Con esta terceira entrega completamos o álbum de imaxes do roteiro polo Monte Pituco (Pornedo) que organizou a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.
Moitas grazas ao activista vigués alcumado Xemelghost Nero por saber apreciar “a beleza do pequeno” no Monte Pituco; a Paulo Troitiño pola dedicación na divulgación dos valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos deste espazo; e a Cándido Martínez polo apoio da Plataforma Montes do Morrazo na conservación do Pituco fronte aos intereses políticos, económicos e especulativos que o ameazan.
Durante esta andaina volvemos comprobar o milagre cíclico da primavera no Monte Pituco: avistáronse os primeiros exemplares da bolboreta Papilio macaon revoando entre a flora, un lagarto arnal (Timon lepidus) de extraordinario porte quecendo ao sol deste cálido abril; e un exemplar de lagartixa rabuda (Psammodromus algirus), coa súa peculiar fisonomía de bandas escuras ao longo do corpo e patas e rabo longo de cor laranxa. Esta última especie non abunda en Galicia, sendo máis habitual noutras zonas da Península Ibérica de clima mediterráneo. Son escasas as zonas do litoral galego nas que se atopa este réptil, como o complexo dunar Nerga-Barra ou os Montes do Hío, polo que localizala no Monte Pituco foi unha gozosa descuberta; proba da riqueza da biodiversidade neste hábitat, e do interese faunístico dos espazos abertos e de matogueira, tan pouco valorados e mesmo inxustamente denostados.
* Indo cara ao Monte da Serra.
Foto de X.N.
*Na Fonte das Pulgas.
Foto de P.T.
* A carón do Outeiro de Cerqueiras.
Foto de X.N.
* No Outeiro de Cerqueiras.
Foto de X.N.
* No contorno dos Sete Camiños, límite entre as parroquias de San Xulián (Marín), Salcedo e Lourizán (Pontevedra).
Foto de X.N.
* Na mámoa de Sete Camiños.
Foto de X.N.
* Indo para o Alto do Pornedo.
Foto de X.N.
Foto de P.T.
*No descenso do Alto do Pornedo.
Foto de X.N.
Foto de C.M.
Foto de X.N.
* No conxunto rupestre do Pornedo.
Foto de C.M.
* No miradoiro natural do Monte Pituco (Pornedo), o ‘balcón da ría’.
Foto de P.T.
[…] pola Plataforma Montes do Morrazo. Daquela visita non só puidemos compartir algunhas das fermosas fotografías que tomou do percorrido. Agora, tamén, temos a súa impresión máis persoal, en papel impreso, negro sobre branco. Seu o […]
By: A OLLADA POÉTICA DE ANXO PADÍN NO PITUCO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/10/2016
at 18:57