Publicado por: MontePituco | 06/04/2015

UNHA PRIMAVERA MÁIS NO BALCÓN DA RÍA (II)

Este vindeiro domingo 12 de abril, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza unha andaina polo Monte Pituco, con saída ás 11:00 horas dende a arboreda situada a carón do cruce do Regueiriño. Dende a Asociación Defende o Monte Pituco apoiamos esta actividade e invitamos a veciñanza a participar nela.

A diferenza de anteriores roteiros organizados pola Asociación Monte Pituco, nesta ocasión o itinerario non segue o trazado do proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, nin tampouco abrangue gran parte do patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián.

A peculiaridade desta andaina é que por primeira vez vai transitar principalmente pola área afectada polo proxecto de construcción do polígono industrial incluído no PXOM do Concello de Marín e no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais deseñado pola Xunta; ambos recorridos por esta Asociación.

Ao longo do traxecto veremos mananciais naturais que abastecen de auga para consumo doméstico e de regadío as poboacións cercanas, e que resultarían danados polo polígono proxectado; regatos nos que habita fauna e flora sensible.

Atravesaremos o monte dende un vial de servizo da Variante ata a pista forestal principal para comprobar o desnivel do terreo que, nos puntos de maior pendente da área afectada, supera o 45% cando o máximo marcado na Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais, publicada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, é do 15%.

Visitaremos a mámoa de Sete Camiños, os petróglifos de Sete Camiños e o conxunto rupestre do Pornedo para reivindicar a importancia do noso valioso patrimonio arqueolóxico.

Veremos os vestixios das antigas canteiras das que se extraeu a pedra coa que se ergueron moitas vivendas da contorna; e achegarémonos á figura de José Meijón, que deixou a súa peculiar impronta en moitos penedos gravados a golpe de cincel.

Seguiremos as pegadas do xabarín e do raposo; estaremos atentos ao canto do cuco e ao peculiar voo do peto; fixarémonos na flora que xa agroma nesta primavera, dende os carrascos e as aberiotas, ata os narcisos e os estalotes.

Remataremos gozando das excelentes vistas panorámicas de toda a ría de Pontevedra e do arquipélago de Ons que se observan dende o Alto do Pornedo, un dos enclaves máis destacados a nivel paisaxístico do espazo natural dos Montes do Morrazo.

Por estes e outros motivos, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a Asociación Defende o Monte Pituco coincidimos en rexeitar o proxecto de urbanización industrial que ameaza esta zona, e apelamos á sensibilidade da cidadanía para que se sume á defensa desta paraxe.

Ligazón ao punto de saída: https://goo.gl/maps/mkV1X

………………………………………………………………..

* FAUNA do Monte Pituco nesta primavera: 

Escarabello tigre.

Escarabello tigre

Tritóns na Fonte de Sete Camiños.

Rodeados no círculo vermello, tritóns na fonte preto de Sete Camiños

Pegadas de xabarín.

Pegadas de xabarín

Escribentes no Alto do Pornedo.

Escribentes no Alto do Pornedo

Eirugas de bolboreta.

Eirugas de bolboreta

Eiruga de bolboreta

Eiruga de bolboreta

Comedeiro de esquío.

Comedeiro de… esquío?

Cabalos ceibes... e sen pexas!

Cabalos ceibes… e sen pexas!

* FLORA do Monte Pituco neste inicio da primavera: 

Flor de rusco.

Flor de rusco

Carum verticillatum

Carum verticillatum

Estalotes, no Alto do Pornedo.

Estalotes floridos, no Alto do Pornedo

Narcissus bulbocodium

Narcissus bulbocodium

Romulea bulbocodium, aberiota común

Romulea bulbocodium, aberiota común

Morangueira

Morangueira

* PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO do Monte Pituco, afectado polo proxecto do polígono industrial:

Petroglifos de Sete Camiños.

Petroglifos catalogados de Sete Camiños

Figura circular nos petroglifos de Sete Camiños.

Figura circular nos petroglifos de Sete Camiños

* PAISAXE dende o Monte Pituco, o balcón da ría:

Paisaxe dende o Alto do Pornedo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: