Publicado por: MontePituco | 06/07/2010

A MERDA TEN OS DÍAS CONTADOS

Toda esta merda ten os días contados: tablóns, cascotes, ladrillos, plásticos, aramios, bolsas, cartóns, cemento, colchóns, lixo en xeral… O que a outros lles sobra e non se molestan en reciclar, o que a outros lles sobra e non saben onde botar, porque non se molestan tampouco en buscar o depósito axeitado. O monte, o patio traseiro da xente insensible ao medio ambiente, o basureiro anónimo de quen carece da máis mínima sensibilidade co medio rural. O máis impensable, aí pode aparecer, mesmo bonecos que aínda poden seguir colmando horas de xogos e emocións. O veciños poremos as ganas, o Concello porá os medios. Apúntaste a unha proveitosa xornada de traballo colectivo para mellorar o aspecto do Monte Pituco? Benvidas serán todas as mans posibles.

 


Responses

  1. Cando se organizaria dita xornada?

    • Pois aínda non se fixou a data porque temos que organizar unha xuntanza veciñal para abordar este e outros temas. Tamén llo temos que notificar con tempo ao Concello, que se comprometeu a facilitarnos contedores para depositar os residuos e carteis anunciando a prohibición de verquer lixo. Podería ser este mesmo mes ou no mes de agosto. E seguro que será un fin de semana, para que interfira o menos posible nas obrigas profesionais de cada un. Anunciaremos o día (ou días, porque igual non damos feito nunha soa xornada) neste blogue e tamén no noso perfil en Facebook, porque moita xente tamén nos segue por esoutra vía.
      Moitas grazas polo teu interese.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: