Escrito dirixido ao Concello de Marín, 09/04/15

A Asociación Monte Pituco vén de dirixirse por escrito ao Concello de Marín para solicitar a súa colaboración, en coordinación coa Comunidade de Montes de San Xulián, para que na medida do posible se poidan retirar esta semana os vertidos localizados nas pistas forestais e nas vías de servizo que conducen ao Monte Pituco, con  motivo da andaina que se realizará este domingo día 12 a partir das 11:00 horas, organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Por outra parte, a Asociación Monte Pituco tamén lle trasladou ao presidente da Comunidade de Montes de San Xulián a petición de limpeza das zonas afectadas por estas verteduras ilegais de lixo, restos de obra e mobles vellos, que afean o espazo natural e ofrecen unha imaxe negativa aos participantes no roteiro. Dende a Comunidade de Montes de San Xulián apoiaron a iniciativa desta Asociación de cursar a petición ao Concello para que ambas entidades poidan colaborar nesta acción de mellora medioambiental.

Ademais, a Asociación Monte Pituco aproveitou esta instancia para agradecerlle ao Concello de Marín a súa xestión no tratamento do vertido tóxico e contaminante localizado a finais do pasado mes de marzo na pista forestal. Pola gravidade deste caso, a denuncia segue o seu curso a través da Fiscalía.

 

Publicado por: MontePituco | 08/04/2015

A COMUNIDADE DE MONTES DENUNCIA O DESTROZO DE ÁRBORES

Árbores tronzadas no recheo a carón da arboreda do Pituco.

A Comunidade de Montes de San Xulián vén de presentar unha denuncia perante a Policía Local de Marín logo de descubrir que unha ducia de árbores que foran recentemente plantadas no recheo situado a carón da área de lecer do Monte Pituco, na estrada de Figueirido, foran destrozadas.

Un directivo da Comunidade de Montes de San Xulián contactou nas últimas horas coa Asociación Monte Pituco para expresar o seu malestar por esta agresión ao patrimonio forestal da parroquia, cuxa autoría se descoñece. Unha agresión que se suma a outros ataques sufridos polo Monte Pituco nos últimos días, e dos que xa se informou detallamente en anteriores artigos: a vertedura de produtos tóxicos no cruce da pista forestal co sendeiro de acceso ao conxunto rupestre do Pornedo, ou a presenza de rodas, enseres domésticos, restos de obra e lixo noutros puntos dese mesmo vial.

Árbores tronzadas no recheo a carón da arboreda do Pituco.

Dende a Asociación Monte Pituco interesámonos pola queixa formulada pola Comunidade de Montes e, efectivamente, puidemos comprobar que as árbores cuxo talo foi fendido atópanse no recheo, pola parte inferior da arboreda.

Curiosamente, algunhas desas árbores danadas semella que non foron elixidas ao azar, senón que están agrupadas no mesmo frente da arboreda, con vistas ao porto e á illa de Tambo; como se os agresores tiveran a intención de estragar os exemplares que chegaran a tapar a paisaxe que se divisa dende ese punto. Se esta hipótese fose máis ou menos atinada, dende a Asociación Monte Pituco non podemos menos que sumarnos á queixa da Comunidade de Montes de San Xulián e criticar esta acción que se podería considerar vandálica.

Plantación no recheo situado a carón da arboreda do Pituco.

Primeiro, porque calquera persoa que discrepara coa decisión da Comunidade de Montes de facer unha plantación nesa parte do recheo, o que tiña que ter feito -en vez de tronzar os talos- era dirixirse á Casa de Montes, expoñer o seu plantexamento aos directivos e solicitar o traslado desas árbores -aínda novas- a outro emprazamento.

Segundo, porque calquera persoa que se dedique a romper árbores, o mesmo que a botar lixo, envelenar regatos de auga, machacar o patrimonio cultural, ou maltratar animais, por poñer algúns exemplos das infamias que se teñen cometido nesta contorna, non se pode erixir en defensor/a do monte nin da natureza.

Roble americano é a especie plantada neste recheo.

A zona na que se destrozaron esta ducia de árbores é un recheo de áridos procedentes dos desmontes realizados con motivo da construcción da Variante, segundo explicou o representante da Comunidade de Montes. Preocupados pola acumulación de maleza nestes terreos baldíos, a directiva decidiu realizar esta plantación forestal, con vistas tamén á xeración -no futuro- de recursos económicos procedentes da madeira destas árbores.

Malia que a intención da Comunidade de Montes era convertir este recheo nun souto, coa plantación de castiñeiros, polo interese económico na súa madeira de calidade e na obtención de castañas, o directivo explicou que esa opción foi descartada porque, tras consultar con diversos especialistas, estes consideraron que a composición do solo -pola ausencia de nutrintes na terra- non era idónea para que os castiñeiros puideran medrar nas mellores condicións. Como alternativa, optaron por plantar roble americano; máis dun centenar de exemplares, entre as diversas plataformas nas que se divide este recheo.

Arboreda do Monte Pituco

Dende a Asociación Monte Pituco agardamos que esta sexa a primeira e a última vez que se produce unha agresión destas características contra o renovado patrimonio forestal da parroquia. E que a Comunidade de Montes siga investindo nesta área de lecer do Monte Pituco, coa instalación dun valado de madeira no borde do miradoiro para evitar caídas ou accidentes; coa mellora das fontes e a instalación de papeleiras; ou co mantemento do arborado podando as pólas secas ou rozando a maleza onde vaia medrando.

Cada vez son máis as persoas e as familias que se achegan a esta arboreda para xogar unha partida de cartas despois de xantar, para almorzar nos días de bo tempo, ou para descansar á sombra gozando das boas vistas. Esta área de lecer compleméntase coas rutas do Monte Pituco e do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, como punto de encontro de andainas e actividades deportivas. Por iso cómpre poñela en valor, xunto co patrimonio forestal e cultural do monte adxacente. Animamos, pois, á Comunidade de Montes de San Xulián a que sexa receptiva a estas propostas que redundan nun maior uso social e multidisciplinar do monte.

Publicado por: MontePituco | 06/04/2015

UNHA PRIMAVERA MÁIS NO BALCÓN DA RÍA (II)

Este vindeiro domingo 12 de abril, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza unha andaina polo Monte Pituco, con saída ás 11:00 horas dende a arboreda situada a carón do cruce do Regueiriño. Dende a Asociación Defende o Monte Pituco apoiamos esta actividade e invitamos a veciñanza a participar nela.

A diferenza de anteriores roteiros organizados pola Asociación Monte Pituco, nesta ocasión o itinerario non segue o trazado do proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, nin tampouco abrangue gran parte do patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián.

A peculiaridade desta andaina é que por primeira vez vai transitar principalmente pola área afectada polo proxecto de construcción do polígono industrial incluído no PXOM do Concello de Marín e no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais deseñado pola Xunta; ambos recorridos por esta Asociación.

Ao longo do traxecto veremos mananciais naturais que abastecen de auga para consumo doméstico e de regadío as poboacións cercanas, e que resultarían danados polo polígono proxectado; regatos nos que habita fauna e flora sensible.

Atravesaremos o monte dende un vial de servizo da Variante ata a pista forestal principal para comprobar o desnivel do terreo que, nos puntos de maior pendente da área afectada, supera o 45% cando o máximo marcado na Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais, publicada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, é do 15%.

Visitaremos a mámoa de Sete Camiños, os petróglifos de Sete Camiños e o conxunto rupestre do Pornedo para reivindicar a importancia do noso valioso patrimonio arqueolóxico.

Veremos os vestixios das antigas canteiras das que se extraeu a pedra coa que se ergueron moitas vivendas da contorna; e achegarémonos á figura de José Meijón, que deixou a súa peculiar impronta en moitos penedos gravados a golpe de cincel.

Seguiremos as pegadas do xabarín e do raposo; estaremos atentos ao canto do cuco e ao peculiar voo do peto; fixarémonos na flora que xa agroma nesta primavera, dende os carrascos e as aberiotas, ata os narcisos e os estalotes.

Remataremos gozando das excelentes vistas panorámicas de toda a ría de Pontevedra e do arquipélago de Ons que se observan dende o Alto do Pornedo, un dos enclaves máis destacados a nivel paisaxístico do espazo natural dos Montes do Morrazo.

Por estes e outros motivos, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a Asociación Defende o Monte Pituco coincidimos en rexeitar o proxecto de urbanización industrial que ameaza esta zona, e apelamos á sensibilidade da cidadanía para que se sume á defensa desta paraxe.

Ligazón ao punto de saída: https://goo.gl/maps/mkV1X

………………………………………………………………..

* FAUNA do Monte Pituco nesta primavera: 

Escarabello tigre.

Escarabello tigre

Tritóns na Fonte de Sete Camiños.

Rodeados no círculo vermello, tritóns na fonte preto de Sete Camiños

Pegadas de xabarín.

Pegadas de xabarín

Escribentes no Alto do Pornedo.

Escribentes no Alto do Pornedo

Eirugas de bolboreta.

Eirugas de bolboreta

Eiruga de bolboreta

Eiruga de bolboreta

Comedeiro de esquío.

Comedeiro de… esquío?

Cabalos ceibes... e sen pexas!

Cabalos ceibes… e sen pexas!

* FLORA do Monte Pituco neste inicio da primavera: 

Flor de rusco.

Flor de rusco

Carum verticillatum

Carum verticillatum

Estalotes, no Alto do Pornedo.

Estalotes floridos, no Alto do Pornedo

Narcissus bulbocodium

Narcissus bulbocodium

Romulea bulbocodium, aberiota común

Romulea bulbocodium, aberiota común

Morangueira

Morangueira

* PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO do Monte Pituco, afectado polo proxecto do polígono industrial:

Petroglifos de Sete Camiños.

Petroglifos catalogados de Sete Camiños

Figura circular nos petroglifos de Sete Camiños.

Figura circular nos petroglifos de Sete Camiños

* PAISAXE dende o Monte Pituco, o balcón da ría:

Paisaxe dende o Alto do Pornedo

Publicado por: MontePituco | 05/04/2015

OUTRO VERTIDO ILEGAL NUNHA VÍA DE SERVIZO DA VARIANTE

Vertido ilegal na pista de servizo da Variante.

Recibimos estas fotos dunha veciña de San Xulián, indignada logo de atopar este vertido ilegal na pista de servizo paralela á Variante de Marín, en dirección a Macenlle, á que tamén se accede na subida ao lago de Castiñeiras, inmediatamente despois de pasar o campo de fútbol da Comunidade de Montes.

Vertido ilegal na pista de servizo da Variante.

E un pregúntase que clase de xente nos rodea, capaz de maltratar ata este extremo a terra que nos veu nacer, que nos nutre e que seguirá estando aí cando morramos. Que sentido ten ir ciscando lixo, entullos, plásticos por todas partes, sen pararse a pensar no infame legado que se lle está deixando aos nenos e nenas de hoxe que son os homes e as mulleres do futuro. 

Habendo alternativas para un tratamento axeitado dos cascallos, e a un prezo razoable, esta actitude por parte de quen converte o monte veciñal no seu vertedoiro particular é unha mostra de irresponsabilidade, egoísmo e covardía. É o cuño de identidade de xente incivilizada, maleducada, inculta e ignorante. 

Vertido ilegal na pista de servizo da Variante.

Hai quen opina que os autores destas verteduras son habitantes da contorna próxima; ou que mesmo a propia veciñanza é testemuña muda e pasiva de como se descarga toda clase de porcallada. 

Non importa tanto o silenzo da maioría como que por sorte haxa un puñado de persoas valentes que si denuncian e alertan; que non se conforman ante unha realidade desagradable e lanzan un berro para que os demais arredor esperten e se sumen a unha causa que vai máis aló da protesta contra o feísmo, que non só é para ecoloxistas. É a causa común de querermos un lugar máis habitable, máis limpo, máis harmonioso. Unha parroquia da que poidamos sentirnos orgullosos.

Os autores destas falcatruadas están perdidos. Porque acaban caendo, como caeu o (ir)responsable da vertedura de produtos químicos no Monte Pituco . Son tan incivilizados, maleducados, incultos e ignorantes que deixan pistas que os identifican. Basta tirar dos fíos que se atopan na súa propia merda; basta rastrear as migallas de inmundicia que lles caen polo camiño, para chegar diante das súas portas e darlles o seu merecido. 

Publicado por: MontePituco | 31/03/2015

O VERTIDO CONTAMINANTE FOI RETIRADO

O vertido tóxico foi retirado.

Tal e como anunciara o Concello de Marín, nas últimas horas procedeuse á limpeza da vertedura de produtos químicos contaminantes que fora depositado ilegalmente na pista forestal do Monte Pituco. Unha empresa especializada ocupouse de recoller os bidóns e garrafas desas sustancias tóxicas, xunto co resto dos residuos. 

Dende o Monte Pituco, agradecémoslle ao Concello de Marín o cumprimento do seu compromiso. Ao (ir)responsable ou (ir)responsables desta acción tan grave para o medio ambiente e para os intereses da veciñanza, que se aplique a lei coa maior contundencia posible. 

Publicado por: MontePituco | 31/03/2015

SOBRE O VERQUIDO CONTAMINANTE, NA PRENSA

Diario, 31 marzo 2015

Localizado un vertido de productos químicos y de obra en el Monte Pituco

 

Faro, 31 marzo 2015

La Policía Local investiga un delito por contaminación en el monte Pituco

 

La Voz, 31 marzo 2015

Identificado el autor del vertido de productos químicos en el monte Pituco

 

Morrazoaldia, 31 de marzo 2015

A Asociación Monte Pituco denuncia unha vertedura altamente contaminante nunha pista forestal

Pontevedraviva, 30 marzo 2015

Vertedura altamente contaminante no Monte Pituco

Publicado por: MontePituco | 30/03/2015

ÚLTIMAS NOVAS SOBRE O VERTIDO CONTAMINANTE NO PITUCO

Última hora!

O Concello de Marín, a través da alcaldesa e da responsable de Medio Ambiente, vén de informarnos que foi identificada a persoa responsable da vertedura tóxica e ilegal. De confirmarse a autoría, enfróntase a unha sanción mínima de 1.500 euros. Os residuos van ser retirados mañá por unha empresa especializada, ao tratarse de produtos químicos e tóxicos que requiren un tratamento especial.

Agradecémoslle ao Concello o seu interese e dilixencia na solución deste problema.

 

E en especial, moitas grazas a tod@s os amig@s do Monte Pituco polas mostras de solidaridade recibidas.

Publicado por: MontePituco | 30/03/2015

VERTIDO CONTAMINANTE NO MONTE PITUCO

Verquido contaminante no Monte Pituco.

A Asociación Monte Pituco quere facer pública a súa máis firme condena contra os responsables da vertedura altamente contaminante que foi localizado esta semana na pista forestal do Monte Pituco, no cruce do sendeiro que conduce hacia o conxunto rupestre do Pornedo, clasificado como Ben de Interese Cultural (BIC). Produtos químicos e materiais de construcción conforman este destrutivo ‘bazar’ que, por riba, foi depositado xusto enriba da zona na que están soterradas as mangueiras do subministro de auga para os veciños e veciñas da Laxe, e nas proximidades do manancial natural que abastece os habitantes dos lugares da Pena e do Caeiro para consumo doméstico e de regadío.

Foille notificada telefonicamente ao Concello de Marín esta grave agresión, da que xa ten constancia a Policía Local, que xa rodeou con cinta o perímetro da zona afectada. Esta Asociación ten constancia de que a Comunidade de Montes de San Xulián tamén ten coñecemento deste acto, máis que vandálico, delictivo. A Asociación Monte Pituco, logo de tomar imaxes dos materiais abandonados, vaise dirixir por escrito ao Seprona, á propia Comunidade de Montes e ao Concello de Marín para formalizar unha denuncia e solicitar a urxente retirada deste cargamento tóxico.

Caldeiros de pintura plástica, botes de disolvente, materiais para impermeabilizar superficies, aditivo para morteiro, cemento en pó, aceites usados, caixas de cartón e outros residuos están á intemperie dende o pasado xoves ou venres, cando se estima que se produciu este ataque ao monte veciñal, ao medio ambiente e ao patrimonio natural e cultura da parroquia de San Xulián. Dende a Asociación Monte Pituco agardamos que as autoridades investiguen a fondo estes feitos e cheguen a localizar os responsables para que impórlles unha sanción exemplar.

Non son os únicos vertidos atopados nos últimos tempos: a estes refugallos tan prexudiciais e nocivos, cómpre engadir outros, como sofás vellos que foron tirados na cuneta da pista forestal, entullos e restos de obra cos que os desaprensivos enchen as fochancas que presenta este deteriorado vial, rodas de automóbil, restos de poda e lixo común afean a contorna e ofrecen unha imaxe negativa que desentoa drasticamente coa beleza paisaxística desta paraxe, tan apreciada pola veciñanza que acode ao Monte Pituco para practicar deporte e sendeirismo.

A Asociación Monte Pituco vai solicitar a colaboración da Comunidade de Montes de San Xulián e do Concello de Marín para que todos estes restos sexan retirados antes do vindeiro 12 de abril, data na que se celebrará unha andaina organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para reivindicar a protección e conservación do Monte Pituco fronte ao proxecto de construcción dun polígono industrial nesta ubicación, pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Verquido contaminante no Monte Pituco.

…E por se fose pouco…

Verquido contaminante no Monte Pituco.

100_1900

Verquido contaminante no Monte Pituco.

Máis lixo no Monte Pituco.

Publicado por: MontePituco | 27/03/2015

12 DE ABRIL, ANDAINA POLO MONTE PITUCO (PORNEDO)

Ruta polo Pituco organizada por Montes do Morrazo.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o vindeiro domingo 12 de abril un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do Monte Pornedo (ou Pituco), na parroquia marinense de San Xulián, integrado dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo. Esta andaina, coa que a Plataforma retoma as súas actividades nesta primavera, será circular e sairá as 11 da mañá da arboreda do Monte Pituco preto do cruce co Regueiriño, para rematar no mesmo punto arredor das 14:00 horas.

O percorrido transcorrerá por camiños, corredoiras e pista forestal pola ribeira do nacemento do regos de Pornedo, Outeiro da Barcia, ribeira de nacemento do rego da Agrela, Chan da Lagoa, Sete Camiños e Coto de Pornedo.

Desbrozada a arboreda do Pituco.

 

Punto de encontro para a saída da andaina

Os puntos de maior interese que se visitarán son as plantacións forestais e monte baixo da ribeira do nacemento dos regos de Pornedo e Agrela e Outeiro da Barcia, as mámoas neolíticas de Chan da Lagoa e de Sete Camiños, os petróglifos da Idade do Bronce de Sete Camiños e o complexo rupestre de Pornedo, xunto cos gravados modernos de José Meijón, ademais de penedías e o miradoiro do alto de Pornedo.

Regatos no Monte Pituco.

 

Regato de Agrela

Flora silvestre nas veigas da Curxeira e no regato do Pornedo.

Regato do Pornedo

Os regos de Pornedo e Agrela forman parte da conca do rego Lameira, atravesan a parroquia e surten de auga as explotacións agrarias dese ámbito rural, camiño da súa embocadura no centro da vila. Preto dos seus nacementos existen varios mananciais de traída de auga potable veciñal.

Manancial de Sete Camiños.

Manancial de Sete Camiños

As áreas hidromorfas e pequenas brañas ao seu carón conteñen unha interesante fauna e flora asociada ao medio, en especial a pteridófita e anfibia, con especies endémicas e vulnerables presentes no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Saramaganta, a especie faunística máis importante do Pornedo, xunto con elementos botánicos destacados desta zona.

Saramaganta rabilonga, especie vulnerable a nivel mundial

As plantacións con frondosas autóctonas e piñeiros -complementadas con espazos de monte baixo e matogueira- teñen un gran valor paisaxístico e natural; mais tamén unha grande importancia a nivel social e económico polos seus proveitamentos agroforestais e gandeiros.

O Alto do Pornedo volve recuperar o uso agrícola.

 

Aproveitamentos agrícolas no Alto do Pornedo (Pituco)

As mámoas de Chan de Lagoa e de Sete Camiños, aos que se suman os petróglifos de Sete camiños e o complexo rupestre de Pornedo, gravados prehistóricos que están catalogados como Ben de Interese Cultural (BIC), forman parte do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que están a impulsar as comunidades de montes de Salcedo, Lourizán e tamén San Xulián -que vén de unirse á iniciativa- para a posta en valor dos seus recursos patrimoniais, naturais e paisaxísticos.

Mámoa de Sete Camiños, recentemente descuberta e incluida no catálogo de Patrimonio da Xunta.

Mámoa de Sete Camiños, a última en ser catalogada

Petroglifos de Sete Camiños.

Petroglifos de Sete Camiños

Petroglifos de Pornedo.

Conxunto rupestre do Pornedo

Os petróglifos modernos de José Meijón levan a particular arte do gravado na pedra que exerceu este persoeiro marinense ao longo do século pasado.

No Alto do Pornedo, gravado de J. Meijón.

Gravados modernos de José Meijón

As penedías do Pornedo, ademais da importancia paisaxística que teñen, son destacables tamén a nivel xeolóxico por tratarse de rochas foliadas de formación metamórfica; igualmente,  desempeñan un notable papel a nivel cultural, pois moitas son restos de antigas canteiras locais.

 

Marcas de cantería.

Marcas de cantería preto do Pornedo

 

Os espazos abertos ao seu abeiro distínguense pola variedade florística e faunística vertebrada e invertebrada, tanto diurna como nocturna; en especial a herpetolóxica e ornitolóxica, mesmo con especies protexidas a nivel europeo dentro dos hábitats de interese comunitario de breixeiras secas europeas e vexetación pioneira en rochas silíceas.

Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) no Monte Pituco. Fotografía de Carlos Sobreira.

Avenoiteira cincenta (foto, Paulo Troitiño9

O miradoiro no alto do Coto de Pornedo, a uns 245 metros sobre o nivel do mar, pasa por ser o balcón do centro da vila, cunhas extraordinarias panorámicas da ría de Pontevedra até cabo Udra, parte da bisbarra do Salnés e as Illas Ons ao fondo. Tamén do espazo natural dos Montes do Morrazo cos altos da Encavada, Picouto da Graña, Cotorredondo e Castiñeiras, máis do monte Penizas e Outeiro de Campolongo ao fondo dos vales que conforman os regos Lameira e Loira.

 

O miradoiro natural do Alto do Pornedo, coa illa de Tambo ao fondo no medio da ría.

 

Miradoiro natural do Monte Pituco

As principais afeccións que ameazan a esconservación deste pazo son os monocultivos forestais, a eucaliptización, a presenza da acacia, a apertura de pistas, tendidos aéreos de alta tensión e verteduras incontroladas de lixo.

Sobre todo, a principal ameaza é un polígono industrial que -cunha superficie de 331.999 m2- proxectou o Concello de Marín no seu PXOM e que foi incluído posteriormente pola Xunta de Galiza no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais da Comunidade Autónoma Galega, cun enorme e irreversible impacto nuns terreos que chegan até o 45% de desnivel, incumprindo moi por enriba o umbral do 15% recomendado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, e recualificando solo rústico de especial protección de espazos naturais, afectando directa e indirectamente a paisaxe, xeoloxía, xacementos arqueolóxicos, arborado, fauna e flora, máis os usos tradicionais derivados dos recursos naturais a nivel forestal, acuífero, social, cultural e recreativo.

Plano do polígono superposto co Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo.

En azul, a área afectada polo polígono industrial proxectado, dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo (en amarelo)

En marzo de 2012 a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo diante da información pública do Plan Sectorial de Áreas Empresariais, solicitoulle á Xunta de Galiza que -fronte ao criterio do 30% da demanda mínima para desenvolver un polígono- se tivese en consideración o deber de encher os polígonos existentes, xa que aínda non teñen todo o seu espazo ocupado, así como que o resto da oferta de solo empresarial e industrial, no caso de ser necesaria, se adaptase á demanda real, apostando por áreas municipais máis pequenas, cunha ocupación total de parcelas, fóra de espazos naturais e protexidos e cun menor impacto no medio.

Por outra banda, a Asociación Defende o Monte Pituco (Pornedo) ten presentado senllos recursos xudiciais contra o Concello de Marín pola clasificación do Monte Pituco como solo industrial, e contra a Xunta pola inclusión do Monte Pituco no Plan Sectorial de Áreas Empresariais.

Por considerar que se trata dun espazos naturais de alta importancia ambiental e con función de corredor ecolóxico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta de Galiza, en marzo do 2012, a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo, entre outros susceptibles de acadar esa distinción.

Dende a Asociación Monte Pituco agradecémoslle á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo que centre nesta zona a súa primeira acción informativa e reivindicativa desta primavera, e animamos a toda a cidadanía a participar o próximo 12 de abril nesta andaina.

Publicado por: MontePituco | 26/03/2015

MENSAXES E SÍMBOLOS DE JOSÉ MEIJÓN NO ALTO DO PORNEDO

Foto de Paulo Troitiño.

[Foto de Paulo Troitiño Iglesias]

MARIA DIOS MAR MUERTE
JOSE MEIJON
MARIN ESPAÑA
1928

Esta é a mensaxe que deixou inscrita José ‘Pepito’ Meijón nunha pedra a ras do chan situada no Monte Pituco, dende onde se teñen mellores vistas da ría e do horizonte oceánico. Con quen se estaría comunicando este peculiar veciño? Que lle rondaría pola cabeza?

José Meijón Area naceu en Marín en 1899 e morreu en 1980. Del tense dito pouco pero non se ten escrito tanto; e menos dende un punto de vista formal. Por iso hai historiadores e arqueólogos que teñen proposto un estudoa fondo da vida e da peculiar obra deste veciño, para que se poña en valor e se conserve ese singular legado que nos sorprende nos recantos máis insospeitados de Marín, dende a ponte da Calzada, ata lavadoiros ou valados de pedra en calquera atallo dos menos transitados.

Seica este home comezou a perder a cabeza cando o querían reclutar de noviño para liquidar moros en Marrocos. Sexa como for, acabou por converterse nun mouro que fuxía decote ao monte e gravaba nas penedías, nas laxes e nos outeiros. Home silandeiro, canteiro que gardaba na súa casa un Cristo de pedra coroado por unha boina, deixou para sempre nas rochas, esvásticas, escudos imperiais, símbolos franquistas, lemas publicitarios, blasfemias e verbas enigmáticas. Coma o excombatente de Ourol, ou mesmo coma o alemán de Camelle, o Man que esculpía os coios e os cons da Costa da Morte, Pepito Meijón deixou no monte a pegada da súa singular cosmovisión, das súas traumas, da súa vida.

Podemos deseñar todo un sistema de información xeográfico reconstruíndo os percorridos deste home polo monte. O camiño dende a súa casa deica o castro da Subidá está inzado de gravados rupestres de Pepito, nas paredes dos lavadoiros, os túneis das estradas, os muros das leiras e dos carreiros. Cando Sobrino descobría A Subidá xa Pepito labraba na penedía faciana do vello castro. Sen embargo ninguén lle deu valor á obra deste tolo das corredoiras, que viu como morreran asesinados no golpe de Estado amigos da nenez, como o alcalde de Marín e varios cenetistas. Nun arrebato anticlerical Pepito marchou á ermida das Sete Espadas, gravou a verba demo nas paredes do templo e pintou de vermello o fermoso cruceiro. No arquivo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, aínda a día de hoxe podemos consultar fichas de gravados rupestres adscritos á Idade do Bronce, cando realmente foron feitos pola mao, o maxín e mailo cicel de Meijón. O mesmo acontece co cruceiro de Sete Espadas; nun informe técnico aínda se pode ler: o cruceiro conserva nalgún tramo a vella policromía, de cor vermella.

Os técnicos, eruditos, burócratas e especialistas negan calquer valor patrimonial á obra de Meijón, menos mal. Este home foi o artífice  da primeira casa-libro de Europa, enchendo de decoración epigráfica cada centímetro de parede. Esta casa foi derrubada e sobre o solar érguese, paradoxicamente, o único museo de Marín.

Por que o artista Meijón non comparte sitio co erudito Sobrino nos libros de historia? Quen está realmente tolo neste país?

[Xurxo Ayán, no seu blog ‘A Lucenza do Abade‘]

…Outras imaxes que deixou no Alto do Pornedo:

Gravados de Pepito Meijón (foto, Lukas Santiago).

No Alto do Pornedo, gravado de J. Meijón.

Gravados de Pepito Meijón (foto, Alex Negreira).

Publicado por: MontePituco | 25/03/2015

MÁIS CABALOS CON PEXAS POLO MONTE GAGÁN

DiarioDePontevedra

Diario, 25 de marzo 2015

Localizan tres caballos con pexas, cuerdas y cadenas en el Monte Gagán

La Asociación Animalista Libera se hizo eco de la denuncia de la Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, que el pasado fin de semana localizó a tres equinos con artilugios para reducir su movilidad en el entorno del monte Gagán, en este caso en la parroquia moañesa de Domaio, aunque los animales suelen estar entre esta y la de San Tomé, en Marín.

Publicado por: MontePituco | 24/03/2015

RIDÍCULO DOS OPOSITORES Á DIRECTIVA DA COMUNIDADE DE MONTES

Faro, 24 de marzo 2015

Transcurrido el plazo legal de dos meses para impugnar los acuerdos de la asamblea de la Comunidad de Montes de San Xulián, los opositores a la directiva elegida en aquella reunión NO PRESENTARON EL RECURSO ANUNCIADO, por lo que lo que el equipo vencedor de las elecciones queda ratificado en el cargo. La oposición de la directiva que encabeza Manuel Estévez, que en la tensa asamblea del pasado 18 de enero anunció no solo un recurso formal a los acuerdos tomados, sino también denuncias penales por varios supuestos delitos, NO HA PRESENTADO NINGUNA ALEGACIÓN NI DEMANDA en este tiempo.

Para presentar alegacións cómpre ter argumentos e explicalos moi clariño nun escrito ben xeitoso para que a Xunta se moleste en facerlle caso. Para interpoñer demandas hai que contratar un avogado, pagar a súa minuta, facerse cargo dos honorarios do procurador, aboar a taxa xudicial… e non todo o mundo está disposto a rañar o peto se non cre abondo na ‘causa’ pola que haxa que loitar (ou non). Razón pola cal os adeptos empezan a descolgarse. Resultado? Fiasco.

Recordó a los opositores a su directiva que las firmas que presenten para pedir la dimisión de la junta rectora tendrán que estar convenientemente acreditadas, porque no se trata de “cuantas”, sino de su procedencia, es decir, de comuneros inscritos en el censo y con plenos derechos.

Ata o 27 de marzo está aberto o prazo para actualizar o censo coa inscrición de comuneiros e comuneiras que non formaran parte da lista e teñan dereito a participar na xestión do monte veciñal de San Xulián. Hai uns días a directiva criticaba que os opositores estaban favorecendo que persoas que non poden acreditar a súa condición de comuneiro optaban a formar parte da Comunidade. Con esta estratexia, os opositores pretendían incrementar a súa masa crítica de cara a unha posible repetición das eleccións.

…Proyectos que ya están en marcha, como el jardín botánico del Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, al que se oponen los opositores a esta directiva. “Creo que es un gran proyecto para la zona y sin embargo era una de las cuestiones que ellos querían echar abajo”.

Por otra parte, San Xulián, junto con las comunidades de Lourizán y Salcedo, está desarrollando el proyecto para la creación del entorno de Sete Camiños, donde se juntan los montes de las tres parroquias. 

Publicado por: MontePituco | 23/03/2015

UNHA PRIMAVERA MÁIS, NO BALCÓN DA RÍA

A primavera comezou timidamente no Monte Pituco. Os salgueiros xa reverdeceron. As floriñas comezan a poñerlle colorido. Os fentos volven asomarse mentres os carrascos aínda fan o remolón. Agardamos con ansia que pronto se poida percorrer esta paraxe no marco do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Ben o merece, pola súa flora, fauna, paisaxes e patrimonio cultural.
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pronto organizará unha andaina por esta zona. Seguiremos informando!

 https://montepituco.wordpress.com/flora

 https://montepituco.wordpress.com/flora

 https://montepituco.wordpress.com/flora

100_1907

https://montepituco.wordpress.com/flora

https://montepituco.wordpress.com/florahttps://montepituco.wordpress.com/flora

https://montepituco.wordpress.com/flora

https://montepituco.wordpress.com/flora

https://montepituco.wordpress.com/flora

https://montepituco.wordpress.com/fauna

https://montepituco.wordpress.com/arte-rupestre

https://montepituco.wordpress.com

Publicado por: MontePituco | 22/03/2015

EMPRENDEMENTO E RIQUEZA NO EIDO RURAL

DiarioDePontevedra

Diario, 14 marzo 2015

Las empresas con sello innovador germinan en el medio rural gallego

Publicado por: MontePituco | 21/03/2015

PARA SER COMUNEIR@ EN SAN SALVADOR DE POIO

Diario, 14 marzo 2015

Pautas para ser comunero

Los estatutos de la Comunidad de Montes de San Salvador datan de finales de los 80 y exigen a los nuevos miembros disponer de propiedades agrícolas y viviendas “de clase rústica”

Publicado por: MontePituco | 20/03/2015

A IMPORTANCIA DE PROTEXER O SOLO QUE PISAMOS

lavozdegalicia

12mar15_LaVoz_Comic sobre protección suelo

Galicia exporta un cómic sobre la protección del suelo

Incendios, ocupación de las zonas fértiles por viviendas e infraestructuras, uso excesivo de fertilizantes, mala gestión del laboreo o de la silvicultura son algunas de las causas que provocan la pérdida de la calidad y de la cantidad de suelo, lo que en Galicia se traduce en una merma de la superficie de cultivos y en la disminución de la profundidad del suelo, un claro indicador de su deterioro. Cada año, de hecho, miles de toneladas de sedimentos terrestres incinerados por los incendios van a parar al mar arrastrados por las lluvias. Solo en el 2006, según recoge un estudio de Francisco Díaz-Fierros, se estimó que en tres cuencas fluviales de la ría de Pontevedra se perdieron 34.000 toneladas de suelo tras una ola de fuegos, de las que el 10 % fueron depositadas al mar.

Publicado por: MontePituco | 19/03/2015

NO FARO DA CULTURA SOBRE O CASTRO DAS CROAS, EN SALCEDO

Nas croas de Salcedo

Artigo do arqueólogo Alberte Reboreda sobre o Castro das Croas, en Salcedo

Faro de Vigo, 23 outubro 2014.

Publicado por: MontePituco | 18/03/2015

RECUPERACIÓN DUN CASTRO EN RIBEIRA

lavozdegalicia

12mar15_LaVoz_Ribeira recupera castro

Ribeira recupera parte de su pasado

Poco podían pensar los ribeirenses hace un tiempo que uno de sus montes más emblemáticos, el situado al lado del concurrido mirador de Pedra da Ra, escondía restos cruciales para escribir uno de los principales capítulos de la historia del municipio.

Ni qué decir tiene que, desde que los interesantes vestigios empezaron a salir a la luz, el castro de A Cidade pasó a ser destino de vecinos y turistas, interesados en conocer lo que se escondía tras el frondoso manto vegetal del monte.

La importancia de los restos encontrados y la expectación causada entre los vecinos ha logrado situar el castro de A Cidade entre los puntos de mayor interés del municipio.

Publicado por: MontePituco | 17/03/2015

FOMENTO E DEPUTACIÓN RECUPERARÁN 23 CASTROS

DiarioDePontevedra

Diario, 14 de marzo 2015.

 

Una inversión de 6,5 millones permitirá recuperar 23 yacimientos arqueológicos

 

 

Publicado por: MontePituco | 16/03/2015

PLENO DE MARZO: PLANTA DE COMPOST

Diario, 14 marzo 2015

El PP deja en manos del PSOE el rechazo a la adhesión a la planta de compost

Diario, 14 marzo 2015

El PP da luz verde al PSOE para que el pleno rechace la adhesión a la planta de compost

La moción del BNG para apoyar la infraestructura de reciclaje solo fue apoyada por Mar-In, con la abstención de los populares

Diario, 27 febreiro 2015

El Concello sopesa la opción de adherir la planta de compost a la red autonómica

Diario, 12 marzo 2015

Del Val: “Si lo que se hace es compost no habrá afecciones ambientales ni olerá mal”

Publicado por: MontePituco | 14/03/2015

CRÍA DE BOIS NO MONTE PENAMÁ, EN ALLARIZ

lavozdegalicia

La Voz, 14 de marzo de 2015.

Allariz impulsa la cría de bueyes en un plan contra la despoblación

Concello y comuneros decidieron sustituir los pinos que cubrían las más de 400 hectáreas del monte Penamá -en plena Reserva de la Biosfera- por una explotación ecológica de bovino. Con el apoyo del centro de investigaciones agrarias de Mabegondo -desarrolló un estudio para producir el mejor pasto- y el Centro de recuperación de Fontefiz para la selección de razas, Penamá acoge hoy cerca de un centenar de vacas madres, el mayor rebaño limiao del mundo, presumen en Allariz, por tratarse de una especie en vías de extinción.

 

Publicado por: MontePituco | 12/03/2015

COMUNEIROS DE NOALLA RECLAMAN A LANZADA

lavozdegalicia

La Voz, 12 de marzo 2015

Noalla recaba testimonios vecinales para reforzar su tesis de A Lanzada

DiarioDePontevedra

Diario, 12 marzo 2015

 

Publicado por: MontePituco | 10/03/2015

COMUNIDADE DE MONTES 1 – ROMERO 0

Faro, 15 de marzo 2015.

El juzgado obliga a un vecino a reintegrar un terreno a la Comunidad de San Xulián

El particular se apropió de 1800 metros cuadrados de monte vecinal. El juez estima que también usurpó un camino de paso. La sentencia no es firme y admite recurso

Outros artigos relacionados:

O muro das concentracións (xuño 2010)

Manifestación vs. Romero (xullo 2010)

Urxe unha demanda xudicial, xa (marzo 2011)

Solicitude á Comunidade de Montes sobre a pista forestal do Pituco.

Este venres pasado, aproveitando o horario de atención aos comuneiros (de 17 a 21 h.) na Casa de Montes de San Xulián, presentóuselle á directiva unha solicitude para que, á maior brevidade posible, se realicen obras de mellora na pista forestal do Monte Pituco; unha petición que xa se lle trasladara á anterior xunta rectora nunha asemblea celebrada en agosto de 2012.

Dende entón, o deterioro desta pista foi en ostensible aumento e na actualidade supón un perigo para os seus usuarios, tanto a veciñanza que acode a recoller estrume e outros aproveitamentos, como as persoas que practican deporte ou sendeirismo, que son cada vez máis as que -sobre todo as fins de semana- se desprazan ao Pituco.

Os responsables da Comunidade de Montes comprometéronse a poñer esta petición entre as actuacións prioritarias.

Neste blog xa se ten comentado e documentado graficamente que o firme deste vial forestal presenta unha erosión máis que considerable, ata o extremo de que quedaron á vista as mangueiras que abastecen a fonte situada a carón da estrada. O filo das pedras e os entullos e restos de obra que se foron depositando en sucesivos verquidos ilegais ao longo dos anos, poden chegar a provocar danos nos vehículos que tamén circulan por este vial.

Ademais, a pista presenta moita maleza en ambas marxes e carece dunha canalización lateral en condicións para conducir as augas pluviais, de tal maneira que as intensas precipitacións nos días de temporal baixan fóra do rego e, polo forte desnivel do terreo, afondan aínda máis no empeoramento do firme.

A situación é especialmente preocupante no camiño que, dende a pista do Pituco, conduce ao depósito de auga dos veciños do Caeiro, preto da Variante. Nese punto, a chuvia causou o afundimento da terra e unha fonda oquedade no terreo, co conseguinte perigo de que calquera condutor que descoñeza o estado no que se atopa o sendeiro, poida quedar atrapado co seu vehículo e precise axuda para saír. Curiosamente, unha fenda similar á que existe neste momento xa se produciu en xaneiro de 2011 con motivo doutro temporal e, naquela ocasión, o camiño chegou a ser precintado.

A solicitude completouse cunha escolma de fotografías da pista e do camiño afectados e cunha proposta para que os dirixentes da Comunidade de Montes de San Xulián visiten á zona para comprobar a pé de pista os desperfectos e valorar convintemente a necesidade desta actuación, que non se debería prorrogar máis.

A mellora solicitada non contempla ningún tipo de tratamento con asfalto nin cemento, ao tratarse dun vial forestal que cómpre afianzar con materiais naturais convintemente compactados. Tampouco se aludiu nesta petición ao emprego de herbicida para eliminar a maleza, por tratarse dunha zona sensible dende o punto de vista medioambiental, polo que calquera sustancia química suporía un perigo para a calidade das augas e dos mananciais subterráneos aproveitados pola veciñanza para o consumo doméstigo e o rego das fincas.

 

Publicado por: MontePituco | 07/03/2015

NO FARO DA CULTURA, SOBRE PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Faro, 5 de marzo 2015.

Estamos perante obras de gran plasticidade, carácter sintético e expresivo, da que son proba agrupamentos como os labirintos de Mogor (Marín), ou os ben variados conxuntos de Campo Lameiro, coas súas magníficas representacións de animais, como os de Rotea de Mendo.

Carlos L. Bernárdez: No centenario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza

Faro, 5 de marzo 2015.

“A preservación do Patrimonio é un recurso estratéxico”

Manuel Gago, creador do portal patrimoniogalego.net

“A asunción das competencias de Patrimonio pola Xunta foi directamente positiva para o noso patrimonio, pero tamén creou numerosas problemáticas, como o feito de que a Administración foi incapaz de explicar aos propietarios o novo marco legal (restritivo) de protección do patrimonio e, con iso, creou unha dinámica de desprezo e xenreira cara aos bens culturais na poboación que estamos pagando aínda hoxe. Na actualidade, os datos son obxectivos: a xulgar pola parálise orzamentaria e de persoal da Dirección Xeral de Patrimonio, o Goberno autonómico non aposta por este importante recurso estratéxico, que é económico e social“.

Publicado por: MontePituco | 06/03/2015

O CONCELLO DE VALGA RECORRE A SENTENCIA CONTRA O POLÍGONO

DiarioDePontevedra

Diario, 4 de marzo 2015.

La plataforma contra el polígono afirma que no es responsable del paro en Valga

Diario, 4 de marzo 2015.

“O alcalde xoga cos cartos de todos”

Los vecinos que consiguieron impedir la construcción del polígono industrial de Valga lamentan que el Concello presente un recurso contra la sentencia dictada por el TSXG

Publicado por: MontePituco | 05/03/2015

ESTA TARDE, PRESENTACIÓN DO POEMARIO DE JOSEFA AREA

Presentación do libro de Josefa Area.

“Mais así á miña maneira

busco frases axeitadas

poño os verbos no seu tempo

e tento facer rimadas”

Josefa Area ten 85 anos e comezou a escribir poesía hai una década cando, a causa dun accidente, tivo que gardar repouso durante un tempo. Así foi como empezou a pensar en verso. As estacións do ano e a natureza, as festas, os personaxes populares e, por suposto, a relación dos marinenses co mar, protagonizan algunhas das súas composicións. Noutras expón o seu punto de vista crítico sobre o maltrato ás mulleres e outras problemáticas sociais actuais, sempre cun enfoque sinxelo que axiña conecta coa sensibilidade da xente común. “Falando con versos” é un libro recompilatorio da súa produción literaria recente. Unha obra que é exemplo de “frescura, vontade e vitalidade”, como definen na asociación de escritores República das Letras o estilo desta entrañable veciña.

Josefa, unha veciña de Cantodarea, leu un poema feito por ela, sobre a terrible vaga de lumes no 2006.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

Publicado por: MontePituco | 04/03/2015

NULA DEMANDA DE SOLO NO POLÍGONO DA REIGOSA

Faro de Vigo

Faro, 27 febreiro 2015.

Xestur rebajará más los precios del suelo industrial en A Reigosa ante su NULA DEMANDA

 

Publicado por: MontePituco | 03/03/2015

XORNADAS SOBRE PATRIMONIO EN PONTEVEDRA

Xornadas sobre patrimonio.

Xornadas sobre interpretacion do patrimonio

Publicado por: MontePituco | 02/03/2015

ANDAINA ARMADA-SOBREIRA COA PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO

Mámoa de Chan de Armada

Mámoa de Chan de Armada 1

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo segue programando novas andainas. En abril será polo Monte Pituco e os Sete Camiños. Este mes de marzo comezámolo percorrendo a senda que vai dende Chan de Armada ata a a área natural das sobreiras do Monte das Barreiras e A Pereiriña, entre os concellos de Marín e Vilaboa, dentro dos espazos naturais de Cotorredondo e dos Montes do Morrazo.

O percorrido transcorreu por corredoiras, pistas forestais, vias rurais e o GR-59 do sendeiro ecolóxico de longo percorrido do Morrazo.

Os primeiros elementos de interese que atopamos no itinerario son as mámoas megalíticas e dolmen de Chan de Armada, xunto coas mámoas de Outeiro de Ombra.

En Chan de Armada existen dous túmulos: un deles, co dolmen de cámara poligonal e corredor, foi escavado en 2008 e conserva varios dos esteos en pé, presentando a singularidade de que se utilizou xisto -predominante no lugar e nos arredores- para a súa construción, cando o tipo de pedra empregado maioritariamente era o granito. Tamén destaca porque, entre o enxoval funerario, atopouse unha lámina grande e cortante elaborada en sílex, unha rocha sedimentaria de orixe mariña, practicamente inexistente no Morrazo e moi escasa en Galicia.

A outra mámoa atópase moi deteriorada xa que, como a maioría destas construcións prehistóricas, foi espoliada no pasado en busca de tesouros.

Mámoa de Chan de Armada

Mámoa de Chan de Armada 2

Moi preto, no lugar de Outeiro de Ombra, existen os restos doutros cinco túmulos funerarios, coa particularidade de que están situados nunha pequena elevación sobre o terreo, en vez de localizarse nun lugar chan.

En Outeiro de Ombra, Vilaboa.

Outeiro de Ombra

As mámoas de Chan de Armada e de Outeiro de Ombra forman parte do proxecto de posta en valor ambiental e cultural da Ruta das Mámoas do Morrazo, cunha lonxitude de 7,5 quilómetros. Nesta iniciativa, que incluía unha vintena de monumentos megalíticos, colaboraron varias comunidades de montes da bisbarra, a Fundación Comarcal do Morrazo, xunto coas Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Cultura. Malia contar con financiación de fondos europeos PRODER, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia que o proxecto leva paralizado dende o ano 2008.

Na contorna de Chan de Armada e Outeiro de Ombra delimitan os montes comunais de San Tomé de Piñeiro, en Marín, e de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa. As comunidades de montes realizaron plantacións de frondosas: carballos, castiñeiros, cerdeiras e freixos forman un corredor verde da área patrimonial e arqueolóxica. Aínda así, a zona presenta numerosos exemplares de especies invasoras, como eucaliptos e acacias.

Acacias e eucaliptos invaden o bosque.

Acacia

Monte das Barreiras, Vilaboa

Monte das Barreiras

Monte veciñal de Santa Cristina de Cobres.

Na baixada ao Monte das Barreiras

Baixando polo Monte das Barreiras ata A Pereiriña, na parroquia vilaboense do mesmo nome, existen varios puntos que, a modo de atalaia, ofrecen amplas vistas panorámicas da enseada de San Simón, coa illa no centro, no fondo da ría de Vigo. Desafortunadamente, o día estaba pechado de néboa e dunha pertinaz poalla, polo que non foi posible recrearse na paisaxe.

Entre o Monte das Barreiras e A Pereiriña atópase un bosque de sobreiras, tamén chamadas corcheiras ou corticeiras. A súa cobertura utilízase de forma tradicional para facer tapóns e colmeas. Estas sobreiras conforman a agrupación arbórea ao natural desta especie máis extensa da península do Morrazo que, dentro da denominación fitosociolóxica de Rusco aculeatiQuercetum roboris (subasociación Quercetosum suberis), predomina como influencia mediterránea en zonas solleiras como esta, mesturándose coa carballeira termófila e caducifolia, dentro do hábitat de interese comunitario das carballeiras galaico-portuguesas.

Corticeira no monte de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.

Corticeira

Corticeira

Sobreiras no monte de Santa Cristina de Cobres.

O rego do Portiño é o afluente do Río Maior de Vilaboa, que desemboca dentro da Zona de Especial Conservación do espazo natural protexido pola Rede Natura da Enseada de San Simón.

Preto do nacemento do regato, ademais de bosque aluvial, hai unha incipiente carballeira e un excepcional sotobosque onde sobresae a presenza -e con exemplares de bo porte- de pereira brava, unha especie que forma parte do topónimo dun dos destes montes.

Carballeira en Santa Cristina, Vilaboa.

Carballeira en Santa Cristina de Cobres.

Pereira brava

Pereira brava

Motoristas polos camiños

Unha das notas negativas da andaina foi a presenza, en varios puntos da ruta, de motoristas que circulaban por sendeiros destinados ao paseo a pé. En vez de pilotar por pistas forestais, tal e como lles marca a normativa, algúns destes motoristas atravesaban mesmo polo medio do monte. O colmo foi coincidir cun vehículo todoterreo que ocupaba a totalidade do camiño, e cuxo condutor fixo soar a bocina ao paso dos sendeiristas, reclamando primeiro unha prioridade que non lle correspondía, e acelerando despois a marcha dunha maneira agresiva. Por desgraza, hai pilotos que desprestixian o colectivo dos afeccionados ao motor con comportamentos deste tipo, que non só lle faltan ao respecto á veciñanza, senón tamén ao medio ambiente.

Nacemento do río

Rego do Portiño

Fento de peite.

Fento de peite

Cabriña.

Cabriña

Carballeira galego-portuguesa.

Carballeira galego-portuguesa

Lixo tirado no monte.

Verquido ilegal de lixo

Peculiares maneiras de sinalizar os marcos dos matos.

Aguas residuais procedentes -presuntamente- dunha granxa de visóns-

100_1569Aguas residuais procedentes -presuntamente- dunha granxa de visóns-

Outro motivo de preocupación son os verquidos ilegais, tanto de electrodomésticos vellos e outros residuos sólidos, como de xurro e sustancias contaminantes procedentes -supostamente- dunha granxa de visóns situada na zona.

Estado dos camiños tradicionais polo paso dos vehículos pesados.

O efecto negativo do tránsito de vehículos motorizados non autorizados polos camiños tradicionais.

Sobreira -que fai referencia toponímica á importante presenza da sobreira na zona- é un dos núcleos rurais e agropecuarios mellor conservados da península morracense. Posúe unha situación xeográfica moi peculiar nun enclave profundamente encaixonado polo paso do rego do Portiño, entre a Serra Domego -co alto de Coto do Home como referencia- e Cotorredondo.

Hórreo con porta metálica.

Andaina chuviosa polos Montes do Morrazo.

Cruceiro ao carón de Chan de Armada.

As principais ameazas desta ampla contorna son a falta de posta en valor das mámoas, os monocultivos forestais, a eucaliptización, a introdución da acacia, as cortas de arborado autóctono, vertedeiros incontrolados de lixo, o parque eólico de Pedras Negras, a área de desenvolvemento eólica do Morrazo, a área de ordenación mineira, e a falta dunha figura de protección ambiental que vaia máis aló da simple protección rústica existente na actualidade.

Por considerarlos uns espazos naturais de alta importancia ambiental e corredor ecolóxico, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta -en marzo do 2012- a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que recollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo.

Ruta do Morrazo.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías