Tal e como anunciara o Concello de Marín, nas últimas horas procedeuse á limpeza da vertedura de produtos químicos contaminantes que fora depositado ilegalmente na pista forestal do Monte Pituco. Unha empresa especializada ocupouse de recoller os bidóns e garrafas desas sustancias tóxicas, xunto co resto dos residuos.
Dende o Monte Pituco, agradecémoslle ao Concello de Marín o cumprimento do seu compromiso. Ao (ir)responsable ou (ir)responsables desta acción tan grave para o medio ambiente e para os intereses da veciñanza, que se aplique a lei coa maior contundencia posible.
[…] verquidos, tan graves ou máis: o bidón con lodos de calefacción en setembro de 2011 ou o depósito de produtos químicos tóxicos en marzo de 2015 foron algúns dos casos máis chamativos nos que o Concello […]
By: O CONCELLO RETIRA VERQUIDOS NO PITUCO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 14/09/2018
at 00:38