Dende hai un par de semanas FALTAN no Monte Pituco tres paneis metálicos referidos á prohibición de verter lixo e de circular con vehículos a motor fóra da pista forestal agás para realizar traballos agrícolas. Desapareceron da noite para a mañá, foron sustraídos. ROUBADOS. Nin sequera lles cortaron polo pé os paus metálicos que os sustentaban. Foron literalmente arrincados. Só quedaron os buratos nos que estaban espichados.
Aquí había un panel prohibindo o acceso de vehículos motorizados, no cruce do sendeiro do Pornedo.
Instaláranse, despois de moitas e insistentes reivindicacións, pola antiga directiva da Comunidade de Montes en xuño de 2011. Dende entón non sufriran ningunha agresión significativa, máis aló do desgaste da intemperie para un material -pegatinas sobre chapa- tan básico. Pero aí estaban, e cumprían a súa función informativa. Outra cousa foi o nulo caso que lle fixeran os desaprensivos que seguiran utilizando o monte como vertedoiro ou como pista de motorismo.
Mais é especialmente chamativo o feito de que a desaparición daqueles paneis se producira ao pouco da frustrada remoción da actual directiva da Comunidade de Montes, que prescindiu dalgún cargo da etapa anterior.
Como quera que é preciso repoñer eses carteles informativos, dende a Asociación Monte Pituco queremos aportar o noso gran de area, amosando aquí -e trasladando por suposto estas imaxes en formato impreso aos responsables da Comunidade de Montes de San Xulián- estoutros modelos de paneis que se utilizan nas comunidades de montes veciñas de Figueirido, de Vilaboa e de Lourizán.
[…] mediados deste mes de maio DEFENDE O MONTE PITUCO denunciou a desaparición de varios paneis informativos que prohibían verter lixo e circular con vehículos motorizados, que foran instalados hai catro […]
By: RECUPERADO UN DOS PANEIS INFORMATIVOS QUE DESAPARECERAN | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 29/05/2015
at 20:16