Publicado por: MontePituco | 18/05/2015

O GLIFOSATO, PRODUTO POTENCIALMENTE CANCERÍXENO

Herba da Pampa tratada con glifosato.

O pasado ano, a Comunidade de Montes de San Xulián gastou 5.000 euros nunha actuación de desbroce na Pardavila e nuns tratamentos con glifosato, que se aplicou na herba da Pampa localizada no terraplén a carón da Variante de Marín, a carón do Monte Pituco, nunha zona ecoloxicamente sensible por tratarse dunha baixante de augas procedentes do regato das Presas e das precipitacións que conflúen nesa vaguada. Agora, un estudo da Organización Mundial da Saúde (OMS) revela que ese herbicida é potencialmente CANCERÍXENO.

Sendo fieis á realidade, cómpre apuntar que o propio Ministerio de Medio Ambiente avalaba o tratamento con este produto químico -nunha dose moi baixa, iso si, non máis do 1%-. E temos constancia, todo hai que dicilo, de que na directiva da Comunidade de Montes de San Xulián tamén coñecen ese informe da OMS sobre a perigosidade do glifosato.

Estes días está sendo noticia unha ciber-campaña de Greenpeace para pedirlle á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, e o seu homólogo do Ministerio de Sanidade, Alfonso Alonso, para que o Goberno prohiba o uso do glifosato. O texto da proposta é o seguinte, traducido ao galego. Ata o momento van máis de 62.500 sinaturas. A do Monte Pituco, tamén.

Sabes que é o glifosato? É o principal compoñente do herbicida máis vendido do mundo. Está nos nosos parques, cultivos e alimentos. Vén de ser clasificado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como “probablemente canceríxeno para o ser humano”.

O glifosato é o principal elemento do herbicida denominado Roundup, que foi desenvolto por Monsanto; un dos produtos que máis beneficios lle xenera á compañía. Millóns de hectáreas de terras de cultivo, e mesmo parques e beirarrúas, rocíanse con Roundup cada ano para matar as chamadas “malas herbas”. Acaba chegando tamén aos froitos cos que nos alimentamos.

Diante deste anuncio da OMS, que pon en risco o seu lucrativo produto, Monsanto xa está tratando -con todos os seus medios- de desacreditar o estudo. Sen embargo, os gobernos e as autoridades europeas deberían escoitar moi en serio as avaliacións da OMS e definir unha folla de ruta para actuar. É necesario que se adopten rapidamente medidas de precaución para preservar a nosa saúde e o medio ambiente.

Temos a oportunidade de conseguir que se comprometan a frear o uso do glifosato e a apoiar un modelo de agricultura ecolóxica que non dependa de sustancias perigosas, que respecte a saúde das persoas e o medio ambiente, e que nos abasteza de alimentos sans para todos e todas hoxe e mais no futuro.

Dende hai un par de semanas FALTAN no Monte Pituco tres paneis metálicos referidos á prohibición de verter lixo e de circular con vehículos a motor fóra da pista forestal agás para realizar traballos agrícolas. Desapareceron da noite para a mañá, foron sustraídos. ROUBADOS. Nin sequera lles cortaron polo pé os paus metálicos que os sustentaban. Foron literalmente arrincados. Só quedaron os buratos nos que estaban espichados.

O lugar onde estaba o panel no cruce do Pornedo.

Aquí había un panel prohibindo o acceso de vehículos motorizados, no cruce do sendeiro do Pornedo.

Instaláranse, despois de moitas e insistentes reivindicacións, pola antiga directiva da Comunidade de Montes en xuño de 2011. Dende entón non sufriran ningunha agresión significativa, máis aló do desgaste da intemperie para un material -pegatinas sobre chapa- tan básico. Pero aí estaban, e cumprían a súa función informativa. Outra cousa foi o nulo caso que lle fixeran os desaprensivos que seguiran utilizando o monte como vertedoiro ou como pista de motorismo.

Mais é especialmente chamativo o feito de que a desaparición daqueles paneis se producira ao pouco da frustrada remoción da actual directiva da Comunidade de Montes, que prescindiu dalgún cargo da etapa anterior. 

Como quera que é preciso repoñer eses carteles informativos, dende a Asociación Monte Pituco queremos aportar o noso gran de area, amosando aquí -e trasladando por suposto estas imaxes en formato impreso aos responsables da Comunidade de Montes de San Xulián- estoutros modelos de paneis que se utilizan nas comunidades de montes veciñas de Figueirido, de Vilaboa e de Lourizán.

Panel da Comunidade de Montes de Figueirido.

Panel Comunidade de Montes de Lourizán.

Cartel da Comunidade de Montes de Vilaboa

Publicado por: MontePituco | 14/05/2015

CONTEMPLANDO O MONTE PITUCO DENDE O CASTRO DA SUBIDÁ

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

O mes pasado voltamos o Castro da Subidá con motivo dun roteiro organizado polo Grupo Cultural Ronsel e a Asociación de Comerciantes de Marín Sur (ACEMAS), de Seixo. Os empresarios transmitíranlle aos responsables de Ronsel o seu interese por coñecer o patrimonio cultural marinense; dese xeito poderían recomendarlles lugares que visitar aos turistas que se acheguen ao noso Concello e que fagan compra ou consuman nos seus establecementos.

O historiador Aarón Franco, que participou na excavación do Castro da Subidá realizada en 2011, foi o guía desta expedición. Explicou aspectos que xa coñeciamos de anteriores andainas con outros expertos, mais incidiu especialmente no feito de que unha vez rematada aquela actuación, a Administración non volveu facer ningunha dotación económica que nos permitira afondar máis no estudo dos restos deste asentamento prehistórico, que é tanto como renunciar a seguir investigando na nosa propia historia.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Antón Pousada, do Grupo Cultural Ronsel, deu a benvida ao público.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Reconstrucción do muro da cabana, diferenzando a parte engadido con anacos de pizarra.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Reconstrucción do interior dunha das cabanas excavadas.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Restos do antigo concheiro do castro.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Unha vez máis, volvemos comprobar a perfecta aliñación visual do Castro da Subidá co Monte Pituco (Pornedo), onde o Concello de Marín ten un importante potencial de patrimonio arqueolóxico, con petroglifos catalogados e mámoas nos seus arredores. Aarón Franco non pasou por alto este factor, ao que se suman datos documentais arquivados no Museo de Pontevedra con indicios da existencia dun castro que fora destruído neste enclave.

Na mesma liña, apuntou tamén a existencia de referencias sobre a presenza doutro castro na zona de San Salvador de Poio. Interesante achega na que seguiremos pescudando…

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Vista do Monte Pituco (Pornedo) dende o Castro da Subidá.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Nas inmediacións do castro, unha antiga canteira con gravados modernos de José Meijón.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Na croa do antigo castro.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Laxe que contén un petroglifo, na ladeira do Castro da Subidá.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

Restos de muralla.

Visita ao Castro da Subidá con Ronsel.

 

Publicado por: MontePituco | 13/05/2015

ROTEIRO POLO MONTE GAGÁN COA PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou o pasado domingo un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da contorna do monte Gagán, situado entre as parroquias de San Tomé de Piñeiro (Marín), Domaio e Meira (Moaña) e San Adrián de Cobres (Vilaboa), e integrado dentro do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, en solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

O punto de partida e de chegada foi a área recreativa de Chan de Lagucheiros, a carón da casa forestal que a Comunidade de Montes de San Tomé aluga ás persoas interesadas en pasar o día ou pernoctar.

Roteiro polo Monte Gagán.

Casa forestal de Lagucheiras, en San Tomé de Piñeiro

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

O percorrido transcorreu por camiños e corredoiras do sendeiro do rego da Fraga e do GR-59 da Ecorrota do Morrazo por Chan de Lagucheiros, Marco de Gagán, ribeira de nacemento do rego da Fraga, Seixos Brancos, Chan de Xestoso, Coto do Home, Chan de Carqueixa, Chan de Arquiña, ribeira do nacemento do rego dos Ladróns, monte Gagán, ribeira de nacemento do rego Noias, Chan de Lagucheiros.

Roteiro polo Monte Gagán.

Atopamos motoristas polas corredoiras. Non están autorizados a circular nelas; soamente por pistas forestais.

Roteiro polo Monte Gagán.

Ao longo do itinerario fixámonos nas plantacións forestais con carballo e castiñeiro de Chan de Lagucheiros, nas plantacións forestais con bidueiro, castiñeiros e freixos de Marco de Gagán, na área de ribeira do rego da Fraga e no seu afluente dos Ladróns. Tamén foron chamativas as rochas cuarcíticas de Seixos Brancos, as penedías graníticas e as matogueiras de Chan de Xestoso.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Vista do Monte Formigoso

Roteiro polo Monte Gagán.

Río da Fraga

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

As plantacións de frondosas actúan como cortalumes natural.

Roteiro polo Monte Gagán.

Atopamos unha ferradura no camiño. Cómpre ter tamén sete follas de loureiro e un saquiño de arroz para atraer a prosperidade ao fogar…

Roteiro polo Monte Gagán.

Volvemos, unha vez máis, ao miradoiro de Coto do Home, aínda que non se puido ver a enseada de San Simón porque a ría de Vigo estaba completamente cuberta cunha densa capa de néboa.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Antigo refuxio de pastores

Roteiro polo Monte Gagán.

A visita continuou polas matogueiras e brañas estacionais de Chan de Carqueixa, o parque forestal no que se atopan a mámoa e o dolmen megalíticos de Chan de Arquiña, as plantacións forestais con bidueiros, carballos e castiñeiros mesturadas con piñeiros no monte Gagán, así como a área de ribeira do rego Noias ou Neibó -afluentes do rego Loira-.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Coto do Home. A néboa cubría a ría de Vigo…

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Abrótega, títpica de solos afectados polo lume.

Roteiro polo Monte Gagán.

O miradoiro de Coto do Home, cos seus 624 metros de altitude sobre o nivel do mar, está ubicado no punto máis alto do espazo natural e da península do Morrazo, con amplas vistas panorámicas da Enseada de San Simón e as serras colindantes (Cotorredondo, Outeiro dos Asubións, Fracha, Galleira, Suido, Faro de Avión) do interior da provincia até o norte de Portugal e oeste de Ourense. Ao seu carón existe un punto de despegue de parapente.

Roteiro polo Monte Gagán.

Braña estacional

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

As penedías graníticas de Chan de Carqueixa, a máis de 600 metros sobre o nivel do mar, con forma de bolos, alongadas ou cabalgadas, produto da erosión natural e da formación de diaclasas, posúen un grande valor xeolóxico, natural e paisaxístico, sobresaíndo entre o monte baixo da matogueira e con amplas vistas panorámicas do espazo natural dos Montes do Morrazo entre as serras Domego e Basil, os altos de Monte Faro de Domaio e Coto do Home, enriba de Pedras Negras.

Roteiro polo Monte Gagán.

Vista do Monte Faro de Domaio

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

Roteiro polo Monte Gagán.

As penedías graníticas de Chan de Xestoso, entre os 550 e os 600 metros de altitude, conforman outro espazo de grande valor, cunhas amplas vistas panorámicas do Morrazo entre as rías de Vigo e de Pontevedra, desde os altos de Agudelo e Outeiro da Carballosa, Monte Formigoso e Outeiro de Campolongo até O Salnés e as illas Cíes e Ons nas entradas das rías.

A extraordinaria abundancia de rochas cuarcíticas fai honra a súa relación directa co topónimo de Seixos Brancos.

Roteiro polo Monte Gagán.

En Seixos Brancos

As matogueiras con toxeira, xesteira, carpazas e carrasqueira, conforman un hábitat de interese comunitario de breixeiras secas europeas, e acubillan unha importante fauna vertebrada e invertebrada específica de espazos abertos, en especial aves, morcegos e réptiles, con varias especies vulnerables e en perigo de extinción. Tamén teñen unha importancia agroforestal e gandeira.

As plantacións con especies frondosas de Chan de Lagucheiros, Marco e Monte Gagán son das máis extensas do espazo natural dos Montes do Morrazo, conformando un corredor verde e ecolóxico de grande importancia forestal para a biodiversidade e, así mesmo, de prevención contra os lumes. As carballeiras forman parte do hábitat de interese comunitario de carballeiras galaico portuguesas.

As áreas de ribeira dos regos da Fraga, dos Ladróns e Noias, teñen un grande valor ambiental pola conformación de zonas húmidas e turbosas cun alto interese florístico e faunístico, con especies endémicas, vulnerables e en perigo de extinción, xunto co valor de situar nas zonas máis altas da península do Morrazo.

Mámoa de Chan de Arquiña.

A mámoa e dolmen de corredor de Chan de Arquiña, ubicados a 547 metros de altitude no parque forestal e área recreativa do mesmo nome, están catalogados como Ben de Interese Cultural de Galiza, e forman parte do proxecto de posta en valor ambiental e cultural da rota das mámoas do Morrazo. Están integrados no parque forestal e área recreativa do mesmo nome.

Roteiro polo Monte Gagán.

Reforestación no monte veciñal de San Tomé de Piñeiro

Roteiro polo Monte Gagán.

As principais ameazas desta contorna son a eucaliptización, a invasión das acacias, a intensificación dos monocultivos forestais, a apertura de pistas, verteduras de entullos e, en especial, o proxecto de instalación dun parque eólico de Pedras Negras incluído pola Consellería de Economía e Industria no concurso eólico galego, aprobado no 2010. Este parque contaría con varios aeroxeradores de 119 metros de altura e 112 de diámetro de pás, explanadas de montaxe cunha afección de 70×92 metros e pistas de acceso dun mínimo de 6 metros de ancho.

Tamén está ameazado este espazo polos permisos de investigación mineira para extracción de granito ornamental a nome de Miñán e Pedrouzos, no que se denominan “terreos francos ou rexistrables”, e que baixo a Orde de 7 de febreiro de 2013 convocou na provincia de Pontevedra a CEI novamente a concurso, como si non tiveran data definitiva de caducidade.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou en febreiro de 2013 unha alegación na que se solicitaba a non viabilidade ambiental do parque eólico de Pedras Negras, a suspensión da súa tramitación deixando sen valor nin efecto toda a tramitación realizada ata o de agora, obrigando o promotor (Enel Green Power España) a renunciar á implantación deste proxecto de xeración de enerxía eléctrica e a declaración por parte do goberno da Xunta de Galiza da “prevalencia dos valores e do interese social e público do monte veciñal en man común” baseado no disposto na lei 13/1989 que regula os montes veciñais das comunidades de montes afectadas polo proxecto.

En xuño de 2013 a Plataforma fixo comentarios ao Documento de Inicio do procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza nos que solicitou que mentres non exista esa planificación se paralice a tramitación de novas concesións mineiras, deixando sen efecto os concursos públicos de permisos de investigación convocados. Este colectivo tamén solicitou a elaboración doutra planificación baseada nos principios do decrecemento, da proximidade, da reutilización e reciclase de materia prima, e do uso racional dos recursos existentes fóra de espazos naturais protexidos e por protexer. Por exemplo, a totalidade dos integrados no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galiza creado polo Decreto 82/1989, entre eles os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro na península do Morrazo.

Por consideralos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo reclamoulle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza en marzo do 2012 a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo e Carballal de Coiro máis outros ampliables.

Roteiro polo Monte Gagán.

De volta na casa forestal Lagucheiras

 

Publicado por: MontePituco | 12/05/2015

O PANEL DO ESPAZO SETE CAMIÑOS XA LOCE NA ENTRADA DO PORNEDO

Panel de acceso ao Espazo Sete Camiños na entrada do Pituco (Pornedo).

A entrada da pista do Pornedo é a primeira das catro vías de acceso con que conta o Espazo Natural dos Sete Camiños. Dende hai uns días xa está instalado un panel informativo con datos da ruta circular: o plano da zona; a lonxitude total do itinerario, que ascende a 4,5 quilómetros; o perfil do terreo, que determina que se trata dun percorrido de dificultade media; a relación dos 26 elementos incluídos no Espazo, marcados con números sobre o mapa; e un resume do que se pode ver, entre mámoas e petroglifos prehistóricos, gravados modernos, miradoiros ou fontes, sen esquecer o patrimonio oral inmaterial recollido, entre toponimia e lendas. Unha frase destaca neste panel:

“Un paseo no que se combinan os praceres naturais e culturais. Descobre nesta valiosa paisaxe a pegada dos nosos devanceiros”.

Hai outras tres entradas máis ao Espazo Sete Camiños en Pedrouzos, Catadoiro e A Armada.

Nos últimos días, varios directivos da Comunidade de Montes de San Xulián, xunto con representantes da Asociación Monte Pituco e da Comunidade de Montes de Lourizán, achegáronse ata o miradoiro do Pornedo para comprobar in situ a evolución dos traballos de limpeza e desbroce, que han continuar ata a inauguración da ruta, hacia finais de mes, cunha gran andaina convocada conxuntamente polas Comunidades de Salcedo, Lourizán e San Xulián.

Directivos da Comunidade de Montes de San Xulián, no miradoiro do Pornedo.

Publicado por: MontePituco | 11/05/2015

DERRADEIRO PLENO DO MANDATO

Alá foron catro anos de mandato! Malia que se adoita dicir que o tempo pasa rápido, non parece que fose onte, nin moito menos, cando María Ramallo ergueu o bastón de mando, en xuño de 2011. Semella que pasou unha eternidade, tanto dende o punto de vista dos que están no goberno, que dá a impresión de que levan aí toda a vida, como no polo oposto da maioría dos que están na oposición, que poderían seguir per secula seculorum quentando banquillo, do prescindibles e anódinos que son, politicamente falando.

Hai un longo capítulo de despedidas: ADEUS Veiga, con maiúsculas, au revoir, bye-bye, ata nunca! Marcha para a casiña e ponte a tratamento para curarte desa inmensa soberbia que padeces… Despídese tamén Manuel Pazos Lamoso, o que xuraba e perxuraba que o Monte Pituco era o sitio máis chan de todo Marín. Marcha tamén, e vai descansar a cabeciña onde non teñas a quen meter máis trolas. E librámonos de Esther Crespo, que vai no furgón de cola da lista do Bloque, onde pinta tanto como o que pintou nas últimas lexislaturas, é dicir, nada.

Pola única perda que temos pena é pola de Isabel Martínez Epifanio. Marinenses Independentes deixa de formar parte activa na primeira liña política local. No pleno deste pasado venres 8 de maio unha compañeira de filas de Isabel Martínez acudiu ao pleno coa única intención de ser testemuña da súa despedida da vida municipal. Deulle unha aperta cando rematou a sesión e dedicoulle unhas palabras de afecto que soaron a nostalxia cando, en realidade, para a concelleira independente darlle carpetazo a estes catro anos foi unha liberación, polo queime que supuxo facerlle fronte á maioría absoluta do PP dende o seu posto na oposición unipersoal de Mar-In.

…Foi o mellor do Pleno: ese xesto de solidariedade dunha compañeira de partido hacia outra compensou con creces as dúas horas e media que durou esta tediosa sesión. Foi un momento entrañable que actuou coma un bálsamo contra a carga de negatividade que se acumula asistindo dende as bancadas do público ás liortas, ás puñadas e ás cambadelas que se fan os políticos cando -salvando as lóxicas discrepancias ideolóxicas- tiñan que vogar pola xestión municipal en troques de botarse lixo mutuamente. Pero as siglas de Mar-In non desaparecen, se acaso dilúense no movemento da Marea en confluencia con outras formacións e xentes dispostas a participar dun xeito directo na gobernanza. Mar-In non se extingue; a memoria de Xan Montenegro manterá a flote ese barco mentres permaneza amarrado ao peirao.

Persoáronse no Pleno traballadores de Urbaser afectados polo conflicto coa empresa, que se negaba a concederlles un aumento salarial, o que motivou a convocatoria dunha folga que, afortunadamente, foi suspendida nas últimas horas deste luns ao chegaren as partes a un acordo. Mais o venres o acordo estaba moi lonxe e o único que podían facer os operarios era visibilizar a súa problemática asistindo á sesión da Corporación con carteles pedindo a mediación do Concello para acadar unha solución.

Diario

 

Un dos primeiros puntos da orde do día foi a aprobación definitiva da posta en marcha do mercadillo en Seixo. Pilar Blanco, do BNG, recriminoulle á concelleira de Turismo que “non foi quen de aprobar un regulamento de mercados” no mandato que estaba a piques de finalizar. Luz Santiago, do PSOE, tamén criticou que “las cosas se hacen con rigurosidad, no porque le guste más un sitio u otro”. Isabel Martínez Epifanio desexoulle boa sorte aos comerciantes de Seixo con esta iniciativa. A concelleira popular Cristina Acuña respostoulles na mesma liña do que tiña dito en anteriores plenos sobre este tema: que o lugar e a frecuencia do mercadillo “se ha consensuado con la asociación”. Finalmente, o expediente foi aprobado por maioría co apoio de PP, BNG e Mar-In, fronte á abstención do Psoe.

 

No seguinte tema tratouse sobre a actualización do catálogo de bens do Concello de Marín, sobre o cal o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, afirmou que é un “documento vivo”.

No turno de réplica, tomou a palabra Francisco Veiga, que tiña ganas de morrer matando. Ou iso cría que facía, ilusamente. O voceiro socialista acusou o Pp de ter ese catálogo “lo más muerto posible” e queixouse de que a documentación chegáballe á oposición “a escasos minutos de acabar el partido” -léase metaforicamente como o mandato- e “sin tiempo para revisarlo, obviando por completo los procedimientos”.

Veiga debía estar sufrindo algunha clase de lapsus memorístico: as súas proclamas chegan tarde de máis para apelar a vellos argumentos que de nada lle serviron nos últimos catro anos; esta xa non é a súa campaña electoral e, por tanto, reivindicar os seus non-logros como alcalde é un feo para a súa sucesora no primeiro posto da lista, e unha ridiculez, porque como político xa non pincha nin corta; ao contrario, máis valía correr un tupido veo sobre a súa pegada, que pasou sen pena nin gloria.

“Ustedes encontraron unos documentos muy avanzados”, dixo o EX-alcalde evocando non só o catálogo de bens, senón tamén o PXOM, dos que dixo que o PP quixo “esconderlos en un cajón”. E como non tiña outra cousa mellor que dicir, tirou de PXOM: “Se pueden llevar adelante muchas actuaciones con él, como DESARROLLAR POLÍGONOS; ustedes no han hecho nada, no vaya a ser que cayera algún golpe por ahí, y han dicho Jesusito de mi vida, que me quede como estoy”. Para escachar da risa… Veiga presumindo do seu peripatético PXOM, recorrido xudicialmente pola Asociación Monte Pituco. Un PXOM que el mesmo sacou dun caixón para vendernos un documento obsoleto, irracional; terrorismo urbanístico contra a fachada litoral da vila e letal contra a obrigatoria conservación do patrimonio histórico e cultural do Monte Pituco, pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo. En definitiva, unha calamidade contra a cal a Asociación Monte Pituco non deixará de loitar ata que semellante despropósito sexa retirado.

Dende o Bng, Xosé María Vilaboa botoulle en cara a Santos que “hay veciños esperando que se lles conteste as reclamacións que fixeron”, polo que “é unha pena que un documento coma este se trate así”, engadiu.

Isabel Martínez insistiu en que o Pp tiña a obriga de “traer cada ano as actualizacións do catálogo de bens, en vez de traelas a todo correr no último pleno”. Tamén cuestionou o rigor do informe técnico municipal, feito dun día para outro e que parecía “ditado” polo concelleiro ad hoc para esta derradeira xuntanza da Corporación 2011-2015.

O último que dixo Veiga sobre este asunto foi para tildar a Santos de ter “complejo de pirómano fallido” e de non vender máis que “humo”, argumentando que “en este puñetero ayuntamiento no hay expedientes”.

A réplica de Santos tampouco lle gustou a Vilaboa, que lle chamou “descarado” por arrogarse o Pxom, os fondos europeos do Arela e outras xestións das que o antigo bipartito reclama a medalla. “As fincas que ocuparon en Aguete están no inventario?”, espetoulle o edil do Bloque, sacando a colación a polémica polas obras no camiño de Aguete, a raíz das cales o concelleiro popular Ramiro Gestido chegou ás mans cun veciño.

Para Isabel Martínez, a forma de actuar do PP consiste en “buscar a maneira de facer culpables os demais polo que vostedes non fan ben”, retrucou.

O debate rematou coa intervención de Santos, contestándolle aos voceiros de Mar-In, Bloque e Psoe. Deste último dixo: “No le voy a valorar su gestión, porque ya le valoraron los vecinos”.

O catálogo aprobouse por unanimidade, con todos os votos a favor.

 

Fóra da orde do día tratouse unha moción urxente do Bloque sobre a pavimentación do Camiño de Areosa, en Mogor. Pilar Blanco asegurou que se trataba dunha reclamación dos veciños, que levaban tempo sen recibir resposta, polo que xuntaran 64 sinaturas a favor desta actuación.

A popular Marian Sanmartín atacou o Bloque pola “política de oportunismo” que practica, ao “liar uns veciños para sacar tallada”. Segundo Sanmartín, ao Bloque “encántalle coller un tema, abandeiralo, prometer o ouro e o mouro e deixar a pelota no tellado do PP, cunha moción poñéndonos a pan pedir”. A concelleira de Medio Ambiente explicou que se reuniran cos veciños de Areosa, afirmando que estaban “indignados” porque sentíanse “utilizados” polo Bloque. Sacou unhas fotos da zona coa intención de demostrar que o Goberno local xa fixera “o que nos pediron”. Pero cando Marián Sanmartín anunciou que o Pp ía “votar a favor” da moción, a oposición botou unhas risas de guasa.

Lamoso quixo devolverlle o golpe ao Pp, baseándose en que grazas á moción, os veciños “consiguieron que fueran ustedes allí”, polo que, estando no “sprint final, para electoralistas, ustedes”, engadiu o concelleiro socialista.

Isabel Martínez lembroulle a Marian Sanmartin que o seu discurso fora un “mitin” e que o Concello non era o lugar para ese tipo de discursos.

“Vou cumprir a miña promesa de ter un pleno tranquilo”, rematou dicindo Pilar Blanco, que só quixo engadir que os veciños “asinaron libremente” a prol da reparación dese camiño.

Tal e como estaba previsto, a moción aprobouse por unanimidade.

 

Tamén foi aprobada por unanimidade unha moción conxunta dos catro partidos de apoio ao Rexistro de Marín.

 

Unha segunda moción do Bloque foi para pedir o apoio da Corporación para os traballadores de Urbaser. Unha das noticias do día na prensa local dese mesmo venres daba a coñecer a existencia dunha sentenza xudicial que condenaba o Concello a pagarlle á empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo unha débeda de 700.000 euros acumulados entre 2008 e 2011, na época do bipartito. “Este es un Gobierno en funciones y habrá que valorar con los servicios económicos y jurídicos si se recurre”, expuxo María Ramallo, que lle botou en cara ao EX-alcalde que o actual Goberno local teña que pagar actualizacións dun contrato asinado por el.

La Voz

“Yo sabía tanto que no necesitaba asesor y usted que es abogada, sí”, respondeulle Veiga. Pois ao mellor, Veiga, teríache vido moi ben un asesor para evitar que cometeras erros por descoñecemento, falta de experiencia, imprudencia ou temeridade. Outro galo lle cantaría ás arcas municipais a estas alturas… E como non tiña outros argumentos para defenderse ante o cariz aplastante dunhas evidencias que o deixaban en mal lugar, Veiga optou polo que opta sempre: ‘¡Y tú más!’. E altas doses de demagoxia. “Mientras estos trabajadores de Urbaser piden una subida salarial mínima, usted repartió 150.000 euros entre los funcionarios y abusa de las horas extra”, recriminoulle á alcaldesa.

Por sorte, Isabel Martínez Epifanio foi quen de poñer o foco do problema no lugar que lle correspondía, ante a perspectiva dun debate que comezaba a dexenerar: “Falamos máis de nós que dos traballadores; o que eles piden é xusto, fagamos algo”.

A moción, que contemplaba a posibilidade de suspender a prórroga do contrato se Urbaser non se aviña a un acordo, foi aprobada por unanimidade, entre os aplausos dos traballadores.

 

No apartado de rogos e preguntas, Muradas sacou por última vez os seus ‘clásicos’ imprescindibles: maceteiros, charcos, as luces dos pasos de peóns, máis charcos… e nun amago por retomar un tema plantexado no primeiro pleno catro anos atrás, sacou a colación as obras dos sumidoiros na rúa Ezequiel Massoni.

“Es llamativo que en 47 plenos de 48, porque en uno no preguntó por este tema, su frase era la de ‘estafa legal’ por parte de la empresa. Yo fui más hábil y presenté una moción, pero usted fue incapaz de escribir una línea“, espetoulle María Ramallo a Muradas, que fixo un repaso á situación: “Primero se abrió un expediente, al Concello le costó 0 euros, arreglaron la calle e incluso más de lo que les correspondía. En cuanto a la fuente, le quedó la cabeza descansada. Se consiguió que la calle se arreglase, se supervisase, y Enmacosa, que es una empresa en liquidación o a punto de desaparecer, está pasando la cámara [por las conducciones] para que usted se quede tranquilo. Fue una pena que nos dejara la calle así, siendo usted tan espabilado y me hubiera gustado tener las fotos hoy para enviárselas por email… Ah, que usted no usa email!“, concluíu María Ramallo, cun ton que soaba a revancha. Muradas farfullou algo, pero María Ramallo non lle deu máis bóla e a pataleta do edil socialista non foi a maiores.

Luz Santiago preguntou pola “trifulca” de Ramiro Gestido (ao que lle chamou Gestoso) pola legalización da casa do concelleiro popular e a ampliación, ata os 9 metros de ancho, do camiño que vai ata esa vivenda. “Por qué se le da licencia sin la visita de los técnicos y tan pronto”, preguntou a concelleira do Psoe.

Faro

A alcaldesa contestoulle que o camiño de Aguete asfaltárase con fondos da Deputación, que a casa fora mercada por Gestido, con licenza de obra e que unha vez que o construtor fixo os cambios indicados pola técnica municipal, déuselle licenza de primeira ocupación. “No se aceleró nada, es usted muy malpensada”, advertiuna María Ramallo. “No tenemos los políticos ese poder de acelerar, por si usted viene con esas pretensiones”, rematou Ramallo. A edil socialista dicía que si, que si…

Pilar Blanco pediu que o Concello tomara medidas para evitar calquera accidente no muro de Alcántara, na curva do Matadoiro en Mogor, ante a “perigosidade” dese talude, que “segue derrubándose e está a piques de caer todo enriba da estrada”.

Pola súa parte, Vilaboa volveu á carga co cruce de denuncias entre Gestido e o veciño polo camiño de Aguete. Argumentando que “non se contemplaba o ancheo do camiño ata 9 metros”, preguntou “se había expediente de cesión ou expropiación” dos terreos e, nun ton burlesco, fixo dúas propostas para pórlle nome á rúa: “Rúa Ramiro Gestido, que con isto arreglou o mandato, ou Rúa Conde Ríos”, en alusión ao presidente da Asociación de Veciños de Seixo, Antonio Conde, que é familiar de Gestido, e que saíra publicamente na súa defensa. Foi oír o seu nome, porque Conde non perde nin un só pleno, e ergueuse coma un resorte do asento, dicíndolle “cuidadito!” a Vilaboa. Un axente da Policía Local achegouse a Conde para pedirlle que se tranquilizara.

María Ramallo e Santos Costa contestáronlle que o veciño que provocara o conflicto estivera a pé de obra “todos os días” e que o Concello quería continuar coa mellora dese camiño no próximo mandato.

“Mentiume”, queixouse Isabel Martínez na súa quenda de palabra. “Hai dous meses pregunteille por este camiño, e vostede díxome que ía chegar á estrada con el, e agora di que non”. A concelleira de Mar-In tamén pediu o listado de facturas impagadas e, a maiores, preguntou pola participación do Concello de Marín na Fundación do Lago de Castiñeiras, interesándose polo orzamento que vai poñer o Concello.

Sobre o camiño de Aguete, María Ramallo respostoulle que non daba tempo de ter o proxecto antes de rematar o mandato. En canto á Fundación do Lago de Castiñeiras, explicoulle que os promotores da iniciativa pedíranlle ao Concello “impulsar e colaborar”, pero sen concretarse partidas económicas. Que entre as previsións había intención de sinalizar, mellorar o miradoiro de Cotorredondo, habilitar un carril bici, pero que entendía que había que “intentar que entren todas as Administracións”, empezando pola Xunta.

 

O pleno rematou cunha brincadeira de humor por parte de Isabel Martínez, que lle pediu á alcaldesa que respectara o límite de velocidade na Autovía de Marín, a 80 quilómetros/hora, xa que nalgunha ocasión lle adiantara a máis velocidade. María Ramallo recoñeceulle o exceso pisando o acelerador, pero devolveulle o envite ao afirmar que uns días atrás vira a Veiga mal aparcado e á edil independente parada ao seu carón, mentres falaban… Risas, excusas e barullo de cadeiras cando os concelleiros da Corporación levantaron a sesión.

Despois do 24-M, máis… e agardemos que mellor.

Publicado por: MontePituco | 08/05/2015

DÍA HISTÓRICO COA SINALIZACIÓN DOS PETROGLIFOS DE PORNEDO

Panel explicativo nos petroglifos de Pornedo.

Este 8 de maio de 2015 vai quedar marcado no calendario como un DÍA HISTÓRICO no Monte Pituco (Pornedo). Despois de tanto esforzo e traballo colectivo, e co apoio dos colectivos que se adheriron ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, por fin puidemos ser testemuñas excepcionais e privilexiadas da instalación do panel explicativo correspondente ao conxunto rupestre do Pornedo, no marco da sinalización e posta en valor do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Co outeiro desbrozado, as árbores de maior porte podadas das pólas máis baixas que dificultaban a contemplación dos gravados, e con este aspecto renovado, a instalación do panel informativo é a guinda perfecta.

…Non hai palabras. É a materialización dun soño…

Noraboa, veciñ@s! Que merecido o tiñamos! Moitas GRAZAS!

Panel explicativo nos petroglifos de Pornedo.

Panel explicativo nos petroglifos de Pornedo.

Panel explicativo nos petroglifos de Pornedo.

Panel explicativo nos petroglifos de Pornedo.

Panel explicativo nos petroglifos de Pornedo.

Publicado por: MontePituco | 06/05/2015

DESBROCE ARREDOR DO CONXUNTO RUPESTRE DO PORNEDO

Desbroce arredor do conxunto rupestre do Pornedo.

Dende esta pasado martes, o outeiriño no que se atopa o conxunto rupestre do Pornedo luce un aspecto renovado tralos traballos de desbroce e limpeza que se levaron a cabo no marco das accións de posta en valor e sinalización dos elementos que conforman o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

O próximo paso será a instalación dun panel informativo nas inmediacións destes fantásticos gravados rupestres.

Moi preto deste xacemento da Idade do Bronce atópanse tamén gravados modernos realizados polo marinense José Meijón. E xa ao final do sendeiro, como broche de ouro do roteiro, o miradoiro natural do Pornedo. Ambos puntos xa contan, dende hai uns días, con postes sinalizadores para guiar as persoas interesadas en percorrer o Espazo, que será inaugurado en próximas datas.

Desbroce arredor do conxunto rupestre do Pornedo.

Desbroce arredor do conxunto rupestre do Pornedo.

Desbroce arredor do conxunto rupestre do Pornedo.

Desbroce arredor do conxunto rupestre do Pornedo.

Publicado por: MontePituco | 05/05/2015

INSTALADO O PANEL INFORMATIVO NOS PETROGLIFOS DE SETE CAMIÑOS

Panel informativo nos petroglifos de Sete Camiños.

Continúan os traballos de sinalización e posta en valor dos elementos que conforman o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Os petroglifos de Sete Camiños, precisamente, veñen de estrear tamén o seu correspondente panel informativo, no que se dá conta das características destes gravados rupestres. 

Panel informativo nos petroglifos de Sete Camiños.

O texto que acompaña o calco e a fotografía do xacemento especula coa posibilidade de que as figuras representadas sexan cérvidos femia. Tamén chama a atención sobre a forma serpentiforme dun dos gravados, o que lle dá “un aspecto onírico a todo o conxunto”. Ollo ao ramalazo literario! 

A descrición tamén fai referencia á presenza cun círculo con cazoleta central, que é o motivo que se ve na imaxe que segue.

Figura circular nos petroglifos de Sete Camiños.

Petroglifos de Sete Camiños.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

O Monte Pituco segue de noraboa, estreando novos elementos de posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico que están sendo instalados polos técnicos de A Citania no marco da posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Neste fin de semana xa puidemos aplaudir a colocación dun completo panel informativo nas inmediacións dos petroglifos de Pinal de Caeiro. Trátase dunha estrutura metálica cunha placa na que figuran, por unha parte, o debuxo destes gravados coa súa orientación nos puntos cardinais, ademais dunha fotografía da laxe. Esta información gráfica compleméntase cun sinxelo texto explicativo

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Chama a atención a singularidade morfolóxica destes petroglifos, que han redundar nun maior recoñecemento.

Como indica o texto explicativo do panel, durante os traballos de posta en valor púxose de relevo a presenza dunha figura con forma de espiral: “As representacións de espirais NON SON UN MOTIVO COMÚN entre o conxunto de gravados rupestres galegos”, lese na descrición.

Xunto con esta espiral, os petroglifos de Pinal de Caeiro tamén se caracterizan pola presenza de círculos concéntricos, puntos e liñas, conformando en conxunto unha “representación complexa de tipoloxía esquemática”. Non en van, pola disposición dos elementos desta figura xeométrica, dende antigo coñecíase co nome de “o ciclista” ou “bicicleta”.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Os arqueólogos que analizaron estes petroglifos tamén valoraron a súa orientación cara ao solpor, nun enclave con vistas privilexiadas ao val do Lameira, ao abeiro do Monte Pornedo, e cara á desembocadura da ría. Sen dúbida, a paisaxe é outro dos atractivos deste gravado prehistórico.

Arte rupestre que chegou aos nosos días malia os traballos de cantería que se realizaron nas súas inmediacións antigamente, malia a construcción da Variante de Marín, e supoñemos con alivio que tamén sobrevivirá ás obras da nova rede de abastecemento de auga promovidas por Acuaes, que se instalará ao pé da pista de servizo.

Sen esta actuación de posta en valor que tanto tempo leva demandando a Asociación Monte Pituco, xunto cos demais promotores do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, a súa conservación e protección seguiría exposta ao azar.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Cómpre salientar tamén a incorporación das novas tecnoloxías ao proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. As persoas que visiten este xacemento poderán ter acceso, a través dunha aplicación móbil, á lectura de dous códigos QR (quick response) que incorpora o panel informativo: un contén a ficha técnica do elemento e outro, unha explicación en formato audio.

Curiosamente, neste panel detectamos un posible erro , xa que os códigos QR remiten á mámoa de Sete Camiños en lugar dos petroglifos de Pinal de Caeiro. Xa foi comunicada esta incidencia aos técnicos de A Citania.

Panel informativo nos petroglifos de Pinal de Caeiro.

Publicado por: MontePituco | 02/05/2015

SEGUEN INSTALANDO A SINALIZACIÓN DO ESPAZO SETE CAMIÑOS

Os técnicos da empresa arqueolóxica A Citania continúan traballando na instalación da sinaléctica no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Nos últimos días actuaron no Alto do Pornedo, onde xa están colocados os postes indicativos no miradoiro natural do Pornedo e diante duns gravados modernos de José Meijón.

Dende a Comunidade de Montes de San Xulián infórmannos de que a inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está máis preto ca nunca, e quizais para dentro de aproximadamente quince días poderíase estrear cunha gran andaina organizada conxuntamente polas comunidades de montes -Salcedo, Lourizán e San Xulián- implicadas no desenvolvemento desta iniciativa que a Asociación Monte Pituco, xunto cunha vintena de colectivos do ámbito do Morrazo e de Pontevedra, levamos anos apoiando.

Sopran aires de cambio na parroquia de San Xulián, ventos de esperanza moi necesarios e moi merecidos, despois de tanto esforzo. Os tempos son chegados!

Sinaléctica nos gravados de José Meijón.

Sinaléctica no miradoiro do Pornedo

Sinaléctica marcando a continuación da ruta.

Nos próximos días instalarase un panel informativo a carón do conxunto rupestre do Pornedo que, como nos comentou un dos técnicos de A Citania, é “do mellor” que ten este roteiro. De momento, xa recurtaron algunhas pólas do piñeiro que medrou a carón da laxe…

Pendentes da sinalización do conxunto rupestre do Pornedo.

 

Publicado por: MontePituco | 01/05/2015

BENVIDA AO MAIO DENDE O MONTE PITUCO

Maio no Monte Pituco.

MAIO DO MONTE PORNEDO

Benvido maio, maieiro

dende as alturas deste Monte Pornedo,

No balcón da ría, contemplando o horizonte,

sentindo o vento darnos na fronte.

Dende aquí seguiremos loitando

contra o polígono proxectado que nos segue amolando.

Non permitiremos que a Xunta nin o Concello

nos priven deste espazo natural tan belo.

Mananciais, fauna e flora, paisaxe e patrimonio

de todos son un tesouro.

Querémolo compartir, querémolo conservar,

orgullosos deste legado debemos estar.

Publicado por: MontePituco | 30/04/2015

ESCOLARES DO CARBALLAL VISITAN CASTIÑEIRAS

Faro de Vigo

Faro, 30 abril 2015

Lago Castiñeiras divulga su proyecto

La fundación expone su plan de arboreto y jardín botánico a los alumnos del Carballal

La Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo está dando a los colectivos interesados su proyecto para la puesta en valor de los montes de la zona. Ayer recibió la visita del alumnado de quinto curso del Colegio Carballal de Marín, que completaba así una actividad sobre el medio ambiente iniciada días antes en el centro. El alumnado recibió entonces una charla de Educación Ambiental con la intervención de Gaspar Bernárdez, de la Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo.

DiarioDePontevedra

Diario, 30 abril 2015

Los alumnos do Carballal visitan Castiñeiras para coñecer a súa flora

Publicado por: MontePituco | 29/04/2015

SOBRE O PREMIO PARA ANA ACUÑA, NA PRENSA

Faro de Vigo

Faro, 28 abril 2015.

La marinense Ana Acuña gana el Premio Losada Diéguez de investigación y ensayo

Vecina de San Xulián, su comunidad de montes le hizo un reconocimiento

La Comunidad de Montes de San Xulián de Marín realizó un reconocimiento público de la vecina de esta parroquia Ana Acuña Trabazo, recientemente galardonada con el premio Losada Diéguez de investigación y ensayo. Fue en la última asamblea general, celebrada el pasado domingo, al término de la cual el presidente de la entidad, Manuel Estévez, solicitó un aplauso de los asistentes para la autora, que en ese momento participaba en la reunión como comunera.

DiarioDePontevedra

Diario, 28 abril 2015.

A profesora Ana Acuña gaña o premio Losada Diéguez coas memorias dos ‘madrigalegos’

 

Publicado por: MontePituco | 28/04/2015

REXEITADA A REMOCIÓN (e III)

Faro de Vigo

Faro, 27 de abril 2015.

Los comuneros de San Xulián refrendan a la junta directiva en otra tensa asamblea

El equipo que lidera Manuel Estévez recibe 154 votos a favor y 66 en contra al someterse a la confianza de la comunidad. Los socios díscolos vuelven a denunciar “pucherazo”

 

DiarioDePontevedra

Diario, 27 abril 2015.

La asamblea respalda a la directiva de la Comunidade de Montes de San Xulián

La propuesta de destitución, votada ante notario, fue rechazada por 154 a 66 sufragios. “Espero que se escuche a los comuneros y nos dejen trabajar en paz”, afirma el presidente

Publicado por: MontePituco | 27/04/2015

REXEITADA A REMOCIÓN! (II)

A asemblea da remoción impulsada polo grupo de opositores á directiva actual que gañara as eleccións o pasado mes de xaneiro viña precedida por un clima de tensión previo: ao longo da semana varios integrantes deste sector crítico reuníronse na oficina da empresa de aluminios da que é titular o candidato alternativo, Gonzalo Macenlle, e contan os veciños da Grela que os berros oíanse dende fóra. Nas horas previas ao domingo distribuíron varios panfletos polos paneis informativos da parroquia con acusacións de manipulación dirixidas á directiva da Comunidade de Montes; e mesmo procuraron caldear máis o ambiente cunha nota informativa dirixida aos medios de comunicación con expresións tan incisivas como “purga ilegal” ou censo “feito á medida dos seus intereses”.

Panfleto dos opositores.

Por outra parte, na Casa de Montes de San Xulián, a directiva xa velaba armas dende había tempo. No panel acristalado que se atopa mesmo na entrada do edificio, podíase ler un escrito encabezado pola palabra “LAMENTABLE”, no que se defendían das “calumnias” dos opositores, que supostamente os tildaban de “dictadores”, de actuar de forma “ilegal” e de modificar o censo “por capricho”. A directiva tamén arremetía contra as “malas artes” dos opositores para poñer a veciñanza “na contra” da xunta rectora. Fronte a iso, os dirixentes da Comunidade sacaban peito da súa xestión “seria” e das contas “detalladas”, aínda que recoñecían ter “fallos” e aceptar as “críticas e recomendacións para facelo mellor”.

“É unha mágoa que en vez de estar unidos, de traballar todos polo ben da parroquia, algúns se empecinen en batallas que nos desgastan e non conducen a nada”, remataba ese comunicado público.

Pois con este panorama chegamos á asemblea do domingo, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda, que foi á hora á que comezou logo de que os comuneiros e comuneiras foran chegando e acreditándose na porta, co seu DNI e mais co carnet da Comunidade de Montes. Houbo amagos puntuais de enfrontamento, que non pasaron do verbal, cando algúns veciños pretendían facer constar a súa condición de comuneiro malia estar dados de baixa no censo ou non figurar nese listado.

O presidente, Manuel Estévez, tomou a palabra para presentar a Ángeles Otero, notaria de Marín que ocupou un posto na mesa, a carón de Miguel Lamela, o avogado da Comunidade de Montes de San Xulián dende hai 15 anos, que foi quen conduciu a asemblea. En canto este último tomou a palabra, Estévez non volveu intervir. Era a primeira vez en 15 anos, explicou Lamela, que unha asemblea da Comunidade de Montes de San Xulián tiña que realizarse en presenza dun funcionario público que dera fe do que ocorrese na xuntanza. Algún día non moi lonxano poderemos saber a canto ascende o custe desta asemblea, entre os honorarios da notaria e os do letrado. As suspicacias dos opositores e o seu empeño en xudicializar a xestión da Comunidade levaron a directiva a tomar esta decisión.

Foi dicir que o censo que se tomaría para realizar a votación era o que consta na Xunta, e xa se armou a primeira trifulca. Apenas transcorreran 3 minutos dende o inicio.

Laureano Allariz, ex-vicepresidente da Comunidade de Montes.

[O ex-vicepresidente, dirixíndose á notaria de Marín. Foto: J. Santos Álvarez]

Cuánto hace que nos conocemos, Laureano! -exclamou o avogado da Comunidade dirixíndose ao ex-vicepresidente, que foi quen máis interrompeu, protestou, vociferou e alborotou.

Sen medo a trabucarnos, o seu nome debeu ser a palabra máis pronunciada en toda a tarde, tanto por boca de Miguel Lamela cun ton entre a pacencia e o hastío, ata os propios comuneiros, moitos dos cales reprendían a Laureano Allariz pola súa actitude e pedíanlle insistentemente que calara e deixase falar.

¿Me deja hablar? Hable lo que quiera. Se lo repito. Diga lo que tenga que decir… -insistía Lamela, que cada vez que quería expoñer a dinámica da asemblea vía como Laureano Allariz, o contra-candidato Gonzalo Macenlle ou calquera outro do grupo dos opositores facían barullo.

Máis que dificultar a comunicación por parte do avogado, o que máis molestaba no público era o ambiente caótico e as dificultades para entender o que dicían os dous bandos.

Macenlle ergueuse para denunciar que 200 comuneiros estaban fóra do censo e para esixir o restablecemento de “todos” os que foran apartados dese listado.

Gonzalo Macenlle

[Gonzalo Macenlle, candidato dos opositores. Foto: J. Santos Álvarez]

Se tomará nota de quien no deje hacer la asamblea -advertiu Miguel Lamela, ante a indignación dos opositores.

¡Y con amenazas! -replicoulle dende as primeiras filas unha muller de Arealonga pertencente ao bando opositor.

Ven mucha televisión -espetoulle con retranca o avogado, que debía estar pensando nalgún programa de telelixo da sobremesa, polo nivel de decibelios e de pouca cordura que estaba acadando a asemblea en tan breve espazo de tempo. Cualquiera que entienda que se comete alguna ilegalidad, la mayor garantía que tiene es el acta. Que impugne en el juzgado y ya le digo yo que lo pierde. Aquí se va a votar el censo aprobado en la Xunta, que es el único válido -engadiu Lamela.

Ante as acusacións de Laureano e compañía de que a directiva paralizaba a xestión da Comunidade, o avogado terciou:

La Comunidad no ha paralizado nada -explicou o avogado, lembrando que entre os últimos logros acadados pola Comunidade estaba ter gañado o pleito pola “famosa finca” -dixo- de Romero.

Foi pronunciar as palabras máxicas -Romero, pleito- e a veciña de Arealonga saltou como un resorte da cadeira e comezou, visiblemente alterada, a berrarlle ao avogado e á directiva. As persoas que estaban nas filas de asentos posteriores non puideron entender practicamente nada do cirio que había montado, máis aló de intuír que os opositores se estaban atribuíndo o mérito desa victoria xudicial.

Señora do sector crítico

[Simpatizante do grupo opositor. Foto: J. Santos Álvarez]

La vida de la Comunidad no se paraliza; si hay remoción seguirá habiendo junta rectora -intentaba aclarar Miguel Lamela fronte á confusión que os críticos trataban de sementar.

O avogado explicou que se pasaría lista do censo oficial para verificar que había quorum.

O que non estea de acordo, quedará constancia da súa discrepancia -matizou Lamela.

Tamén emprazou os comuneiros que tiveran representación doutros comuneiros para exercer o voto no seu lugar, a comunicar esa circunstancia. Logo anunciou que había unha lista de 66 persoas que solicitaran o seu ingreso no censo daComunidade de Montes e que a asemblea votaría se se aprobaba ou non a súa inclusión. A maiores, remarcou a importancia do seguinte punto da orde do día: aprobar ou suprimir un apartado dos estatutos sobre a obrigatoriedade de non faltar a tres asembleas consecutivas para seguir formando parte do censo de comuneiros.

Laureano Allariz seguía montando o seu espectáculo paralelo…

Por favor, Laureano… Pues no vote y vaya al juzgado -o ton de voz de Lamela denotaba unha crecente fartura ante as interrupcións constantes e reiteradas do ex-vicepresidente.

Chegou un punto no que Allariz empezaba a actuar como se levase toda a vida vestindo unha toga, citaba sentenzas como se o seu habitat natural fosen os tribunais, e interpelaba o avogado con argumentos peregrinos.

Pues si usted sabe más que yo… -comentaba con incredulidade o avogado da Comunidade ante a verborrea de Laureano que, no cénit da súa empanada mental, chegou ao extremo de comparar a Comunidade de Montes co goberno de Nicolás Maduro en Venezuela, o que motivou as risotadas do público. Uns non daban creto ao nivel de disparate que estaba acadando o anti-discurso dos promotores da remoción, mentres outros era precisamente o que agardaban por parte do dúo Allariz-Macenlle: espectáculo pseudo-circense e de balde.

Por fin comezaron a pasar lista: o avogado ía lendo os nomes dos comuneiros/as e a notaria anotaba se estaban presentes ou non. Deuse a circunstancia de que no repaso ao censo citáronse os nomes de varias persoas falecidas. Mentres os opositores “celebraban” o nomeamento dos finados, facendo todo o posible por facer esaxerar a existencia de anomalías e irregularidades, o avogado explicaba que lía a lista tal e como figuraba por escrito, se ben no caso dos comuneiros falecidos, estes estaban marcados cun sinal e ao seu carón figuraba o nome do familiar ou representante que os sustituía.

A opositora da Arealonga reclamou varias veces a lista dos falecidos. Pola súa parte, Laureano Allariz quixo entregarlle á notaria un dossier que o avogado asegurou que figuraría na acta.

Sobre Laureano Allariz cabe salientar o seu comportamento maleducado e agresivo cunha veciña do Carballal que lle levou a contraria nunha das queixas formuladas polo ex-vicepresidente, ao que este último reaccionou dirixíndose a ela de malas maneiras e dándolle na cara cos papeis que portaba na man, como ela mesma nos confirmou.

Outra veciña da Grela chegou a erguerse do asento no medio da sala para reprender a Gonzalo Macenlle porque este non deixaba de facer comentarios polo feito de que o pai desta veciña, falecido, aínda seguía inscrito no censo.

Non digas nada máis do meu pai! -dixo ela, moi enoxada, ante a actitude de Macenlle, tan gratuitamente incisiva e de mal gusto.

Seguidamente, pasouse lista ás 66 persoas que se apuntaran como novos comuneiros durante o periodo de renovación do censo.

E cando o avogado preguntou se algún dos presentes estaba en contra de que se incluíran estas persoas no censo, ocorreu algo insólito.

A todo isto, había un enésimo motivo de balbordo, moita confusión… Macelle e Laureano seguían porfiando nas súas teimas, non se entendía nada desa bronca en estéreo que mantiñan eles dous. Entón Macenlle ergueu o brazo… e con el tamén Laureano… e por contaxio os membros do grupo dos opositores que estaban nas primeiras filas imitaron a Macenlle e a Laureano. Estaban votando en contra da inclusión dos novos comuneiros no censo!

Como é posible que a candidatura crítica, que segundo a directiva oficial fixo todo o posible por carretar novos comuneiros afíns a eles -unhas veces con criterios legais; noutros casos con criterios dubidosos ou directamente inválidos, nun intento por inflar artificialmente o censo- en chegando o momento de votar se entran ou non entran novos comuneiros, votan en contra! O colmo da terquedade…

Comezaron entón as votacións para aprobar ou rexeitar a remoción. Todos os comuneiros/as con dereito a votar dirixíronse á cabina para tomar unha das dúas papeletas: SI a favor de que continuase a actual directiva; ou NON, para que se destituíra a xunta rectora vixente.

De verdad que es usted cansino, Laureano! -oíuselle dicir a Lamela nun enésimo intento do ex-vicepresidente por entorpecer o desenvolvemento da sesión. Esa actitude tan negativa só podía ser un síntoma de nerviosismo, intranquilidade e inseguridade nas posibilidades dos propios opositores, como así se confirmaría ao final da asemblea. Esa maneira de actuar tan irrespetuosa era o preludio do desastre para o sector crítico. E se algunha posibilidade tiveron de convencer a algún dos asistentes sobre esas supostas razóns para expulsar a directiva vixente, a postura do boicot non fixo outra cousa que botar para atrás a veciñanza e gañar o rexeitamento dos dubidosos. Ningún veciño/a nos seus cabais podía confiar o goberno da Comunidade de Montes a un grupo de persoas que funcionan a berro pelado, que van “á contra” para todo, e que están instalados permanentemente no “non”. A estratexia era ben pouco intelixente.

Eran as 20:40h cando comezou o reconto dos votos. Se as dúas horas e media previas se caracterizaran polo ruído, pola falta de diálogo coherente, pola desorde, durante o reconto das papeletas reinou un silencio e unha expectación fóra do común. Tardouse algo máis de media hora en emitir o resultado das votacións:

154… SI

66… NON

12 votos nulos (máis dunha papeleta no sobre, ou unha papeleta solta sen sobre)

15 en branco

Aínda non rematara a asemblea; faltaba a decisión sobre o apartado E do artigo 23 dos estatutos. Pero os opositores xa quedaran sen fuelle. Achantaran ante a derrota aplastante e o fracaso estrepitoso da remoción que impulsaran.

Esta Comunidad siempre tuvo problemas con el quorum -apuntou o avogado. Es una Comunidad que hace cosas, está el convenio con la Brilat, funciona y se hacen acciones importantes. Si van a acudir y a participar, de acuerdo, cuanta más gente mejor. En ese caso, que levante la mano quien quiera modificar los estatutos para suprimir ese punto del artículo 23 sobre las asistencias -engadiu Miguel Lamela.

Una cosa es dar de baja y otra cosa es expulsar a alguien de la Comunidad -aclarou Lamela, dirixíndose a Laureano Allariz. Se lo explico ahora porque antes no me dejó -recriminoulle o avogado ao ex-vicepresidente, agora que xa se lle aplacaran os fumes. La condición de comunero es un derecho fundamental; otra cosa es que la organización de la Comunidad permita que se le dé de baja -concluíu o letrado.

Feita esta precisión, voutouse a favor de anular ou manter ese punto do artigo 23:

27 votos a favor de MANTER os estatutos tal e como están

4 abstencións

Por descarte, xa non se chegou a votar quen estaba en contra da supresión dese aspecto dos estatutos, porque o posicionamento da asemblea era claramente partidario de non tocar o regulamento da Comunidade

Rematou por fin a asemblea. Foi o momento no que o presidente, Manuel Estévez, volveu tomar a palabra para dar as grazas polo apoio recibido e para comprometerse a non defraudar os comuneiros/as nesta nova etapa da Comunidade de Montes de San Xulián.

Houbo unha última mensaxe para o público. Que menos que rematar esa longa e tediosa xuntanza cunha boa nova: a felicitación á veciña e comuneira Ana Acuña, profesora da Universidade de Vigo, que acababa de recibir o Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio polo seu último libro. Démoslle un merecido aplauso, que Ana recibiu coa modestia e coa timidez que a caracteriza, e varios veciños achegáronselle para felicitala…

Entraramos ás 4 da tarde case sen tempo de ter feito a sobremesa e saiamos da Casa de Montes cando xa se metía o sol.

Vista de San Xulián dende a Casa de Montes.

Publicado por: MontePituco | 26/04/2015

REXEITADA A REMOCIÓN!

Foto de Julio Santos Álvarez.

[O avogado da Comunidade de Montes, Miguel Lamela, e o presidente da Comunidade de Montes de San Xulián, Manuel Estévez. Foto: J. Santos Álvarez]

Resultado da Asemblea Extraordinaria celebrada na Casa de Montes de San Xulián a instancias dos opositores pro-polígono:

154 votos EN CONTRA DA REMOCIÓN, isto é, a favor de que continúe a actual xunta directiva.

66 votos A FAVOR da remoción, é dicir, partidarios da destitución da directiva.

5 votos en branco

12 votos nulos

No que respecta á votación sobre a eliminación do apartado E do artigo 23 dos estatutos (Perda da condición de comuneiro por non asistir a tres reunións da Asemblea Xeral, por acordo da Asemblea Xeral), o resultado da votación foi:

27 votos a favor

4 abstencións

…HABERÁ AMPLIACIÓN NUN PRÓXIMO ARTIGO…

Publicado por: MontePituco | 25/04/2015

PREMIO PARA A VECIÑA ANA ACUÑA

"Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)", de Ana Acuña (Xerais, 2014).

Hai un ano por estas datas presentamos neste blogue o libro “Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña, marinense veciña desta parroquia de San Xulián.

Un ano despois queremos anunciar con moita ledicia que este libro vén de ser galardoado na 30ª edición do Premio Antón Losada Diéguez, na modalidade de Investigación e Ensaio. O xurado destacou que esta obra “recolle unha investigación cabal e rigorosa sobre un exilio particular de galegos e galegas na capital do Estado, un grupo consciente da súa galeguidade exercida en Madrid de xeito plural”. O estudo céntrase nun periodo de tempo que, segundo se recolle na acta, foi “decisivo na historia de Galiza e na historia española de que esta depende”.

Dende o Monte Pituco, dicimos con ORGULLO, MOITOS e MERECIDOS PARABÉNS para Ana Acuña. 

Entrevista de Ana Acuña no Faro da Cultura (27/02/2014).

Publicado por: MontePituco | 23/04/2015

A DIRECTIVA DA COMUNIDADE COMUNICA POR CARTA A ASEMBLEA

Carta da Comunidade de Montes de San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 22/04/2015

NO DÍA DA TERRA

22 de abril, DÍA DA TERRA

:: POLÍGONO NON! ::

Vista do Monte Pituco e da parroquia de San Xulián.

[Vista do Monte Pituco, no horizonte, a esta beira da ría]

A pertenza a unha terra asina identidade

como poida facelo a relixión antiga.

Os froitos que alí medran son o alcume

onde aniñan os desexos.

A terra será por sempre a dignidade,

a fe anovada na feitura e o soño.

Fragmento de Na terra desluada, de Ricardo Martínez-Conde

Publicado por: MontePituco | 21/04/2015

A REMOCIÓN, NA PRENSA LOCAL

 

DiarioDePontevedra

Diario, 21 de abril 2015.

Los comuneros de San Xulián debatirán el domingo la destitución de la rectora

La directiva elegida en enero convoca la asamblea solicitada por el sector crítico para tratar el asunto

Sinalización do Espazo Sete Camiños.

Anunciamos con moita ledicia que a empresa de arqueoloxía A Citania xa comezou a instalar a sinalización dos elementos que conforman o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Cómpre eloxiar especialmente o material elixido para os soportes, en madeira pulida e tratada, cuns rótulos sinxelos e de simboloxía clara.

Moitos parabéns!

Que duren!

Que a veciñanza os respete!

Que sirvan para atraer moitos visitantes ao monte!

Estamos asistindo á culminación dun soño do que a Asociación Monte Pituco foi partícipe, modestamente, e que atopou o impulso necesario no apoio das Comunidades de Montes de Salcedo e de Lourizán, ás que tamén se acabou sumando a Comunidade de Montes de San Xulián. Moitas grazas aos colectivos sociais, culturais e ambientais que apoiaron esta iniciativa nos seus inicios, e aos arqueólogos/as que avalaron as actuacións propostas.

Sinalización do Espazo Sete Camiños.

Sinalización do Espazo Sete Camiños.

Sinalización do Espazo Sete Camiños.

Publicado por: MontePituco | 19/04/2015

26 DE ABRIL, ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE REMOCIÓN

26 de abril, asemblea extraordinaria.

Este domingo a Comunidade de Montes de San Xulián vai pasar por un novo trance, un novo mal trago, na súa malpoucada historia. Se a asemblea de decembro de 2014 foi unha comedia de mal gusto polo boicot dun ex-directivo, se as eleccións de xaneiro de 2015 foron outro show pola irrupción dunha candidatura conformada por comuneiros pro-polígono apoiados na sombra polo ex-directivo antes citado, a asemblea extraordinaria do próximo 26 de abril non vai estar exenta de polémica.

Conseguiron o seu obxectivo os compoñentes da candidatura pro-polígono, ao reunir o número de sinaturas requeridas para obrigar a convocatoria da remoción da directiva que gañou as votacións hai catro meses. Cabe saber se as lograron coa verdade na man, explicando as súas discrepancias coa composición do censo da Comunidade de Montes, ou se os argumentos utilizados foron máis aló do obxectivo e tamén recorreron á manipulación, como xa sucedeu na remoción frustrada que se produciu en agosto de 2012.

Non é normal o clima de crispación e tensión constante que se produce na Comunidade de Montes de San Xulián. A razón non pode ser outra que os intereses económicos que están en xogo, especialmente desde que esta Comunidade de Montes percibe un canon anual do Ministerio de Defensa pola cesión dunha parcela á Brilat: 40.205 euros. Hai moito monte e hai moitas aves de rapiña afiando as garras para seguie facendo caixa cos terreos veciñais: o Monte Pituco, clasificado inxusta e ilegalmente como solo industrial, é unha tentación moi golosa para estes especuladores. 

O que di o punto E do artigo 23 que se propón suprimir:

Capítulo IV: Da perda da condición de comuneiro/a

Artigo 23. Parágrafo E: Por non asistir a tres reunións da Asemblea Xeral, por acordo da Asemblea Xeral.

 

Escrito ao Concello de Marín sobre o proxecto dos miradoiros.

A continuación, o texto do escrito presentado no Concello de Marín sobre o proxecto dos miradoiros en puntos de interese paisaxístico:

A través dun medio de comunicación, a Asociación Monte Pituco vén de saber que o Concello de Marín ten a intención de solicitarlle unha subvención á Axencia Galega de Turismo para habilitar ata seis miradoiros en distintos puntos da xeografía marinense: reforma do miradoiro existente en Mogor e creación de cinco máis na urbanización Pérez Crespo, no depósito de auga de Mogor, Subidá, Cruceiro do Vento e Briz.

Diante dunha iniciativa destas características, e malia que esta proposta se inscriba no proxecto de deseño dun roteiro circular de sendeirismo, esta Asociación diríxese o Concello de Marín para que reconsidere a decisión de non incluír/excluír/discriminar o Monte Pituco (ou Pornedo) entre os lugares de interese paisaxístico desta vila.

Considerado o “balcón” dende o que se divisa toda a desembocadura da ría, son numerosas as persoas que se desprazan ata o Monte Pituco para facer sendeirismo, practicar deporte, observar a fauna e a flora especialmente no caso dos afeccionados á ornitoloxía e á botánica, e por suposto, admirar o seu valioso patrimonio arqueolóxico, formado polo conxunto rupestre do Pornedo, os petroglifos de Sete Camiños, Pinal de Caeiro, así como os da Carrasca e Champás, que se atopan tamén na parroquia de San Xulián.

Así se demostra constantemente nas andainas que se teñen organizado, tanto por parte desta Asociación como, máis recentemente, por parte da Plataforma dos Montes do Morrazo, coa asistencia de numeroso público procedente non só de Marín, senón tamén de concellos próximos como Bueu, Moaña, Pontevedra ou Vigo, entre outros.

A instalación dun miradoiro en condicións de accesibilidade no Monte Pituco é un dos servizos que, sen dúbida, contribuirían a relanzar aínda máis esta contorna, tendo en conta o acordo das comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián para poñer en marcha o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que atraerá a numerosos visitantes.

A parroquia de San Xulián -antigo San Xiao dos Ancourados- é o berce do Concello de Marín, onde historicamente se cimentan as orixes da vila. Cómpre por tanto reiterar o innegable valor paisaxístico, medioambiental e patrimonial do Monte Pituco para xustificar o evidente potencial turístico que, por falta de iniciativas como a que o Concello está disposto a levar a cabo noutros lugares, estase desaproveitando.

Con este feixe de argumentos, esta Asociación SOLICITA que o Concello de Marín, a través da Concellería de Turismo, amplíe ao Monte Pituco o proxecto desa rede de miradoiros, evitando así unha omisión ou discriminación que consideramos inxustificable. Ben en coordinación coa Comunidade de Montes de San Xulián ou mediante a fórmula que estimen máis oportuna, confiamos en que o Goberno local teña en conta esta petición, para o que a Asociación Monte Pituco queda ao seu dispór no que sexa preciso a nivel de información ou asesoramento. [Adxúntase dossier fotográfico do roteiro organizado o pasado 12 de abril de 2015].

Publicado por: MontePituco | 15/04/2015

SOBRE A ANDAINA POLO PITUCO, NA PRENSA

Diario, 14 abril 2015

Colectivos e veciños mobilízanse en San Xulián contra o polígono no Pituco

Faro, 14 abril 2015

Monte Pituco celebra una caminata para oponerse a un futuro polígono industrial

Morrazoaldia, 12 de abril 2015

Sol para acompañar una ruta reivindicativa en un entorno idílico

Noticieirogalego, 12 abril 2015

Unhas 80 persoas participan no roteiro pola protección do Monte Pituco

 

Publicado por: MontePituco | 14/04/2015

ASÍ FOI O ROTEIRO POLO MONTE PITUCO (e III)

Con esta terceira entrega completamos o álbum de imaxes do roteiro polo Monte Pituco (Pornedo) que organizou a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Moitas grazas ao activista vigués alcumado Xemelghost Nero por saber apreciar “a beleza do pequeno” no Monte Pituco; a Paulo Troitiño pola dedicación na divulgación dos valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos deste espazo; e a Cándido Martínez polo apoio da Plataforma Montes do Morrazo na conservación do Pituco fronte aos intereses políticos, económicos e especulativos que o ameazan.

Durante esta andaina volvemos comprobar o milagre cíclico da primavera no Monte Pituco: avistáronse os primeiros exemplares da bolboreta Papilio macaon revoando entre a flora, un lagarto arnal (Timon lepidus) de extraordinario porte quecendo ao sol deste cálido abril; e un exemplar de lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), coa súa peculiar fisonomía de bandas escuras ao longo do corpo e patas e rabo longo de cor laranxa. Esta última especie non abunda en Galicia, sendo máis habitual noutras zonas da Península Ibérica de clima mediterráneo. Son escasas as zonas do litoral galego nas que se atopa este réptil, como o complexo dunar Nerga-Barra ou os Montes do Hío, polo que localizala no Monte Pituco foi unha gozosa descuberta; proba da riqueza da biodiversidade neste hábitat, e do interese faunístico dos espazos abertos e de matogueira, tan pouco valorados e mesmo inxustamente denostados.

* Indo cara ao Monte da Serra.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

*Na Fonte das Pulgas.

Foto de Paulo Troitiño.

Foto de P.T.

* A carón do Outeiro de Cerqueiras.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

* No Outeiro de Cerqueiras.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

* No contorno dos Sete Camiños, límite entre as parroquias de San Xulián (Marín), Salcedo e Lourizán (Pontevedra).

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

* Na mámoa de Sete Camiños.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

* Indo para o Alto do Pornedo.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

Foto de Paulo Troitiño.

Foto de P.T.

*No descenso do Alto do Pornedo.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

Foto de Cándido Martínez.

Foto de C.M.

Imaxe de Xemelghost Nero.

Foto de X.N.

* No conxunto rupestre do Pornedo.

Foto de Cándido Martínez.

Foto de C.M.

* No miradoiro natural do Monte Pituco (Pornedo), o ‘balcón da ría’.

Foto de Paulo Troitiño.

Foto de P.T.

Publicado por: MontePituco | 13/04/2015

ASÍ FOI O ROTEIRO POLA PROTECCIÓN DO PITUCO (II)

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Na arboreda do Monte Pituco, a carón do cruce do Regueiriño. O punto de encontro “oficial” das andainas polo Monte Pituco.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Dando os primeiros pasos, pola pista forestal do Monte Pituco.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

No sendeiro a carón da antiga área de lecer.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

As xestas xa están amarelas. “Aí vén o maio…”

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Falando da importancia dos abundantes mananciais naturais desta zona, que abastecen de auga para consumo doméstico e de regadío as vivendas próximas.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

No nacemento do rego das Presas.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Malia a forte pendente do terreo, cómpre insistir en que esta zona está AFECTADA por un proxecto de polígono industrial de 332.000 metros cadrados.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Recuperando antigos camiños que atravesan o monte.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Nunha pista forestal de recente creación, que soterrou un antigo camiño de carro. Craso erro da Comunidade de Montes. O patrimonio etnográfico tamén conta!

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Mica e feldespato. Toda a contorna é tamén abundante en rocha metamórfica.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

A carón da chamada Fonte das Pulgas, falando da ouca, tamén coñecida como herba da prata.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Ouca, herba da prata.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

A carón do Outeiro de Cerqueiras.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

No Outeiro de Cerqueiras, outra mostra do importante desnivel do terreo, e da súa composición granítica. Non en van, este punto foi unha das moitas canteiras que houbo na zona.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Na encrucillada dos Sete Camiños, no linde entre San Xulián (Marín), Salcedo e Lourizán (Pontevedra).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Na mámoa dos Sete Camiños.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Entrando noutra parte do roteiro: a zona rica en patrimonio rupestre.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

…Bo proveito, señora araña!

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Gravados rupestres dos Sete Camiños, con motivos zoomorfos.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Excelentes vistas á ría dende o punto no que se localizan os petroglifos dos Sete Camiños. Conectados visualmente tamén con Penizas (castro da Subidá).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

O mediodía, co sol no alto, non é o momento óptimo para ver arte rupestre. Recomendamos acudir a este enclave na hora do solpor, coa luz rasante, para apreciar as formas en todo o seu esplendor.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Foto da “familia” de amig@s do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Falando da flora pioneira das rochas e dos liques.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

As marcas das cuñas dos canteiros nas pedras do Monte Pituco tamén forman parte da nosa historia colectiva.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Rematando a andaina, co “premio” das vistas marabillosas da ría, nun día solleiro e coa agradecida brisa do mar.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

…No balcón da ría!

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Ata a próxima andaina. Moitas grazas a tod@s por acompañarnos neste roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

MOITAS GRAZAS á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo por organizala, e a Cándido Martínez polo seu papel como guía da expedición.

POLÍGONO, NON!

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Publicado por: MontePituco | 12/04/2015

ASÍ FOI O ROTEIRO POLA PROTECCIÓN DO PITUCO (I)

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Saída dende a arboreda do Monte Pituco

Unhas 80 persoas participaron no “Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo)”, organizado pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, co apoio da Asociación Monte Pituco.

Procedentes de Marín, Pontevedra, Bueu, Moaña, Vigo e doutras localidades próximas, os participantes nesta andaina saíron da arboreda do Monte Pituco e, ao longo de algo máis de cinco quilómetros, percorreron unha parte importante da área afectada polo polígono industrial proxectado polo Concello de Marín no seu PXOM e pola Xunta de Galicia no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, cunha extensión de 332.000 metros cadrados.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Indo cara a zona do monte da Serra

O obxectivo desta ruta era rexeitar a urbanización desta zona, incluida no Espazo Natural dos Montes do Morrazo, que son solo rústico de especial protección, no marco das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

Ademais, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a Asociación Monte Pituco trazaron un percorrido que serviu para amosarlle á veciñanza o forte desnivel do terreo, con pendentes superiores ao 45%, cando a “Guía de recomendacións técnicas para o proxecto integral de parques empresariais de Galicia” elaborada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo establece que “os parques de tipo industrial non se poden localizar razoablemente sobre as zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superen o 15% de pendente”.

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Na Fonte das Pulgas

Ao longo do itinerario visitáronse zonas de piñeiral, o nacemento dos regatos das Presas e da Grela nos que habita fauna e flora sensible, o outeiro de Cerqueiras, o monte da Serra, a fonte das Pulgas e varios mananciais naturais que tamén están afectados polo proxecto do polígono, así como a mámoa e os petroglifos de Sete Camiños, e o conxunto rupestre do Pornedo, sen esquecer como curiosidade os gravados modernos de José Meijón (1899-1980).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

No alto do Monte Pituco (Pornedo)

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

Observando o conxunto rupestre catalogado do Pornedo

Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo).

No miradoiro natural no Monte Pituco (Pornedo), o “balcón da ría”.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!

Publicado por: MontePituco | 11/04/2015

PRE-ANDAINA: ÚLTIMA HORA DENDE O MONTE PITUCO

Mañá celébrase a andaina a prol da protección do Monte Pituco, organizada pola Plataforma Montes do Morrazo. Por primeira vez, imos seguir un percorrido que discorre (case) integramente pola zona afectada polo polígono industrial que teñen proxectado o Concello de Marín e a Xunta nesta paraxe pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

Como é costume por parte da Asociación Monte Pituco, que por suposto colabora na organización do roteiro, en vésperas da actividade supervisamos o estado dos sendeiros, rozamos silvas e toxos que poidan entorpecer o paso dos asistentes, ou recollemos o lixo que atopemos polo camiño.

Dende a Asociación Monte Pituco temos que agradecerlle ao Concello de Marín a súa receptividade á solicitude que se cursou en días pasados polo Rexistro Municipal, solicitando a recollida duns sillóns vellos que foran abandonados na pista forestal e outros residuos que tamén tiveron a ben retirar, co propósito de ofrecerlle aos participantes na andaina unha mellor imaxe do monte veciñal de San Xulián.

Tamén cómpre agradecer a dilixencia da Comunidade de Montes de San Xulián no acondicionamento dun camiño que presentaba unhas fendas bastante profundas, no acceso á antiga área recreativa do Monte Pituco. Para cubrir os buratos reutilizouse o xabre que se estivo extraendo nas obras de mellora da pista do Carballal e, nas últimas horas, a petición desta Asociación, a terra que quedara amontoada foi achandada para facilitar o paso das persoas.

Camiño reparado no acceso á antiga área recreativa.

Camiño reparado pola Comunidade de Montes.

Pasaremos por un camiño en desuso no que, antigamente, os labregos utilizaban pedras para “frear” os carros, cando baixaban cargados.

Antigo camiño

As pereiras bravas que hai salpicadas polo monte, xa están en flor…

Pereira brava, en flor.

Subiremos ata o outeiro de Cerqueira, que tamén se atopa na zona afectada polo proxecto do polígono. Trátase dunha interesante zona de monte, poboada de piñeiros do país, onde antano houbo unha canteira. Está a carón de Chan de Lagoa, onde hai dúas mámoas catalogadas que de momento están sen localizar.

Outeiro de Cerqueira.

Pescudamos as pegadas que deixan os mamíferos que habitan no Monte Pituco. Hainas de cabalos, de xabaríns, e pode que tamén de teixugo…

Pegadas de mamíferos.

Aproveitamos esta pre-andaina para quitar do monte unhas rodas, un caldeiro e varios plásticos.

Lixo retirado.

 

Na parte negativa, descubrimos que un dos bancos da arboreda foi danado. Confiamos en que a Comunidade de Montes poida reparalo para que esta área de lecer se manteña nas mellores condicións. Ningún vándalo conseguirá arruinar este espazo!

Banco roto na arboreda do Pituco.

 

Agardámosvos mañá ás 11:00 horas nesta arboreda, o punto de encontro para o roteiro. A previsión do tempo é magnífica: un domingo de primavera, con sol radiante e boa temperatura!

Previsión do tempo (Meteogalicia).

Predicción do tempo: Meteogalicia

Fonte: Meteogalicia

Publicado por: MontePituco | 10/04/2015

A ANDAINA POLO MONTE PITUCO, NA PRENSA LOCAL

Faro, 30 marzo 2015.

Organizan una marcha para reivindicar el Monte Pituco

La Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia la amenaza que supone la proyección del polígono industrial en la zona

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías