Publicado por: MontePituco | 09/04/2015

SOLICITUDE AO CONCELLO DE MARÍN PARA QUE AXUDE NA RETIRADA DUNS VERTIDOS

Escrito dirixido ao Concello de Marín, 09/04/15

A Asociación Monte Pituco vén de dirixirse por escrito ao Concello de Marín para solicitar a súa colaboración, en coordinación coa Comunidade de Montes de San Xulián, para que na medida do posible se poidan retirar esta semana os vertidos localizados nas pistas forestais e nas vías de servizo que conducen ao Monte Pituco, con  motivo da andaina que se realizará este domingo día 12 a partir das 11:00 horas, organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Por outra parte, a Asociación Monte Pituco tamén lle trasladou ao presidente da Comunidade de Montes de San Xulián a petición de limpeza das zonas afectadas por estas verteduras ilegais de lixo, restos de obra e mobles vellos, que afean o espazo natural e ofrecen unha imaxe negativa aos participantes no roteiro. Dende a Comunidade de Montes de San Xulián apoiaron a iniciativa desta Asociación de cursar a petición ao Concello para que ambas entidades poidan colaborar nesta acción de mellora medioambiental.

Ademais, a Asociación Monte Pituco aproveitou esta instancia para agradecerlle ao Concello de Marín a súa xestión no tratamento do vertido tóxico e contaminante localizado a finais do pasado mes de marzo na pista forestal. Pola gravidade deste caso, a denuncia segue o seu curso a través da Fiscalía.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: