Lanzada”.

Santiago de Compostela, 30 de junio de 2010. El Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) ha organizado un amplio programa de conferencias para el público general con motivo de las excavaciones que ejecuta en el yacimiento arqueológico de A Lanzada en el marco “Pousadas Xardín” (Diputación de Pontevedra).

El programa se inicia mañana, 1 de julio, con la ponencia sobre la recuperación patrimonial de O Campo d´A Lanzada a cargo de Rafael Rodríguez, arqueólogo de la Diputación de Pontevedra y director de las excavaciones. Habrá una conferencia semanal los jueves hasta finales de septiembre en la casa de los comuneros de Noalla a las 19.30 horas. La entrada es libre hasta completar aforo.

“En total, serán 11 ponencias a cargo de especialistas en Arqueología, Historia y Antropología del Laboratorio de Patrimonio del CSIC (Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento), la Diputación de Pontevedra, el Museo de Pontevedra, la Universidad de Santiago de Compostela, el Museo de Ourense”, explica Martina González, responsable de divulgación del Laboratorio de Patrimonio del CSIC y organizadora del programa de conferencias.

“El objetivo de esta iniciativa es interactuar tanto con el público interesado en Arqueología, Historia y Antropología como la comunidad local, para hacerles partícipe de las excavaciones que se están llevando a cabo y para potenciar su incorporación al propio proceso de trabajo”, señala Martina González.

Conferencias los jueves desde el 1 de julio al 30 de septiembre

La temática de las conferencias que, organizadas por el CSIC se celebrarán los jueves entre el 1 de julio y el 30 de septiembre, es muy amplia: desde una retrospectiva temporal de las diferentes intervenciones que se han realizado en el yacimiento de A Lanzada desde el siglo XVIII hasta las fortificaciones entre el Imperio Romano y la Baja Edad Media, pasando por los tópicos y perjuicios que hay sobre la Lanzada o el impacto que tuvo la minería del wolframio en Galicia en general y en las Rías Baixas en particular.

El programa de conferencias y ponentes es el siguiente:

– 1 julio: Rafael Rodríguez (Diputación Pontevedra): “Recuperación patrimonial de O Campo d´A Lanzada”.

– 8 julio: Buenaventura Aparicio (Museo de Pontevedra): “La Lanzada reinterpretada. Tópicos e prexuízos sobre unha paisaxe fortificada”.

– 15 julio: Manuela Costas (LPP-USC), Elías López (CSIC): “As formas costeiras como Patrimonio Cultural: as Rías Baixas”.

– 22 julio: Antonio de la Peña (Museo de Pontevedra): Escavacións arqueolóxicas na Lanzada realizadas polo Museo de Pontevedra”.

– 29 julio: Manuel Gago (USC, CCG): “Repúblicas de homes libres: fortificacións e atalaias entre o Imperio Romano e a Baixa Idade Media”.

– 5 agosto: Alfredo González (CSIC): “A Lanzada como centro comercial na Protohistoria na antigüidade”.

– 12 agosto: Paula Ballesteros (CSIC): “Arqueoloxía dunha paisaxe cultural: a Illa de Ons”,

– 26 agosto: Xosé Manoel Sánchez (Arquivo-Biblioteca Catedral de Santiago) “A Lanzada. Da alta Idade Media aos Irmandiños”.

– 2 septiembre: Leonardo González (Alicerce S.L.): “A época do wólfram nas Rías Baixas”.

– 9 septiembre: Carlos Otero (CSIC): “O proxecto arqueolóxico do castro de Castrolandín (Cuntis)”.

– 30 septiembre: Carlos Valle (Museo de Pontevedra): “A ermida da Nosa Señora da Lanzada e o arte románico no Salnés”.

En el blog www.alanzada.wordpress.com se pueden seguir los avances de la excavación en tiempo real, así como consultar el programa de actividades en torno al proyecto

 

Por descontado, recomendamos estas conferencias e asistiremos a todas as charlas posibles. Non sen certa envexa, porque a Comunidade de Montes de Noalla cede a Casa de Montes para acoller esta actividade, o que demostra o interese real deste colectivo por afondar na historia da súa parroquia, por potenciar todos estes descubrimentos e convertelos nunha fonte de riqueza para toda a vecindade. Polo contrario, cando se pretendeu que a xunta rectora da Comunidade de Montes coñecera o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, todo foron largas e desinterese; cando DEFENDE O MONTE PITUCO fixo un esbozo de toda a riqueza arqueolóxica que temos neste anaco de monte que os comuneiros ansían destruir cun polígono industrial para satisfacer os seus intereses económicos, pouco menos que desprezaron con frases do estilo “as pedras non dan de comer”. Que diferencia de sensibilidade e de amplitude de miras: Noalla versus San Xulián. Noalla na Champions League fronte a San Xulián, pachanga de afeccionados.

Publicado por: MontePituco | 29/06/2010

SARAMAGO, IN MEMORIAM (II, actualizada)

Mentres todo o mundo -dito retoricamente- está pendente de como uns cantos millonarios xogan ao fútbol, aproveito o silencio da rúa baleira de tráfico, a quietude do edificio e a parsimonia estival para recrearme nun conto marabilloso de Saramago. Laiábase de non ter habilidade abondo para escribir relatos infantís, pero “A flor máis grande do mundo” é máis do que prometía: unha historia para todos, grandes e pequenos, que transmite bondade, que dende o asfalto e a xungla de indiferencia que é a sociedade, nos transporta a ese bosque ideal, en harmonía coa natureza.

…Oh, que grata e inesperada sorpresa-casualidade! Facendo arqueoloxía documental, na procura doutro artigo, atopamos unha entrevista ao realizador deste corto de animación, Juan Pablo Etxeberry. Falando da participación de Saramago na producción desta película, destaca o seguinte:

…insistió en la importancia que tenía incluir la frase final: “¿y si los cuentos para niños fueran de lectura obligatoria para los adultos?”. Tras contemplar el trabajo ya terminado pasó de su expectación inicial a sentirse orgulloso del mismo, sobre todo de la adaptación, de la imagen gráfica y de la ternura que transmite el niño.

De lectura recomendable para coñecer máis sobre o making-off deste traballo e afondar nesta obra literaria tan especial do Premio Nobel.

Publicado por: MontePituco | 28/06/2010

O MURO DAS CONCENTRACIÓNS (III)

Derrumbar ese muro é un acto de violencia, non de xustiza. Derrumbar ese muro pola forza non é un acto de valentía, senón de nocturnidade, premeditación e alevosía. Derrumbar ese muro non só non arranxa o conflicto, senón que o agrava porque pode acarrear responsabilidades de maior calado xurídico. Derrumbar ese muro non é defender o Monte Pituco, é abocar o Monte Pituco a unha longa sucesión de querelas e pleitos, de acusacións cruzadas que desgastarán máis aínda a precaria economía da Comunidade de Montes. Derrumbar ese muro non é defender o Monte Pituco, porque o Monte Pituco deféndese limpamente por si só, pola sensatez dos seus veciños e, chegado o extremo, ante as institucións públicas ou pacificamente na rúa. Por eso, a xunta rectora da Comunidade de Montes está na obriga de facer que non se cometan actos vandálicos que perxudican a imaxe desta parroquia e que obstaculizan a acción da xustiza. Que a Comunidade de Montes se adique a buscar a documentación que precisa para demostrar de xeito irrefutable a titularidade comunal dese terreo. Que atope os documentos que os propios directivos recoñeceron na última asemblea xeral que teñen extraviados ou en poder de antigos dirixentes. Que espabilen, que isto ten pinta de ir para longo.

Publicado por: MontePituco | 25/06/2010

GREENPEACE CONTRA O LUME

Publicado por: MontePituco | 24/06/2010

POLÍGONOS PANTASMA

La comunidad cuenta con 8,1 millones de metros cuadrados útiles de superficie empresarial promovida por la Xunta y 1,9 todavía carecen de comprador, según datos de la Consellería de Medio Ambiente. Se trata del 23,9%.

…Na provincia de Pontevedra son 417.890 mil metros cadrados libres, en 106 polígonos industriais. Segue verquendo ríos de tinta esta problemática, agudizada pola crise. Agora vén de anunciarse que a Xunta encarga un plan de reordenamento das áreas industriais.

Non saímos dela: hai tres meses DEFENDE O MONTE PITUCO presentou ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas un informe de “consideracións” para expresar o noso rexeitamento á instalación dunha plataforma loxística ou polígono industrial nesta zona. O proxecto sectorial do Plan de Solo Empresarial de Galicia incluía a área Marín-Pontevedra (e tamén a zona Marín-Moaña) a desenvolver no periodo 2012-2015.

Estamos rodeados de infraestruturas destinadas a este fin: polígono industrial de Fragamoreira en Poio, polígono industrial do Campiño en Pontevedra con ampliación a terreos de Ponte Caldelas, polígono industrial de Barro-Meis impulsado pola Deputación Provincial, polígono industrial de Castiñeiras en Bueu ampliable ao Concello de Cangas, e xa se anunciou a próxima construción dun polígono industrial en Moaña, preto do límite con Marín.

E seguimos facendo causa cos nosos argumentos urbanísticos, topográficos, ambientais, patrimoniais, hidrolóxicos e sociais, para defender a conservación do Monte Pituco e imos deixarlles claro aos responsables da Xunta a todos os niveis posibles -delegación da Xunta en Pontevedra, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Instituto Galego de Vivenda e Solo, e Xestur- que AQUÍ non queremos ningún polígono industrial, nin parque empresarial, nin área loxística.

A esta reportaxe no Faro de Vigo precédelle outra semellante o pasado mes de abril en Xornal de Galicia, onde tamén entrevistaban ao secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais, David Sobral:

“En canto á planificación, debemos implementar a coordinación metropolitana para evitar que os polígonos se creen dun modo atomizado”.

Aseguraba David Sobral que os polígonos que actualmente están sendo máis difíciles de completar son os promovidos na área do Salnés. O problema parece estar no elevado custe do terreo. E facendo “arqueoloxía documental”, atopamos un artigo de marzo de 2007 publicado en La Voz de Galicia no que o presidente da Deputación, o organismo promotor do chan industrial creado en Barro-Meis, se gababa de que os teléfonos do Pazo Provincial botaban fume, tal era a elevada demanda das parcelas.

…Daqueles FUMES, estas CINZAS…

 

Publicado por: MontePituco | 23/06/2010

MONTE MÁXICO DE SAN XOÁN

Salto por enriba

do lume de San Xoán

pra que non me trabe

nin cobra nin can…

E prenderemos a cacharela, mollaremos o pan co prebe da sardiña, saltaremos as lapas unha, dúas, seis, nove veces… número máxico, e pediremos un desexo en cada chimpo:

o apoio necesario e incondicional da veciñanza,

a pericia para rabuñar en todas as portas posibles,

pacencia para sobrelevar as couces da oposición interesada e simple,

ilusión, tempo e recursos para mobilizarnos,

compromiso para seguir velando polo noso futuro,

unha clase política receptiva ás preocupacións da xente e con proxectos razoables,

uns xestores do monte honrados e responsables co aproveitamento sostible dos recursos forestais,

un patrimonio natural e arqueolóxico a disposición da sociedade

un Monte Pituco revalorizado, a salvo do formigón, da contaminación, da especulación.

Publicado por: MontePituco | 22/06/2010

O MURO DAS CONCENTRACIÓNS (II)

Nestes termos se expresou o presidente da Comunidade de Montes de San Xulián, Francisco Casal, a respecto da evolución desta liorta:

…Houbo unha vista oral onde aos nosos comuneros non os deixaron declarar a xuiza e á parte del deixaron declarar os que levaba. Entonces a xuiza non se quixo meter en follóns, dixo que como tiña licencia municipal e tal, que el podía facer a obra. Presentámoslle tamén unha cousa ao aiuntamento pedindo que paralizase a obra, o aiuntamento dixo que non lle importa de que sea o terreno, que a licencia de obra estaba dada e xuridicamente non había forma de parar. Recurrimos a Pontevedra, Pontevedra non quixo saber nada, dixo que o que resolveu Marín estaba ben. El pode continuar a obra, pero eso non significa que el sea dueño do terreno. Ahora nós pericialmente temos que buscar deslindes, todos os documentos dos antiguos que lle venderon ese solar que está aí, no cual xa temos boas esperanzas de que efectivamente o terreno que está ocupando ahora mismo é comunal. Entonces nós vamos seguir, pericitando (¿?) primeiro e despois coa avogada ante a Xusticia, e reclamando a propiedade do terreno.

Observación: E non tería sido máis operativo e razoable emprender accións legais presentando dende o principio toda a documentación habida e por haber? Non se albergarían mellores expectativas de éxito acudindo ante a autoridade xudicial con probas incuestionables dos argumentos que defende a Comunidade de Montes? Acaso pretendía a xunta rectora levar a razón baseándose unicamente na súa palabra contra a da parte contraria? Non se terían así, posiblemente, evitado os extremos de acadar o actual nivel de cabreo e crispación no que se atopa a veciñanza, os cuantiosos gastos que se van derivar de todo o asesoramento legal e os trámites burocráticos? Pois non sería de estrañar que sexa só a través da colaboración dos comuneiros a maneira de localizar toda esa documentación histórica, porque o que está en mans dos directivos debe ser ben pouco. Baste lembrar que na última asemblea xeral a finais do 2009, recoñeceron publicamente que carecían de papeis de certa importancia que se atopaban en poder, segundo insinuaron, dalgún ex-directivo da Comunidade. En fin, un cúmulo de irresponsabilidade e poucas luces.

O movemento veciñal de aquí é fundamental porque sempre está en contacto con nós. Foron os primeiros que nos avisaron, tamén, deste tema.

E a cando se remonta este conflicto?

Esto foi en febreiro do ano pasado. E ahora, en abril deste ano o segundo recurso que veu en Pontevedra saleu dándolle a el o permiso de que podía continuar a obra.

E cal será o próximo paso da Comunidade de Montes?

O significado do interdicto é para pararlle a obra. Eso non ten recurso posible, ahora o que hai é outro pleito para intentar demostrar nós que o terreno é comunal.

E intervén unha veciña con máis información sobre as orixes na titularidade do terreno:

El primer propietario fue Felisa Veiga Fernández. Eran 2.970 (metros) y ya cogiera a 3.500. Un papel del Gobierno Civil, porque este terreno había sido denunciado en conforme estaba por explotación forestal. Esto fue en el año 46 y en el año 55 volvió a ser denunciado otra vez, y ya habían cogido a estos metros que pone este señor, el que le vendió ella, Manuel González Touriño, y ya cogió de 3.500 a 5.000 metros, de repente. Lo que pasa, que nadie le paró los pies. Pero como no tenía títulos legítimos, ella cogió y declaró eso con el antiguo propietario. Pero el primer propietario tenía 2.970 y ya había cogido hasta 3.500 y después se cogió hasta 5.000, que es lo que ella declaró. Que declaró en el Registro de la Propiedad 8 ferrados 5.000 metros. Pero cualquier persona que fue a la escuela multiplica 8 ferrados por 12 cuncas y por 42 metros coma 87 centímetros y son 4.115 metros. A ver cómo un señor que trabaja en el Registro de la Propiedad, que no fue a la escuela, declaró 5.000 metros que son 8 ferrados. Y cualquier persona, un niño con un teléfono móvil, se pone a multiplicar y son 4.115, aún robando. Y hay papeles notariales que pueden demostrar esto, y fotos, y vecinos.

E estando así as cousas, o propósito da Comunidade de Montes é alternar as concentracións veciñais, cada sábado, ante a propiedade reclamada e ante o Concello de Marín. A Policía Nacional e a Policía Local, das cales había senllas dotacións na primeira protesta, xa teñen en que ocuparse os fins de semana ata que este sarillo cese. Que non será pronto.

Publicado por: MontePituco | 21/06/2010

O MURO DAS CONCENTRACIÓNS

En Xerusalén existe o Muro das Lamentacións. En San Xulián temos o “muro das concentracións”. Nesta parroquia hai moita afección a concentrarse polos muros, supostamente propios-supostamente alleos. Que llo pregunten ao cura, menudo lío lle montaron hai sete anos, e durante unha boa tempada, cada domingo a carón do adro durante a hora da misa.

Estoutro muro atópase no Monte Pituco, a carón do lugar de Arealonga. É moi probable -non nos cabe a menor dúbida- que a razón desta volta estea do lado dos veciños e dos comuneiros. Pero faltan probas documentais; faltan tamén celeridade e eficacia por parte da Administración local e da Administración de Xustiza. O asunto comezou hai un ano, cando un particular se atribuiu a titularidade dunha parcela que a Comunidade de Veciños reclama como propia. A estas alturas, o particular pretende pechar o terreo e anexalo á súa finca actual. A reacción da Comunidade de Montes foi plantexar un interdicto coa pretensión de paralizar a obra, pero o xulgado dixo que ‘nanai’. E, meta-parafraseando aquel famoso concurso televisivo, “a pleiteaaaaar…!”.

A priori, o primeiro que se nos vén á cabeza é que a resolución do conflicto vai para longo porque ningunha das partes está disposta a ceder. O segundo, que na próxima asemblea anual da Comunidade de Montes o resumo do estado das contas que se lle vai pasar aos comuneiros vai reflectir un abultado gasto en concepto de asesoría legal, rotulación e megafonía. Porque a xunta rectora está demostrando que vai tirar a casa pola fiestra: despregue de pancartas, tanto das “made in feito na casa” como das de encarga; furgoneta itinerante con altofalantes e arenga convocando á mobilización social; panfletos pegados en canto pasquín hai en todo o alto e ancho da parroquia…

(Nota aclaratoria: os “M” tapan as caras nos menores de idade)

Xa nunha lectura máis profunda, estes acontecementos lévannos a unha serie de conclusións: a xunta rectora da Comunidade de Montes teríase que renovar mediante eleccións -non mediante designación divina nen sucesión preconcebida- dentro dun ano. A ‘explosión’ deste conflicto depáralles aos actuais directivos unha cuota de protagonismo que os encumia como defensores e paladíns do patrimonio dos comuneiros. Á parte de que non só deben, senón que ademais teñen -forma parte das súas obrigas e do seu compromiso como xestores- que defender os intereses da Comunidade ante calquera apropiación indebida. Pero a crítica contra esta xunta rectora non atinxe ao fondo, senón á forma, e tamén á falta de coherencia.

Por unha banda, estase manexando o sentimento de ‘propiedade’ dos veciños e dos comuneiros ante un tema sensible; e neste país, onde o concepto de ‘pertenza’ está tan arraigado, ese sentimento é moi facilmente manipulable. Os veciños e os comuneiros estamos no noso dereito de defender o que é de todos e de tratar de impedir que calquera, de xeito ilícito, se apropie de bens alleos.

Na defensa deses intereses, os integrantes da xunta rectora non deberían perder as formas; quen perde as formas perde os argumentos. Referirse a ese particular como “señor sen escrúpulos”, pasar por alto que se lle tilde de “gangster” e que se lle derrumbe a obra que está realizando, que será supostamente ilegal, pero para a que de momento ten todos os certificados en regra… non semella nen elegante nen prudente. Como tampouco é elegante nen prudente poñer en dúbida as decisións xudiciais, facer declaracións á prensa cuestionando abertamente os dictames das autoridades competentes. Como tampouco é elegante nen prudente chamar a un medio de comunicación para pedir explicacións de por que ese medio non acudiu para darlle cobertura informativa á concentración convocada.

O presidente da Comunidade de Montes de San Xulián, que é concelleiro da Corporación marinense, debera actuar como os políticos do seu partido, deixando a Xustiza facer o seu traballo, facilitar co maior número de probas posibles a resolución dunha liorta e facer un chamamento á calma en vez de fomentar o exacerbamento social. DEFENDE O MONTE PITUCO apoia a defensa deste monte veciñal, como o noso propio nome indica, pero polo ben de todos, pedimos que ningún veciño/a nen comuneiro/a cometa o erro de entorpecer a obra, de derribar nen un só bloque, de pronunciar o máis mínimo insulto contra o promotor desa actuación, porque loxicamente este pode adoptar medidas legais e daquela seremos os veciños e os comuneiros os que perdamos os argumentos, os que perdamos a razón. E que cada un/unha actúe segundo os seus principios e en conciencia, secundando as concentracións ou presentando individualmente as reclamacións que estime oportunas.

Mais non podemos rematar esta reflexión sen o maior reproche contra a xunta rectora da Comunidade de Montes de San Xulián. Volven enarbolar, como fixeran o verán pasado no conflicto encol da franxa de seguridade da Brilat, a pancarta e o lema da defensa do monte veciñal. U-la defensa do monte ante a pretensión do Concello de Marín e da Xunta de instalar un polígono industrial no Monte Pituco? U-la pancarta da Comunidade de Montes de San Xulián en contra do polígono? U-la megafonía da Comunidade de Montes de San Xulián chamando os veciños a asistir aos plenos municipais en sinal de protesta? Velaí o dobre raseiro desta xunta rectora. E sabedes por que? É o mesmo porqué que deron con motivo da franxa de seguridade: porque a Brilat quería levar o monte de balde, “pola cara”, dixo textualmente o vicepresidente, levándose a man á meixela en ton despreciativo. Pois no caso do conflicto pola propiedade no Monte Pituco e polo muro, é igual, porque ese particular o quere levar de balde, pola cara. En cambio, a Xunta e o Concello de Marín “pagarían” moi ben pagados os miles de metros cadrados que se arrasarían monte arriba para instalar un polígono industrial nun espazo natural protexido, repleto de restos arqueolóxicos catalogados e de mananciais de auga rexistrados. Velaí a in-coherencia.

…Aínda que, visto o patrón de conducta, si reflicte certa caste de ‘coherencia’: da retorcida e interesada.

Por último, anotar un comunicado da Asociación de Veciños de San Xulián a respecto deste caso:

A AA.VV. San Xulián, ante a problematica xurdida na zona do Pituco, presentou un escrito no Concello o 24 de marzo do 2009, trasladándolle a nosa preocupación e a dos veciños, dirixido ao Sr. alcalde e aos Sr/as. concelleiros delegados de urbanismo e patrimonio, esixíndolles que nos aporten información e certificación documental sobre os terrenos de cuia propiedade (e a quen pertenecen, concello ou C. Montes) presuntamente “os dono/as” intentan apropiarse. Asimesmo, solicitámoslle que abra unha investigación e que abra un expediente que garantice que o que alí se fai cumpra coa normativa vixente, tomando as medidas cautelares que considere dentro da lei. Extendendo a mesma a outros casos similares que se dan noutros lugares da parroquia. Lamentamos que a día de hoxe non responderan a dita solicitude nin ofreceran ningunha explicación.

Consideramos irresponsables e lamentables as manifestacións do Sr. Vilaboa –concelleiro de urbanismo- ao inicio do conflicto, intentando limitar a súa responsabilidade a “un problema entre particulares”, cando el o único ao que se ten que cinguir é a se se cumpre a lei en dita zona, ou se alguén se apropia do que pode non ser seu. Debe aclarar se ese anaco de monte baldío é público, de aproveitamento veciñal, ou se está inscrito, ou non, a favor da Comunidade de Montes. ¿Ou non?

Esta AA.VV. critica ao Concello que non teña o inventario de bens municipais actualizado e á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia por non cumprir coa súa obriga de deslindar os montes inscritos en favor da Comunidade de Montes da parroquia. Se a Administración fose seria, non se producirían lagoas legais que moitas veces levan a vergonzosos enfrontamentos entre lindeiros particulares e da Comunidade de Montes Veciñais.

Esperamos que impere a cordura, procurando que a lei se lle esixa a todos por igual, xa que noutros lugares da parroquia danse -e déronse- casos iguais ou peores e, sen embargo, estes directivos e “ex”, que se auto-proclamaron amos e señores da Comunidade de Montes da parroquia, miran para outro lado, coa complicidade do Concello e da Xunta. Mostramos o noso total apoio aos veciños da zona que defenden de boa fe o que é xusto. Pero tamén debe quedar claro que tampouco imos permitir nen darlles cobertura nen apoio a “presuntos” ladróns que andan detrás dos que “presuntamente” rouban.

Recordar que o concelleiro do PP Francisco Casal e cómplices, falsificaron, no seu momento, as actas coas que se proclamaron amos e guardiáns do monte e dos dereitos de todos os comuneiros.

Denunciar que estes mesmos “directivos” protexen e aplauden o presunto usurpador de terreos na mesma zona (no cruce da estrada ao Regueiriño), o cal -á parte de facer un cierre e un recheo ilegal- ten alí montado o seu basureiro particular. Permitindo e silenciando, tamén, a vergonzosa usurpación de terrenos do Robledal de Ensur, por parte de familiares destes “novos guardians” e amos do monte en San Xulián. O cal están a converter, coa complacencia das distintas Administracións, no basureiro do Concello de Marín.

San Xulián a 20 de xuño do 2010

Publicado por: MontePituco | 18/06/2010

SARAMAGO, IN MEMORIAM


 

“…Estando ela sentada, uma noite, à porta da sua pobre casa, onde então vivia sozinha, a olhar as estrelas maiores e menores por cima da sua cabeça, tivesse dito estas palavras: “O mundo é tão bonito, e eu tenho tanta pena de morrer”. Não disse medo de morrer, disse pena de morrer, como se a vida de pesado e contínuo trabalho que tinha sido a sua estivesse, naquele momento quase final, a receber a graça de uma suprema e derradeira despedida, a consolaçao da beleza revelada. Estava sentada à porta de uma casa como não creio que tenha havido alguma outra no mundo porque nela viveu gente capaz de dormir com porcos como se fossem os seus próprios filhos, gente que tinha pena de ir-se da vida só porque o mundo era bonito, gente, e este foi o meu avô Jerónimo, pastor e contador de histórias, que, ao pressentir que a morte o vinha buscar, foi despedir-se das árvores do seu quintal, uma por uma, abraçando-se a elas e chorando porque sabia que não as tornaria a ver…”.

Fragmento do discurso de Jose Saramago na entrega do Premio Nobel de Literatura en 1998. Pódese ler completo nesta ligazón.

Morreu Jose Saramago e deixa moitos lectores orfos, moitos orfos de esperanza, xustiza social e idealismo, moitos orfos de compromiso co medio ambiente. O mundo enteiro lamenta a súa perda. DEFENDE O MONTE PITUCO, como moitos seguidores da súa obra e do seu exemplo vital, lembra tamén a figura do escritor, que profesaba unha grande admiración polo seu avó, por un xeito de vida ligado á terra e á cultura tradicional:

“O homem mais sábio que conheci em toda a minha vida não sabia ler nem escrever. Às quatro da madrugada, quando a promessa de um novo dia ainda vinha em terras de França, levantava-se da enxerga e saía para o campo, levando ao pasto a meia dúzia de porcas de cuja fertilidade se alimentavam ele e a mulher. Viviam desta escassez os meus avós maternos, da pequena criação de porcos que, depois do desmame, eram vendidos aos vizinhos da aldeia, Azinhaga de seu nome, na província do Ribatejo. Chamavam-se Jerónimo Melrinho e Josefa Caixinha esses avós, e eram analfabetos um e outro. No Inverno, quando o frio da noite apertava ao ponto de a água dos cântaros gelar dentro da casa, iam buscar às pocilgas os bácoros mais débeis e levavam-nos para a sua cama. Debaixo das mantas grosseiras, o calor dos humanos livrava os animalzinhos do enregelamento e salvava-os de uma morte certa. Ainda que fossem gente de bom carácter, não era por primores de alma compassiva que os dois velhos assim procediam: o que os preocupava, sem sentimentalismos nem retóricas, era proteger o seu ganha-pão, com a naturalidade de quem, para manter a vida, não aprendeu a pensar mais do que o indispensável. Ajudei muitas vezes este meu avô Jerónimo nas suas andanças de pastor, cavei muitas vezes a terra do quintal anexo à casa e cortei lenha para o lume, muitas vezes, dando voltas e voltas à grande roda de ferro que accionava a bomba, fiz subir a água do poço comunitário e a transportei ao ombro, muitas vezes, às escondidas dos guardas das searas, fui com a minha avó, também pela madrugada, munidos de ancinho, panal e corda, a recolher nos restolhos a palha solta que depois haveria de servir para a cama do gado. E algunas vezes, em noites quentes de Verão, depois da ceia, meu avô me disse: “José, hoje vamos dormir os dois debaixo da figueira.” Havia outras duas figueiras, mas aquela, certamente por ser a maior, por ser a mais antiga, por ser a de sempre, era, para todas as pessoas da casa, a figueira. Mais ou menos por antonomásia, palavra erudita que só muitos anos depois viria a conhecer e a saber o que significava… No meio da paz nocturna, entre os ramos altos da árvore, uma estrela aparecia-me, e depois, lentamente, escondia-se por trás de uma folha, e, olhando eu noutra direcção, tal como um rio correndo em silêncio pelo céu côncavo, surgia a claridade opalescente da Via Láctea, o Caminho de Santiago, como ainda lhe chamávamos na aldeia…”.

As árbores, a raíces prendidas no pasado, o talo como testemuño do presente, as pólas proxectadas cara ao futuro. Quizais, como o seu avó, Saramago nos contemple dende algures, abrazado pola sombra dunha figueira.

Blogue de Greenpeace: “Se va el amigo de los árboles“.

Publicado por: MontePituco | 17/06/2010

IMOS AO TEATRO?

Hai varias semanas tivemos a oportunidade de escoitar en Marín a Mabel Rivera na súa faceta reivindicativa a prol da defensa do medio ambiente. Agora temos a ocasión de apreciar a súa faceta interpretativa. A actriz protagoniza a obra de teatro “Master Class” -na que interpreta a cantante de ópera María Callas- que se vai representar o sábado 26 deste mes no Centro Cultural Caixanova de Pontevedra. A continuación, segue a nota informativa do gabinete de comunicación de Caixanova, con datos sobre a función:

O Centro Social Caixanova de Pontevedra acollerá o sábado 26 de xuño, ás 21.00 horas, a representación da obra de teatro ‘Master Class’. A montaxe chega á cidade do Lérez no marco da programación cultural que desenvolven conxuntamente Caixanova e o Plan Xacobeo 2010.

‘Master Class’ ofrece unha oportunidade única para gozar do excelente traballo interpretativo da actriz galega Mabel Rivera, de recoñecido prestixio no panorama nacional, enfrontando un personaxe histórico, María Callas, cheo de matices e rexistros interpretativos, tanto a nivel persoal como artístico. A figura da cantante representa un mito de alcance universal, no só para os amantes da ópera, senón tamén para o público en xeral.

O espectáculo toma como pretexto, desde o punto de vista argumental, as famosas ‘master class’ que María Callas impartiu na afamada academia neoiorquina Juilliard, ao remate da súa vida artística. O autor do texto, Terrence Mc.Nally, transfórmao de maneira maxistral nun ‘tour de force’ entre vida privada e artística, creando un conflito de innumerables matices no que destacan a sabedoría do personaxe e a riqueza das súas vivencias.

Bengala Produccións asume este proxecto como un desafío profesional no que a capacidade de acción vén dada pola utilización de todos os elementos artísticos e técnicos ao seu alcance, tomando como punto de partida máis importante a elección do elenco artístico. Ademais da protagonista, Mabel Rivera, a montaxe conta cun reparto de gran nivel, no que figuran actores da talla de Lino Braxe ou María Torres. Para os papeis líricos acudiron a cantantes de traxectoria contrastada como Julia Cea e Enrique Martínez, cunha carreira internacional recoñecida.

A dirección de escea corre a cargo de Xosé M. Rabón, e o deseño escenográfico é de Xosé Méndez (Escenoset), profesional con recoñecido prestixio en todo o estado. Todo o proceso de produción circunscríbese a Galicia: tanto a construcción da escenografía como a elaboración do vestiario, o atrezzo, o deseño de iluminación e os ensaios, de maneira que todo o proceso pode ser controlado en todo momento pola produción executiva.

‘Master Class’

Elenco: Mabel Rivera (María Callas); Lino Braxe (pianista, Manny); María Torres (primeira soprano, Sophie); Julia Cea (segunda soprano, Sharon); Enrique Martínez (tenor, Tony)

Dirección: Xosé M. Rabón

Publicado por: MontePituco | 16/06/2010

O CASTRO DA LANZADA

Dá xenio ver este proxecto, que xa comeza a tomar forma e a facerse realidade: a excavación do castro da Lanzada, en Noalla, Sanxenxo, é un proxecto de recuperación e divulgación arqueolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra no marco do Proxecto Pousadas Xardín, financiado con case 600.000 euros dos fondos europeos FEDER. Os traballos comezaron a principios deste mes de xuño, cun equipo formado por unha vintena de personas, entre as que figuran profesionais e técnicos recoñecidos como Xurxo Ayán, Rafael Rodríguez, Roberto Aboal, Virginia Castro ou Cristina Cancela. “Todos estarían, sen dúbida, nunha lista de convocados se houbese unha selección galega de arqueoloxía”, comenta o arqueólogo Xosé Gago nun artigo publicado no xornal Galicia Hoxe que se reproduce no blog A Lanzada, no que se vai facendo un seguemento periódico dos traballos.

Cómpre alegrarse de que o patrimonio do noso contorno saia á luz. No caso do castro da Lanzada, xa nos anos 50-60 se realizaran excavacións dirixidas polos responsables do Museo de Pontevedra. Daquela etapa sobresaen nomes tan senlleiros como Filgueira Valverde ou Blanco Freijeiro. Pero é na actualidade cando este espazo parece acadar un impulso definitivo para investigar a súa riqueza: restos da Idade do Bronce, o castro da Idade do Ferro, a necrópole dos séculos IV e V…

Ogallá no alto do Monte Pituco puidera levarse a cabo unha experiencia semellante: que se puideran acondicionar e estudar os seus petroglifos, que se puidera musealizar algunha das mámoas próximas, que puidera investigarse máis a vida dos antigos poboadores deste lugar de orixe remota. Cómpre traballar aínda moito para merecer semellante premio, polos seus elevados custes e polo carácter aínda incipiente do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

…Vanse dando pasos enfocados á posta en valor deste territorio, á paralización das iniciativas gubernamentais que ameazan a súa integridade, á implicación social e veciñal para que aprecien o fondo calado natural, histórico e cultural do monte. Mentres tanto, seguimos con interese as evolucións da brigada número 6 que actúa na Lanzada. E soñamos con que algún día non moi lonxano teñamos a oportunidade de afondar tamén nas raíces do noso pasado.

Publicado por: MontePituco | 15/06/2010

NON APTO PARA IMPACIENTES

-Vilaboa (referíndose ao voceiro do PP de Pontevedra, Telmo Martín: …Quere levar o porto seco do porto de Marín, e levarse as empresas, que están aquí para cotizar p’a alí. E usté non di nada, usté calada, porque claro, porque se non no partido póñena… claro, Telmo é o que manda. A ver, usté non di nada. Chega Telmo, propón levar o porto seco para Vilaboa e Pontevedra e usté, o PP de Marín, agachado, non di nada. Por se acaso, Xestur di, que sale na prensa, que si, que están de acordo, de levar para alí o polígono. Nós lle presentamos unha necesidade, estudiada, de suelo empresarial, e estamos esperando a resposta. Mire, sabe o que lle digo? Xa para rematar. Podemos levar o auditorio, o polígono, o centro de saúde, e algunha infraestrutura máis p’a Pastoriza. Hai medios suficientes! Esa é a súa proposta coa que se vai presentar vostede. Vai levar todo para alá. Gracias, señor alcalde.

(Intervén o alcalde para que o debate non se desvíe a este outro tema).

(O alcalde dálle a palabra á voceira popular).

-María Ramallo: Gracias, señor alcalde. Para cerrar, la verdad que lamento mucho que no hayan entendido ustedes nada de lo que pretendíamos. Bueno, lo que piense el señor Vilaboa de la Escuela Naval, entendido. Lo que piense el señor Vilaboa de la Escuela Naval no me extraña nada, con lo cual está entendido. Pero mire, su compañero de Pontevedra, el señor alcalde, quiere llevar el puerto seco para la zona de Leborei… Es su concello, porque le molesta lo que dice Telmo Martín. Pero mire, señor Vilaboa, le suena Pastoriza? Pastoriza le suena, verdad? Le suena… Bueno, el bipartito no contempló ninguna zona en Marín para polígono industrial. Ninguna! Le suena Pastoriza, verdad, señor Vilaboa? Le suena! Bueno, pues por primera vez en la Xunta contempla la zona de Pastoriza como polígono industrial para Marín. Ustedes tenían un proyecto de llevarla para Bueu! No se acuerda, del proyecto del Bloque, de potenciar la zona empresarial e industrial de Bueu, y Marín cero? Pues esa era la apuesta! La nuestra es otra! Y cada cual juzgará en su momento quien apoya a unos o quien apoya a otros…

Sorprendeunos que non se mentara a palabra Pituco ou Pornedo neste pleno, sobre todo cando -sen figurar para nada na orde do día- saiu a relucir por enésima vez o debate en torno á creación de chan industrial en Marín. O rifi-rafe BNG-PP centrouse en Pastoriza e nas propostas xurdidas para que o porto seco se ubique fóra de Marín: entre Pontevedra e Vilaboa, como pretende Telmo Martín (para o que xa lle presentou a proposta ao conselleiro de Infraestruturas, ao presidente da Deputación e ao xerente de Xestur, todos eles do PP polo que, por suposto, lle deron a beizón), ou na zona de Leborei, como propón o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, do BNG.

Dende logo, hai que recoñecer que ademais de grande, o concelleiro de Urbanismo ten a cabeza dura: moito nos tememos que, se por el fora, ataría a unha silla ao presidente da Autoridade Portuaria e non o deixaría ceibe ata que asinara -aínda que fora agarrando o boli cos dentes- que o porto seco queda en terreos marinenses: todo sexa por amarrar os disputados ingresos para as arcas municipais en concepto de impostos e contribucións, ao máis puro estilo maquiavélico, o fin xustifica os medios. Pero onde! Mira que lle presta rizar o rizo. Se hai dez anos a Autoridade Portuaria desbotara xa o Pituco como alternativa para albergar as empresas portuarias por cuestións comentadas ata a saciedade (o desnivel do terreo, a falta de conexión ferroviaria…), onde pretende Xosé María Vilaboa adecuar espazo para un porto seco? Na casa da Veiguiña?

E resulta cando menos incoherente que Vilaboa se laie de que Marín e os veciños que viven a carón do porto “perderon a fachada marítima” pola sucesiva ocupación dos terreos gañados ao mar nos que se instalaron naves de diversa altura. Entón? Non lles quería cotizar a esas empresas? En que quedamos, queremos cotizar ou queremos fachada ao mar? Ou acaso Vilaboa quere recuperar a fachada ao mar, a nivel do mar, para destrozar a fachada ao mar, 300 metros sobre o nivel do mar, é dicir, no Monte Pituco? Total, desvestir un santo para vestir outro, dito sexa en sentido metafórico, tendo en conta o presuposto laicismo do concelleiro de Urbanismo…

Pois este é tipo de discurso-besugo que nos queda ata que pasen as próximas eleccións municipais, así que ármense de pacencia, prezados conveciños e conveciñas, para aturar estériles debates de tres horas (como este celebrado en xuño) e máis. Porque, como dixeron Miguel Suárez Briones e Isabel Martínez Epifanio, de MAR-IN, nótase no pleno o ambiente de pre-campaña. De feito, poderíase dicir que esa atmosfera pre-electoral leva moito tempo instalada no salón consistorial, que as escopetas están cargadas dende hai moito tempo, e que máis nos vale aillarnos de todo ese ruido de tan poucas noces, pola nosa saúde física e mental.

Pleno de bla-bla-bla:

Dende os bancos do PSOE, Muradas lembrou a súa veteranía na Corporación municipal, como para revalorizar a súa sabedoría dos intríngulis lúdico-político-festivos. Tamén tildou de “cicatero” o porto de Marín pola ausencia de cesión de terreos á vila. En canto ao alcalde, está demostrado que os discursos en público non son o seu forte, pero dun tempo a esta parte está desenvolvendo un excesivo e innecesario catálogo de linguaxe non verbal, sobre todo de aspaventos cos brazos, ata o punto que en máis dunha ocasión, Manuel Ruibal -perigosamente situado á súa dereita- tivo que esquivar as súas manobras para non acabar co dedo índice de Francisco Veiga incrustado nun ollo.

Dende o recuncho popular do cuadrilátero, María Ramallo adicouse a raquetear coas “faltadas” que lle zoscaba Vilaboa cando lle atribuía “escribir os discursos no avión”, entre viaxes de ida e volta a Madrid, onde exerce de diputada no Congreso.

Dende o bando nacionalista, Vilaboa ciscou acusacións de oportunismo contra o PP. Tamén á súa “dereita”, e sen que sirva de dobre precedente, Pilar Blanco tamén tivo o seu momento de gloria cando, en pleno debate sobre a reducción de soldos por mor da crise, instou a María Ramallo a renunciar aos seus ingresos como parlamentaria estatal (alguén falou de oportunismo?).

Menos mal que de súpeto, saiu de entre o público a voz de Xan Montenegro, sacando do letargo e do principio de soneca a máis dalgún que xa empezaba a cabecear: “A ver, pero canto ides cobrar! Facede as contas!” Iso dixo, aderezado con algún exabrupto irreproducible (Xan, vai lavar esa boca con xabón), aínda que comprensible, polo tedioso e improdutivo da sesión. Total, para que o alcalde se acabara desculpando ante a oposición porque non tiñan feito o cálculo da porcentaxe que se ían rebaixar os cargos máis directos a partir da nómina deste mesmo mes de xuño, pero que a reducción sería de entre o 7 e o 10%. Un potosí, vamos…

Os problemas urbanísticos para a construcción do centro de saúde consumiron outra boa dose de tempo: entre o feixe de papeis que Vilaboa levantaba no aire para demostrar o seu arduo traballo de xestión, e o alcalde facendo propósito de chantaxear a Xunta, foi outro intre sonado. Non en van, se a Xunta non desbloquea este proxecto, Veiga está disposto a someter a inspección as instalacións do Sergas, principalmente o centro sanitario da rúa da Estrada, e ao extremo de pechar aquelas que non reúnan condicións. Falando de condicións, a esas alturas da noite, o zunido dos altofalantes que están orientados cara ao público xa era insoportable. Por que non dotarán o salón de plenos dun sistema de audio decente que non levante dor de cabeza no respectable?

E por fin, rogos, preguntas e últimos bla-bla-bla. Briones volveuse interesar unha vez máis polo poste de Telefónica que leva virado dende finais do ano pasado no camiño dende o Iglesario de San Xulián ata o colexio do Carballal. A resposta do alcalde, similar á que deu na anterior ocasión que se lle preguntou por este asunto, foi botarlle a culpa ao enxeñeiro municipal, pero que xa se ocuparía el persoalmente de xestionar o seu arranxo. E dende o PP tamén se interesaron polo estado que presentan as cunetas de varios viais. As da estrada de Figueirido á altura do Caeiro xa presentan mellor aspecto, pero non grazas ao Concello, nen á Deputación, senón grazas ao esforzo dos veciños e veciñas. Pero que se lle vai facer: é que estamos en pre-campaña.

Publicado por: MontePituco | 14/06/2010

NOTA NECROLÓXICA

Dende o alto do Monte Pituco, unha aperta cálida e o máis reconfortante posible ao noso compañeiro José Manuel Crespo, que vén de perder o seu pai a consecuencia dunha longa enfermidade. Todo o noso agarimo para el e para a súa familia. Non é momento para combater, senón para estar ao carón dun veciño comprometido e solidario. A José Manuel debémoslle hai anos a consecución de importantes éxitos deportivos no eido do piragüismo a nivel olímpico. E como marinense, a súa preocupación polo progreso da parroquia de San Xulián, a súa calidade humana, o seu posicionamento firme a prol da xustiza e do bo facer. Valores esenciais dos que bebeu nun fogar de xente boa e colaboradora: a súa nai, Pepa, contribuindo sempre en causas colectivas vencelladas á xente nova, á escola do Carballal e ao festival folclórico de Airiños. Para eles e a familia Crespo Villanueva, o noso respecto, o noso apoio e o noso ánimo neste momento doloroso.

Publicado por: MontePituco | 14/06/2010

O MONTE PERIURBÁN E OUTRAS REFLEXIÓNS

Deberían ser unhas xornadas de obrigada asistencia para os comuneiros de Pontevedra, pero extensible e mesmo recomendable tamén para as comunidades de montes lindantes e, como non, para a cidadanía en xeral. As I Xornadas de Montes Veciñais nacen con vocación de continuar, e deberan ser un foro de intercambio de experiencias e coñecemento para aplicar no monte as mellores técnicas de xestión. Certo que un monte non presenta necesariamente as mesmas problemáticas que o monte veciño, ou si; se non iguais, semellantes. Por que non practicar a sinerxia?

Falouse do concepto de monte periurbano: aquel que rodea un contorno urbano. Salta á vista que Marín tamén ten monte periurbano. Que tratamento lle dá o noso concello a este extenso territorio que actúa como pulmón da vila? Diríase que ningún, á vista da falta de iniciativas concretas. Mais, para ser xustos, citemos dúas: a creación do ecoparque na finca de Cadro, co polémico sistema de contratación que salpica o goberno local, mais trátase dunha iniciativa con ánimo de lucro, posto que a empresa concesionaria cobra unha nada desprezable tarifa que vai dende os 8,20 ata os 17,50 euros, segundo sexa individual ou colectiva, para nenos ou para maiores de 15 anos.

A outra iniciativa aínda non se levou a cabo, pero é o que esperan conseguir: arrasar o Monte Pituco para instalar un polígono industrial. Aplaudan. Velaí a marabillosa aportación do Concello de Marín ao seu monte periurbano, ao seu inmediato balcón sobre a ría. Esa é a estampa coa que queren recibir aos visitantes: con Ence a carón da ría e, tirando contra o fondo á dereita, onde soe situarse o excusado, unha mole de naves.

E cando se lle conta a maniobra aos responsables das comunidades de montes de Pontevedra, de Poio, de Ponte Caldelas… parécelles inconcebible e disparatado. Nuns concellos apostando pola recuperación do monte ata onde as competencias municipais lles permiten, posto que os montes comunais réxense con normativas de rango autonómico, e no de Marín, actuando no sentido totalmente contrario… e para rizar máis o rizo, coa potencial adhesión da comunidade de montes de San Xulián. Nas xuntas rectoras con dous dedos de fronte alucinan con este dato, non dan creto. Así de crúa é a realidade.

Intereses políticos e económicos mesturados son os inimigos do monte periurbano. Por iso os promotores destas barbaridades deberían escoitar a persoas que, como o naturalista Joaquín Araújo, participou nas I Xornadas de Montes Veciñais:

“No hay ninguna posibilidad de salir del atolladero en canto ao demantelamento do mundo que estamos presenciando, sen as árbores, sen o incriblemente prolixo catálogo de servizos, funcións e agasallos que as árbores están sempre dispostas a dar a quen se poña ao seu carón”.

“Se hai un territorio onde todo ten un vínculo ancestral, activo, fascinante, coa gran produción da historia da vida, que é a árbore, Galicia figura entre os máis destacados. Tamén se hai un territorio absolutamente mortificado de maneira demoledora polo número de incendios forestais, de “sustitucións”…de súpeto chega unha forza extraordinariamente dilapidadora de todo o que lle precede. O eualipto é unha metáfora da sociedade suxa, da suciedade social, da sociedade do despilfarro, do todo vale”.

“La más genial ocurrencia de la historia de la vida, que se llama árbol, así de claro lo tengo. Detrás vamos nosotros, pero bajamos de los árboles para cortarlos y quemarlos”.

“O grao de autoengano, de hipocresía flagrante que locen tantos e tantos responsables, sobre todo no campo económico, porque está bastante claro que por lado se fala, se presume, se coloca como apelido de infinitos proxectos e actuacións a palabra “verde”, “ecoloxía”, “sostible”, e na maior parte dos casos continúase cunha actividade esquilmante do mundo no que estamos. (…) Quédanos moi poucas oportunidades para dicir: ah, temos que reducir a contaminación atmosférica, ah, temos que reducir o urbanismo salvaxe, ah, temos que reducir que se nos queime a arboreda. É que queda pouco tempo para seguir enganando”.

“A famosa sostibilidade, á parte de que é unha palabra que hai que erradicar canto antes, que non significa absolutamente nada, e dío un dos que a inventou, pero roubáronma, como me roubaron case todo. (…) Cando a palabra “sostibilidade” non fai máis que mentir, estamos atrapados nesa contradicción. Impórtame que empecemos por desenmascarar os que están utilizando a linguaxe para defender os seus propios intereses”.

Pero non só do monte periurbano se falou. Tamén da problemática do gando ceibe que campa sen control polas zonas repobladas, da falta de recursos económicos que padecen as comunidades, da caída no nivel de emprego e da facturación asociados ao monte. Tamén se introduciron cuestións novidosas, como o concepto de custodia do territorio que impulsan organizacións como a Fundación Biodiversidad e que representan un xeito eficaz e esperanzador de recuperar o monte e darlle un uso productivo e social. Por todo isto e máis, ogallá os comuneiros e os responsables políticos de Marín foran máis sensibles e receptivos con DEFENDE O MONTE PITUCO.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías