Publicado por: MontePituco | 14/06/2010

NOTA NECROLÓXICA

Dende o alto do Monte Pituco, unha aperta cálida e o máis reconfortante posible ao noso compañeiro José Manuel Crespo, que vén de perder o seu pai a consecuencia dunha longa enfermidade. Todo o noso agarimo para el e para a súa familia. Non é momento para combater, senón para estar ao carón dun veciño comprometido e solidario. A José Manuel debémoslle hai anos a consecución de importantes éxitos deportivos no eido do piragüismo a nivel olímpico. E como marinense, a súa preocupación polo progreso da parroquia de San Xulián, a súa calidade humana, o seu posicionamento firme a prol da xustiza e do bo facer. Valores esenciais dos que bebeu nun fogar de xente boa e colaboradora: a súa nai, Pepa, contribuindo sempre en causas colectivas vencelladas á xente nova, á escola do Carballal e ao festival folclórico de Airiños. Para eles e a familia Crespo Villanueva, o noso respecto, o noso apoio e o noso ánimo neste momento doloroso.


Responses

  1. Como secretario da AA.VV San xulián,da cal son socios a familia Crespo Villanueva,manifestamos a nosa solidaridade nestes momentos de tristeza ante a marcha de Paco.

    Cando a tristeza aparece,soio se pode desexar que desaparezca,e un rio de sonrisas asulaguea.

    AA.VV San Xulian.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: