Publicado por: MontePituco | 06/07/2010

A MERDA TEN OS DÍAS CONTADOS

Toda esta merda ten os días contados: tablóns, cascotes, ladrillos, plásticos, aramios, bolsas, cartóns, cemento, colchóns, lixo en xeral… O que a outros lles sobra e non se molestan en reciclar, o que a outros lles sobra e non saben onde botar, porque non se molestan tampouco en buscar o depósito axeitado. O monte, o patio traseiro da xente insensible ao medio ambiente, o basureiro anónimo de quen carece da máis mínima sensibilidade co medio rural. O máis impensable, aí pode aparecer, mesmo bonecos que aínda poden seguir colmando horas de xogos e emocións. O veciños poremos as ganas, o Concello porá os medios. Apúntaste a unha proveitosa xornada de traballo colectivo para mellorar o aspecto do Monte Pituco? Benvidas serán todas as mans posibles.

 


Respostas

  1. voluntario's avatar

    Cando se organizaria dita xornada?

    • MontePituco's avatar

      Pois aínda non se fixou a data porque temos que organizar unha xuntanza veciñal para abordar este e outros temas. Tamén llo temos que notificar con tempo ao Concello, que se comprometeu a facilitarnos contedores para depositar os residuos e carteis anunciando a prohibición de verquer lixo. Podería ser este mesmo mes ou no mes de agosto. E seguro que será un fin de semana, para que interfira o menos posible nas obrigas profesionais de cada un. Anunciaremos o día (ou días, porque igual non damos feito nunha soa xornada) neste blogue e tamén no noso perfil en Facebook, porque moita xente tamén nos segue por esoutra vía.
      Moitas grazas polo teu interese.


Deixa unha resposta a voluntario Cancelar a resposta

Categorías