Saída dende a arboreda do Monte Pituco
Unhas 80 persoas participaron no “Roteiro pola protección do Monte Pituco (Pornedo)”, organizado pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, co apoio da Asociación Monte Pituco.
Indo cara a zona do monte da Serra
O obxectivo desta ruta era rexeitar a urbanización desta zona, incluida no Espazo Natural dos Montes do Morrazo, que son solo rústico de especial protección, no marco das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.
Ademais, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a Asociación Monte Pituco trazaron un percorrido que serviu para amosarlle á veciñanza o forte desnivel do terreo, con pendentes superiores ao 45%, cando a “Guía de recomendacións técnicas para o proxecto integral de parques empresariais de Galicia” elaborada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo establece que “os parques de tipo industrial non se poden localizar razoablemente sobre as zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superen o 15% de pendente”.
Na Fonte das Pulgas
Ao longo do itinerario visitáronse zonas de piñeiral, o nacemento dos regatos das Presas e da Grela nos que habita fauna e flora sensible, o outeiro de Cerqueiras, o monte da Serra, a fonte das Pulgas e varios mananciais naturais que tamén están afectados polo proxecto do polígono, así como a mámoa e os petroglifos de Sete Camiños, e o conxunto rupestre do Pornedo, sen esquecer como curiosidade os gravados modernos de José Meijón (1899-1980).
No alto do Monte Pituco (Pornedo)
Observando o conxunto rupestre catalogado do Pornedo
No miradoiro natural no Monte Pituco (Pornedo), o “balcón da ría”.
[…] Con este feixe de argumentos, esta Asociación SOLICITA que o Concello de Marín, a través da Concellería de Turismo, amplíe ao Monte Pituco o proxecto desa rede de miradoiros, evitando así unha omisión ou discriminación que consideramos inxustificable. Ben en coordinación coa Comunidade de Montes de San Xulián ou mediante a fórmula que estimen máis oportuna, confiamos en que o Goberno local teña en conta esta petición, para o que a Asociación Monte Pituco queda ao seu dispór no que sexa preciso a nivel de información ou asesoramento. [Adxúntase dossier fotográfico do roteiro organizado o pasado 12 de abril de 2015]. […]
By: O CONCELLO DE MARÍN EXCLÚE O PITUCO DO PROXECTO DOS MIRADOIROS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 18/04/2015
at 12:48