“Mais así á miña maneira
busco frases axeitadas
poño os verbos no seu tempo
e tento facer rimadas”
Josefa Area ten 85 anos e comezou a escribir poesía hai una década cando, a causa dun accidente, tivo que gardar repouso durante un tempo. Así foi como empezou a pensar en verso. As estacións do ano e a natureza, as festas, os personaxes populares e, por suposto, a relación dos marinenses co mar, protagonizan algunhas das súas composicións. Noutras expón o seu punto de vista crítico sobre o maltrato ás mulleres e outras problemáticas sociais actuais, sempre cun enfoque sinxelo que axiña conecta coa sensibilidade da xente común. “Falando con versos” é un libro recompilatorio da súa produción literaria recente. Unha obra que é exemplo de “frescura, vontade e vitalidade”, como definen na asociación de escritores República das Letras o estilo desta entrañable veciña.
Deixar unha resposta